Arquitectura
do século XX
Arquitectura do século XX
• A comezos do século XX, a arquitectura moderna
rexeitou as tendencias historicistas da anterior
centuria e asumiu as transformacións dun novo
mundo definitivamente caracterizado polo
preponderancia do desenvolvemento técnico
industrial.
• O culto á maquina marcou o signo da arquitectura e
a planificación urbanística do que se denominou
Movemento Moderno.
Arquitectura do século XX
• Tras a Primeira Guerra Mundial cunha Europa semidestruída e
endebedada trae o ascenso hexemónico dos Estados Unidos a nivel
económico. Esta etapa de prosperidade norteamericana coñecese como
os felices vinte que terán o seu final coa desastre da bolsa de Wall Street
(1929). Volverá entón a época de recesión e conflitos que, unidos ás duras
condicións impostas tras a Gran Guerra, provocan a xestación dos
totalitarismos que conducirán ao enfrontamento na Segunda Guerra
Mundial.
• As condicións herdadas do século XIX como o desenvolvemento
tecnolóxico-industrial, o aumento demográfico e o auxe da sociedade
urbana súmanse requisitos como a rapidez e a sinxeleza.
Arquitectura do século XX
• A semente do Movemento Moderno ten
a súa orixe na arquitectura
norteamericana de finais do século XIX,
concretamente coa Escola de Chicago
creadora dunha nova tipoloxía, os
rañaceos construídos baixo o espírito
utilitario: a forma segue a función.
Arquitectura do século XX
Antecedente a escola de Chicago
• Xurde a finais do século XIX.
• Punto de partida da arquitectura
contemporánea.
• Contexto socioeconómico e cultural:
a) Economía e poboación
norteamericana en expansión.
Chicago era un polo de crecemento
fundamental.
b) Falta de referencias históricas.
Non historicismos.
c) Incendios de Chicago en 1871 e
1884: reconstrución da cidade.
• Novo Chicago: novos materiais,
nova tecnoloxía, nova tipoloxía de
edificios os arrañaceos
(skyscrapers)
William Le Baron Jenney
Home Insurance Building
1885 (derribado en 1931)
Arquitectura do século XX
Antecedente a escola de Chicago
Louis Sullivan
Auditorio de Chicago
1887-1889
Arquitectura do século XX
• Na primeira metade do século XX a arquitectura debátese entre
dúas tendencias non sempre contrapostas: o organicismo e o
funcionalismo (tamén chamado racionalismo).
• A primeira utiliza materiais e formas naturais e tenta integrar o
edificio no medio natural.
• A segunda non se preocupa da estética senón da adecuación do
edificio ás necesidades dos que van a utilizalo, a función á que se
destina. Os funcionalistas preocúpanse do urbanismo, da cidade
moderna tentando facela útil e agradable para o home.
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo
• O triunfo do funcionalismo produciuse na década dos anos 20 por
medio de tres grandes arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies
van der Rohe. Teñen en común o constante afán de descubrir e
explorar novas vías, servirse de todo tipo de materiais (formigón
armado, aceiro), aplicar a creatividade e a experimentación
superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre
unha arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á
ornamentación.
• Non significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na
súa correcta distribución interior, nunha luz convenientemente
tamizada, na súa integración no entorno, no benestar térmico e
acústico, ...
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo
• Busca unha linguaxe no individual, rexido polo principio de que a
función fai a forma ou a forma segue á función.
• O importante é a función que vai ter o edificio (non é o mesmo un
bloque de vivendas, un centro de saúde, un cine, un campo de
fútbol...) e despois se lle dá a forma.
• Esta corrente caracterízase polos seguintes rasgos:
• Uso de materiais altamente industrializados, especialmente o
formigón armado (técnica que consiste en insertar cables de
aceiro a unha masa de formigón para sumar os esforzos da
tensión). Isto xa se tiña utilizado a finais do século XIX, pero non
como recurso técnico senon como elemento formal con sentido
estético propio.
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo
• O formigón é un material barato, adaptable, incombustible e
anticorrosivo, que permite novas posibilidades na contraposición
carga/soporte, deixa a pranta libre e pódese fabricar en serie, cun
abaratamento importante dos custos, aínda que leve o perigo
dunha monotonía formal.
• Ás veces altérnase con outros materias industriais máis nobres:
aceiro, cristal ou con ladrillo.
• O muro deixa a función de carga xa que esta trasládase aos
piares. Queda reducido a unha lixeira membrana de cerramento,
que se perfora con grandes vanos (ventá corrida) que proporciona
aos interiores luz e ventilación. Chegarase a revestir (máis adiante)
todo o muro de cristal (muro cortina).
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo
• Soportes: piares de diferente sección, cun armazón interno de
aceiro, unidos por cercos e recubertos de formigón.
• Cuberta: xeralmente alintelada. Formadas por vigas de formigón
armado ou planchas do mesmo material, que se apoian
directamente nos soportes, coas que forman o esqueleto.
• Decoración: desaparece ou queda reducida ao mínimo, a favor da
homoxeneidade rectilínea e espida. A ausencia de decoración foi
dictada pola estética das formas abstractas xeométricas (ver
neoplasticismo), nun afán de que a tecnoloxía e os materiais
reflíctense en sí mesmos. Nalgúns casos, darase cabida ao uso da
cor.
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo
• Espazo interno: proporción e trazados regulares. Máximo
aproveitamento no mínimo espazo ou o que é o mesmo: maior
beneficio social ao menor custe económico. A distribución dos
espazos interiores débese adecuar ás funcións para as que son
diseñadas.
• O punto de referencia será a escala humana, como propón Le
Corbusier no seu Modulor (basease nunha figura masculina e
utilízase para determinar as proporcións de unidades de
construción). Cada edificio debe definirse polas súas función.
• Volumes exteriores: composición ortogonal. Distinta da tradicional.
O formigón armado permite a execución de voladizos, antepeitos...
e sobre todo, baixos libres, terrazas horizontais.
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo
• Busca a calidade do espazo urbano, como compensación á
pobreza da construción.
• Hai un grande interese polos temas urbanísticos, pois concibe a
arquitectura unida á cidade e da ordenación da súa expansión ou
novos asentamentos (planificación urbanísticas).
• Trátase de acomodar aos seres humanos ao novo ritmo de vida e
organizar as súas agrupacións e, fronte aos métodos dun
urbanismo devastador que se adoptou como consecuencia da
industrialización dende mediados do XIX, propón novas fórmulas,
que enlazan na cidade xardín de Howard, de base útópica e a Cité
industrialle de T. Ganíer, primeiro proxecto de cidade industrial do
XX, culminando coas teorías de Le Corbusier.
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo
• Edificios máis representativos: vivendas sociais, construcións
industriais, edificios administrativos, teatros, cines e estadios
deportivos.
• Non se orixina nun lugar único: supón unha liña de traballo común
de diversas persoas en diferentes nacións de todos os continentes,
é un ESTILO INTERNACIONAL.
• O seu centro principal o constitúe a BAUHAUS fundada por
Gropius en Weimar (Alemaña) (ao remate da 1ª guerra mundial)
como centro pedagóxico e experimental da arquitectura e o deseño.
Trasladada a Dessau en 1925 decántase pola arquitectura
racionalista baixo as direccións sucesivas de Meyer e Van der
Rohe, absorbendo as aportacións das vangardas rusas e
holandesas.
Walter Gropius
Escola da Bauhaus
1925. Dessau
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo
• Aínda que entra en decadencia en 1930 e é
finalmente clausurada en 1933 polo triunfo do
nazismo, exercerá unha enorme influencia que
medra ao emigrar os seus compoñentes a
outros países de Europa e a EEUU.
• A aportación fundamental provén do ámbito
cultural francés, relacionándose coa rama
purista do cubismo e está representada por Le
Corbusier.
• Charles Édouard Jeanneret-
Gris (Le Corbusier) (1887-
1965)
• De orixe suizo, pero residente
en París, é o mellor expoñente
do racionalismo. Gran teórico,
urbanista, batallador
incansable, fai que se tome
conciencia da arquitectura
como un dos grandes
problemas do século XX e
actual.
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo: Le Corbusier
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo: Le Corbusier
• Evoluciona ao longo da súa vida superando as vangardas.
Para el a vivenda é unha máquina para vivir, é ao igual que
os grandes tratadistas da Antigüidade ou do Renacemento
sentirá unha imperiosa necesidade de establecer
proporcións canónicas a partir das medidas humanas que
fixen as dimensións estandarizadas de todos os obxectos ,
pasando naturalmente pola vivenda.
• Estes trazos regulares quedan recollidos na súa obra Le
Modulor e nelas fíxanse as proporcións que permiten
construír harmonicamente dende un se lo de correos ata
unha cidade.
Le Corbusier
O Modulor
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo: Le Corbusier
• Os materiais son modernos, en especial formigón e
vidro. A resistencia e flexibilidade destes materiais
permite distribuír libremente a planta libre
• A luz é fundamental na obra de Le Corbusier, temos
as típicas xanelas apaisadas e corridas que permiten
boas vistas do exterior sen perder privacidade.
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo: Le Corbusier
• En 1926 expón os seus principios arquitectónicos en Os cinco
puntos dunha nova arquitectura, estes son:
1. Construción sobre pilotes. A presenza de columnas ou piares
que permiten elevar a zona habitable deixando parte da planta
inferior.
2. Tellado funcional, que cumpre a función de terraza e xardín,
ao aproveitar toda a superficie do edificio.
3. Planta libre, na que as paredes non teñen unha función
portante.
4. Xanelas alargadas percorrendo o muro.
5. Fachada libre, que desempeña unha función de pel pero non
de estrutura importante.
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo: Le Corbusier
• Na década de 1930 as innovacións funcionalistas
foron adoptadas en España a través das
propostas do GATEPAC (Grupo de Artistas e
Técnicos Españois para o Progreso da
Arquitectura Contemporánea) foi sen dúbida, a
que liderou a modernidade arquitectónica,
especialmente a partir da obra de Josep Lluís
Sert.
Josep Lluís Sert
Pavillón da República española na Exposición Universal de París (1937)
Replica construída en Barcelona
Vila Saboya.
(ou Vila
Savoye)
a) Título: Vila Saboya
b) Autor: Le Corbusier
c) Cronoloxía: 1929
d) Estilo: Movemento
Moderno.
Funcionalismo ou
racionalismo
e) Material: aceiro,
formigón e vidro
f) Tipoloxía: vila
familiar
g) Localización:
Poissy (París)
Vila Saboya.
(ou Vila Savoye)
Comentario: Introdución: Vivenda unifamiliar nas aforas de París, realizada por
Le Corbusier entre 1921 e1931. Construída en formigón, emprega ademais ferro
nos pasamáns e aceiro para as fiestras. As paredes revístense de xeso branco.
Pertence á arquitectura funcionalista racionalista dentro do denominado
Movemento Moderno, é dicir que renunciando ó eclecticismo se rompe coa
tradición, e co máis inmediato Modernismo, para optar por formas de vangarda.
Le Corbusier (Charles Édouard Jeanneret-Gris), nado en Suíza pero
nacionalizado en Francia, é a figura máis popular e influínte da arquitectura
contemporánea. Arquitecto, urbanista e escritor, defendeu a necesidade de
adaptar a construción ás necesidades do momento, para o que non era
suficiente unha modificación formal senón que era preciso racionalizar e
estandarizar a arquitectura como se dunha fabricación industrial se tratase.
Segundo escribe no seu libro Cara a unha arquitectura, as vivendas han ser
máquinas para vivir, realizadas en serie e cunha grande economía de espazo.
O modelo válido tanto para vivendas individuais como para bloques
fundaméntanse en formas xeométricas puras (rectángulo, cilindro e cubo),
volcado ó interior, sen elementos decorativos engadidos e con medidas a escala
humana para o que se serviu dun sistema de proporcións propio, o Modulor
de proporción áurea.
Na súa etapa final e desde unha visión máis humanista desenvolve unha
arquitectura con maior valor estético, de xeito que, sen abandonar o
funcionalismo, separase dos preceptos racionalistas. Serve de exemplo a
capela de Notre Dame du Haut en Ronchamp.
Contexto: A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura
norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago
creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario:
a forma segue a función.
O triunfo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes
arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o
constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de
Vila Saboya.
(ou Vila Savoye)
superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre unha
arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. Non
significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta
distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no
entorno, no benestar térmico e acústico, ...
