Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Descripcion, temporalizacion y recursos final
1. DESCRIPTION ET TEMPORALISATION DE LAS ACTIVITÉS:
L’activité de compréhension pré-écoute:
É unha actividade que durará 20 minutos. O alumnado deberá ver os vídeos (que teñen unha
duración entre os tres de 1 minuto e 30 segundos) e se teñen algunha dúbida, deberán
preguntarlle á profesora, a cal, non deberá explicárllelo en castelán, senón que deberá buscar
outra forma máis sinxela de explicárllelo pero en francés (parafrasear, é dicir, explicarlle o
mesmo pero con outras palabras).
L’activité de compréhension écoute:
Esta actividade terá una duración de 30 minutos, é dicir, completará unha sesión de clase. O
alumnado o que debe facer é: ver as veces necesarias os vídeos das situacións da vida cotiá
propostas pola profesora (que teñen unha duración entre os catro de menos de un minuto e
medio). Despois deberán reflexionar sobre qué valores poderían axustarse a esas situacións e
finalmente deberán completar o cuestionario para que a profesora poida verificar a
comprensión.
L’activité de compréhension pré-écrite:
É una actividade bastante breve, na que só hai que repartir una copia para cada alumno/a para
que coñezan o vocabulario. A cada palabra se lle asigna unha foto, xa que así lles será máis
sinxelo aos alumnos/as comprendelo e rételo na súa memoria a longo prazo, permitíndolles
asociar o significante ao significado. Ademais, a profesora pronunciará estas palabras en alto
en francés e o alumnado terá que repetilo, para que así lles sexa más fácil aínda adquirir esas
palabras. Esta actividade terá una duración de 10 min.
L’activité de compréhension écrite:
É unha actividade que ocupará o tempo restante da sesión, é dicir, 40 minutos. O alumnado
terá 30 minutos para ler 3 veces o conto; isto é, 10 minutos para cada vez que o lean. E nos 10
minutos restantes se procederá a verificar a comprensión do mesmo mediante o cuestionario.
LES RESSOURCES:
Pour l’activité de compréhension pré-écoute besoin: Un ordenador e uns
auriculares para cada alumno/a.
Pour l’activité de compréhension écoute besoin: Un ordenador e uns auriculares
para cada alumno/a.
Pour l’activité de compréhension pré-écrite besoin: Unha fotocopia para cada
alumno/a, que a repartirá a profesora.
Pour l’activité de compréhension écrite besoin: Un ordenador, uns auriculares e un
dicionario para cada alumno/a.
NOTE: Os auriculares serán necesarios para que a percepción oral se efectúe dunha forma
mellor e máis fluída, posto que senón as voces duns ordenadores e outros se entremezclarían
e non conseguiríamos o efecto desexado.