Hardware
Como xa dixemosantes, o hardware é a parte física do ordenador.
Clasificaremos os elementos que compoñen o hardware en catro
categorías que iremos describindo pouco a pouco:
-Procesador
-Memoria
-Buses, portos e ranuras de expansión
-Periféricos
4.
CPU
Tamén chamado UnidadeCentral de
Procesos ou CPU. É o corazón do ordenador.
No procesador realízanse todas e cada unha
das tarefas que os programas ordenan
cumprir. O procesador ten dúas partes: a
unidade aritmético-lóxica e a unidade de
control.
5.
Memoria
É outro doselementos esenciais dun ordenador. A misión
da memoria é almacenar as instrucións do programa que
vai executar o procesador, os datos que necesita dito
programa e os resultados que obteña o programa.
Hai dous tipos: A memoria RAM e a memoria ROM.
6.
Ranuras de expansión
Permitenconectar á placa principal dispositivos periféricos
que se situarán dentro da caixa do ordenador. Os
dispositivos habituais que se conectan por este
procedemento son tarxetas gráficas, tarxetas de son,
tarxetas de vídeo e TV, modems internos, tarxetas de
rede, etc.
7.
Buses
As canles decomunicación entre o procesador e a
memoria constitúen o bus principal e as canles de
comunicación entre os elementos e o resto dos
dispositivos constitúen os buses secundarios.
8.
Periféricos
Periférico é tododispositivo que se poida utilizar para introducir información,
obter información ou ámbalas dúas cousas dun ordenador. Segundo isto os
periféricos poden clasificarse en: Dispositivos de entrada, Dispositivos de saída
e Dispositivos de entrada/saída.
Dispositivos de entrada: Permiten introducir información no ordenador.
Dispositivos de saída: Serven para que o usuario reciba a información
elaborada polo ordenador.
Dispositivos de entrada/saída: estes dispositivos cumpren as dúas funcións
especificadas nos apartados anteriores.