SlideShare a Scribd company logo
LIMPIÑA: a praia máis bonitiña




                                      Edita:
Depósito Legal: CO-767-2007           Iniciativas Medio Ambientales, Ciclo Verde, S.L.
Autor: Francisco J. Valverde          Av. De la Torrecilla 39
Ilustrador: Fernando García Herrera   14005 Córdoba
Imprime: Argos Impresores             T: 957 760053 | F:957 434266
Limpiña: a praia máis bonitiña        www.cicloverde.com | ventas@cicloverde.com
Son unha praia moi bonitiña. Son bonita porque sempre estou moi limpa.




                                       2
Ai, que risaaaaaaaaaaaa...!!! que cóxegas!!!




                                         3
Perdoádeme pero é que me dá moita risa cando as ondas me tocan as beiras....
As ondas sempre son así. Nunca paran.



                                      4
Non o poden evitar. O vento móveas e elas van e veñen divertidas e un pouco
travesas.



                                      5
Tráenme escuma, estrelas de mar e cunchas.
En realidade nunca sabes que che van traer as ondas...



                                       6
En inverno fai un pouquiño de frío e estou máis soa, aínda que sempre hai
persoas que pasean, len un libro, ou miran cando o sol se esconde e se
emocionan tanto que se dan un bico, un bico tan bonito como o ceo que están
mirando.


                                      7
En verán ufffffffffffff, entón hai moita máis xente... Pero que moita máis...
Estou chea de nenas e nenos e de persoas maiores que me visitan e pásanno
moi ben coa area, o sol e o mar.


                                       8
Tamén estou chea de parasois. Parasois de cores divertidas que a min me dan
alegría con tanto colorido.



                                     9
Pero non creades que sempre estou contenta...!!! Ai!!! Pois nooooooooooonnn...
A verdade é que, ás veces, téñome que poñer tan triste, tan triste que nin as
ondas me poden divertir.


                                      10
Ponme moi triste cando vexo que algunhas persoas xogan á pelota e outros
xogos, e non respectan ás demais persoas que queren estar tranquiliñas a
descansar na area.


                                   11
E os máis porcalláns ata tiran cabichas de cigarros e outras cousas entre os
meus grans de area.



                                     12
Tamén me pon triste e dame pena cando algunhas persoas deixan soltos aos
seus cadelos e non se preocupan de evitar que salten e brinquen, ladren e
molesten.


                                    13
Pero sobre todo non me gustan esas persoas ingratas, que pasándoo tan
requetebén na praia, despois de comer, ou de beber calquera cousa, tiran o
seu lixo nas miñas areas, e entón póñome seria e véxome moi fea. Requetefea.




                                     14
Non sei porque o fan así, pois as praias limpiñas temos papeleiras para que
boten todas esas cousas, e algunhas tamén dispoñemos de contedores de
recollida selectiva. Se non os tiveramos, sempre os poderedes atopar nas
rúas da localidade máis cercana.




Recordade que no contedor amarelo debedes depositar os envases de
plástico, as latas e os briks, no azul, o papel e cartón, no iglú verde, as
botellas, tarros e frascos de vidro, e no xenérico, o resto.



                                     15
¿Pero ademais sabedes que pasa?
Que como as ondas sempre andan un pouco revolvidas, non se dan conta e
lévanse para dentro do mar latas, plásticos, botes de cristal, ou calquera
cousa que quede abandonada na praia.


                                    16
E o mar, que ten tanta beleza, pode suceder que un día pareza un vertedoiro
de lixo...



                                     17
Eu chámome Limpiña e son unha das praias máis bonitas da Costa da Morte,
no noroeste de Galicia. .. E son feliz cando estou chea de persoas. De persoas
ben educadas.


                                      18
Se me visitades e me coidades, eu regalareivos cada día aire fresquiño, ondas
divertidas cheas de escuma, bucinas e cóxegas.



