DIA 352 Querida eu, por se algún día lees esto.. Hoxe é luns, acabo de tachar o día 352 no meu calendario o cual lle sobran demasiadas cruces negras. Son as 7,45 e levo dende as 5 da mañá pensando en que dicirlles ós meus compañeiros e compañeiras de clase. Comezo a crer que ninguén pode sufrir tantas caídas e tropezóns, que ninguén pode ser tan idiota de seguir poñendo escusas día tras día, escusas molladas polas bágoas que só intento ocultar e me están queimando por dentro. Escollín o día 352 para escribirte porque é o día en que non podo máis, o día que xa non teño forzas para continuar escapando todas as mañás en silencio por medo a que se levante, o día en que xa non teño forzas para pasarme a mañá disimulando as ganas de romper a chorar e contarlle a todos as causas reales do porqué día si e día tamén chego con moratóns e cortes no meu rostro. Querida eu, non podo máis e non quero seguir vivindo así, decidín non chegar ó día 353 do meu martirio, decidín acabar con todo. Se existe outra vida pídoche que nunca cometas este erro. Sé feliz, disfruta da túa vida e xamais deixes que ninguén te manipule, que ninguén te ameace a ti ou aos teus achegados, pero sobre todo, xamais permitas que ninguén che poña a man enriba, que vivas con medo a que en calquera momento, sen sabelo, te paguen, te abofeteen, te den patadas, que se convirta en algo tan rutinario que chegues a pensar que algo debes estar facendo mal, que a culpa é tua. E sobretodo, dende o mais profundo do meu corazón, pidoche que se isto pasase, fagas o que eu nunca tiven valor de facer. DENUNCIALO! --- Mira o vídeo aquí https://www.youtube.com/watch?v=bs__sNT3ifc&feature=youtu.be Equipo de producción: Adriana Vázquez, María José Duarte, Nuria Domínguez, Nazaret Chaves, David Rosales, Yolanda Paz Pereira Duración do vídeo: 161 segundos Guión: David Rosales Querida Eu (Persoaxe e voz) : Nuria Domínguez Grabación vídeo: Nazaret Chaves Montaxe e edición video: Yolanda Paz Pereira Apoio á produción: Adriana Vázquez e María José Duarte Actividade educativa de promoción en valores. Novembro 2016