Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Actividade 3. Xogos tradicionais/populares de Galicia.
1. Departamento de Educación Física CPR Valle Inclán I
UD Xogos populares/tradicionais
2ª avaliación. Curso 16/17
Traballo:
Investigación de xogos populares e/ou tradicionais
Realización individual ou ata 4 alumnos en grupo (aqueles que residan cerca).
Data límite de entrega: venres 3 de febreiro de 2017
Contido do traballo
- Investigar algún xogo popular e/ou tradicional propio do lugar de residencia de
cada alumno/a, empregando fontes de información directas: persoas maiores
(avós/avoas, país/nais, outros familiares, veciños/as…), asociacións culturais,
clubs/agrupacións de xogos populares, bibliotecas da cidade, etc.
- En caso de que a vosa familia non proveña do entorno da cidade de Ferrol,
especificar brevemente de onde provén ese xogo.
- A fonte de información non pode ser internet, nin ningunha páxina web. Neste
caso interésanos información de primeira man.
- Presentar un documento final coa descrición do xogo popular/tradicional e
imaxes demostrativas do/a autor/a do traballo realizando o xogo investigado.
- Debedes cumprimentar a ficha que aparece no reverso desta folla, ademais de
adxuntar as fotos da práctica xunto con amigos/as, compañeiros/as, familiares
e responder ás seguintes cuestións.
Breves cuestións sobre a investigación
- A que ou quen recorriches para obter a información sobre o xogo que describes?
- Explica brevemente como foi o proceso. Debes dar resposta a preguntas como: en
quen pensaches como primeira opción? Foi esta válida ou tivestes que seguir
buscando? Como contactaches con esta persoa/club/asociación? Foi difícil
cumprimentar os datos da ficha?
- Cales foron as túas sensacións durante a práctica do xogo? Cres que poden ser
unha boa maneira de pasar o teu tempo de ocio con amigas/os, familiares...?
- Elabora unha breve reflexión acerca dos xogos cos que se entretiñan as vosas/os
nais/pais e/ou avoas/avós cando tiñan a vosa idade e como o facedes hoxe en día.
Que diferencias fundamentais atopades? A que cres que se debe? Que forma che
parece máis entretida? (mínimo 120 palabras).
2. FICHA XOGOS TRADICIONAIS EDUCACIÓN FÍSICA
Nome do xogo
Lugar de orixe/procedencia
NORMAS/REGULAMENTO
Nº de participantes
Mínimo Xogo de equipo
Máximo Xogo individual
Material necesario
para a práctica
Onde se xoga?
Duración do xogo
(tempo ou puntuación)
Intensidade da
práctica
baixa media alta moi alta
ASÍ SE XOGA
(descrición do xogo; indicar as principais regras)
VARIANTES
(se hai)
DESCRICIÓN GRÁFICA DO XOGO
(así seguro que o entendemos mellor)
Outras aportacións/datos de interese/observacións