SlideShare a Scribd company logo
Aventura Diminuta:
Actividades e
recursos para
dinamizar o xogo no
rincón da
casiña/cocinita: co
xogo simbólico
tamén se aprende
http://aventuradiminuta.blogspot.com.es/search/label/coeducaci%C3%B3n
“ Un neno que non sabe xogar é un pequeño vello
e será un adulto que non saberá pensar”
Jean Château
Xustificación teórica
Para dotar de significación á aprendizaxe, as teorías que existen
propoñen a necesidade de enlazar as experiencias previas do
suxeito a educar cos contidos a transmitir empregando elementos
de motivación axeitados á idade do educando.
Na educación formal dun individuo, debemos considerar a
importancia do xogo.
O xogo é unha actividade que os seres humanos desenvolvemos
desde o noso nacemento, sendo un elemento importante na vida
dun neno que ve o mundo a través del.
En si mesmos, os xogos son unha actividade
cotiá, espontánea e que non é necesario
motivar, que implica unha acción con
inicio, desenvolvemento e fin suxeitos a unhas
normas e regras fixas nalgúns casos, e adaptadas ó
gusto dos xogadores, noutros.
En resumo, mediante o xogo trátase de aprender
divertíndose.
Definición de xogo:
 É unha actividade natural e
espontánea, expresión de vida; xogar é vivir.
 O xogo é a base
para acadar a
madurez e a
preparación para a
vida.
O xogo libre e o xogo dirixido
O xogo libre: metodoloxicamente, establece unha finalidade en si
mesmo.
Se o utilizamos axeitadamente, proporcionaranos un
coñecemento máis perfecto do neno, das estructuras e relacións
do grupo, facilita un axuste entre o xogo e a idade e os intereses
do neno e pode ser un “viveiro” de xogos dirixidos. Non obstante,
obsérvanse unhas desvantaxes motivadas pola falta de: variedade
(xa que se repiten moitos os xogos e os nenos soen querer xogar
sempre a un xogo que lles guste; perseverancia, hai que motivar
por non haber estabilidade emocional, organización nos xogos
sociais polo que as estruturas son moi básicas, medida ó ser máis
difícil o control da intensidade do xogo.
O xogo dirixido: desenvólvese mediante unhas regras e
obxectivos marcados polo adulto.
Mediante a súa práctica pódense eliminar todos os defectos, hai
maior variedade e ecuanimidade dos resultados e os efectos
están controlados e planificados de antemán, non obstante está
condicionado por unha limitación da autonomía e liberdade do
neno e suprímese a pureza e espontaneidade do xogo libre.
Destinatarios da actividade
A actividade do Rincón da Casiña/Cocinita decidín
dirixila ó alumnado de 5º curso da etapa de Educación
Infantil.
Obxectivos que se pretenden acadar con esta actividade:
- Disfrutar do momento de xogo.
- Respectar as normas e regras dos xogos.
- Aplicar as normas, valores, e regras de convivencia dos xogos
para unha maior armonía social na aula.
- Realizar xogos de cooperación incidindo no comportamento e
relación social.
- Mellorar a autonomía persoal dos alumnos/as.
- Fomentar a creatividade e imaxinación dentro do xogo
simbólico.
- Promover diferentes modelos de familia a través do xogo.
- Fomentar a coeducación.
- Valorar e mostrar respecto cara un mesmo e os seus
compañeiros/as, con independencia do sexo, raza,
posibilidades, limitacións,…
Temporalización
Está actividade realizaríase ó longo do curso para
dispoñer do tempo suficiente para que os pequenos
poidan acadar todos os obxectivos propostos.
Ademais, así hai a posibilidade de que todos os
nenos intercambien os diferentes roles.
Desenvolvemento da actividade e
modificacións que eu faría
Comezaremos dividindo ó
grupo-aula.
Despois, darémoslle a escoller
a cada grupo os roles que poden
desempeñar, tendo en conta que
aínda que haxa varios roles que se
repitan, iso non vai supoñer un
problema, xa que desta maneira
traballamos os diferentes modelos
de familia.
Darémoslle a cada neno unha
tarxeta co rol que desexa
desempeñar (pero as tarxetas
farémolas con fotos reais, xa
que será máis sinxelo para os
nenos establecer similitudes
coa realidade. Así mesmo,
aínda que estemos na etapa de
educación Infantil, non é
preciso infantilizar todos os
materiais).
Os nenos terán que escoller a tarefa doméstica que queren realizar,
e, no caso de que dous nenos queiran a mesma tarefa, eles terán
que chegar a un acordo. Intentaremos non mediar no conflito,
deixando que os discentes empreguen estratexias e mecanismos de
resolución. No caso de que o conflito non se resolva, os mestres/as
actuaremos como mediadores.
Así mesmo, os darémoslle pequenas pautas de organización, para
evitar un posible desorde durante o xogo (a autora do blog xa
presupón a organización da actividade porque son os nenos os que
elixen as tarefas).
Na actividade proposta pola autora, destinada a nenos de
3 anos, aparece unha ficha que os nenos teñen que
cubrir. Segundo a miña opinión, vexo o uso desta ficha
incorrecto para completar por nenos de 3 anos, xa que é
moi probable que a esta idade non saiban nin ler nin
escribir. Persoalmente, eu tampouco me decanto por
empregala conn nenos de 5 anos (a miña actividade está
destinada a esta idade), xa que a ensinanza da lectura e
da escritura é propia do currículo do 1º curso do 1º ciclo
da Etapa de Educación Primaria, non da etapa de
Infantil, polo que moitos nenos/as non poderían
realizala.
-

