CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
EDUCACIÓN INFANTIL
CURSO 2017/18
HORARIO
 Durante o curso escolar o horario será de 9:00 a 14:00
 Os alumnos/as de 3 anos terán o principio un período de
adaptación
 O horario para atención os pais/nais será os martes de
16:00 a 17:00. Non haberá titorías no mes de setembro nin
no de xuño. É recomendable pedir cita con antelación.
 O día que teñen psicomotricidade deberán traer roupa e
calzado deportivo. Ademáis traerán un par de calcetíns
antideslizantes metidos nunha bolsiña co seu nome que
quedarán no colexio e enviaranse á casa para lavalos (e
traelos de volta) cando sexa necesario.
MATERIAL
 Continuamos pedindo o material funxible dende o colexio.
Este ano a cantidade a aportar por cada neno/a é de 30
euros.
 A lista de libros necesarios para cada curso está exposta
na entrada do colexio,
 Ademáis os nenos/as deberán traer ó colexio as seguintes
cousas (os nenos/as de 4 e 5 xa teñen algunhas do curso
pasado):
o 1 vaso ou taza de plástico para beber auga
o Unha gorra para o sol
o Un mandilón abotoado por diante, co nome nun
lugar visible e cunha cinta para poder colgalo
cómodamente.
o Unha muda completa (co nome en tódalas
prendas) dentro dunha bolsa que tamén levará o
nome.
o É imprescindible poñer o nome a TODO o que
neno/a traia ó colexio.
NORMAS XERAIS
 PUNTUALIDADE: No caso de chegar tarde deberedes
entrar pola porta principal, notificar a causa da tardanza e
deixar que o conserxe acompañe ao neno/a á súa clase
para interromper o mínimo posible o ritmo da mesma.
 No caso de que o neno/a non se atope ben NON debedes
mandalo á escola, debemos pensar no benestar do neno/a e
tratar de evitar contaxios.
 Para sacar o neno/a fóra do colexio en horario lectivo
tedes que cubrir un papel en secretaría.
 As FALTAS de asistencia deben estar XUSTIFICADAS,
informando á titora do motivo das mesmas. Para iso
mandaremos un papel que podedes cubrir de antemán se xa
sabedes que o neno/a non vai asistir ou que o tedes que
sacar do centro.
 NON SE ENTREGARÁ NINGÚN NENO/A A PERSOAS
QUE NON ESTÉN AUTORIZADAS PREVIAMENTE. Os
alumnos/as de 5º e 6º de Infantil poden modificar ou
ampliar as súas
 autorizacións pedindo un papel na secretaría do centro.
 Non se pode traer xoguetes nin cousas de valor ( pulseiras
de ouro, cadeas…). No período de adaptación do primeiro
curso pode traerse algún xoguete que os faga sentirse máis
seguros.
 Non celebramos os aniversarios no cole, non se poden traer
chucherías, agasallos ou invitacións para os cumples.
 É necesario que os nenos/as traian ROUPA AXEITADA ás
actividades escolares e a súa autonomía, non se deben
traer petos, cintos, pantalóns con botóns ou demasiado
axustados e os zapatos deberán ser de VELCRO.
 É importante que o mandilón teña uns botóns que eles/elas
poidan manexar e procurar repoñelos e aseguralos se se
perde algún.
Prestade ATENCIÓN ÁS MOCHILAS , LEDE AS NOTAS que
enviamos dende o centro e se tedes alguna dúbida, preguntade
MERENDAS
A merenda será saudable, podemos incluir na mesma algún dos
seguintes alimentos: froita pelada e cortada, lácteos( queixo,
iogur, bebible,…), mini-bocatas, algunha galleta…Non se poderán
traer para merendar: bollería industrial, chuches, chocolate,
refrescos…
A merenda deberá vir nunha mochila co nome e non fai falla traer
moita cantidade. Evitaremos traer mochilas con rodas para
facilitar a auotonomía do neno/a e non entorpecer nos
desprazamentos na fila e as que son demasiado pequenas.
A auga traerase por pacs de 6 botellas de litro e medio por orde
de lista en cada clase, ademáis da caixa dos panos de papel e un
paquete de toalliñas para o WC .
BIBLIOTECA ESCOLAR
Como tódolos anos iniciaremos o préstamo de libros da biblioteca
en outubro. O préstamo é VOLUNTARIO, pero conleva a obriga
de devolver ese libro no mesmo estado no que se recibiu. É tamén
moi importante que o libro se devolva no día da semana que vos
indicaremos para poder levar outro.
Enviaremos unha circular que debedes firmar se queredes
participar nesta actividade.
O papel educador dos pais/nais na Educación Infantil
é fundamental
 Fomentando a súa AUTONOMÍA
 Traballando na adquisición de NORMAS BÁSICAS de
comportamento: escoitar, atender, obedecer, recoller…
 Facendo cousas xuntos apropiadas para a súa idade (
puzles ,pintar ,plastilina ,xogar ó aire libre, construcións
,pelotas ,bicis ,patinetes…) tratando de evitar xogos e
condutas violentas (pistolas, debuxos animados pouco
apropiados, videoxogos,…)
 Buscando que se relacione con outros nenos/as fóra do
horario escolar.
 Colaborando co colexio:
o Participando nas reunións e entrevistas convocadas
polo centro.
o Informando sobre calquer aspecto relativo o neno/a
que afecte á convivencia do grupo ou ó seu propio
rendemento.
 Correxindo as condutas dos nenos/as contrarias ás normas
de convivencia.
 Axudando ós vosos fillos/as nas tarefas que teñen relación
ca súa aprendizaxe.
 Colaborando nas actividades propostas polo centro para
facer “en familia”.
