SlideShare a Scribd company logo
PACIENTE: DAVID BRONCANO
Data de nacemento: 30 de decembro de 1985
Altura: 1,85 metros
Masa corporal: 80 Kg
Presentación do caso 5:
O paciente David Broncano, famoso humorista , natural de Santiago de Compostela, despois
dunhas semanas de moito traballo estresante, veu pasar as vacacións de Semana Santa a
Galicia, e desprazouse a Ferrol para ver cuns amigos as famosas Procesións da nosa cidade.
Cando estaba de pe na rúa, empezou a sufrir convulsións, con intensas contraccións
musculares e non respiraba axeitadamente.
Os amigos chamaron ao 061 que enviaron unha ambulancia medicalizada, onde o
estabilizaron e o levaron de urxencia ao Hospital Sagrado Corazón de Ferrol .
Os equipos médicos do Hospital atenderán a este paciente, investigarán que é o que lle esta
pasando, xa que nunca sufrira esta situación.
Informe médico: Cada equipo terá que facer un vídeo.
Para realizar o vídeo cada equipo deberán facer primeiro unha presentación con Google
Presentacións ( https://www.google.com/intl/es_ALL/drive/) e logo convertila en vídeo, á vez
que o enriquecen coa súa voz e música empregando a ferramenta Screencast-O-Matic
https://screencast-o-matic.com/
Kit dixital para o alumnado médico:
Tutoriais Presentacións de Google:
https://m.youtube.com/watch?v=Cu1tqMxWGk0
https://es.calameo.com/read/00367265166593795a4fd
Tutorial Screencast-O-Matic : https://www.youtube.com/watch?v=9QNUIoJcM-I
Cada equipo terá que elaborar un vídeo co nome CASO 4: ENFERMIDADE NEUROLÓXICA
Cada equipo médico, ademais da satisfacción de curar a unha paciente , pode chegar a
conseguir ata 200 PUNTOS neste caso.
Tempo de traballo: 5 sesións na aula de informática do Hospital Sagrado Corazón.
Partes das que constará o video-informe:
a) PRIMEIRO FOTOGRAMA: Constará do nome do caso que se está a tratar e unha foto
alusiva ao tema..(5 Puntos).
b) SECUENCIA 1. O primeiro que facemos ao chegar a Urxencias é comprobar as
constantes vitais, que vemos que están dentro da normalidade, sen febre, pero o paciente
aínda está confuso. Ao comezo do informe debedes de facer unha definición xeral do
Sistema Nervioso e unha descrición da súa unidade estrutural: A neurona. (30 Puntos).
c) SECUENCIA 2: O antes posible fáiselle unha TC o TAC( Tomografía computerizada)
craneal , e descartase a existencia de tumor cerebral. Debes indica as partes das que
consta o Encéfalo e as funcións de cada parte. (30 Puntos).
d) SECUENCIA 3: Vos que queredes estar ao día, lestes un artigo na revista “Investigación e
ciencia” “Un xen que podería reparar as lesións medulares”
https://www.investigacionyciencia.es/noticias/un-gen-que-podra-reparar-las-lesiones-
medulares-16269
Explícalle ao paciente a estrutura e a función da médula espiñal (25 Puntos).
e) SECUENCIA 4 : O paciente presentaba movementos musculares involuntarios. O SNP
está formado polos nervios, que función realizan e que tipos de nervios existen (25
Puntos).
f) SECUENCIA 5 : Cal é o percorrido que seguen os impulsos nerviosos para que o corpo
execute un acto voluntario e logo o percorrido para un acto involuntario dende que se
recibe o estímulo ata que se responde (30 Puntos).