Pódense diferenciar dúas tendencias: o Racionalismo (Le Corbusier) e o
Organicismo (Lloyd Wright). O primeiro fundamentase no emprego de volumes
elementais (cubo, cilindro, cono e esfera) dominando a lóxica construtiva. O
segundo, cando os totalitarismos e a Segunda Guerra Mundial detiveron a
actividade construtiva, desenvolvese nos Estados Unidos. En resposta á
frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á
natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas
escultóricas, máis libres e intuitivas.
Análise: A obra exemplifica á perfección os cinco puntos nos que o
arquitecto resumiu a súa linguaxe construtiva: 1º emprego de pilotes para
levantar o edificio sobre o chan, 2º cuberta en terraza axardinada, 3º planta libre,
é dicir, que a estrutura do esqueleto permite distribuír o interior de cada planta
segundo interese, 4º fiestra horizontal alongada, 5º fachada libre.
Efectivamente estamos diante dun edificio prismático levantado sobre columnas
de formigón armado, distribuídas de xeito regular que, como se dun palafito se
tratara, o illan do chan e permite conseguir unha superficie totalmente nivelada,
deixa o nivel inferior libre para o garaxe; non hai polo tanto muros de carga. Con
esa armazón, na que tamén se integra a escaleira, é posible dividir cada planta
de xeito diferenciado, os tabiques seguirán a distribución que guste o usuario. As
cubertas en terraza permiten configurar espazos de xardín para desfrutar ó aire
libre dunha natureza domesticada e un solarium. Fiestras apaisadas, van dun
pilote a outro, e con sistema de corredoira, invención súa; van en disposición
continua ó longo de todo o perímetro da edificación o que facilita a iluminación do
interior e deixa entrar as vistas da natureza en todas partes.
Vila Saboya.
(ou Vila Savoye)
A fachada resulta unha estrutura libre, pois ó non haber muro sustentante poden
abrirse vanos en calquera lugar. A planta alta avanza dobre os pilotes cos seus
muros como se dun lenzo superposto se tratase.
Fronte ó dominio de liñas rectas, a planta baixa está deseñada en curva, en
forma de U, con parede de vidro, unha novidade que terá consecuencias no
futuro, o muro cortina. Nesta planta encontrase o garaxe (xiro calculado para os
grandes automóbiles da época) con capacidade para tres coches, e as
dependencias do servizo. A planta superior organízase ó redor dunha terraza á
que dan todas as dependencias: salóns, habitacións, cociña.
Combina escaleira de caracol desde a planta baixa ó primeiro piso, rampla desde
ese nivel á terraza.
As formas curvilíneas da terraza recorda as chemineas dos barcos unha
evocación da imaxe dos transatlánticos.
A vivenda sitúase no medio do espazo natural sen verse por el afectada nin
tampouco modificalo, é o espazo continuo que Le Corbusier propugna.
Une a aqueles cinco puntos, volumes puros de influencia cubista, uso
exclusivo da cor branca, ausencia de ornato e ramplas exteriores que
presentan a vivenda como un paseo arquitectónico. O resultado é unha
arquitectura total e absolutamente nova de estudiada proporcionalidade e beleza
plástica. Con ela consumase a ruptura coa Historia.
Vivenda de luxo, os seus donos deixaron de habitala porque había moitas
goteiras. Tras tempo abandonada e a piques de ser demolida, foi declarada
monumento histórico.
Modelos e influencias: influencia na arquitectura funcional do estilo
internacional despois da segunda guerra mundial. Sorprende a “modernidade” do
edificio, moi similar aos que hoxe constrúen as administracións públicas para
colexios, Casas de cultura, etc. proba da eficacia das solucións de Le Corbusier
e da súa influencia na arquitectura actual.
Le Corbusier
Vila Saboya
Cinco
principios
1. Edificio sobre pilotes 2. Pranta libre.
Non muro de carga
3.Ventanais apaisados
e corridos
4. Fachada libre
5. Terraza axardiñada
Outros
aspectos:
6. Volumes puros (influencia cubista)
7. Uso exclusivo da cor branca
8. Ausencia de ornato
9. Ramplas externas no acceso
entre plantas.
10. Aberto á paisaxe.
Le Corbusier
Vila Saboya
Le Corbusier
Vila Saboya
Le Corbusier
Vila Saboya
Le Corbusier
Vila Saboya
Le Corbusier
Unidade habitacional
de Marsella
(1945-1952)
As súas dimensións
xigantescas e
a enorme capacidade
residencial
(ata 1600 persoas)
converten ao edificio
Nun dos máis
importantes e resolutivos
da arquitectura moderna
na gran cidade
Concibe o edificio
Como un enorme transatlántico.
Integrando o aspecto residencial,
comercial, lecer e ambiental
O modelo terá influencia
na proposta de vivendas
do Barrio das Flores:
Unidade habitacional de
Corrales (1960-1965)
A avenida de Monelos
divide dous barrios e
dúas concepcións
urbanísticas diferentes:
planificado (Barrio das
Flores) e non planificado
(Castrillón)
Castrillón
Barrio das Flores
Asume básicamente os
Principios do
funcionalismo de Le
Corbusier
Alberto Pineda e Andrés
Reboredo
Hospital Marítimo de Oza
1998
Asume os principios
de Le Corbusier
Le Corbusier: Capela Notre Dame du
Haut de Romchamp (1950-1955)
Racha cos seus principios.
Dándolle un formato moito
máis plástico.
Arquitectura do século XX
Funcionalismo/Racionalismo: Mies van der Rohe
• Formase na escola alemá da Bauhaus
que pretendía exploraras posibilidades
dos novos materiais (formigón, aceiro,
vidro...) para crear unha estética da
sociedade industrial. Van der Rohe é un
dos máximos expoñentes da arquitectura
funcionalista.
Pavillón alemán de Barcelona
a) Título: Pavillón alemán
b) Autor: Mies van der Rohe
c) Cronoloxía: 1929
d) Estilo: Movemento
Moderno. Funcionalista
e) Material: mármores de
cores, travertino, cristal,
ónix dourado e aceiro
f) Tipoloxía: pavillón de
exposición
g) Localización: Montjuic
(Barcelona)
Comentario: Introdución: Estamos diante do famoso pavillón alemán para a
Exposición Universal de Barcelona de 1929. O seu autor, Mies van der Rohe
xa era daquela unha figura senlleira da arquitectura alemana e un dos máximos
expoñentes do que se coñece como o Movemento Moderno, encabezado por
Le Corbusier. A obra deseñada por el coa colaboración da arquitecta alemana
Lilly Reich vai a ser realizada en menos dun ano.
Este edificio pretende amosar unha nova idea de Alemaña, unha Alemaña
democrática e progresista ben diferente da vella Alemaña que provocou e perdeu
a 1ª Guerra Mundial. A claridade e simplicidade da construción será u elemento
clave para reafirmar esa visión desta nova Alemaña.
En vez de ocupar unha zona central no recinto da exposición de Barcelona Van
der Rohe escolleu un rincón illado e tranquilo onde situar o seu edificio e así o
concibiu como un recuncho onde descansar e recuperar forzas para os visitantes
á agotadora Exposición,. Este edificio ademáis tiña como única razón de ser
facer algunhas recepcións e outros actos conmemorativos e polo tanto o
arquitecto puido xogar con total liberdade para o seu deseño.
Rematada a exposición universal a obra foi demolida pero nos anos 80 unha
serie de arquietctos cataláns acometeron a reconstrución do edificio baseándose
dun xeito fiel nos planos e nas fotos do pavillón orixinal, e así hoxe a obra é
enteiramente visitable en Barcelona.
Contexto: A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura
norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago
creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario:
a forma segue a función.
O triunfo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes
arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o
constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de
materiais (formigón armado, aceiro), aplicar a creatividade e a experimentación
Pavillón alemán de
Barcelona
superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre unha
arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. Non
significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta
distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no
entorno, no benestar térmico e acústico, ...
Pódense diferenciar dúas tendencias: o Racionalismo (Le Corbusier) e o
Organicismo (Lloyd Wright). O primeiro fundamentase no emprego de volumes
elementais (cubo, cilindro, cono e esfera) dominando a lóxica construtiva. O
segundo, cando os totalitarismos e a Segunda Guerra Mundial detiveron a
actividade construtiva, desenvolvese nos Estados Unidos. En resposta á
frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á
natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas
escultóricas, máis libres e intuitivas.
Análise: Nesta obra Van der Rohe vai a expoñer de xeito radical algunhas das
bases en que se asenta o Movemento Moderno como vai ser a planta libre
levada aquí esta idea ata o extremo, o uso dos novos materiais prescindindo do
adorno non necesario ou o sostén da cuberta (e do edificio) sobre pilotes.
O edificio está construído sobre un zócalo rectangular de mármore travertino ó
que se accede por unhas pequenas escaleiras nun dos lados maiores. Este
acceso nos leva directamente a un enorme estanque. De fronte, á dereita do
estanque habería un pequeno edificio para o servizo. Pero se xiramos 180º
teríamos o edificio principal que nos sorprende polo seu extraordinario voladizo.
Este teito repousará unicamente sobre 8 esbeltas e lixeiras columnas
cruciformes de aceiro cromado. O soster estas columnas o peso da cuberta,
todo o resto do edificio é absolutamente libre dende os seus peches ata a
distribución interior. Así Mies Van der Rohe concibe o espacio como un único
espazo absolutamente fluído e dinámico. O único artellamento do espazo faise
cuns elementos de vidro e de mármore dispostos en forma ortogonal e que
marcan certo ritmo no edificio pero que non condicionan o espacio. As portas non
Pavillón alemán de
Barcelona
arquitectura ata ese momento. A diferenza da arquitectura tradicional
concibida como unha xustaposición de espazos este edificio consiste
nun único espazo libre. Este é o gran valor deste edificio que en 1929
asombrou ó mundo e que foi tantas veces imitado na arquitectura
contemporánea.
Seguindo coa descrición do edificio este consta de tres grandes
bloques de ónix separados entre sí e dunhas paredes exteriores de
vidro translúcidas ou transparentes. O edificio remata noutro estanque
de máis deducidas dimensións pechado por tres dos seus lados por
bloques de mármore de Tinos, onde se atopaba unha estatua feita
polo escultor Georges Kolbe, “A mañá”.
Modelos e influencias: Mies van der Rohe seguiu os principios da
arquitectura funicionalista do século XIX. Esta tivo continuidade
Alemaña con Walter Gropius e en Francia con Le Corbusier.
En 1926, o arquitecto francés formulou os cinco principios básicos da
nova arquitectura: planta libre, uso de pilotes, terrazas planas, ventá
continua e libre formacion da fachada, preceptos que este arquitecto
vai utilizar no edificio barcelonés.
O pavillón inspirou a xeracións de arquitectos contemporáneos.
Este concepto de espazo fluído e aberto sen elementos estruturais ten
a influencia da arquitectura xaponesa, na que abundan os paneis
móbiles e adoita haber un contacto visual co exterior.
Pavillón alemán de
Barcelona
O Pavillón de Barcelona inaugurado por Alfonso XIII
en 1929
Pavillón alemán de Barcelona
Pavillón alemán de Barcelona
Pavillón alemán de Barcelona
Nesta obra exponse
algunha das bases nas que
se asenta o funcionalismo
como é a planta libre, o uso
de novos materiais
prescindindo do adorno e a
cuberta plana.
Pavillón alemán de Barcelona
Pavillón alemán de Barcelona
Xiro de 180º
Para entrar
No edificio
principal
O único
artellamento son
os elementos de
vidro e mármore
dispostos de
forma ortogonal,
marcando certo
ritmo, pero non
condicionando o
espazo. Non se
trata dunha
xustaposición de
espazos, é un
único espazo
libre.
Pavillón alemán de Barcelona
O edificio remata noutro estanque de
menores dimensións onde se atopaba
unha estatua de bronce do escultor
Georges Kolbe titulada “A mañá”.
Pavillón alemán de Barcelona
Pavillón alemán de Barcelona
Pavillón alemán de Barcelona
Pavillón alemán de Barcelona
Pavillón alemán de Barcelona
Este concepto de
espazo fluído e
aberto sen
elementos
estruturais ten a
influencia da
arquitectura
xaponesa, na que
abundan os paneis
móbiles e adoita
haber un contacto
visual co exterior.
