Bases do VIII certame literario Carmela Loureiro, organizado polo Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
Bases do VIII certame literario Carmela Loureiro, organizado polo Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de normalización Lingüística de Ferrolterra
(CENL) convocan o VII Certame literario Carmela Loureiro como homenaxe a unha muller,
profesora en Ferrolterra, presidenta da CENL durante anos, que dedicou o seu tempo e o seu saber á
lingua e aos máis novos. A súa traxectoria persoal e profesional é un exemplo do labor anónimo e
xeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade.
Achéganse as bases do V Certame Literario Carmela Loureiro convocado polo Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.
PRAZOS: 14 decembro (fase interna) e 20 decembro (fase intercentros).
O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de normalización Lingüística de Ferrolterra
(CENL) convocan o VII Certame literario Carmela Loureiro como homenaxe a unha muller,
profesora en Ferrolterra, presidenta da CENL durante anos, que dedicou o seu tempo e o seu saber á
lingua e aos máis novos. A súa traxectoria persoal e profesional é un exemplo do labor anónimo e
xeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade.
Achéganse as bases do V Certame Literario Carmela Loureiro convocado polo Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.
PRAZOS: 14 decembro (fase interna) e 20 decembro (fase intercentros).
Nesta edición, por mor das indicacións da Intervención Xeral e en cumprimento dos requisitos da Lei xeral de subvencións, será necesario, tal e como figura no extracto e nas bases da convocatoria, achegar cos traballos seleccionados, en sobre á parte, unha declaración responsable dos participantes de non ter débedas. Só será necesario para os autores /autoras dos traballos que se entreguen no Concello para o concurso e deberá ir asinada polos titores, nais ou pais, en caso de menores de idade. En calquera caso, non se deberá presentar ningún traballo sen esa declaración.
Bases xerais comúns a todos os anos e a publicación da convocatoria de 2023 do Certame Literario Carmela Loureiro. O Certame Literario Carmela Loureiro é unha das actividades impulsadas polo Concello de Ferrol en colaboracion da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
1. 1
Bases do XIX Certame de creación artística Poesía e Imaxe
EN GALEGO, SEN FILTRO
1.- Poderá participar todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino –públicos,
concertados ou privados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordenadora de Equipas
de Normalización Lingüística (CENL).
2.- As persoas participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal en calquera destas
modalidades:
a) Modalidade A : debuxo, pintura, colaxe e fotografía
b) Modalidade B: audiovisual.
- No caso de optar pola modalidade audiovisual:
.
Deberán ser orixinais, ou extraídos dun banco de arquivos libres, non comercializados (tanto as
imaxes coma o son e a música
Duración: até 5 minutos, créditos incluídos.
Os traballos poderán estar aloxados nun servizo de streaming de vídeo como Vimeo, Youtube,
DailyMotion, etc. de maneira oculta ou privada (neste caso deberán indicar a dirección (URL)
a través da que se pode acceder ao vídeo) ou ben enviarse en calquer tipo de formato e/ou
soporte dixital. Tamén desde Velaquí.gal ao enderezo cequipnormalizacion@gmail.com
De apareceren menores de idade, deberán contar coa autorización paterna ou materna.
Calquera apropiación indebida de dereitos de autor –imaxe e son- ou incumprimento das bases
desta convocatoria é responsabilidade directa do profesor/a ou titor/a.
3.- Para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha (1) de entre as
15 propostas poéticas da literatura universal recollidas no anexo destas bases, o autor ou a autora
deberá indicar o texto seleccionado. En caso de optar á modalidade de novas tecnoloxías, deberase
indicar o texto seleccionado. A autoría dos traballos presentados poderá ser individual ou colectiva e
neste último caso o agasallo será tamén colectivo.
4.- Niveis de participación:
- Educación Infantil
- 1º/2º/3º de educación primaria
- 4º/5º/6º de educación primaria.
- ESO
- Bacharelato
- Ciclos formativos
5.- Os centros participantes desenvolverán as súas actividades en dúas fases:
a) fase nos centros b) fase intercentros
2. 2
6.- Na fase do propio centro realizaranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co
da expresión plástica ou as novas tecnoloxías. O centro seleccionará nesta fase unha ÚNICA OBRA
por nivel definido na base 4 para participar na fase intercentros na modalidade A.
Na modalidade B (audiovisual) cada centro poderá enviar un por nivel educativo (Infantil,
Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos).
O non cumprimento das bases suporá a descualificación.
7.- Os centros deberán enviar os orixinais seleccionados (unha obra por nivel definido na base 4 e
conforme co artigo 6), quer en man, quer por calquera outro medio, antes do sábado 2 de marzo
de 2019
Os traballos seleccionados deberán enviarse a:
Equipa de Normalización Lingüística
IES Concepción Arenal
Rúa de Cuntis , 1 (15402) – Ferrol
Ou, de ser o caso, da url onde está aloxado o vídeo ao propio correo electrónico da
coordenadora. cequipnormalizacion@gmail.com
Todas as láminas participantes deberán incluir no seu dorso: nome e apelidos, nivel académico,
nome do centro e poema elixido. No interior do sobre deberá figurar o contacto da persoa
responsable no centro (tfno. E enderezo electrónico). Importante: o tamaño máximo dos traballos
será un A1.
8.- A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística nomeará un xurado que seleccionará de
entre as obras presentadas para a fase intercentros un máximo de vinte e cinco (25) cadros e dez
(10) obras da modalidade de audiovisuais atendendo aos seguintes criterios:
- calidade estética
- orixinalidade
- interrelación entre a linguaxe poética e a linguaxe plástica e visual
9.- O xurado garantirá que cada nivel estea representado por un mínimo de cinco obras, sempre que se
ateñan aos criterios do punto 8 destas bases, e poderá declarar o certame total ou parcialmente deserto.
A súa decisión será inapelábel. O xurado realizará a selección de traballos na primeira quincena de
marzo.
3. 3
10.- Todos os orixinais presentados na fase intercentros pasarán a ser propiedade da Coordenadora de
Equipas de Normalización Lingüística . Os traballos editados pasarán a ser propiedade do Concello de
Ferrol. O Concello de Ferrol poderá doárllelos aos centros de ensino en que estean matriculados os/as
alumnos/as seleccionados/as.
11.- Coas obras seleccionadas o Concello de Ferrol e a CENL realizarán unha exposición pública
a segunda quincena de abril de 2019, Os traballos realizados nalgún dos soportes relacionados coas
TIC, referidos no artigo 2, exporanse nas páxinas web do Concello de Ferrol, na páxina web da
Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e ademais en calquera outro espazo que estas
dúas entidades acorden coa conformidade dos centros de ensino correspondentes e dos autores e
autoras das obras.
12.- A participación no certame implica a aceptación destas bases. A súa interpretación correspóndelle
ao xurado.
Ferrol, xaneiro 2019