g) SECUENCIA 6: Hai varias tipos de enfermidades que afectan ao sistema nervioso:
Enfermidades neurolóxicas, enfermidades psíquicas e enfermidades dexenerativas. Podes
explicar as diferenzas e sinalar algún exemplo de cada unha? (30 Puntos).
h) SECUENCIA 7: Creedes que podería tratarse de un ataque epiléptico? Razoa a túa
resposta. Que indicacións debedes darlle ao paciente? (25 Puntos).
Avisos finais :
➢ O profesor compartirá con vos a ligazón para a vosa presentación de Google Drive .
➢ Cada secuencia non realizada restará 20 Puntos do Total.
➢ Á semana seguinte de terminar realizarase un exame escrito sobre este tema de
Aparello Nervioso.
➢ O vídeo realizado por cada equipo médico valorarase segundo a seguinte rúbrica
mediante unha avaliación por pares P2P (cada equipo valora o seu traballo e o de
outros 2 equipos) e cualificarase no apartado de "Caderno e traballos de aula".
RÚBRICA PARA AVALIAR O PRODUCTO FINAL: VÍDEO
Insuficiente
1
Aprobado
2
Notable
3
Sobresaínte
4
Contido
Non chega a tratar todos os
apartados do tema. O
contido é ás veces confuso
ou inadecuado, e non
presenta detalles.
Presenta todos os apartados
do tema, aínda que pouco
desenvoltos. Fáltanlle
detalles e/ou análises.
Desenvolve ben todos os
apartados do tema, e
correctamente. Ten
moitos detalles e
algunha análise.
Desenvolve profundamente todos
os apartados do tema, achegando
gran riqueza de detalles e análises
Grabación e
edición do
vídeo. Calidade
A calidade do vídeo e o
resultado non son moi bos.
A calidade non é moi boa,
pero o resultado é
interesante.
A calidade foi excelente
na maior parte do vídeo.
Ás veces o vídeo é algo
lento ou pouco
interesante.
A calidade do vídeo foi excelente
en todas as súas partes. O
resultado é interesante.
Uso da
linguaxe
Máis de catro erros de
ortografía e de gramática.
Non se entende o mensaxe
Catro erros de ortografía
e/ou erros gramaticales. Ás
veces a mensaxe é confuso.
Tres ou menos faltas de
ortografía e/ou erros de
puntuación. A mensaxe é
claro.
Non hai faltas de ortografía nin
erros gramaticales. A mensaxe é
claro.
Orixinalidade
É un copia e pega de
traballos, ideas, doutras
persoas sen acreditar, e
mostra pouca orixinalidade.
Usa ideas doutras persoas
(dándolles crédito), pero non
hai case evidencia de ideas
orixinais. Mostra un intento
de creatividade e
orixinalidade.
O produto demostra
certa orixinalidade. O
traballo demostra o uso
de novas ideas dunha
forma interesante.
O produto demostra gran
orixinalidade. As ideas son
creativas e enxeñosas.
Traballo en
equipo
Falta de organización. O
grupo requiriu a axuda e
asistencia do profesor na
organización, división de
tarefas e intervención para
resolver as diferenzas entre
os membros.
Os membros do grupo
axudáronse mutuamente en
ocasións e requiriu a
intervención do profesor para
resolver diferenzas entre
eles. Bo traballo e
coordinación.
Os membros do grupo
axudáronse
mutuamente, pero sen
roles claros dentro do
equipo. Bo traballo e
coordinación.
Os membros axudáronse
mutuamente, compartiron ideas,
desenvolveron e avaliaron o
produto final. O proxecto é unha
mostra clara do esforzo en
conxunto.