Van der Rohe e Lilly Reich
deseñaron, especialmente para
o pavillón, unha cadeira de pel
e perfil metálico que, co paso
do tempo converteuse nunha
icona do deseño moderno.
Proba de elo é que a cadeira
Barcelona aínda se produce e
comercializa na actualidade.
Pavillón alemán de Barcelona
Restaurante
Mirador Monte de
San Pedro
Algúns aspectos da
arquitectura están
inspirados en Mies van
der Rohe
• Coa subida ao poder dos fascismos europeos
e o estalido da Segunda Guerra Mundial, Mies
van der Rohe emigrou, como moitos outros, a
Estados Unidos. Nos seus rañaceos sintetiza
todas as súas premisas ao cubrir totalmente
con paneis de vidro os xigantescos esqueletos
de aceiro de forma rectangular.
Arquitectura do século XX
Estilo Internacional: Mies van der Rohe
• Ao finalizar a Segunda Guerra Mundial a
reconstrución farase coas premisas do
funcionalismo pero xa convertido no “estilo
internacional”.
• Hai unha certa continuidade coa arquitectura
anterior ao 1945 dado que os grandes creadores
proseguen a súa obra ata os anos setenta.
Arquitectura do século XX
Estilo Internacional: Mies van der Rohe
É un grande rañaceos deseñado por van der Rohe
en colaboración con Phillip Jonhson en Nova York
nos anos 50.
Edificio Seagram
a) Título: Seagram Building
b) Autor: Mies van der Rohe
c) Cronoloxía: 1954-1958
d) Estilo: Estilo
Internacional
e) Material: aceiro, cristal
tinguido, bronce, granito,
mármore
f) Tipoloxía: rañaceos
g) Localización: Nova York
Comentario: Introdución: O edificio Seagram é un elegante rañaceos
deseñado por Mies Van der Rohe en colaboración con Phillip Johnson, cuxo
destino era un edificio de oficinas no centro de New York. Foi construído entre
1958 e 1959 e é a obra cume do chamado estilo internacional que é a
culminación do que denominamos o Movemento Moderno. Nesta obra Mies
van der Rohe levará ó extremo a pureza e simplicidade de formas sen ningunha
concesión decorativa que caracteriza a súa obra. Converteuse en modelo para
outros moitos rañaceos.
Contexto: A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura
norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago
creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario:
a forma segue a función.
O triunfo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes
arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o
constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de
materiais (formigón armado, aceiro), aplicar a creatividade e a experimentación
superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre unha
arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. Non
significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta
distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no
entorno, no benestar térmico e acústico, ...
Pódense diferenciar dúas tendencias: o Racionalismo (Le Corbusier) e o
Organicismo (Lloyd Wright). O primeiro fundamentase no emprego de volumes
elementais (cubo, cilindro, cono e esfera) dominando a lóxica construtiva. O
segundo, cando os totalitarismos e a Segunda Guerra Mundial detiveron a
actividade construtiva, desenvolvese nos Estados Unidos. En resposta á
frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á
natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas
escultóricas, máis libres e intuitivas.
Edificio Seagram
Análise: O primeiro elemento a destacar desta obra foi a sorprendente decisión de Mies
van der Rohe de retirar o edificio da liña da rúa, creando unha gran praza. Sorprendente
porque nunha cidade como New York onde o solo é tan escaso que parece estrano
renunciar a todo ese espaczo edificable. O arquitecto explicou que esta disposición
permitía unha mellor visión do edificio, o cal era deficiente na maior parte dos rañaceos
neoyorkinos. Así a praza se converteu nunha especie de adro ou recinto diante do
edificio, o cal non fará máis que potencialo.
A conexión coa praza prosigue no mesmo edificio que se abre a esta cun alto vestíbulo
aberto que parece prolongala. Este espazo ademais está sostido sobre pilotes e para
entrar nel hai que atravesar dous grandes pilares a modo de entrada procesional. A
praza se completa con dous grandes estanques rectangulares e pouco profundos
a cada lado da praza.
Se observamos o edificio na distancia podemos ver que ten a forma dunha gran
columna clásica, coa basa (o vestíbulo sobre pilotes), o fuste (o bloque de oficinas do
edificio) e cun capitel coroándoo (o corpo de tres alturas que remata o edificio). Toma
como referencias a Escola de Chicago de finais do XIX.
A fachada o edificio deixa á vista a estrutura deste, aínda que non cos verdadeiros
elementos estruturais, senon cunha “pel” de bronce que exterioriza esa estrutura
interna. Así se soldaron nos marcos das fiestras elementos verticais que ó tempo que
reforzaban a fachada potenciaban a verticalidade do edificio. Hai que indicar que
segundo a lexislación americana antiincendios os revestimentos exteriores do edificio
tiñan que ser metálicos o que se corresponde coa estrutura interna do edificio de tal
maneira que temos unha reproducción no exterior do interior do edificio.
De novo no interior do edificio temos a característica distribución libre e flexible marca
das arquitecturas do Movemento Moderno. Este interior recibe unha enorme cantidade
de luz polos grandes ventanais da fachada. O vidro topacio de cor gris destes ventanais
limitaba a entrada desta luz para que non fose excesiva. outra forma de controlar esta
entrada de luz era mediante persianas venecianas ás que só se lles permite estar en
tres posicións, para evitar que a fachada do edificio perdera harmonía se cada persiana
estivese a unha altura libre.
En canto ós materiais empregados de novo asistimos á presencia do aceiro e do
vidro(xunto có formigón) como elementos máis destacados. Influencia: escultura
minimalista.
Edificio Seagram
O rañaceos,
símbolo do mundo
industrial
contemporáneo,
ilustra o lema do
arquitecto “menos é
máis” coa súa
simplicidade de
formas sen
concesións
decorativas.
Edificio Seagram
Situar a praza diante permite unha mellor visión
do edificio. A praza permite á construción
respirar en medio dun conxunto urbano de gran
densidade edificatoria.
A conexión coa praza continúa o mesmo
edificio que se abre cun alto vestíbulo aberto.
Edificio Seagram
Edificio Seagram
Detalle da praza de entrada
Edificio Seagram
Edificio Seagram
Edificio Seagram
Fábrica da
Coca Cola
a) Título: Fábrica da Coca Cola
b) Autor: Fernández Albalat e
Antonio Tenreiro
c) Cronoloxía: 1960
d) Estilo: Funcionalismo
e) Material: aceiro, cristal
Tipoloxía: fábrica
f) Localización: A Coruña
Comentario: O proxecto pode resumirse na fabricación,
almacenaxe, xestión e dirección de venta.
Unha imaxe industrial, clara, aséptica, actual e ao
mesmo tempo alegre e amable.
Planta aberta, angular, nunha ala oficina e dirección e na
outra almacenes e na articulación a embotelladora un
gran prisma de cristal, con toda a maquinaria dentro.
No programa dicíanos que debía visualizarse a
embotelladora e entro propuxemos facer o mesmo coa
sala de xaropes e o almacén de azúcar que estaban
enriba. Un bloque de cristal que é como un gran xoguete
con hombrecillos por dentro.
Ao pé hai unha lámina de auga bordeada de céspede.
Axardiñase o entorno e enlázase coa paisaxe.
Os materiais e o sistema construtivo son moi normais: a
estrutura é de formigón armado, pechamentos
cerámicos, pavimentos brandos ou hidráulicos, uralita e
cristal e, o exterior, un xardín.
Fábrica da
Coca Cola
• Nace como resposta á frialdade racionalista, recupera o valor emocional,
insiste na adaptación á natureza, defende a harmonía entre as partes e co
todo, procura formas escultóricas, máis libres e intuitivas.
• Busca unha nova relación dos elementos e a humanización da
arquitectura, maniféstase co filandés Alvar Aalto e o estadounidense
Frank Lloyd Wright.
• Para os anos trinta do XX o estilo está perfectamente definido e, aínda
que ten pouca obra realizada, pose un amplo corpo teórico, que se
manifesta e difunde a través de ensaios, artigos en revistas especializadas,
exposicións (a primeira celebrada en Estocolmo en 1930) e os Congresos
Internacionais de Arquitectos Modernos (CIAM), que se sucederon de
1928 a 1956.
Arquitectura do século XX
Organicismo: Frank Lloyd Wright
• Crease unha vangarda que terá a súa representación en
todos os países.
• A súa gran oportunidade vén da man da concepción da
función pública da arte e arquitectura, como instrumento
de progreso social, así como do desenvolvemento dos
sistemas de produción a gran escala, cos que se
industrializa o edificio e racionalízase este proceso de
construción. A vivenda transfórmase nun produto
anónimo e de consumo.
• Triunfa a partir de 1935, cun éxito que desborda todas
as súas esperanzas e continúa despois da 2ª guerra
mundial, nas reconstrucións que se realizan ata os anos
sesenta.
Arquitectura do século XX
Organicismo: Frank Lloyd Wright
• Estas realización puxeron en tela de xuízo as súas propostas. A
súa eficacia económica e técnica contrastaban coa realidade duns
espazos arquitectónicos pobres, sen a beleza abstracta soñada
para eles, identificándose funcional con impersonal, pola ausencia
de decoración e monotonía nos modelos.
• Actualmente hai unha renovación dentro desta arquitectura tan
funcional orientada cara o empobrecemento da técnica, como,
sobre todo, a revisións de principios, especialmente a plasticidade
espacial.
• Frank Lloyd Wright é considerado o mellor arquitecto
norteamericano do primeiro cuarto do século XX e un dos
construtores que máis influíron, xunto con Le Corbusier e Gropius
na arquitectura do noso tempo.
Arquitectura do século XX
Organicismo: Frank Lloyd Wright
Arquitectura do século XX
Organicismo: Frank Lloyd Wright
• Discípulo de Sullivan (arquitecto da Escola de
Chicago), tivo a oportunidade de levar a práctica as
súas ideas construtivas tras o colosal incendio de
Chicago, facendo unha arquitectura sobria, austera e
limitada ás posibilidades do ferro e o formigón.
• En 1920 fai unha viaxe a Xapón que lle influirá
notablemente, dando un cambio radical no seu modo de
facer, a partir deste momento, fará unha arquitectura
adaptada ao ambiente que rodea a construción
funcionalista, un tanto sofisticada e romántica pero de
gran beleza (arquitectura orgánica).
Arquitectura do século XX
Organicismo: Frank Lloyd Wright
• Wright acuñou o termo de arquitectura orgánica, cuxa idea central
consiste en que a construción debe derivarse directamente do
entorno natural.
• Dende os principios da súa carreira rexeitou as formas
neoclasicistas e vitorianas que imperaban a finais do século XIX.
Sempre se opuxo a imposición de calquera estilo, convencido de
que a forma do edificio debe estar vinculada a súa función ao
entorno e aos materiais empregados.
• Unha das súas aportacións fundamentais á arquitectura moderna
foi o dominio de planta libre (a estrutura non depende dos
tabiques interiores).
• A maioría das vivendas familiares de Wright están concibidas
de acordo cun plano con libre circulación entre os distintos
espazos.
Arquitectura do século XX
Organicismo: Frank Lloyd Wright
Casa Kaufmann ou da Fervenza
a) Título: Casa da Fervenza
b) Autor: Frank Lloyd Wright
c) Cronoloxía: 1938
d) Estilo: Organicista
e) Material: formigón armado,
pedra, vidro, aluminio.
f) Tipoloxía: casa unifamiliar
g) Localización: río Bear Run
(Pensilvania)
Comentario: Introdución: Vivenda unifamiliar da familia Kaufmann no estado
de Pensilvania nos Estados Unidos, realizada por Lloyd Wright entre 1936 e1939.
Pertence á arquitectura funcionalista organicista dentro do denominado
Movemento Moderno, é dicir que renunciando ó eclecticismo se rompe coa
tradición para optar por formas de vangarda.
Nos Estados Unidos estaba a seguirse a tradición da escola Chicago, centrada
na construción de edificios colectivos, os rañaceos. Sen embargo Wright,
enormemente individualista e independente, traballa en vivendas unifamiliares
seguindo a concepción organicista da arquitectura que basicamente consiste en
integrar nunha edificación os factores ambientais do lugar. Dito doutro xeito, o
arquitecto trataba de integrar en harmonía coa natureza o proceso tecnolóxico, o
mundo das máquinas e o desenvolvemento urbano. Subxace tamén na súa obra
a influencia xaponesa pois era un grande admirador da arte oriental e apaixonado
coleccionista de estampas xaponesas.
