Productos financieros dirigidos al exportadorBanco Popular
Facilitar al exportador el acceso al sistema financiero y el mercado internacional es el objetivo de esta iniciativa desarrollada en alianza con ADOEXPO.
Managing the Fear of Public Speaking / Handling Stage FearJoseph Prabhakar
Glossophobia aka Fear of Public Speaking. Everyone is afraid of speaking in public. Even the experts. Even those who have done it hundreds of times. However, with a few simple techniques and practice, it is possible to overcome this fear. Techniques that are so simple, it might be difficult believing them. With patience, trust and practice anyone can overcome the fear of public speaking. This deck will show you how. A video version of this deck can found in youtube - https://www.youtube.com/watch?v=nKZz1SyEpIU
3. HARDWARE
● Como xa dixemos antes, o hardware é a parte física do
ordenador. Clasificaremos os elementos que compoñen o
hardware en catro categorías que iremos describindo
pouco a pouco:
4. PROCESADOR
● É o corazón do ordenador. No procesador realízanse
todas e cada unha das tarefas que os programas ordenan
cumprir. O procesador ten dúas partes: a unidade
aritmético-lóxica (que realiza tódolos procesos) e a
unidade de control que se encarga de seleccionar as
instrucións que se deben executar, proporcionar os datos
axeitados á unidade aritmético-lóxica, e enviar sinais de
control a tódolos dispositivos que interveñan no proceso
para que este se realice axeitadamente.
5. PROCESADOR
● A potencia dun procesador mídese entre outras cousas
pola cantidade de instrucións por segundo que pode
executar, tamén chamada velocidade de procesamento. A
unidade de medida de esta velocidade é o Hertzio (Hz),
pero solemos utilizar múltiplos como son o MegaHertzio
(MHz) e o XigaHertzio (GHz). Aínda que a velocidade de
procesamento se mida en Hz, o feito de que un procesador
teña unha velocidade de 400 MHz e outro de 800 MHz, non
quere dicir que este último sexa o dobre de rápido. Si é
mais rápido pero probablemente bastante menos do dobre,
pois na velocidade de procesamento inflúen outros
factores.
6. MEMORIA
● É outro dos elementos esenciais dun ordenador. A misión da memoria é
almacenar as instrucións do programa que vai executar o procesador, os datos
que necesita dito programa e os resultados que obteña o programa.
Basicamente existen dous tipos de memoria:
-Memoria principal:trátase dunha memoria interna, normalmenteformada por
silicio e integrada na placa principal do ordenador. A súa vez hai dous tipos
básicos de memoria principal: memoria R.A.M., memoria R.O.M.
-Memorias secundarias: trátase de dispositivos externos (aínda que algúns
poidan estar incluídos dentro da torre do ordenador ). A súa misión é almacenar
de xeito permanente programas e datos en soportes de gran capacidade.
Existen multitude de dispositivos con esta finalidade, pero destacaremos tres
grupos: soportes magneticos, opticos e flash
7. BUSES, PORTOS E RANURAS DE
EXPANSIÓN
●
Portos: Son conexións que enlazan a placa principal con distintos tipos de
periféricos. Os tipos de portos mais comúns son:
-Portos serie ou portos COM: tradicionalmente serven para conectar teclados,
ratos, modems, etc. Están actualmente en desuso.
-Portos paralelo: Usados para a conexión de impresoras e scaners. Está
sendo substituído polo USB
-Portos PS2: usados para a conexión de ratos e teclados nos ordenadores,
antes de que se fixera xeneralizado o uso do USB.
-Portos USB: Tradicionais nos ordenadores Apple, o seu uso foise estendendo
nos PC, hoxe en día a gran maioría dos periféricos usan este tipo de portos.
8. BUSES, PORTOS E RANURAS DE
EXPANSIÓN
● Ranuras de expansión: Permiten conectar á placa
principal dispositivosperiféricos que se situarán dentro da
caixa do ordenador. Os dispositivos habituais que se
conectan por este procedemento son tarxetas gráficas,
tarxetas de son, tarxetas de vídeo e TV, modems internos,
tarxetas de rede, etc. Nestes casos, cada tarxeta que se
conecte a unha ranura de expansión sole incorporar os
seus propios portos, que poden ser moi variados en
función da misión que teñan que cumprir.
9. PERIFÉRICOS
●
Dispositivos de entrada: Permiten introducir información no ordenador.
-Teclado: Serve para introducir información de carácter alfa-numérico,
teclado numérico, teclado de edición e teclado de funcion
- Rato: serve para introducir información de forma gráfica
- Escáner: Serve para introducir información gráfica no ordenador.
- Micrófono: Permite a introdución de información sonora
- WebCam: usualmente utilizada para a videoconferencia,
11. PERIFÉRICOS
● Dispositivos de entrada/saída:
-Tarxeta de son
-Tarxeta de video e TV
-Tarxetas de rede
-Modems e tarxetas de comunicación
-Unidades de almacenamento externo