O CANTAUTOR

Audición número 3:
Adeus ríos, adeus fontes
AMANCIO PRADA
Fillo de labradores, estudou Socioloxía na Universidade da Sorbona (París). Alí
mesmo, na Francia, xa se deu a coñecer aparecendo na televisión e nas radios
francesas, e mesmo gravou o seu primeiro disco Vida e morte. A partir de aquí
comezou unha longa etapa de produción de discos, xunto con numerosas
actuacións por todo o mundo, pois participou en concertos por todo o territorio
nacional e internacional
Amancio Prada pódese considerar como un dos mellores embaixadores da lírica
galega no mundo (Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, diversos trobadores
galaico-portugueses, cancións populares, etc), razón que expuxo o xurado para
que gañase o XXI Premio Celanova -Casa dos Poetas- en 2005 ou o Premio
Xarmenta en 2006.

A POETISA
Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de
1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes
escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis
do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras
Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares
gallegos.

Audición 3

  • 1.
    O CANTAUTOR Audición número3: Adeus ríos, adeus fontes AMANCIO PRADA Fillo de labradores, estudou Socioloxía na Universidade da Sorbona (París). Alí mesmo, na Francia, xa se deu a coñecer aparecendo na televisión e nas radios francesas, e mesmo gravou o seu primeiro disco Vida e morte. A partir de aquí comezou unha longa etapa de produción de discos, xunto con numerosas actuacións por todo o mundo, pois participou en concertos por todo o territorio nacional e internacional Amancio Prada pódese considerar como un dos mellores embaixadores da lírica galega no mundo (Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, diversos trobadores galaico-portugueses, cancións populares, etc), razón que expuxo o xurado para que gañase o XXI Premio Celanova -Casa dos Poetas- en 2005 ou o Premio Xarmenta en 2006. A POETISA Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.