A vivenda de tres plantas constrúese sobre un terreo rochoso e mesmo enriba da
fervenza (o seu son escoitase dende calquer estancia), no medio do frondoso
arboredo.
Contexto: A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura
norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago
creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario:
a forma segue a función.
O triunfo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes
arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o
constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de
materiais (formigón armado, aceiro), aplicar a creatividade e a experimentación
superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre unha
arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. Non
significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta
distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no
entorno, no benestar térmico e acústico, ...
Casa Kaufmann
ou da Fervenza
Pódense diferenciar dúas tendencias: o Racionalismo (Le Corbusier) e o
Organicismo (Lloyd Wright). O primeiro fundamentase no emprego de volumes
elementais (cubo, cilindro, cono e esfera) dominando a lóxica construtiva. O
segundo, cando os totalitarismos e a Segunda Guerra Mundial detiveron a
actividade construtiva, desenvolvese nos Estados Unidos. En resposta á
frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á
natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas
escultóricas, máis libres e intuitivas.
Análise: Emprega na construción materiais variados, uns tomados da natureza
como a madeira e a pedra, e outros procedentes da tecnoloxía moderna, como o
formigón armado, o ferro, o aluminio e o vidro. Con eles intégranse os elementos
naturais: as rochas, a auga e a vexetación.
Tras cruzar unha pequena ponte e unha pérgola de formigón entre a casa e a
montaña, un camiño semicircular cuberto une a casa coa vivenda de invitados,
que se atopa un chisco máis arriba na montaña.
Composta a base de rectángulos que dan lugar ás diferentes pezas de tamaños
e materiais variados, nunha linguaxe de dominio de planos rectos, consta de tres
plantas graduadas e deseñadas de xeito diferenciado segundo a súa función, son
plantas libres porque do mesmo modo que na Casa Saboya non hai muros de
carga. Apoia directamente na rocha e sobre macizos soportes trapezoidais no
caso dos beiriles.
A planta inferior organízase a redor dunha sala cunha cheminea que destaca por
riba da cuberta nun marcado eixo vertical de pedra sen desbastar. Esa gran sala
ábrese ó exterior en todas direccións e con saída a dúas terrazas, unha sobre a
mesma fervenza e outra mirando augas arriba. Son terrazas de enorme beiril,
toda unha audacia técnica posible grazas ó formigón armado. Desde este
espectacular salón xerase toda a construción en expansión centrífuga, crece de
dentro a fora, pódese modificar e ampliar a medida das necesidades dos seus
habitantes (de feito fixéronse ampliacións).
Casa Kaufmann
ou da Fervenza
Na planta superior cada unha das habitacións ten a súa propia terraza disposta
nun xiro de 90º sobre a inferior, sobresae menos que ela para non impedir a
entrada da luz. Na terceira planta, o estudio e a galería teñen acceso a outra
terraza máis.
A continuidade do espazo está claramente resolta xa que nunca chega a
construír unha caixa ó modo racionalista, incluso os ángulos interiores van
disimulados polos vidros a fin de evitar a sensación de recinto pechado. Crea así
sensación de total continuidade entre interior e exterior, pola contra ambos
espazos quedan fundidos nunha visión única.
Diferenza os elementos verticais dos horizontais servíndose de materiais
diferenciados, así nos primeiros emprega pedra natural do entorno sen enrasar e
nos segundos o formigón pintado en cor crema. Se os elementos verticais co
gran eixe da cheminea outorgan á edificación un carácter escultórico, as formas
horizontais de bordes redondeados suavizan o conxunto.
A carpintería externa das continuas fiestras en aluminio de cor vermella
introducen variedade entre o marrón da pedra e o crema do formigón. Nos
interiores a carpintería emprega madeira de nogueira e o chan a mesma pedra
dos muros.
En conxunto resulta salientable a liberdade espacial coa expresividade das
voadas terrazas, o xogo de materiais tanto en textura coma en cor, e sobre todo
a inserción escenográfica no medio da natureza de tal modo que as rochas, a
auga e a vexetación se funden coa arquitectura organicamente.
A casa da fervenza abriu un novo capítulo na arquitectura americana, para
algúns ven ser unha das grandes criticas do movemento moderno e unha obra
mestra.
Os costos de construción foron moi elevados, o que fixo que a arquitectura
orgánica quedara restrinxida ás posibilidades dunha pequena elite. Foi cedida
polo seu dono á Western Pennsylvania Conservancy, sociedade dedicada á
conservación do patrimonio ambiental, quen segue a ser a encargada da súa
conservación, convertida agora nun museo onde a obra exposta é a propia casa
Casa Kaufmann
ou da Fervenza
Casa Kaufmann ou da Fervenza
Casa Kaufmann ou da Fervenza
Museo Guggenheim de Nova York
a) Título: Museo Guggenheim
b) Autor: Frank Lloyd Wright
c) Cronoloxía: 1943-1959
d) Estilo: Organicista
e) Material: formigón armado,
estrutura de aceiro e vidro.
f) Tipoloxía: museo.
g) Localización: Nova York
Comentario: Introdución: Foi deseñado e construído por Frank Lloyd Wright
entre 1943 e 1959, sendo rematada a súa construción seis meses despois do
falecemento do xenial arquitecto. É a súa última obra e unha das máis populares,
sendo evidentes os trazos organicistas do seu deseño e máis se o comparamos
co modelo cartesiano da cidade de New York onde se atopa. Foi concibido como
un espazo museístico especial xa que o autor prescindirá das tradicionais salas
de exposición, consistindo o museo nunha única rampla que servirá tamén de
espazo expositivo, o que trouxo moitos problemas, debido a que os cadros se
tiñan que expoñer torcidos (rampla) e nunhas paredes curvas. Isto trouxelle
serias críticas por parte dos artistas que nel ían expoñer.
A construción se demorou durante eses 16 anos debido a problemas que o
concello de Nova York, por exemplo con respecto á altura e estrutura desa
cúpula que finalmente tivo que ser modificada.
Contexto: A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura
norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago
creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario:
a forma segue a función.
O triunfo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes
arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o
constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de
materiais (formigón armado, aceiro), aplicar a creatividade e a experimentación
superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre unha
arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. Non
significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta
distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no
entorno, no benestar térmico e acústico, ...
Museo
Guggenheim
de Nova York
Pódense diferenciar dúas tendencias: o Racionalismo (Le Corbusier) e o
Organicismo (Lloyd Wright). O primeiro fundamentase no emprego de volumes
elementais (cubo, cilindro, cono e esfera) dominando a lóxica construtiva. O
segundo, cando os totalitarismos e a Segunda Guerra Mundial detiveron a
actividade construtiva, desenvolvese nos Estados Unidos. En resposta á
frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á
natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas
escultóricas, máis libres e intuitivas.
Análise: O edificio é en esencia unha gran rampa circular que trepa arredor dun
patio de formigón e que remata nunha gran cúpula de cristal, como se dun
moderno Panteón se tratase.
O exterior do Museo Guggenheim é un cilindro branco de formigón reforzado que
parece xirar cara o ceo como nun gran remuíño. É como unha grande estrutura
escultórica.
No interior como xa explicamos Wright deseña un espazo novo e orixinal para un
Museo. Prescinde voluntariamente dos espazos-caixa tradicionais para crear un
fluxo contínuo de espazos mediante esa gran rampla que nunha enorme espiral
ascende ata a cúpula.
A idea de Wright era que o espectador subise ata a última planta en ascensor e
que logo fixera o percorrido descendendo ata a planta baixa, aínda que hoxe non
se respecte este plan inicial e a exposición comece dende o nivel inferior. Para o
arquitecto así se evitaba o percorrido por salas laberínticas que ademais debían
ser “desandadas” para sair do edificio. A vantaxe do novo edificio era obvio. Un
único percorrido en descenso sería moito máis agradable para o visitante.
Entrando no edificio nos atoparíamos nun espazo central aberto de máis de 28
metros de altura que remata nunha gran cúpula de cristal. Rodeándoa habería
unha gran rampa duns 500 m de lonxitude en 6 plantas que nos levarían ata a
última planta.
O espazo expositivo da rampa plantexou problemas xa durante a construción e
así un colectivo importante de artistas protestou sobre a colocación dos cadros
Museo
Guggenheim
de Nova York
nunhas paredes concavas, inclinadas e curvadas. Wright
defendeuse aducindo que a colocación dos cadros na
rampa tiña un obxectivo que era dispoñelos en
perspectiva e cunha boa iluminación, o cal melloraría a
súa visión.
Un último problema que plantexa o edificio para algúns
autores é a competencia entre o edificio e as obras que
conteñen.
Posteriormente se construiu unha gran torre rectangular
en caliza branca na que se fixeron salas de exposición
máis acordes coa súa función.
Continuidade espacial e unidade visual son os seus
principios.
O edificio foi encargado por Solomon R. Guggenheim
para albergar e expoñer a súa colección de arte.
Guggenheim empezara a adquirir obras en 1929,
destacando especialmente as de artistas abstractos
como Kandinsky, Mondrian, pero tamén Picasso e Paul
Klee.
Ten certo parecido a idea a escaleira dos Museos
Vaticanos realizada por Giuseppe Momo (1929-1932).
Museo
Guggenheim
de Nova York
A luz procede dunha
grande cúpula central a
28 metros de altura. A
rampla helicoidal, está
solidamente xunguida
coa parede e é , á vez,
estrutura. Ten un
recorrido duns 500
metros en 6 niveis.
Museo Guggenheim de Nova York
Museo Guggenheim de Nova York
Wright inspírase nas
formas orgánicas tomadas da
natureza, como a espiral
principal. De aí provén a
denominación “arquitectura
organicista”. A vista exterior
do museo lembra unha
cuncha de caracol pola súa
forma troncocónica invertida.
Museo Guggenheim
de Nova York
Escaleira do Museo Vaticano (1929-1932)
Giuseppe Momo
Museo Guggenheim de Nova York
• A partir de 1970, co nome de arquitectura
posmoderna, algúns arquitectos utilizaron elementos
decorativos e construtivos tradicionais anteriores á
revolución arquitectónica do século XIX e rexeitaron as
teses do Movemento Moderno.
• Esta tendencia tivo grande incidencia en Xapón, onde
xurdiu unha nova arquitectura a través do Grupo
Metabolism, que mesturou elementos da arquitectura
tradicional xaponesa coa linguaxe funcionalista de Le
Corbusier. Un claro exemplo diso é a obra de Arata
Isozaki.
A crise do Movemento Moderno
Arquitectura actual
Palau de San Jordi (Barcelona) (1991)
Arata Isozaki
Casa do Home (1994-1995)
Arata Isozaki e César Portela
Faro de Punta Nariga (Malpica) (1998)
César Portela
Acuario de Vilagarcía (1987) e Museo do Mar en Vigo (2003)
César Portela
Casa de Manolo Neira
Rehabilitación dunha vivenda
rural en Cotobade (Pontevedra)
realizada polo arquitecto César
Portela.
Neste arquitecto hai unha clara
influencia do estilo organicista de
Wright e Alvar Aalto
• Paralelamente ao movemento posmoderno nas décadas
de 1980 e 1990 tamén xurdiron con gran vitalidade
correntes arquitectónicas como hight-tech e o
descontrutivismo.
• O primeiro valora por enriba doutros factores a
exhibición dos compoñentes técnolóxicos do edificio.
Entre os seguidores están Norman Foster e Richard
Rogers creador, xunto co italiano Renzo Piano, do
Centre Georges Pompidou de París.
• As teorías descontrutivistas establece que a forma é o
resultado da fantasía destacando a arquitecta iraniana
Zaha Hadis e o canadense Frank Gehry.
A crise do Movemento Moderno
Arquitectura posmoderna
A crise do Movemento Moderno
Arquitectura posmoderna
Centro Pompidou (1977)
Richard Rogers e Renzo Piano
Exemplo de Hight-Tech
A crise do Movemento Moderno
Arquitectura posmoderna
Guggenheim de Bilbao (1992-1997)
Frank Gehry
Exemplo de descontrutivismo
• As últimas tendencias arquitectónicas crean
obras relacionadas coas necesidades da
sociedade: oficinas, centros comerciais,
museos, estadios, palacios de congresos,
hospitais, mercados, estacións ferroviarias...
