SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
PACIENTE: ANTONIO BANDERAS
Data de nacemento: 10 de agosto de 1960
Altura: 1,75metros
Masa corporal: 77 Kg
Presentación do caso 2:
O paciente Antonio Banderas estaba a presentar no Auditorio de Ferrol a estrea mundial da
súa última película “ Lifeitself”, cando de súpeto empezou a sentir unha forte dor no peito que
se estende ata o brazo esquerdo.
Inmediatamente avisouse ao 092 que enviaron unha ambulancia medicalizada, onde o
estabilizaron e o levaron de urxencia ao Hospital Sagrado Corazón de Ferrol .
Os equipos médicos do Hospital atenderán a este paciente, investigarán que é o que lle esta
pasando.
Informe médico: Presentación co Google Drive
Kit dixital para o alumnado médico:TutoriaisPresentacións de Google:
https://m.youtube.com/watch?v=Cu1tqMxWGk0
https://es.calameo.com/read/00367265166593795a4fd
Cada equipo terá que elaborar unha presentación en liña empregando Google Drive co nome
CASO 2 : NÚMERO DO EQUIPO
Cada equipo médico, ademais da satisfacción de curar a unha paciente , pode chegar a
conseguir ata 170 PUNTOS neste caso.
Tempo de traballo: 4 sesións na aula de informática do Hospital Sagrado Corazón.
Partes das que constará o informe:
a) PORTADA: Constará do nome do caso que se está a tratar e unha foto alusiva ao tema..(5
Puntos).
b) DIAPOSITIVA 1. Ao chegar ao Hospital váiselle facer un extracción de sangue do brazo do
paciente para realizar unha analítica. Explica cales son os compoñentes do sangue. (15
Puntos).
c) DIAPOSITIVA 2: Da analítica descóbrese que o paciente pertence ao grupo sanguíneo 0 +.
Explica cales son os diferentes grupos sanguíneos e o Rh.
Que tipos de sangue podería recibir o paciente en caso de necesitar unha transfusión? (15
Puntos).
d) DIAPOSITIVA 3: Explica como o sangue flúe a través dos distintos tipos de vasos
sanguíneos (arterias, veas e capilares) (25 Puntos).
e) DIAPOSITIVA 4 (Anatomía): A partir dunha fotografía do corazón, sinalar mediante
frechas todas as súas partes , e as vías de entrada e de saída (Elaboración propia) (25
Puntos).
f) DIAPOSITIVA 5 : Describide onde esta situado o corazón, e por que esta protexido.
Describide os movementos realiza e quen marca o ritmo cardíaco (15 Puntos).
g) DIAPOSITIVA 6 (Fisioloxía):Describide o percorrido que realiza un glóbulo vermello desde
que sae da aurícula dereita ata que retorna a ela. Debedes de indicar as partes polas que
pasa (30 Puntos).
h) DIAPOSITIVA 7: Explicar o proceso que está sufrindo o paciente. Poderíase previr.
Como? (25 Puntos).
i) DIAPOSITIVA 8: Explicar cales son as outras grandes enfermidades cardiovasculares.
Poderíanse previr? Como? (15 Puntos).
j) Avisos finais :
➢ O profesor compartirá con vos a ligazón para a vosa presentación de Google Drive .
➢ Cada diapositiva non realizada restará 20 Puntos do Total.
➢ Á semana seguinte de terminar realizarase un exame escrito sobre este tema de
Aparello Circulatorio.
➢ A presentación realizada por cada equipo médico valorarase segundo a seguinte rúbrica
mediante unha avaliación por pares P2P (cada equipo valora o seu traballo e o de
outros 2 equipos) e cualificarase no apartado de "Caderno e traballos de aula".
Insatisfactorio
1
Regular
2
Ben
3
Excelente
4
Contido
Non chega a tratar todos os
apartados do tema, nin as
actividades. O contido é ás
veces confuso ou
inadecuado, e non presenta
detalles.
Presenta todos os apartados
do tema, e as actividades
propostas , aínda que pouco
desenvolvidas. Fáltanlle
detalles e/ou análises.
Desenvolve e ben todos
os apartados do tema, e
as actividades propostas
correctamente. Moitos
detalles e algunha
análise
Desenvolve profundamente todos
os apartados do tema, e as
actividades propostas , achegando
gran riqueza de detalles e análises
Deseño das
diapositivas
As diapositivas preséntanse
sen fondo, recheas de textos
con frases moi longas.
É difícil comprender o
significado nunha primeira
lectura. Outras veces teñen
fondo pero non se entende a
letra.
As dispositivas presentan
equilibrio entre texto e
imaxes. Non ten fondo ou
ten pouca estética. Non hai
transicións nin efectos.
As diapositivas lense
facilmente. O fondo é
adecuado. As imaxes
están ben seleccionadas
e hai equilibrio entre
texto e imaxes. Inclúe
transicións e/ou efectos.
As diapositivas lense facilmente. A
presentación é atractiva cunha
combinación de cores e letras con
estilo que melloran a
comprensibilidade e o contido.
Inclúe variedade de efectos e
transicións ben coordinadas.
Imaxes,
gráficos,
animacións
As imaxes, son e/ou
animacións son escasas ou
non están relacionadas ao
contido. As imaxes non
facilitan a comprensión do
contido e/ou sobrecargan o
persoal.
Algunhas imaxes, son e/ou
animacións non se relacionan
co tema e non contribúen a
resaltar conceptos principais.
Imaxes de tamaños moi
grandes ou pequenos con
cores ou resolucións pobres.
As imaxes, o son e/ou
animacións describen
visualmente o material, e
permite á audiencia
comprender o fluxo de
información ou contido.
Unhas poucas imaxes
non teñen o tamaño ou
cores adecuados.
As gráficas, son e/ou animacións
contribúen á presentación do tema
e establecen unha conexión visual
ou auditiva que permiten
comprender conceptos e ideas do
tema presentado.
Todas as imaxes son apropiadas
en tamaño e resolución para
resaltar o contido.
Orixinalidade
A presentación é un copia e
pega de traballos, ideas,
gráficos doutras persoas, e
mostra pouca orixinalidade.
A presentación mostra un
intento de creatividade e
orixinalidade.
A presentación mostra
algunha orixinalidade e
creatividade . As ideas e
contidos preséntanse
dunha forma interesante
A presentación mostra moita
orixinalidade e creatividade . As
ideas e contidos preséntanse
dunha forma única e moi
interesante.
Traballo en
equipo
(Valoración polo
profesor)
Falta de organización. O
grupo requiriu a axuda ou
asistencia do profesor na
organización, división de
tarefas e intervención para
resolver as diferenzas entre
os membros.
Os membros do grupo
axudáronse mutuamente en
ocasións e requiriu a
intervención do profesor para
resolver diferenzas entre
eles.
Un membro do equipo foi
quen fixo a maior arte de
traballo .
Bo traballo e
coordinación. Os
membros do grupo
axudáronse
mutuamente, pero sen
roles claros dentro do
equipo.
Bo traballo e coordinación. Os
membros axudáronse
mutuamente, compartiron ideas,
desenvolveron e avaliaron o
produto final. O proxecto é unha
mostra clara de esforzo en
conxunto.