En vez da ficha que emprega a autora do blog, eu proporía unha
ficha individual de cada alumno/a a cubrir polo mestre/a por
medio da observación directa.
Os ítems a valorar poden ser:
Atópase a gusto colaborando na actividade…
Amósase cooperante…
Amósase disgregante…
Concentra a atención no xogo…
Móstrase dependente do grupo ou do mestre/a…
Imaxinativo…
Asimila rapidamente variantes…
Empeza e remata a tarefa…
Despois da actividade
Colocaremos a todos os nenos/as
nun círculo, para establecer
contacto visual entre o mestre/a e
o alumnado, e dos alumnos/as
entre si.
As preguntas que lles podemos
formular son:
- Gustouvos o rol que fixestes?
- Disfrutastes coa tarefa do fogar
que escollestes?
- Quedastes contentos/as co xogo
que fixemos? (preguntarémoslles
por que si ou por que non)
Tamén lles preguntaremos se nas fichas que temos
sobre as tarefas domésticas notan en falta algunha das
que fan os seus pais e nais na casa.
Tentaremos que esta actividade faga que os nenos e
nenas se poñan no papel de adultos responsables coas
tarefas do fogar.
Conclusión
En resumo, o xogo é unha actividade necesaria
xeradora de pracer, con finalidade en si mesma, que
contribúe ó desenvolvemento integral do suxeito
respecto á infancia, é a súa base existencial adaptada a
características de continua evolución e cambio e a base
do seu propio desenvolvemento creándose as bases de
convivencia e cooperación social, está dotada de
espontaneidade e non require aprendizaxe.
Según PIAGET, “No xogo o neno realiza os seus desexos
para obter pracer, mediante el, o neno encontra a súa
identidade, establécese un mecanismo defensivo polo
que, a través da interpretación dun cambio de rol, o
suxeito pode liberarse de traumatismos sufridos
pasivamente”.

Sheila Rodríguez Trigo
2º Educación Infantil

More Related Content

Similar to Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2SaraGonBaa
 
Compra juguetes
Compra juguetesCompra juguetes
Xogos e xoguetes
Xogos e xoguetesXogos e xoguetes
Xogos e xoguetesequipodeei
 
Aprender a pensar
Aprender a pensarAprender a pensar
Aprender a pensar
Cristina Piñeiro Lorenzo
 
Como me vexo e como me ven
Como me vexo e como me venComo me vexo e como me ven
Como me vexo e como me ven
ticceeabarcia
 
Informática e educación
Informática e educaciónInformática e educación
Informática e educaciónequipodeei
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénerosatelite1
 
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptxComo facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
MoniVL1
 