• Neste novo marco nace a arquitectura de
autor que están a cabalo entre a arquitectura e
a enxeñería: Jean Nouvel, Richard Meier ou
español Santiago Calatrava.
A crise do Movemento Moderno
Arquitectura posmoderna
A crise do Movemento Moderno
Arquitectura posmoderna
Torre Agbar de Barcelona (2005)
Jean Nouvel
Exemplo de arquitectura de autor
A crise do Movemento Moderno
Arquitectura posmoderna
Cidade das Artes e das Ciencias (2005)
Santiago Calatrava
Exemplo de arquitectura de autor

Arquitectura do século XX

  • 1.
  • 2.
    Arquitectura do séculoXX • A comezos do século XX, a arquitectura moderna rexeitou as tendencias historicistas da anterior centuria e asumiu as transformacións dun novo mundo definitivamente caracterizado polo preponderancia do desenvolvemento técnico industrial. • O culto á maquina marcou o signo da arquitectura e a planificación urbanística do que se denominou Movemento Moderno.
  • 3.
    Arquitectura do séculoXX • Tras a Primeira Guerra Mundial cunha Europa semidestruída e endebedada trae o ascenso hexemónico dos Estados Unidos a nivel económico. Esta etapa de prosperidade norteamericana coñecese como os felices vinte que terán o seu final coa desastre da bolsa de Wall Street (1929). Volverá entón a época de recesión e conflitos que, unidos ás duras condicións impostas tras a Gran Guerra, provocan a xestación dos totalitarismos que conducirán ao enfrontamento na Segunda Guerra Mundial. • As condicións herdadas do século XIX como o desenvolvemento tecnolóxico-industrial, o aumento demográfico e o auxe da sociedade urbana súmanse requisitos como a rapidez e a sinxeleza.
  • 4.
    Arquitectura do séculoXX • A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario: a forma segue a función.
  • 5.
    Arquitectura do séculoXX Antecedente a escola de Chicago • Xurde a finais do século XIX. • Punto de partida da arquitectura contemporánea. • Contexto socioeconómico e cultural: a) Economía e poboación norteamericana en expansión. Chicago era un polo de crecemento fundamental. b) Falta de referencias históricas. Non historicismos. c) Incendios de Chicago en 1871 e 1884: reconstrución da cidade. • Novo Chicago: novos materiais, nova tecnoloxía, nova tipoloxía de edificios os arrañaceos (skyscrapers) William Le Baron Jenney Home Insurance Building 1885 (derribado en 1931)
  • 6.
    Arquitectura do séculoXX Antecedente a escola de Chicago Louis Sullivan Auditorio de Chicago 1887-1889
  • 7.
    Arquitectura do séculoXX • Na primeira metade do século XX a arquitectura debátese entre dúas tendencias non sempre contrapostas: o organicismo e o funcionalismo (tamén chamado racionalismo). • A primeira utiliza materiais e formas naturais e tenta integrar o edificio no medio natural. • A segunda non se preocupa da estética senón da adecuación do edificio ás necesidades dos que van a utilizalo, a función á que se destina. Os funcionalistas preocúpanse do urbanismo, da cidade moderna tentando facela útil e agradable para o home.
  • 8.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo • O triunfo do funcionalismo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de materiais (formigón armado, aceiro), aplicar a creatividade e a experimentación superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre unha arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. • Non significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no entorno, no benestar térmico e acústico, ...
  • 9.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo • Busca unha linguaxe no individual, rexido polo principio de que a función fai a forma ou a forma segue á función. • O importante é a función que vai ter o edificio (non é o mesmo un bloque de vivendas, un centro de saúde, un cine, un campo de fútbol...) e despois se lle dá a forma. • Esta corrente caracterízase polos seguintes rasgos: • Uso de materiais altamente industrializados, especialmente o formigón armado (técnica que consiste en insertar cables de aceiro a unha masa de formigón para sumar os esforzos da tensión). Isto xa se tiña utilizado a finais do século XIX, pero non como recurso técnico senon como elemento formal con sentido estético propio.
  • 10.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo • O formigón é un material barato, adaptable, incombustible e anticorrosivo, que permite novas posibilidades na contraposición carga/soporte, deixa a pranta libre e pódese fabricar en serie, cun abaratamento importante dos custos, aínda que leve o perigo dunha monotonía formal. • Ás veces altérnase con outros materias industriais máis nobres: aceiro, cristal ou con ladrillo. • O muro deixa a función de carga xa que esta trasládase aos piares. Queda reducido a unha lixeira membrana de cerramento, que se perfora con grandes vanos (ventá corrida) que proporciona aos interiores luz e ventilación. Chegarase a revestir (máis adiante) todo o muro de cristal (muro cortina).
  • 11.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo • Soportes: piares de diferente sección, cun armazón interno de aceiro, unidos por cercos e recubertos de formigón. • Cuberta: xeralmente alintelada. Formadas por vigas de formigón armado ou planchas do mesmo material, que se apoian directamente nos soportes, coas que forman o esqueleto. • Decoración: desaparece ou queda reducida ao mínimo, a favor da homoxeneidade rectilínea e espida. A ausencia de decoración foi dictada pola estética das formas abstractas xeométricas (ver neoplasticismo), nun afán de que a tecnoloxía e os materiais reflíctense en sí mesmos. Nalgúns casos, darase cabida ao uso da cor.
  • 12.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo • Espazo interno: proporción e trazados regulares. Máximo aproveitamento no mínimo espazo ou o que é o mesmo: maior beneficio social ao menor custe económico. A distribución dos espazos interiores débese adecuar ás funcións para as que son diseñadas. • O punto de referencia será a escala humana, como propón Le Corbusier no seu Modulor (basease nunha figura masculina e utilízase para determinar as proporcións de unidades de construción). Cada edificio debe definirse polas súas función. • Volumes exteriores: composición ortogonal. Distinta da tradicional. O formigón armado permite a execución de voladizos, antepeitos... e sobre todo, baixos libres, terrazas horizontais.
  • 13.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo • Busca a calidade do espazo urbano, como compensación á pobreza da construción. • Hai un grande interese polos temas urbanísticos, pois concibe a arquitectura unida á cidade e da ordenación da súa expansión ou novos asentamentos (planificación urbanísticas). • Trátase de acomodar aos seres humanos ao novo ritmo de vida e organizar as súas agrupacións e, fronte aos métodos dun urbanismo devastador que se adoptou como consecuencia da industrialización dende mediados do XIX, propón novas fórmulas, que enlazan na cidade xardín de Howard, de base útópica e a Cité industrialle de T. Ganíer, primeiro proxecto de cidade industrial do XX, culminando coas teorías de Le Corbusier.
  • 14.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo • Edificios máis representativos: vivendas sociais, construcións industriais, edificios administrativos, teatros, cines e estadios deportivos. • Non se orixina nun lugar único: supón unha liña de traballo común de diversas persoas en diferentes nacións de todos os continentes, é un ESTILO INTERNACIONAL. • O seu centro principal o constitúe a BAUHAUS fundada por Gropius en Weimar (Alemaña) (ao remate da 1ª guerra mundial) como centro pedagóxico e experimental da arquitectura e o deseño. Trasladada a Dessau en 1925 decántase pola arquitectura racionalista baixo as direccións sucesivas de Meyer e Van der Rohe, absorbendo as aportacións das vangardas rusas e holandesas.
  • 15.
    Walter Gropius Escola daBauhaus 1925. Dessau
  • 16.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo • Aínda que entra en decadencia en 1930 e é finalmente clausurada en 1933 polo triunfo do nazismo, exercerá unha enorme influencia que medra ao emigrar os seus compoñentes a outros países de Europa e a EEUU. • A aportación fundamental provén do ámbito cultural francés, relacionándose coa rama purista do cubismo e está representada por Le Corbusier.
  • 17.
    • Charles ÉdouardJeanneret- Gris (Le Corbusier) (1887- 1965) • De orixe suizo, pero residente en París, é o mellor expoñente do racionalismo. Gran teórico, urbanista, batallador incansable, fai que se tome conciencia da arquitectura como un dos grandes problemas do século XX e actual. Arquitectura do século XX Funcionalismo/Racionalismo: Le Corbusier
  • 18.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo: Le Corbusier • Evoluciona ao longo da súa vida superando as vangardas. Para el a vivenda é unha máquina para vivir, é ao igual que os grandes tratadistas da Antigüidade ou do Renacemento sentirá unha imperiosa necesidade de establecer proporcións canónicas a partir das medidas humanas que fixen as dimensións estandarizadas de todos os obxectos , pasando naturalmente pola vivenda. • Estes trazos regulares quedan recollidos na súa obra Le Modulor e nelas fíxanse as proporcións que permiten construír harmonicamente dende un se lo de correos ata unha cidade.
  • 19.
  • 20.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo: Le Corbusier • Os materiais son modernos, en especial formigón e vidro. A resistencia e flexibilidade destes materiais permite distribuír libremente a planta libre • A luz é fundamental na obra de Le Corbusier, temos as típicas xanelas apaisadas e corridas que permiten boas vistas do exterior sen perder privacidade.
  • 21.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo: Le Corbusier • En 1926 expón os seus principios arquitectónicos en Os cinco puntos dunha nova arquitectura, estes son: 1. Construción sobre pilotes. A presenza de columnas ou piares que permiten elevar a zona habitable deixando parte da planta inferior. 2. Tellado funcional, que cumpre a función de terraza e xardín, ao aproveitar toda a superficie do edificio. 3. Planta libre, na que as paredes non teñen unha función portante. 4. Xanelas alargadas percorrendo o muro. 5. Fachada libre, que desempeña unha función de pel pero non de estrutura importante.
  • 22.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo: Le Corbusier • Na década de 1930 as innovacións funcionalistas foron adoptadas en España a través das propostas do GATEPAC (Grupo de Artistas e Técnicos Españois para o Progreso da Arquitectura Contemporánea) foi sen dúbida, a que liderou a modernidade arquitectónica, especialmente a partir da obra de Josep Lluís Sert.
  • 23.
    Josep Lluís Sert Pavillónda República española na Exposición Universal de París (1937) Replica construída en Barcelona
  • 24.
    Vila Saboya. (ou Vila Savoye) a)Título: Vila Saboya b) Autor: Le Corbusier c) Cronoloxía: 1929 d) Estilo: Movemento Moderno. Funcionalismo ou racionalismo e) Material: aceiro, formigón e vidro f) Tipoloxía: vila familiar g) Localización: Poissy (París)
  • 25.
    Vila Saboya. (ou VilaSavoye) Comentario: Introdución: Vivenda unifamiliar nas aforas de París, realizada por Le Corbusier entre 1921 e1931. Construída en formigón, emprega ademais ferro nos pasamáns e aceiro para as fiestras. As paredes revístense de xeso branco. Pertence á arquitectura funcionalista racionalista dentro do denominado Movemento Moderno, é dicir que renunciando ó eclecticismo se rompe coa tradición, e co máis inmediato Modernismo, para optar por formas de vangarda. Le Corbusier (Charles Édouard Jeanneret-Gris), nado en Suíza pero nacionalizado en Francia, é a figura máis popular e influínte da arquitectura contemporánea. Arquitecto, urbanista e escritor, defendeu a necesidade de adaptar a construción ás necesidades do momento, para o que non era suficiente unha modificación formal senón que era preciso racionalizar e estandarizar a arquitectura como se dunha fabricación industrial se tratase. Segundo escribe no seu libro Cara a unha arquitectura, as vivendas han ser máquinas para vivir, realizadas en serie e cunha grande economía de espazo. O modelo válido tanto para vivendas individuais como para bloques fundaméntanse en formas xeométricas puras (rectángulo, cilindro e cubo), volcado ó interior, sen elementos decorativos engadidos e con medidas a escala humana para o que se serviu dun sistema de proporcións propio, o Modulor de proporción áurea. Na súa etapa final e desde unha visión máis humanista desenvolve unha arquitectura con maior valor estético, de xeito que, sen abandonar o funcionalismo, separase dos preceptos racionalistas. Serve de exemplo a capela de Notre Dame du Haut en Ronchamp. Contexto: A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario: a forma segue a función. O triunfo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de
  • 26.