More Related Content

More from Francisco Requejo

Recursos interactivos movimiento
Recursos interactivos movimientoRecursos interactivos movimiento
Recursos interactivos movimientoFrancisco Requejo
 
Notas Cornell con explicación
Notas Cornell con explicaciónNotas Cornell con explicación
Notas Cornell con explicaciónFrancisco Requejo
 
Evaluación final Ferrol Puerto pirata
Evaluación final Ferrol Puerto pirataEvaluación final Ferrol Puerto pirata
Evaluación final Ferrol Puerto pirataFrancisco Requejo
 
Caso 7: Lesións osteomusculares
Caso 7: Lesións osteomuscularesCaso 7: Lesións osteomusculares
Caso 7: Lesións osteomuscularesFrancisco Requejo
 
Normas Escape room Ferrol Puerto Pirata
Normas Escape room Ferrol Puerto PirataNormas Escape room Ferrol Puerto Pirata
Normas Escape room Ferrol Puerto PirataFrancisco Requejo
 
Práctica Anatomía cardiovascular
Práctica Anatomía cardiovascularPráctica Anatomía cardiovascular
Práctica Anatomía cardiovascularFrancisco Requejo
 
Dinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia Mercedarias
Dinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia MercedariasDinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia Mercedarias
Dinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia MercedariasFrancisco Requejo
 
Explicación Problema-solución
Explicación Problema-soluciónExplicación Problema-solución
Explicación Problema-soluciónFrancisco Requejo
 
Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"
Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"
Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"Francisco Requejo
 

More from Francisco Requejo (20)

La densidad
La densidadLa densidad
La densidad
 
Recursos interactivos movimiento
Recursos interactivos movimientoRecursos interactivos movimiento
Recursos interactivos movimiento
 
Sumérgete
SumérgeteSumérgete
Sumérgete
 
Notas Cornell con explicación
Notas Cornell con explicaciónNotas Cornell con explicación
Notas Cornell con explicación
 
