Biblioteca verde, un espazo para informarte, reflexionar e compartir. Encontros mensuais que perseguen crear un foro de debate sobre asuntos de actualidade relacionados co medio ambiente e a sostibilidade. A última semana de cada mes, de outubro a maio, poderás asistir a estas charlas para coñecer experiencias sostibles que teñen lugar na nosa cidade. Ademais, contamos cun centro de interese que reúne distintos materiais sobre esta temática.

1. CHARLA E OBRADOIROS SOBRE A GASTRONOMÍA NA
INDIA
LUNS 23 MAIO 2011
HORARIO: De 14:45 a 16:25
ALUMNADO: 5º e 6º de Educación Primaria.
Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto School to School da Fundación
Vicente Ferrer, no que participamos desde o pasado curso académico 2009-2010. Consiste nun
intercambio cultural e de tradicións entre unha escola española (CPI Virxe da Cela) e unha
escola india (este ano asignouse a Pinnadari School, situada en Atmakur). No presente curso
académico 2010-2011 o proxecto está centrado na temática da gastronomía india. O alumnado
de 3º da ESO encargarase de impartir unha charla e uns obradoiros para explicar ao alumnado
de 3º ciclo de Primaria as características fundamentais da gastronomía e os hábitos
alimenticios na India. A charla e os obradoiros levaranse a cabo de maneira simultánea nas
aulas de UUMM2 e UUMM3, coa seguinte distribución:
HORARIO GRUPO ESPAZO ACTI VIDADE
14:45 a 15:35 5º Primaria UUMM2 Charla “A comida”
6º Primaria UUMM3 Obradoiros
15:35 a 16:25 6º Primaria UUMM2 Charla “A comida”
5º Primaria UUMM3 Obradoiros
O alumnado de 5º e 6º de Primaria levarán bolígrafo e lapis de cores para completar
as fichas dos obradoiros. Tamén traerán a ficha sobre a gastronomía galega que previamente
elaboraron na aula.
Grazas pola vosa colaboración.
Monferosolidario, 13 maio 2011