    Vila Saboya. (ou VilaSavoye) superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre unha arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. Non significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no entorno, no benestar térmico e acústico, ... Pódense diferenciar dúas tendencias: o Racionalismo (Le Corbusier) e o Organicismo (Lloyd Wright). O primeiro fundamentase no emprego de volumes elementais (cubo, cilindro, cono e esfera) dominando a lóxica construtiva. O segundo, cando os totalitarismos e a Segunda Guerra Mundial detiveron a actividade construtiva, desenvolvese nos Estados Unidos. En resposta á frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas escultóricas, máis libres e intuitivas. Análise: A obra exemplifica á perfección os cinco puntos nos que o arquitecto resumiu a súa linguaxe construtiva: 1º emprego de pilotes para levantar o edificio sobre o chan, 2º cuberta en terraza axardinada, 3º planta libre, é dicir, que a estrutura do esqueleto permite distribuír o interior de cada planta segundo interese, 4º fiestra horizontal alongada, 5º fachada libre. Efectivamente estamos diante dun edificio prismático levantado sobre columnas de formigón armado, distribuídas de xeito regular que, como se dun palafito se tratara, o illan do chan e permite conseguir unha superficie totalmente nivelada, deixa o nivel inferior libre para o garaxe; non hai polo tanto muros de carga. Con esa armazón, na que tamén se integra a escaleira, é posible dividir cada planta de xeito diferenciado, os tabiques seguirán a distribución que guste o usuario. As cubertas en terraza permiten configurar espazos de xardín para desfrutar ó aire libre dunha natureza domesticada e un solarium. Fiestras apaisadas, van dun pilote a outro, e con sistema de corredoira, invención súa; van en disposición continua ó longo de todo o perímetro da edificación o que facilita a iluminación do interior e deixa entrar as vistas da natureza en todas partes.
  • 27.
    Vila Saboya. (ou VilaSavoye) A fachada resulta unha estrutura libre, pois ó non haber muro sustentante poden abrirse vanos en calquera lugar. A planta alta avanza dobre os pilotes cos seus muros como se dun lenzo superposto se tratase. Fronte ó dominio de liñas rectas, a planta baixa está deseñada en curva, en forma de U, con parede de vidro, unha novidade que terá consecuencias no futuro, o muro cortina. Nesta planta encontrase o garaxe (xiro calculado para os grandes automóbiles da época) con capacidade para tres coches, e as dependencias do servizo. A planta superior organízase ó redor dunha terraza á que dan todas as dependencias: salóns, habitacións, cociña. Combina escaleira de caracol desde a planta baixa ó primeiro piso, rampla desde ese nivel á terraza. As formas curvilíneas da terraza recorda as chemineas dos barcos unha evocación da imaxe dos transatlánticos. A vivenda sitúase no medio do espazo natural sen verse por el afectada nin tampouco modificalo, é o espazo continuo que Le Corbusier propugna. Une a aqueles cinco puntos, volumes puros de influencia cubista, uso exclusivo da cor branca, ausencia de ornato e ramplas exteriores que presentan a vivenda como un paseo arquitectónico. O resultado é unha arquitectura total e absolutamente nova de estudiada proporcionalidade e beleza plástica. Con ela consumase a ruptura coa Historia. Vivenda de luxo, os seus donos deixaron de habitala porque había moitas goteiras. Tras tempo abandonada e a piques de ser demolida, foi declarada monumento histórico. Modelos e influencias: influencia na arquitectura funcional do estilo internacional despois da segunda guerra mundial. Sorprende a “modernidade” do edificio, moi similar aos que hoxe constrúen as administracións públicas para colexios, Casas de cultura, etc. proba da eficacia das solucións de Le Corbusier e da súa influencia na arquitectura actual.
  • 28.
    Le Corbusier Vila Saboya Cinco principios 1.Edificio sobre pilotes 2. Pranta libre. Non muro de carga 3.Ventanais apaisados e corridos 4. Fachada libre 5. Terraza axardiñada Outros aspectos: 6. Volumes puros (influencia cubista) 7. Uso exclusivo da cor branca 8. Ausencia de ornato 9. Ramplas externas no acceso entre plantas. 10. Aberto á paisaxe.
  • 29.
  • 30.
  • 31.
  • 32.
  • 33.
    Le Corbusier Unidade habitacional deMarsella (1945-1952) As súas dimensións xigantescas e a enorme capacidade residencial (ata 1600 persoas) converten ao edificio Nun dos máis importantes e resolutivos da arquitectura moderna na gran cidade
  • 34.
    Concibe o edificio Comoun enorme transatlántico. Integrando o aspecto residencial, comercial, lecer e ambiental
  • 35.
    O modelo teráinfluencia na proposta de vivendas do Barrio das Flores: Unidade habitacional de Corrales (1960-1965)
  • 36.
    A avenida deMonelos divide dous barrios e dúas concepcións urbanísticas diferentes: planificado (Barrio das Flores) e non planificado (Castrillón) Castrillón Barrio das Flores
  • 37.
    Asume básicamente os Principiosdo funcionalismo de Le Corbusier
  • 38.
    Alberto Pineda eAndrés Reboredo Hospital Marítimo de Oza 1998 Asume os principios de Le Corbusier
  • 39.
    Le Corbusier: CapelaNotre Dame du Haut de Romchamp (1950-1955) Racha cos seus principios. Dándolle un formato moito máis plástico.
  • 40.
    Arquitectura do séculoXX Funcionalismo/Racionalismo: Mies van der Rohe • Formase na escola alemá da Bauhaus que pretendía exploraras posibilidades dos novos materiais (formigón, aceiro, vidro...) para crear unha estética da sociedade industrial. Van der Rohe é un dos máximos expoñentes da arquitectura funcionalista.
  • 41.
    Pavillón alemán deBarcelona a) Título: Pavillón alemán b) Autor: Mies van der Rohe c) Cronoloxía: 1929 d) Estilo: Movemento Moderno. Funcionalista e) Material: mármores de cores, travertino, cristal, ónix dourado e aceiro f) Tipoloxía: pavillón de exposición g) Localización: Montjuic (Barcelona)
  • 42.
    Comentario: Introdución: Estamosdiante do famoso pavillón alemán para a Exposición Universal de Barcelona de 1929. O seu autor, Mies van der Rohe xa era daquela unha figura senlleira da arquitectura alemana e un dos máximos expoñentes do que se coñece como o Movemento Moderno, encabezado por Le Corbusier. A obra deseñada por el coa colaboración da arquitecta alemana Lilly Reich vai a ser realizada en menos dun ano. Este edificio pretende amosar unha nova idea de Alemaña, unha Alemaña democrática e progresista ben diferente da vella Alemaña que provocou e perdeu a 1ª Guerra Mundial. A claridade e simplicidade da construción será u elemento clave para reafirmar esa visión desta nova Alemaña. En vez de ocupar unha zona central no recinto da exposición de Barcelona Van der Rohe escolleu un rincón illado e tranquilo onde situar o seu edificio e así o concibiu como un recuncho onde descansar e recuperar forzas para os visitantes á agotadora Exposición,. Este edificio ademáis tiña como única razón de ser facer algunhas recepcións e outros actos conmemorativos e polo tanto o arquitecto puido xogar con total liberdade para o seu deseño. Rematada a exposición universal a obra foi demolida pero nos anos 80 unha serie de arquietctos cataláns acometeron a reconstrución do edificio baseándose dun xeito fiel nos planos e nas fotos do pavillón orixinal, e así hoxe a obra é enteiramente visitable en Barcelona. Contexto: A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario: a forma segue a función. O triunfo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de materiais (formigón armado, aceiro), aplicar a creatividade e a experimentación Pavillón alemán de Barcelona
  • 43.
    superando as formulaciónsclásicas e historicistas. Será sempre unha arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. Non significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no entorno, no benestar térmico e acústico, ... Pódense diferenciar dúas tendencias: o Racionalismo (Le Corbusier) e o Organicismo (Lloyd Wright). O primeiro fundamentase no emprego de volumes elementais (cubo, cilindro, cono e esfera) dominando a lóxica construtiva. O segundo, cando os totalitarismos e a Segunda Guerra Mundial detiveron a actividade construtiva, desenvolvese nos Estados Unidos. En resposta á frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas escultóricas, máis libres e intuitivas. Análise: Nesta obra Van der Rohe vai a expoñer de xeito radical algunhas das bases en que se asenta o Movemento Moderno como vai ser a planta libre levada aquí esta idea ata o extremo, o uso dos novos materiais prescindindo do adorno non necesario ou o sostén da cuberta (e do edificio) sobre pilotes. O edificio está construído sobre un zócalo rectangular de mármore travertino ó que se accede por unhas pequenas escaleiras nun dos lados maiores. Este acceso nos leva directamente a un enorme estanque. De fronte, á dereita do estanque habería un pequeno edificio para o servizo. Pero se xiramos 180º teríamos o edificio principal que nos sorprende polo seu extraordinario voladizo. Este teito repousará unicamente sobre 8 esbeltas e lixeiras columnas cruciformes de aceiro cromado. O soster estas columnas o peso da cuberta, todo o resto do edificio é absolutamente libre dende os seus peches ata a distribución interior. Así Mies Van der Rohe concibe o espacio como un único espazo absolutamente fluído e dinámico. O único artellamento do espazo faise cuns elementos de vidro e de mármore dispostos en forma ortogonal e que marcan certo ritmo no edificio pero que non condicionan o espacio. As portas non Pavillón alemán de Barcelona
  • 44.
    arquitectura ata esemomento. A diferenza da arquitectura tradicional concibida como unha xustaposición de espazos este edificio consiste nun único espazo libre. Este é o gran valor deste edificio que en 1929 asombrou ó mundo e que foi tantas veces imitado na arquitectura contemporánea. Seguindo coa descrición do edificio este consta de tres grandes bloques de ónix separados entre sí e dunhas paredes exteriores de vidro translúcidas ou transparentes. O edificio remata noutro estanque de máis deducidas dimensións pechado por tres dos seus lados por bloques de mármore de Tinos, onde se atopaba unha estatua feita polo escultor Georges Kolbe, “A mañá”. Modelos e influencias: Mies van der Rohe seguiu os principios da arquitectura funicionalista do século XIX. Esta tivo continuidade Alemaña con Walter Gropius e en Francia con Le Corbusier. En 1926, o arquitecto francés formulou os cinco principios básicos da nova arquitectura: planta libre, uso de pilotes, terrazas planas, ventá continua e libre formacion da fachada, preceptos que este arquitecto vai utilizar no edificio barcelonés. O pavillón inspirou a xeracións de arquitectos contemporáneos. Este concepto de espazo fluído e aberto sen elementos estruturais ten a influencia da arquitectura xaponesa, na que abundan os paneis móbiles e adoita haber un contacto visual co exterior. Pavillón alemán de Barcelona
  • 45.
    O Pavillón deBarcelona inaugurado por Alfonso XIII en 1929 Pavillón alemán de Barcelona
  • 46.
  • 47.
  • 48.
    Nesta obra exponse algunhadas bases nas que se asenta o funcionalismo como é a planta libre, o uso de novos materiais prescindindo do adorno e a cuberta plana. Pavillón alemán de Barcelona
  • 49.
    Pavillón alemán deBarcelona Xiro de 180º Para entrar No edificio principal
  • 50.
    O único artellamento son oselementos de vidro e mármore dispostos de forma ortogonal, marcando certo ritmo, pero non condicionando o espazo. Non se trata dunha xustaposición de espazos, é un único espazo libre. Pavillón alemán de Barcelona
  • 51.
    O edificio rematanoutro estanque de menores dimensións onde se atopaba unha estatua de bronce do escultor Georges Kolbe titulada “A mañá”. Pavillón alemán de Barcelona
  • 52.
  • 53.
  • 54.
  • 55.
    Pavillón alemán deBarcelona Este concepto de espazo fluído e aberto sen elementos estruturais ten a influencia da arquitectura xaponesa, na que abundan os paneis móbiles e adoita haber un contacto visual co exterior.
  • 56.
    Van der Rohee Lilly Reich deseñaron, especialmente para o pavillón, unha cadeira de pel e perfil metálico que, co paso do tempo converteuse nunha icona do deseño moderno. Proba de elo é que a cadeira Barcelona aínda se produce e comercializa na actualidade. Pavillón alemán de Barcelona
  • 57.
    Restaurante Mirador Monte de SanPedro Algúns aspectos da arquitectura están inspirados en Mies van der Rohe
  • 58.