Notas Cornell Explicación
Notas Cornell ExplicaciónNotas Cornell Explicación
Notas Cornell Explicación
 
Balance compromisos
Balance compromisosBalance compromisos
Balance compromisos
 
Evaluación final Ferrol Puerto pirata
Evaluación final Ferrol Puerto pirataEvaluación final Ferrol Puerto pirata
Evaluación final Ferrol Puerto pirata
 
Canva Proyecto ABF Avós
Canva Proyecto ABF AvósCanva Proyecto ABF Avós
Canva Proyecto ABF Avós
 
Caso 7: Lesións osteomusculares
Caso 7: Lesións osteomuscularesCaso 7: Lesións osteomusculares
Caso 7: Lesións osteomusculares
 
Normas Escape room Ferrol Puerto Pirata
Normas Escape room Ferrol Puerto PirataNormas Escape room Ferrol Puerto Pirata
Normas Escape room Ferrol Puerto Pirata
 
Retos para Escape room pirata
Retos para Escape room pirataRetos para Escape room pirata
Retos para Escape room pirata
 
Práctica Anatomía do ril
Práctica Anatomía do rilPráctica Anatomía do ril
Práctica Anatomía do ril
 
Práctica Anatomía cardiovascular
Práctica Anatomía cardiovascularPráctica Anatomía cardiovascular
Práctica Anatomía cardiovascular
 
Xornada de educación dixital
Xornada de educación dixitalXornada de educación dixital
Xornada de educación dixital
 
La baraja del malware
La baraja del malwareLa baraja del malware
La baraja del malware
 
Dinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia Mercedarias
Dinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia MercedariasDinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia Mercedarias
Dinamización en Redes Sociales del Club de Ciencia Mercedarias
 
Prototipo II Escape room
Prototipo II Escape roomPrototipo II Escape room
Prototipo II Escape room
 
Escape room explicacion
Escape room explicacionEscape room explicacion
Escape room explicacion
 
Explicación Problema-solución
Explicación Problema-soluciónExplicación Problema-solución
Explicación Problema-solución
 
Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"
Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"
Rubricas Proyecto "Descubre las Rías Altas"
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 