Similar to Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego (12)

Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2
 
Compra juguetes
Compra juguetesCompra juguetes
Compra juguetes
 
Xogos e xoguetes
Xogos e xoguetesXogos e xoguetes
Xogos e xoguetes
 
Aprender a pensar
Aprender a pensarAprender a pensar
Aprender a pensar
 
Como me vexo e como me ven
Como me vexo e como me venComo me vexo e como me ven
Como me vexo e como me ven
 
Informática e educación
Informática e educaciónInformática e educación
Informática e educación
 
Socialización
SocializaciónSocialización
Socialización
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Revista escolar 2012 (4)
Revista escolar 2012 (4)Revista escolar 2012 (4)
Revista escolar 2012 (4)
 
Primeira sesión
Primeira sesiónPrimeira sesión
Primeira sesión
 
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptxComo facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
 

Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego

  • 1. Aventura Diminuta: Actividades e recursos para dinamizar o xogo no rincón da casiña/cocinita: co xogo simbólico tamén se aprende http://aventuradiminuta.blogspot.com.es/search/label/coeducaci%C3%B3n
  • 2. “ Un neno que non sabe xogar é un pequeño vello e será un adulto que non saberá pensar” Jean Château
  • 3. Xustificación teórica Para dotar de significación á aprendizaxe, as teorías que existen propoñen a necesidade de enlazar as experiencias previas do suxeito a educar cos contidos a transmitir empregando elementos de motivación axeitados á idade do educando. Na educación formal dun individuo, debemos considerar a importancia do xogo. O xogo é unha actividade que os seres humanos desenvolvemos desde o noso nacemento, sendo un elemento importante na vida dun neno que ve o mundo a través del.
  • 4. En si mesmos, os xogos son unha actividade cotiá, espontánea e que non é necesario motivar, que implica unha acción con inicio, desenvolvemento e fin suxeitos a unhas normas e regras fixas nalgúns casos, e adaptadas ó gusto dos xogadores, noutros. En resumo, mediante o xogo trátase de aprender divertíndose.
  • 5. Definición de xogo:  É unha actividade natural e espontánea, expresión de vida; xogar é vivir.  O xogo é a base para acadar a madurez e a preparación para a vida.
  • 6. O xogo libre e o xogo dirixido O xogo libre: metodoloxicamente, establece unha finalidade en si mesmo. Se o utilizamos axeitadamente, proporcionaranos un coñecemento máis perfecto do neno, das estructuras e relacións do grupo, facilita un axuste entre o xogo e a idade e os intereses do neno e pode ser un “viveiro” de xogos dirixidos. Non obstante, obsérvanse unhas desvantaxes motivadas pola falta de: variedade (xa que se repiten moitos os xogos e os nenos soen querer xogar sempre a un xogo que lles guste; perseverancia, hai que motivar por non haber estabilidade emocional, organización nos xogos sociais polo que as estruturas son moi básicas, medida ó ser máis difícil o control da intensidade do xogo.
  • 7. O xogo dirixido: desenvólvese mediante unhas regras e obxectivos marcados polo adulto. Mediante a súa práctica pódense eliminar todos os defectos, hai maior variedade e ecuanimidade dos resultados e os efectos están controlados e planificados de antemán, non obstante está condicionado por unha limitación da autonomía e liberdade do neno e suprímese a pureza e espontaneidade do xogo libre.
  • 8. Destinatarios da actividade A actividade do Rincón da Casiña/Cocinita decidín dirixila ó alumnado de 5º curso da etapa de Educación Infantil.
  • 9. Obxectivos que se pretenden acadar con esta actividade: - Disfrutar do momento de xogo. - Respectar as normas e regras dos xogos. - Aplicar as normas, valores, e regras de convivencia dos xogos para unha maior armonía social na aula. - Realizar xogos de cooperación incidindo no comportamento e relación social. - Mellorar a autonomía persoal dos alumnos/as. - Fomentar a creatividade e imaxinación dentro do xogo simbólico. - Promover diferentes modelos de familia a través do xogo. - Fomentar a coeducación. - Valorar e mostrar respecto cara un mesmo e os seus compañeiros/as, con independencia do sexo, raza, posibilidades, limitacións,…