    • Coa subidaao poder dos fascismos europeos e o estalido da Segunda Guerra Mundial, Mies van der Rohe emigrou, como moitos outros, a Estados Unidos. Nos seus rañaceos sintetiza todas as súas premisas ao cubrir totalmente con paneis de vidro os xigantescos esqueletos de aceiro de forma rectangular. Arquitectura do século XX Estilo Internacional: Mies van der Rohe
  • 59.
    • Ao finalizara Segunda Guerra Mundial a reconstrución farase coas premisas do funcionalismo pero xa convertido no “estilo internacional”. • Hai unha certa continuidade coa arquitectura anterior ao 1945 dado que os grandes creadores proseguen a súa obra ata os anos setenta. Arquitectura do século XX Estilo Internacional: Mies van der Rohe
  • 60.
    É un granderañaceos deseñado por van der Rohe en colaboración con Phillip Jonhson en Nova York nos anos 50. Edificio Seagram a) Título: Seagram Building b) Autor: Mies van der Rohe c) Cronoloxía: 1954-1958 d) Estilo: Estilo Internacional e) Material: aceiro, cristal tinguido, bronce, granito, mármore f) Tipoloxía: rañaceos g) Localización: Nova York
  • 61.
    Comentario: Introdución: Oedificio Seagram é un elegante rañaceos deseñado por Mies Van der Rohe en colaboración con Phillip Johnson, cuxo destino era un edificio de oficinas no centro de New York. Foi construído entre 1958 e 1959 e é a obra cume do chamado estilo internacional que é a culminación do que denominamos o Movemento Moderno. Nesta obra Mies van der Rohe levará ó extremo a pureza e simplicidade de formas sen ningunha concesión decorativa que caracteriza a súa obra. Converteuse en modelo para outros moitos rañaceos. Contexto: A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario: a forma segue a función. O triunfo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de materiais (formigón armado, aceiro), aplicar a creatividade e a experimentación superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre unha arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. Non significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no entorno, no benestar térmico e acústico, ... Pódense diferenciar dúas tendencias: o Racionalismo (Le Corbusier) e o Organicismo (Lloyd Wright). O primeiro fundamentase no emprego de volumes elementais (cubo, cilindro, cono e esfera) dominando a lóxica construtiva. O segundo, cando os totalitarismos e a Segunda Guerra Mundial detiveron a actividade construtiva, desenvolvese nos Estados Unidos. En resposta á frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas escultóricas, máis libres e intuitivas. Edificio Seagram
  • 62.
    Análise: O primeiroelemento a destacar desta obra foi a sorprendente decisión de Mies van der Rohe de retirar o edificio da liña da rúa, creando unha gran praza. Sorprendente porque nunha cidade como New York onde o solo é tan escaso que parece estrano renunciar a todo ese espaczo edificable. O arquitecto explicou que esta disposición permitía unha mellor visión do edificio, o cal era deficiente na maior parte dos rañaceos neoyorkinos. Así a praza se converteu nunha especie de adro ou recinto diante do edificio, o cal non fará máis que potencialo. A conexión coa praza prosigue no mesmo edificio que se abre a esta cun alto vestíbulo aberto que parece prolongala. Este espazo ademais está sostido sobre pilotes e para entrar nel hai que atravesar dous grandes pilares a modo de entrada procesional. A praza se completa con dous grandes estanques rectangulares e pouco profundos a cada lado da praza. Se observamos o edificio na distancia podemos ver que ten a forma dunha gran columna clásica, coa basa (o vestíbulo sobre pilotes), o fuste (o bloque de oficinas do edificio) e cun capitel coroándoo (o corpo de tres alturas que remata o edificio). Toma como referencias a Escola de Chicago de finais do XIX. A fachada o edificio deixa á vista a estrutura deste, aínda que non cos verdadeiros elementos estruturais, senon cunha “pel” de bronce que exterioriza esa estrutura interna. Así se soldaron nos marcos das fiestras elementos verticais que ó tempo que reforzaban a fachada potenciaban a verticalidade do edificio. Hai que indicar que segundo a lexislación americana antiincendios os revestimentos exteriores do edificio tiñan que ser metálicos o que se corresponde coa estrutura interna do edificio de tal maneira que temos unha reproducción no exterior do interior do edificio. De novo no interior do edificio temos a característica distribución libre e flexible marca das arquitecturas do Movemento Moderno. Este interior recibe unha enorme cantidade de luz polos grandes ventanais da fachada. O vidro topacio de cor gris destes ventanais limitaba a entrada desta luz para que non fose excesiva. outra forma de controlar esta entrada de luz era mediante persianas venecianas ás que só se lles permite estar en tres posicións, para evitar que a fachada do edificio perdera harmonía se cada persiana estivese a unha altura libre. En canto ós materiais empregados de novo asistimos á presencia do aceiro e do vidro(xunto có formigón) como elementos máis destacados. Influencia: escultura minimalista. Edificio Seagram
  • 63.
    O rañaceos, símbolo domundo industrial contemporáneo, ilustra o lema do arquitecto “menos é máis” coa súa simplicidade de formas sen concesións decorativas. Edificio Seagram
  • 64.
    Situar a prazadiante permite unha mellor visión do edificio. A praza permite á construción respirar en medio dun conxunto urbano de gran densidade edificatoria. A conexión coa praza continúa o mesmo edificio que se abre cun alto vestíbulo aberto. Edificio Seagram
  • 65.
  • 66.
  • 67.
  • 68.
  • 69.
    Fábrica da Coca Cola a)Título: Fábrica da Coca Cola b) Autor: Fernández Albalat e Antonio Tenreiro c) Cronoloxía: 1960 d) Estilo: Funcionalismo e) Material: aceiro, cristal Tipoloxía: fábrica f) Localización: A Coruña
  • 70.
    Comentario: O proxectopode resumirse na fabricación, almacenaxe, xestión e dirección de venta. Unha imaxe industrial, clara, aséptica, actual e ao mesmo tempo alegre e amable. Planta aberta, angular, nunha ala oficina e dirección e na outra almacenes e na articulación a embotelladora un gran prisma de cristal, con toda a maquinaria dentro. No programa dicíanos que debía visualizarse a embotelladora e entro propuxemos facer o mesmo coa sala de xaropes e o almacén de azúcar que estaban enriba. Un bloque de cristal que é como un gran xoguete con hombrecillos por dentro. Ao pé hai unha lámina de auga bordeada de céspede. Axardiñase o entorno e enlázase coa paisaxe. Os materiais e o sistema construtivo son moi normais: a estrutura é de formigón armado, pechamentos cerámicos, pavimentos brandos ou hidráulicos, uralita e cristal e, o exterior, un xardín. Fábrica da Coca Cola
  • 71.
    • Nace comoresposta á frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas escultóricas, máis libres e intuitivas. • Busca unha nova relación dos elementos e a humanización da arquitectura, maniféstase co filandés Alvar Aalto e o estadounidense Frank Lloyd Wright. • Para os anos trinta do XX o estilo está perfectamente definido e, aínda que ten pouca obra realizada, pose un amplo corpo teórico, que se manifesta e difunde a través de ensaios, artigos en revistas especializadas, exposicións (a primeira celebrada en Estocolmo en 1930) e os Congresos Internacionais de Arquitectos Modernos (CIAM), que se sucederon de 1928 a 1956. Arquitectura do século XX Organicismo: Frank Lloyd Wright
  • 72.
    • Crease unhavangarda que terá a súa representación en todos os países. • A súa gran oportunidade vén da man da concepción da función pública da arte e arquitectura, como instrumento de progreso social, así como do desenvolvemento dos sistemas de produción a gran escala, cos que se industrializa o edificio e racionalízase este proceso de construción. A vivenda transfórmase nun produto anónimo e de consumo. • Triunfa a partir de 1935, cun éxito que desborda todas as súas esperanzas e continúa despois da 2ª guerra mundial, nas reconstrucións que se realizan ata os anos sesenta. Arquitectura do século XX Organicismo: Frank Lloyd Wright
  • 73.
    • Estas realizaciónpuxeron en tela de xuízo as súas propostas. A súa eficacia económica e técnica contrastaban coa realidade duns espazos arquitectónicos pobres, sen a beleza abstracta soñada para eles, identificándose funcional con impersonal, pola ausencia de decoración e monotonía nos modelos. • Actualmente hai unha renovación dentro desta arquitectura tan funcional orientada cara o empobrecemento da técnica, como, sobre todo, a revisións de principios, especialmente a plasticidade espacial. • Frank Lloyd Wright é considerado o mellor arquitecto norteamericano do primeiro cuarto do século XX e un dos construtores que máis influíron, xunto con Le Corbusier e Gropius na arquitectura do noso tempo. Arquitectura do século XX Organicismo: Frank Lloyd Wright
  • 74.
    Arquitectura do séculoXX Organicismo: Frank Lloyd Wright
  • 75.
    • Discípulo deSullivan (arquitecto da Escola de Chicago), tivo a oportunidade de levar a práctica as súas ideas construtivas tras o colosal incendio de Chicago, facendo unha arquitectura sobria, austera e limitada ás posibilidades do ferro e o formigón. • En 1920 fai unha viaxe a Xapón que lle influirá notablemente, dando un cambio radical no seu modo de facer, a partir deste momento, fará unha arquitectura adaptada ao ambiente que rodea a construción funcionalista, un tanto sofisticada e romántica pero de gran beleza (arquitectura orgánica). Arquitectura do século XX Organicismo: Frank Lloyd Wright
  • 76.
    • Wright acuñouo termo de arquitectura orgánica, cuxa idea central consiste en que a construción debe derivarse directamente do entorno natural. • Dende os principios da súa carreira rexeitou as formas neoclasicistas e vitorianas que imperaban a finais do século XIX. Sempre se opuxo a imposición de calquera estilo, convencido de que a forma do edificio debe estar vinculada a súa función ao entorno e aos materiais empregados. • Unha das súas aportacións fundamentais á arquitectura moderna foi o dominio de planta libre (a estrutura non depende dos tabiques interiores). • A maioría das vivendas familiares de Wright están concibidas de acordo cun plano con libre circulación entre os distintos espazos. Arquitectura do século XX Organicismo: Frank Lloyd Wright
  • 77.
    Casa Kaufmann ouda Fervenza a) Título: Casa da Fervenza b) Autor: Frank Lloyd Wright c) Cronoloxía: 1938 d) Estilo: Organicista e) Material: formigón armado, pedra, vidro, aluminio. f) Tipoloxía: casa unifamiliar g) Localización: río Bear Run (Pensilvania)
  • 78.
    Comentario: Introdución: Vivendaunifamiliar da familia Kaufmann no estado de Pensilvania nos Estados Unidos, realizada por Lloyd Wright entre 1936 e1939. Pertence á arquitectura funcionalista organicista dentro do denominado Movemento Moderno, é dicir que renunciando ó eclecticismo se rompe coa tradición para optar por formas de vangarda. Nos Estados Unidos estaba a seguirse a tradición da escola Chicago, centrada na construción de edificios colectivos, os rañaceos. Sen embargo Wright, enormemente individualista e independente, traballa en vivendas unifamiliares seguindo a concepción organicista da arquitectura que basicamente consiste en integrar nunha edificación os factores ambientais do lugar. Dito doutro xeito, o arquitecto trataba de integrar en harmonía coa natureza o proceso tecnolóxico, o mundo das máquinas e o desenvolvemento urbano. Subxace tamén na súa obra a influencia xaponesa pois era un grande admirador da arte oriental e apaixonado coleccionista de estampas xaponesas. A vivenda de tres plantas constrúese sobre un terreo rochoso e mesmo enriba da fervenza (o seu son escoitase dende calquer estancia), no medio do frondoso arboredo. Contexto: A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario: a forma segue a función. O triunfo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de materiais (formigón armado, aceiro), aplicar a creatividade e a experimentación superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre unha arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. Non significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no entorno, no benestar térmico e acústico, ... Casa Kaufmann ou da Fervenza
  • 79.