More Related Content

More from Francisco Requejo

More from Francisco Requejo (20)

Sumérgete
SumérgeteSumérgete
Sumérgete
 
Notas Cornell con explicación
Notas Cornell con explicaciónNotas Cornell con explicación
Notas Cornell con explicación
 
Notas Cornell Explicación
Notas Cornell ExplicaciónNotas Cornell Explicación
Notas Cornell Explicación
 
Balance compromisos
Balance compromisosBalance compromisos
Balance compromisos
 
Evaluación final Ferrol Puerto pirata
Evaluación final Ferrol Puerto pirataEvaluación final Ferrol Puerto pirata
Evaluación final Ferrol Puerto pirata
 
Canva Proyecto ABF Avós
Canva Proyecto ABF AvósCanva Proyecto ABF Avós
Canva Proyecto ABF Avós
 
Caso 7: Lesións osteomusculares
Caso 7: Lesións osteomuscularesCaso 7: Lesións osteomusculares
Caso 7: Lesións osteomusculares
 
Normas Escape room Ferrol Puerto Pirata
Normas Escape room Ferrol Puerto PirataNormas Escape room Ferrol Puerto Pirata
Normas Escape room Ferrol Puerto Pirata
 
Retos para Escape room pirata
Retos para Escape room pirataRetos para Escape room pirata
Retos para Escape room pirata
 
Práctica Anatomía do ril
Práctica Anatomía do rilPráctica Anatomía do ril
Práctica Anatomía do ril
 
Práctica Anatomía cardiovascular
Práctica Anatomía cardiovascularPráctica Anatomía cardiovascular
Práctica Anatomía cardiovascular
 
Xornada de educación dixital
Xornada de educación dixitalXornada de educación dixital
Xornada de educación dixital
 
Caso 3 Enfermidade respiratoria
Caso 3  Enfermidade respiratoriaCaso 3  Enfermidade respiratoria
Caso 3 Enfermidade respiratoria
 
La baraja del malware
La baraja del malwareLa baraja del malware
La baraja del malware
 
Dinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia Mercedarias
Dinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia MercedariasDinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia Mercedarias
Dinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia Mercedarias
 
Prototipo II Escape room
Prototipo II Escape roomPrototipo II Escape room
Prototipo II Escape room
 
Escape room explicacion
Escape room explicacionEscape room explicacion
Escape room explicacion
 
Explicación Problema-solución
Explicación Problema-soluciónExplicación Problema-solución
Explicación Problema-solución
 
Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"
Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"
Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"
 
Descubre las Rías Altas
Descubre las Rías AltasDescubre las Rías Altas
Descubre las Rías Altas
 