Recently uploaded (7)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 

Caso 2 Enfermidade cardiovascular

  • 1. PACIENTE: ANTONIO BANDERAS Data de nacemento: 10 de agosto de 1960 Altura: 1,75metros Masa corporal: 77 Kg Presentación do caso 2: O paciente Antonio Banderas estaba a presentar no Auditorio de Ferrol a estrea mundial da súa última película “ Lifeitself”, cando de súpeto empezou a sentir unha forte dor no peito que se estende ata o brazo esquerdo. Inmediatamente avisouse ao 092 que enviaron unha ambulancia medicalizada, onde o estabilizaron e o levaron de urxencia ao Hospital Sagrado Corazón de Ferrol . Os equipos médicos do Hospital atenderán a este paciente, investigarán que é o que lle esta pasando. Informe médico: Presentación co Google Drive Kit dixital para o alumnado médico:TutoriaisPresentacións de Google: https://m.youtube.com/watch?v=Cu1tqMxWGk0 https://es.calameo.com/read/00367265166593795a4fd Cada equipo terá que elaborar unha presentación en liña empregando Google Drive co nome CASO 2 : NÚMERO DO EQUIPO Cada equipo médico, ademais da satisfacción de curar a unha paciente , pode chegar a conseguir ata 170 PUNTOS neste caso. Tempo de traballo: 4 sesións na aula de informática do Hospital Sagrado Corazón.
  • 2. Partes das que constará o informe: a) PORTADA: Constará do nome do caso que se está a tratar e unha foto alusiva ao tema..(5 Puntos). b) DIAPOSITIVA 1. Ao chegar ao Hospital váiselle facer un extracción de sangue do brazo do paciente para realizar unha analítica. Explica cales son os compoñentes do sangue. (15 Puntos). c) DIAPOSITIVA 2: Da analítica descóbrese que o paciente pertence ao grupo sanguíneo 0 +. Explica cales son os diferentes grupos sanguíneos e o Rh. Que tipos de sangue podería recibir o paciente en caso de necesitar unha transfusión? (15 Puntos). d) DIAPOSITIVA 3: Explica como o sangue flúe a través dos distintos tipos de vasos sanguíneos (arterias, veas e capilares) (25 Puntos). e) DIAPOSITIVA 4 (Anatomía): A partir dunha fotografía do corazón, sinalar mediante frechas todas as súas partes , e as vías de entrada e de saída (Elaboración propia) (25 Puntos). f) DIAPOSITIVA 5 : Describide onde esta situado o corazón, e por que esta protexido. Describide os movementos realiza e quen marca o ritmo cardíaco (15 Puntos). g) DIAPOSITIVA 6 (Fisioloxía):Describide o percorrido que realiza un glóbulo vermello desde que sae da aurícula dereita ata que retorna a ela. Debedes de indicar as partes polas que pasa (30 Puntos). h) DIAPOSITIVA 7: Explicar o proceso que está sufrindo o paciente. Poderíase previr. Como? (25 Puntos). i) DIAPOSITIVA 8: Explicar cales son as outras grandes enfermidades cardiovasculares. Poderíanse previr? Como? (15 Puntos). j) Avisos finais : ➢ O profesor compartirá con vos a ligazón para a vosa presentación de Google Drive . ➢ Cada diapositiva non realizada restará 20 Puntos do Total. ➢ Á semana seguinte de terminar realizarase un exame escrito sobre este tema de Aparello Circulatorio. ➢ A presentación realizada por cada equipo médico valorarase segundo a seguinte rúbrica mediante unha avaliación por pares P2P (cada equipo valora o seu traballo e o de outros 2 equipos) e cualificarase no apartado de "Caderno e traballos de aula".
  • 3. Insatisfactorio 1 Regular 2 Ben 3 Excelente 4 Contido Non chega a tratar todos os apartados do tema, nin as actividades. O contido é ás veces confuso ou inadecuado, e non presenta detalles. Presenta todos os apartados do tema, e as actividades propostas , aínda que pouco desenvolvidas. Fáltanlle detalles e/ou análises. Desenvolve e ben todos os apartados do tema, e as actividades propostas correctamente. Moitos detalles e algunha análise Desenvolve profundamente todos os apartados do tema, e as actividades propostas , achegando gran riqueza de detalles e análises Deseño das diapositivas As diapositivas preséntanse sen fondo, recheas de textos con frases moi longas. É difícil comprender o significado nunha primeira lectura. Outras veces teñen fondo pero non se entende a letra. As dispositivas presentan equilibrio entre texto e imaxes. Non ten fondo ou ten pouca estética. Non hai transicións nin efectos. As diapositivas lense facilmente. O fondo é adecuado. As imaxes están ben seleccionadas e hai equilibrio entre texto e imaxes. Inclúe transicións e/ou efectos. As diapositivas lense facilmente. A presentación é atractiva cunha combinación de cores e letras con estilo que melloran a comprensibilidade e o contido. Inclúe variedade de efectos e transicións ben coordinadas. Imaxes, gráficos, animacións As imaxes, son e/ou animacións son escasas ou non están relacionadas ao contido. As imaxes non facilitan a comprensión do contido e/ou sobrecargan o persoal. Algunhas imaxes, son e/ou animacións non se relacionan co tema e non contribúen a resaltar conceptos principais. Imaxes de tamaños moi grandes ou pequenos con cores ou resolucións pobres. As imaxes, o son e/ou animacións describen visualmente o material, e permite á audiencia comprender o fluxo de información ou contido. Unhas poucas imaxes non teñen o tamaño ou cores adecuados. As gráficas, son e/ou animacións contribúen á presentación do tema e establecen unha conexión visual ou auditiva que permiten comprender conceptos e ideas do tema presentado. Todas as imaxes son apropiadas en tamaño e resolución para resaltar o contido. Orixinalidade A presentación é un copia e pega de traballos, ideas, gráficos doutras persoas, e mostra pouca orixinalidade. A presentación mostra un intento de creatividade e orixinalidade. A presentación mostra algunha orixinalidade e creatividade . As ideas e contidos preséntanse dunha forma interesante A presentación mostra moita orixinalidade e creatividade . As ideas e contidos preséntanse dunha forma única e moi interesante. Traballo en equipo (Valoración polo profesor) Falta de organización. O grupo requiriu a axuda ou asistencia do profesor na organización, división de tarefas e intervención para resolver as diferenzas entre os membros. Os membros do grupo axudáronse mutuamente en ocasións e requiriu a intervención do profesor para resolver diferenzas entre eles. Un membro do equipo foi quen fixo a maior arte de traballo . Bo traballo e coordinación. Os membros do grupo axudáronse mutuamente, pero sen roles claros dentro do equipo. Bo traballo e coordinación. Os membros axudáronse mutuamente, compartiron ideas, desenvolveron e avaliaron o produto final. O proxecto é unha mostra clara de esforzo en conxunto.