                                      19
ACTIVIDADES
Leva cunha frecha os distintos materiais ao contedor de recollida
selectiva correspondente.




                                                        amarelo
                                                                          verde



                                                 azul


                                                                  verde




                                20
Na praia pásase moi ben, conta as tres cousas que máis che gusta
facer cando vas:



1 - ....................................................................................................................................

.........................................................................................................................................


2 - ....................................................................................................................................

.........................................................................................................................................


3 - ....................................................................................................................................

.........................................................................................................................................




                                                                    21
Debuxa as cousas que a Limpiña lle gusta que estén na súa area.




                                 22
Nesta outra parte debuxa as cousas que poñen triste a Limpiña
cando están na súa area.




                              23
Leva cunha frecha ao mar os animais desta relación que creas que
poden viver nel. Os demais déixaos no seu sitio porque senón
afogarían.


                                            Quenlla
                                            Balea
                                            Cegoña
                                            Tartaruga
                                            Cabra
                                            León
                                            Andoriña
                                            Cangrexo
                                            Crocodrilo


Investiga un pouquiño porque hai dous animais desta lista que viven
no mar pero tamén saen á terra.
¿Saben cales son?


                                 24

More Related Content

Similar to Conto limpiña, a praia máis bonitiña

Cosas da Rata Luisa. Mariñeiros
Cosas da Rata Luisa. MariñeirosCosas da Rata Luisa. Mariñeiros
Cosas da Rata Luisa. Mariñeiros
MonContos
 
Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013A Solaina
 
A MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINAA MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINA
apazceip
 
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividadesA Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
cigformacion
 
Saúde e boas ondas!
Saúde e boas ondas!Saúde e boas ondas!
Saúde e boas ondas!
Concepción García
 
Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013moibon
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Bibliotecadicoruna
 

Similar to Conto limpiña, a praia máis bonitiña (7)

Cosas da Rata Luisa. Mariñeiros
Cosas da Rata Luisa. MariñeirosCosas da Rata Luisa. Mariñeiros
Cosas da Rata Luisa. Mariñeiros
 
Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013
 
A MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINAA MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINA
 
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividadesA Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
 
Saúde e boas ondas!
Saúde e boas ondas!Saúde e boas ondas!
Saúde e boas ondas!
 
Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
 

More from Educación Medioambiental Sogama

More from Educación Medioambiental Sogama (6)

Libro receitas sobras comida def nov 2010
Libro receitas sobras comida def nov 2010Libro receitas sobras comida def nov 2010
Libro receitas sobras comida def nov 2010
 
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
 
Presentación Sogama escolares 9-11 anos
Presentación Sogama escolares 9-11 anosPresentación Sogama escolares 9-11 anos
Presentación Sogama escolares 9-11 anos
 
Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)
 
Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)
Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)
Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)
 
Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)
 