    Pódense diferenciar dúastendencias: o Racionalismo (Le Corbusier) e o Organicismo (Lloyd Wright). O primeiro fundamentase no emprego de volumes elementais (cubo, cilindro, cono e esfera) dominando a lóxica construtiva. O segundo, cando os totalitarismos e a Segunda Guerra Mundial detiveron a actividade construtiva, desenvolvese nos Estados Unidos. En resposta á frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas escultóricas, máis libres e intuitivas. Análise: Emprega na construción materiais variados, uns tomados da natureza como a madeira e a pedra, e outros procedentes da tecnoloxía moderna, como o formigón armado, o ferro, o aluminio e o vidro. Con eles intégranse os elementos naturais: as rochas, a auga e a vexetación. Tras cruzar unha pequena ponte e unha pérgola de formigón entre a casa e a montaña, un camiño semicircular cuberto une a casa coa vivenda de invitados, que se atopa un chisco máis arriba na montaña. Composta a base de rectángulos que dan lugar ás diferentes pezas de tamaños e materiais variados, nunha linguaxe de dominio de planos rectos, consta de tres plantas graduadas e deseñadas de xeito diferenciado segundo a súa función, son plantas libres porque do mesmo modo que na Casa Saboya non hai muros de carga. Apoia directamente na rocha e sobre macizos soportes trapezoidais no caso dos beiriles. A planta inferior organízase a redor dunha sala cunha cheminea que destaca por riba da cuberta nun marcado eixo vertical de pedra sen desbastar. Esa gran sala ábrese ó exterior en todas direccións e con saída a dúas terrazas, unha sobre a mesma fervenza e outra mirando augas arriba. Son terrazas de enorme beiril, toda unha audacia técnica posible grazas ó formigón armado. Desde este espectacular salón xerase toda a construción en expansión centrífuga, crece de dentro a fora, pódese modificar e ampliar a medida das necesidades dos seus habitantes (de feito fixéronse ampliacións). Casa Kaufmann ou da Fervenza
  • 80.
    Na planta superiorcada unha das habitacións ten a súa propia terraza disposta nun xiro de 90º sobre a inferior, sobresae menos que ela para non impedir a entrada da luz. Na terceira planta, o estudio e a galería teñen acceso a outra terraza máis. A continuidade do espazo está claramente resolta xa que nunca chega a construír unha caixa ó modo racionalista, incluso os ángulos interiores van disimulados polos vidros a fin de evitar a sensación de recinto pechado. Crea así sensación de total continuidade entre interior e exterior, pola contra ambos espazos quedan fundidos nunha visión única. Diferenza os elementos verticais dos horizontais servíndose de materiais diferenciados, así nos primeiros emprega pedra natural do entorno sen enrasar e nos segundos o formigón pintado en cor crema. Se os elementos verticais co gran eixe da cheminea outorgan á edificación un carácter escultórico, as formas horizontais de bordes redondeados suavizan o conxunto. A carpintería externa das continuas fiestras en aluminio de cor vermella introducen variedade entre o marrón da pedra e o crema do formigón. Nos interiores a carpintería emprega madeira de nogueira e o chan a mesma pedra dos muros. En conxunto resulta salientable a liberdade espacial coa expresividade das voadas terrazas, o xogo de materiais tanto en textura coma en cor, e sobre todo a inserción escenográfica no medio da natureza de tal modo que as rochas, a auga e a vexetación se funden coa arquitectura organicamente. A casa da fervenza abriu un novo capítulo na arquitectura americana, para algúns ven ser unha das grandes criticas do movemento moderno e unha obra mestra. Os costos de construción foron moi elevados, o que fixo que a arquitectura orgánica quedara restrinxida ás posibilidades dunha pequena elite. Foi cedida polo seu dono á Western Pennsylvania Conservancy, sociedade dedicada á conservación do patrimonio ambiental, quen segue a ser a encargada da súa conservación, convertida agora nun museo onde a obra exposta é a propia casa Casa Kaufmann ou da Fervenza
  • 81.
    Casa Kaufmann ouda Fervenza
  • 82.
    Casa Kaufmann ouda Fervenza
  • 83.
    Museo Guggenheim deNova York a) Título: Museo Guggenheim b) Autor: Frank Lloyd Wright c) Cronoloxía: 1943-1959 d) Estilo: Organicista e) Material: formigón armado, estrutura de aceiro e vidro. f) Tipoloxía: museo. g) Localización: Nova York
  • 84.
    Comentario: Introdución: Foideseñado e construído por Frank Lloyd Wright entre 1943 e 1959, sendo rematada a súa construción seis meses despois do falecemento do xenial arquitecto. É a súa última obra e unha das máis populares, sendo evidentes os trazos organicistas do seu deseño e máis se o comparamos co modelo cartesiano da cidade de New York onde se atopa. Foi concibido como un espazo museístico especial xa que o autor prescindirá das tradicionais salas de exposición, consistindo o museo nunha única rampla que servirá tamén de espazo expositivo, o que trouxo moitos problemas, debido a que os cadros se tiñan que expoñer torcidos (rampla) e nunhas paredes curvas. Isto trouxelle serias críticas por parte dos artistas que nel ían expoñer. A construción se demorou durante eses 16 anos debido a problemas que o concello de Nova York, por exemplo con respecto á altura e estrutura desa cúpula que finalmente tivo que ser modificada. Contexto: A semente do Movemento Moderno ten a súa orixe na arquitectura norteamericana de finais do século XIX, concretamente coa Escola de Chicago creadora dunha nova tipoloxía, os rañaceos construídos baixo o espírito utilitario: a forma segue a función. O triunfo produciuse na década dos anos 20 por medio de tres grandes arquitectos: Gropius, Le Corbusier e Mies van der Rohe. Teñen en común o constante afán de descubrir e explorar novas vías, servirse de todo tipo de materiais (formigón armado, aceiro), aplicar a creatividade e a experimentación superando as formulacións clásicas e historicistas. Será sempre unha arquitectura funcional na que prima a habitabilidade fronte á ornamentación. Non significa que non se procure a harmonía. A beleza estará na súa correcta distribución interior, nunha luz convenientemente tamizada, na súa integración no entorno, no benestar térmico e acústico, ... Museo Guggenheim de Nova York
  • 85.
    Pódense diferenciar dúastendencias: o Racionalismo (Le Corbusier) e o Organicismo (Lloyd Wright). O primeiro fundamentase no emprego de volumes elementais (cubo, cilindro, cono e esfera) dominando a lóxica construtiva. O segundo, cando os totalitarismos e a Segunda Guerra Mundial detiveron a actividade construtiva, desenvolvese nos Estados Unidos. En resposta á frialdade racionalista, recupera o valor emocional, insiste na adaptación á natureza, defende a harmonía entre as partes e co todo, procura formas escultóricas, máis libres e intuitivas. Análise: O edificio é en esencia unha gran rampa circular que trepa arredor dun patio de formigón e que remata nunha gran cúpula de cristal, como se dun moderno Panteón se tratase. O exterior do Museo Guggenheim é un cilindro branco de formigón reforzado que parece xirar cara o ceo como nun gran remuíño. É como unha grande estrutura escultórica. No interior como xa explicamos Wright deseña un espazo novo e orixinal para un Museo. Prescinde voluntariamente dos espazos-caixa tradicionais para crear un fluxo contínuo de espazos mediante esa gran rampla que nunha enorme espiral ascende ata a cúpula. A idea de Wright era que o espectador subise ata a última planta en ascensor e que logo fixera o percorrido descendendo ata a planta baixa, aínda que hoxe non se respecte este plan inicial e a exposición comece dende o nivel inferior. Para o arquitecto así se evitaba o percorrido por salas laberínticas que ademais debían ser “desandadas” para sair do edificio. A vantaxe do novo edificio era obvio. Un único percorrido en descenso sería moito máis agradable para o visitante. Entrando no edificio nos atoparíamos nun espazo central aberto de máis de 28 metros de altura que remata nunha gran cúpula de cristal. Rodeándoa habería unha gran rampa duns 500 m de lonxitude en 6 plantas que nos levarían ata a última planta. O espazo expositivo da rampa plantexou problemas xa durante a construción e así un colectivo importante de artistas protestou sobre a colocación dos cadros Museo Guggenheim de Nova York
  • 86.
    nunhas paredes concavas,inclinadas e curvadas. Wright defendeuse aducindo que a colocación dos cadros na rampa tiña un obxectivo que era dispoñelos en perspectiva e cunha boa iluminación, o cal melloraría a súa visión. Un último problema que plantexa o edificio para algúns autores é a competencia entre o edificio e as obras que conteñen. Posteriormente se construiu unha gran torre rectangular en caliza branca na que se fixeron salas de exposición máis acordes coa súa función. Continuidade espacial e unidade visual son os seus principios. O edificio foi encargado por Solomon R. Guggenheim para albergar e expoñer a súa colección de arte. Guggenheim empezara a adquirir obras en 1929, destacando especialmente as de artistas abstractos como Kandinsky, Mondrian, pero tamén Picasso e Paul Klee. Ten certo parecido a idea a escaleira dos Museos Vaticanos realizada por Giuseppe Momo (1929-1932). Museo Guggenheim de Nova York
  • 87.
    A luz procededunha grande cúpula central a 28 metros de altura. A rampla helicoidal, está solidamente xunguida coa parede e é , á vez, estrutura. Ten un recorrido duns 500 metros en 6 niveis. Museo Guggenheim de Nova York
  • 88.
  • 89.
    Wright inspírase nas formasorgánicas tomadas da natureza, como a espiral principal. De aí provén a denominación “arquitectura organicista”. A vista exterior do museo lembra unha cuncha de caracol pola súa forma troncocónica invertida. Museo Guggenheim de Nova York
  • 90.
    Escaleira do MuseoVaticano (1929-1932) Giuseppe Momo
  • 91.
  • 92.
    • A partirde 1970, co nome de arquitectura posmoderna, algúns arquitectos utilizaron elementos decorativos e construtivos tradicionais anteriores á revolución arquitectónica do século XIX e rexeitaron as teses do Movemento Moderno. • Esta tendencia tivo grande incidencia en Xapón, onde xurdiu unha nova arquitectura a través do Grupo Metabolism, que mesturou elementos da arquitectura tradicional xaponesa coa linguaxe funcionalista de Le Corbusier. Un claro exemplo diso é a obra de Arata Isozaki. A crise do Movemento Moderno Arquitectura actual
  • 93.
    Palau de SanJordi (Barcelona) (1991) Arata Isozaki
  • 94.
    Casa do Home(1994-1995) Arata Isozaki e César Portela
  • 95.
    Faro de PuntaNariga (Malpica) (1998) César Portela
  • 96.
    Acuario de Vilagarcía(1987) e Museo do Mar en Vigo (2003) César Portela
  • 97.
    Casa de ManoloNeira Rehabilitación dunha vivenda rural en Cotobade (Pontevedra) realizada polo arquitecto César Portela. Neste arquitecto hai unha clara influencia do estilo organicista de Wright e Alvar Aalto
  • 98.
    • Paralelamente aomovemento posmoderno nas décadas de 1980 e 1990 tamén xurdiron con gran vitalidade correntes arquitectónicas como hight-tech e o descontrutivismo. • O primeiro valora por enriba doutros factores a exhibición dos compoñentes técnolóxicos do edificio. Entre os seguidores están Norman Foster e Richard Rogers creador, xunto co italiano Renzo Piano, do Centre Georges Pompidou de París. • As teorías descontrutivistas establece que a forma é o resultado da fantasía destacando a arquitecta iraniana Zaha Hadis e o canadense Frank Gehry. A crise do Movemento Moderno Arquitectura posmoderna
  • 99.
    A crise doMovemento Moderno Arquitectura posmoderna Centro Pompidou (1977) Richard Rogers e Renzo Piano Exemplo de Hight-Tech
  • 100.
    A crise doMovemento Moderno Arquitectura posmoderna Guggenheim de Bilbao (1992-1997) Frank Gehry Exemplo de descontrutivismo
  • 101.
    • As últimastendencias arquitectónicas crean obras relacionadas coas necesidades da sociedade: oficinas, centros comerciais, museos, estadios, palacios de congresos, hospitais, mercados, estacións ferroviarias... • Neste novo marco nace a arquitectura de autor que están a cabalo entre a arquitectura e a enxeñería: Jean Nouvel, Richard Meier ou español Santiago Calatrava. A crise do Movemento Moderno Arquitectura posmoderna
  • 102.
    A crise doMovemento Moderno Arquitectura posmoderna Torre Agbar de Barcelona (2005) Jean Nouvel Exemplo de arquitectura de autor
  • 103.
    A crise doMovemento Moderno Arquitectura posmoderna Cidade das Artes e das Ciencias (2005) Santiago Calatrava Exemplo de arquitectura de autor