 Consultando o blogue do centro cos vosos fillos/as.

Boletin 2017 2018

  • 1.
    CEIP ANTONIO PEDROSALATAS EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2017/18 HORARIO  Durante o curso escolar o horario será de 9:00 a 14:00  Os alumnos/as de 3 anos terán o principio un período de adaptación  O horario para atención os pais/nais será os martes de 16:00 a 17:00. Non haberá titorías no mes de setembro nin no de xuño. É recomendable pedir cita con antelación.  O día que teñen psicomotricidade deberán traer roupa e calzado deportivo. Ademáis traerán un par de calcetíns antideslizantes metidos nunha bolsiña co seu nome que quedarán no colexio e enviaranse á casa para lavalos (e traelos de volta) cando sexa necesario. MATERIAL  Continuamos pedindo o material funxible dende o colexio. Este ano a cantidade a aportar por cada neno/a é de 30 euros.  A lista de libros necesarios para cada curso está exposta na entrada do colexio,  Ademáis os nenos/as deberán traer ó colexio as seguintes cousas (os nenos/as de 4 e 5 xa teñen algunhas do curso pasado): o 1 vaso ou taza de plástico para beber auga o Unha gorra para o sol o Un mandilón abotoado por diante, co nome nun lugar visible e cunha cinta para poder colgalo cómodamente.
  • 2.
    o Unha mudacompleta (co nome en tódalas prendas) dentro dunha bolsa que tamén levará o nome. o É imprescindible poñer o nome a TODO o que neno/a traia ó colexio. NORMAS XERAIS  PUNTUALIDADE: No caso de chegar tarde deberedes entrar pola porta principal, notificar a causa da tardanza e deixar que o conserxe acompañe ao neno/a á súa clase para interromper o mínimo posible o ritmo da mesma.  No caso de que o neno/a non se atope ben NON debedes mandalo á escola, debemos pensar no benestar do neno/a e tratar de evitar contaxios.  Para sacar o neno/a fóra do colexio en horario lectivo tedes que cubrir un papel en secretaría.  As FALTAS de asistencia deben estar XUSTIFICADAS, informando á titora do motivo das mesmas. Para iso mandaremos un papel que podedes cubrir de antemán se xa sabedes que o neno/a non vai asistir ou que o tedes que sacar do centro.  NON SE ENTREGARÁ NINGÚN NENO/A A PERSOAS QUE NON ESTÉN AUTORIZADAS PREVIAMENTE. Os alumnos/as de 5º e 6º de Infantil poden modificar ou ampliar as súas  autorizacións pedindo un papel na secretaría do centro.  Non se pode traer xoguetes nin cousas de valor ( pulseiras de ouro, cadeas…). No período de adaptación do primeiro curso pode traerse algún xoguete que os faga sentirse máis seguros.  Non celebramos os aniversarios no cole, non se poden traer chucherías, agasallos ou invitacións para os cumples.  É necesario que os nenos/as traian ROUPA AXEITADA ás actividades escolares e a súa autonomía, non se deben traer petos, cintos, pantalóns con botóns ou demasiado axustados e os zapatos deberán ser de VELCRO.  É importante que o mandilón teña uns botóns que eles/elas poidan manexar e procurar repoñelos e aseguralos se se perde algún. Prestade ATENCIÓN ÁS MOCHILAS , LEDE AS NOTAS que enviamos dende o centro e se tedes alguna dúbida, preguntade MERENDAS A merenda será saudable, podemos incluir na mesma algún dos seguintes alimentos: froita pelada e cortada, lácteos( queixo, iogur, bebible,…), mini-bocatas, algunha galleta…Non se poderán traer para merendar: bollería industrial, chuches, chocolate, refrescos… A merenda deberá vir nunha mochila co nome e non fai falla traer moita cantidade. Evitaremos traer mochilas con rodas para facilitar a auotonomía do neno/a e non entorpecer nos desprazamentos na fila e as que son demasiado pequenas. A auga traerase por pacs de 6 botellas de litro e medio por orde de lista en cada clase, ademáis da caixa dos panos de papel e un paquete de toalliñas para o WC .
  • 3.
    BIBLIOTECA ESCOLAR Como tódolosanos iniciaremos o préstamo de libros da biblioteca en outubro. O préstamo é VOLUNTARIO, pero conleva a obriga de devolver ese libro no mesmo estado no que se recibiu. É tamén moi importante que o libro se devolva no día da semana que vos indicaremos para poder levar outro. Enviaremos unha circular que debedes firmar se queredes participar nesta actividade. O papel educador dos pais/nais na Educación Infantil é fundamental  Fomentando a súa AUTONOMÍA  Traballando na adquisición de NORMAS BÁSICAS de comportamento: escoitar, atender, obedecer, recoller…  Facendo cousas xuntos apropiadas para a súa idade ( puzles ,pintar ,plastilina ,xogar ó aire libre, construcións ,pelotas ,bicis ,patinetes…) tratando de evitar xogos e condutas violentas (pistolas, debuxos animados pouco apropiados, videoxogos,…)  Buscando que se relacione con outros nenos/as fóra do horario escolar.  Colaborando co colexio: o Participando nas reunións e entrevistas convocadas polo centro. o Informando sobre calquer aspecto relativo o neno/a que afecte á convivencia do grupo ou ó seu propio rendemento.  Correxindo as condutas dos nenos/as contrarias ás normas de convivencia.  Axudando ós vosos fillos/as nas tarefas que teñen relación ca súa aprendizaxe.  Colaborando nas actividades propostas polo centro para facer “en familia”.  Consultando o blogue do centro cos vosos fillos/as.