Caso 5 Enfermidade neurolóxica

  • 1. PACIENTE: DAVID BRONCANO Data de nacemento: 30 de decembro de 1985 Altura: 1,85 metros Masa corporal: 80 Kg Presentación do caso 5: O paciente David Broncano, famoso humorista , natural de Santiago de Compostela, despois dunhas semanas de moito traballo estresante, veu pasar as vacacións de Semana Santa a Galicia, e desprazouse a Ferrol para ver cuns amigos as famosas Procesións da nosa cidade. Cando estaba de pe na rúa, empezou a sufrir convulsións, con intensas contraccións musculares e non respiraba axeitadamente. Os amigos chamaron ao 061 que enviaron unha ambulancia medicalizada, onde o estabilizaron e o levaron de urxencia ao Hospital Sagrado Corazón de Ferrol . Os equipos médicos do Hospital atenderán a este paciente, investigarán que é o que lle esta pasando, xa que nunca sufrira esta situación. Informe médico: Cada equipo terá que facer un vídeo. Para realizar o vídeo cada equipo deberán facer primeiro unha presentación con Google Presentacións ( https://www.google.com/intl/es_ALL/drive/) e logo convertila en vídeo, á vez que o enriquecen coa súa voz e música empregando a ferramenta Screencast-O-Matic https://screencast-o-matic.com/ Kit dixital para o alumnado médico: Tutoriais Presentacións de Google: https://m.youtube.com/watch?v=Cu1tqMxWGk0 https://es.calameo.com/read/00367265166593795a4fd Tutorial Screencast-O-Matic : https://www.youtube.com/watch?v=9QNUIoJcM-I Cada equipo terá que elaborar un vídeo co nome CASO 4: ENFERMIDADE NEUROLÓXICA Cada equipo médico, ademais da satisfacción de curar a unha paciente , pode chegar a conseguir ata 200 PUNTOS neste caso.
  • 2. Tempo de traballo: 5 sesións na aula de informática do Hospital Sagrado Corazón. Partes das que constará o video-informe: a) PRIMEIRO FOTOGRAMA: Constará do nome do caso que se está a tratar e unha foto alusiva ao tema..(5 Puntos). b) SECUENCIA 1. O primeiro que facemos ao chegar a Urxencias é comprobar as constantes vitais, que vemos que están dentro da normalidade, sen febre, pero o paciente aínda está confuso. Ao comezo do informe debedes de facer unha definición xeral do Sistema Nervioso e unha descrición da súa unidade estrutural: A neurona. (30 Puntos). c) SECUENCIA 2: O antes posible fáiselle unha TC o TAC( Tomografía computerizada) craneal , e descartase a existencia de tumor cerebral. Debes indica as partes das que consta o Encéfalo e as funcións de cada parte. (30 Puntos). d) SECUENCIA 3: Vos que queredes estar ao día, lestes un artigo na revista “Investigación e ciencia” “Un xen que podería reparar as lesións medulares” https://www.investigacionyciencia.es/noticias/un-gen-que-podra-reparar-las-lesiones- medulares-16269 Explícalle ao paciente a estrutura e a función da médula espiñal (25 Puntos). e) SECUENCIA 4 : O paciente presentaba movementos musculares involuntarios. O SNP está formado polos nervios, que función realizan e que tipos de nervios existen (25 Puntos). f) SECUENCIA 5 : Cal é o percorrido que seguen os impulsos nerviosos para que o corpo execute un acto voluntario e logo o percorrido para un acto involuntario dende que se recibe o estímulo ata que se responde (30 Puntos). g) SECUENCIA 6: Hai varias tipos de enfermidades que afectan ao sistema nervioso: Enfermidades neurolóxicas, enfermidades psíquicas e enfermidades dexenerativas. Podes explicar as diferenzas e sinalar algún exemplo de cada unha? (30 Puntos). h) SECUENCIA 7: Creedes que podería tratarse de un ataque epiléptico? Razoa a túa resposta. Que indicacións debedes darlle ao paciente? (25 Puntos). Avisos finais : ➢ O profesor compartirá con vos a ligazón para a vosa presentación de Google Drive . ➢ Cada secuencia non realizada restará 20 Puntos do Total. ➢ Á semana seguinte de terminar realizarase un exame escrito sobre este tema de Aparello Nervioso. ➢ O vídeo realizado por cada equipo médico valorarase segundo a seguinte rúbrica mediante unha avaliación por pares P2P (cada equipo valora o seu traballo e o de outros 2 equipos) e cualificarase no apartado de "Caderno e traballos de aula".
  • 3. RÚBRICA PARA AVALIAR O PRODUCTO FINAL: VÍDEO Insuficiente 1 Aprobado 2 Notable 3 Sobresaínte 4 Contido Non chega a tratar todos os apartados do tema. O contido é ás veces confuso ou inadecuado, e non presenta detalles. Presenta todos os apartados do tema, aínda que pouco desenvoltos. Fáltanlle detalles e/ou análises. Desenvolve ben todos os apartados do tema, e correctamente. Ten moitos detalles e algunha análise. Desenvolve profundamente todos os apartados do tema, achegando gran riqueza de detalles e análises Grabación e edición do vídeo. Calidade A calidade do vídeo e o resultado non son moi bos. A calidade non é moi boa, pero o resultado é interesante. A calidade foi excelente na maior parte do vídeo. Ás veces o vídeo é algo lento ou pouco interesante. A calidade do vídeo foi excelente en todas as súas partes. O resultado é interesante. Uso da linguaxe Máis de catro erros de ortografía e de gramática. Non se entende o mensaxe Catro erros de ortografía e/ou erros gramaticales. Ás veces a mensaxe é confuso. Tres ou menos faltas de ortografía e/ou erros de puntuación. A mensaxe é claro. Non hai faltas de ortografía nin erros gramaticales. A mensaxe é claro. Orixinalidade É un copia e pega de traballos, ideas, doutras persoas sen acreditar, e mostra pouca orixinalidade. Usa ideas doutras persoas (dándolles crédito), pero non hai case evidencia de ideas orixinais. Mostra un intento de creatividade e orixinalidade. O produto demostra certa orixinalidade. O traballo demostra o uso de novas ideas dunha forma interesante. O produto demostra gran orixinalidade. As ideas son creativas e enxeñosas. Traballo en equipo Falta de organización. O grupo requiriu a axuda e asistencia do profesor na organización, división de tarefas e intervención para resolver as diferenzas entre os membros. Os membros do grupo axudáronse mutuamente en ocasións e requiriu a intervención do profesor para resolver diferenzas entre eles. Bo traballo e coordinación. Os membros do grupo axudáronse mutuamente, pero sen roles claros dentro do equipo. Bo traballo e coordinación. Os membros axudáronse mutuamente, compartiron ideas, desenvolveron e avaliaron o produto final. O proxecto é unha mostra clara do esforzo en conxunto.