  • 10. Temporalización Está actividade realizaríase ó longo do curso para dispoñer do tempo suficiente para que os pequenos poidan acadar todos os obxectivos propostos. Ademais, así hai a posibilidade de que todos os nenos intercambien os diferentes roles.
  • 11. Desenvolvemento da actividade e modificacións que eu faría Comezaremos dividindo ó grupo-aula. Despois, darémoslle a escoller a cada grupo os roles que poden desempeñar, tendo en conta que aínda que haxa varios roles que se repitan, iso non vai supoñer un problema, xa que desta maneira traballamos os diferentes modelos de familia.
  • 12. Darémoslle a cada neno unha tarxeta co rol que desexa desempeñar (pero as tarxetas farémolas con fotos reais, xa que será máis sinxelo para os nenos establecer similitudes coa realidade. Así mesmo, aínda que estemos na etapa de educación Infantil, non é preciso infantilizar todos os materiais).
  • 13. Os nenos terán que escoller a tarefa doméstica que queren realizar, e, no caso de que dous nenos queiran a mesma tarefa, eles terán que chegar a un acordo. Intentaremos non mediar no conflito, deixando que os discentes empreguen estratexias e mecanismos de resolución. No caso de que o conflito non se resolva, os mestres/as actuaremos como mediadores. Así mesmo, os darémoslle pequenas pautas de organización, para evitar un posible desorde durante o xogo (a autora do blog xa presupón a organización da actividade porque son os nenos os que elixen as tarefas).
  • 14. Na actividade proposta pola autora, destinada a nenos de 3 anos, aparece unha ficha que os nenos teñen que cubrir. Segundo a miña opinión, vexo o uso desta ficha incorrecto para completar por nenos de 3 anos, xa que é moi probable que a esta idade non saiban nin ler nin escribir. Persoalmente, eu tampouco me decanto por empregala conn nenos de 5 anos (a miña actividade está destinada a esta idade), xa que a ensinanza da lectura e da escritura é propia do currículo do 1º curso do 1º ciclo da Etapa de Educación Primaria, non da etapa de Infantil, polo que moitos nenos/as non poderían realizala.
  • 15. - En vez da ficha que emprega a autora do blog, eu proporía unha ficha individual de cada alumno/a a cubrir polo mestre/a por medio da observación directa. Os ítems a valorar poden ser: Atópase a gusto colaborando na actividade… Amósase cooperante… Amósase disgregante… Concentra a atención no xogo… Móstrase dependente do grupo ou do mestre/a… Imaxinativo… Asimila rapidamente variantes… Empeza e remata a tarefa…
  • 16. Despois da actividade Colocaremos a todos os nenos/as nun círculo, para establecer contacto visual entre o mestre/a e o alumnado, e dos alumnos/as entre si. As preguntas que lles podemos formular son: - Gustouvos o rol que fixestes? - Disfrutastes coa tarefa do fogar que escollestes? - Quedastes contentos/as co xogo que fixemos? (preguntarémoslles por que si ou por que non)
  • 17. Tamén lles preguntaremos se nas fichas que temos sobre as tarefas domésticas notan en falta algunha das que fan os seus pais e nais na casa. Tentaremos que esta actividade faga que os nenos e nenas se poñan no papel de adultos responsables coas tarefas do fogar.
  • 18. Conclusión En resumo, o xogo é unha actividade necesaria xeradora de pracer, con finalidade en si mesma, que contribúe ó desenvolvemento integral do suxeito respecto á infancia, é a súa base existencial adaptada a características de continua evolución e cambio e a base do seu propio desenvolvemento creándose as bases de convivencia e cooperación social, está dotada de espontaneidade e non require aprendizaxe.
  • 19. Según PIAGET, “No xogo o neno realiza os seus desexos para obter pracer, mediante el, o neno encontra a súa identidade, establécese un mecanismo defensivo polo que, a través da interpretación dun cambio de rol, o suxeito pode liberarse de traumatismos sufridos pasivamente”. Sheila Rodríguez Trigo 2º Educación Infantil