Conto limpiña, a praia máis bonitiña

  • 1. LIMPIÑA: a praia máis bonitiña Edita: Depósito Legal: CO-767-2007 Iniciativas Medio Ambientales, Ciclo Verde, S.L. Autor: Francisco J. Valverde Av. De la Torrecilla 39 Ilustrador: Fernando García Herrera 14005 Córdoba Imprime: Argos Impresores T: 957 760053 | F:957 434266 Limpiña: a praia máis bonitiña www.cicloverde.com | ventas@cicloverde.com
  • 2. Son unha praia moi bonitiña. Son bonita porque sempre estou moi limpa. 2
  • 3. Ai, que risaaaaaaaaaaaa...!!! que cóxegas!!! 3
  • 4. Perdoádeme pero é que me dá moita risa cando as ondas me tocan as beiras.... As ondas sempre son así. Nunca paran. 4
  • 5. Non o poden evitar. O vento móveas e elas van e veñen divertidas e un pouco travesas. 5
  • 6. Tráenme escuma, estrelas de mar e cunchas. En realidade nunca sabes que che van traer as ondas... 6
  • 7. En inverno fai un pouquiño de frío e estou máis soa, aínda que sempre hai persoas que pasean, len un libro, ou miran cando o sol se esconde e se emocionan tanto que se dan un bico, un bico tan bonito como o ceo que están mirando. 7
  • 8. En verán ufffffffffffff, entón hai moita máis xente... Pero que moita máis... Estou chea de nenas e nenos e de persoas maiores que me visitan e pásanno moi ben coa area, o sol e o mar. 8
  • 9. Tamén estou chea de parasois. Parasois de cores divertidas que a min me dan alegría con tanto colorido. 9
  • 10. Pero non creades que sempre estou contenta...!!! Ai!!! Pois nooooooooooonnn... A verdade é que, ás veces, téñome que poñer tan triste, tan triste que nin as ondas me poden divertir. 10
  • 11. Ponme moi triste cando vexo que algunhas persoas xogan á pelota e outros xogos, e non respectan ás demais persoas que queren estar tranquiliñas a descansar na area. 11
  • 12. E os máis porcalláns ata tiran cabichas de cigarros e outras cousas entre os meus grans de area. 12
  • 13. Tamén me pon triste e dame pena cando algunhas persoas deixan soltos aos seus cadelos e non se preocupan de evitar que salten e brinquen, ladren e molesten. 13
  • 14. Pero sobre todo non me gustan esas persoas ingratas, que pasándoo tan requetebén na praia, despois de comer, ou de beber calquera cousa, tiran o seu lixo nas miñas areas, e entón póñome seria e véxome moi fea. Requetefea. 14
  • 15. Non sei porque o fan así, pois as praias limpiñas temos papeleiras para que boten todas esas cousas, e algunhas tamén dispoñemos de contedores de recollida selectiva. Se non os tiveramos, sempre os poderedes atopar nas rúas da localidade máis cercana. Recordade que no contedor amarelo debedes depositar os envases de plástico, as latas e os briks, no azul, o papel e cartón, no iglú verde, as botellas, tarros e frascos de vidro, e no xenérico, o resto. 15
  • 16. ¿Pero ademais sabedes que pasa? Que como as ondas sempre andan un pouco revolvidas, non se dan conta e lévanse para dentro do mar latas, plásticos, botes de cristal, ou calquera cousa que quede abandonada na praia. 16
  • 17. E o mar, que ten tanta beleza, pode suceder que un día pareza un vertedoiro de lixo... 17
  • 18. Eu chámome Limpiña e son unha das praias máis bonitas da Costa da Morte, no noroeste de Galicia. .. E son feliz cando estou chea de persoas. De persoas ben educadas. 18
  • 19. Se me visitades e me coidades, eu regalareivos cada día aire fresquiño, ondas divertidas cheas de escuma, bucinas e cóxegas. 19
  • 20. ACTIVIDADES Leva cunha frecha os distintos materiais ao contedor de recollida selectiva correspondente. amarelo verde azul verde 20
  • 21. Na praia pásase moi ben, conta as tres cousas que máis che gusta facer cando vas: 1 - .................................................................................................................................... ......................................................................................................................................... 2 - .................................................................................................................................... ......................................................................................................................................... 3 - .................................................................................................................................... ......................................................................................................................................... 21
  • 22. Debuxa as cousas que a Limpiña lle gusta que estén na súa area. 22
  • 23. Nesta outra parte debuxa as cousas que poñen triste a Limpiña cando están na súa area. 23
  • 24. Leva cunha frecha ao mar os animais desta relación que creas que poden viver nel. Os demais déixaos no seu sitio porque senón afogarían. Quenlla Balea Cegoña Tartaruga Cabra León Andoriña Cangrexo Crocodrilo Investiga un pouquiño porque hai dous animais desta lista que viven no mar pero tamén saen á terra. ¿Saben cales son? 24