Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Actividade deportes alternativos
1. Departamento de Educación Física CPR Valle Inclán I
UD Deportes alternativos. 4º ESO
3ª avaliación. Curso 16/17
Investigación e presentación dun deporte alternarivo
Realización en grupos de 4 alumnos/as (grupos xa feitos na clase)
Data límite de entrega ó profesor (vía email): xoves 1 de xuño de 2017
Data de exposición: venres 02 de xuño de 2017
Unha vez feitos os grupos de traballo e escollido o deporte alternativo a presentar por
cada un deles, presento as instrucións que debedes seguir na elaboración da
presentación final.
Aspectos formais
- Presentación de Power Point ou software similar (OpenOffice, LibreOffice,
Prezi...).
- Tipo de letra a escoller polo alumnado. Debe ter un tamaño mínimo de 18
puntos, co obxectivo de facilitar a lectura por parte dos presentes.
- O tempo de exposición non debe superar os 10 minutos.
- Tódolos/as integrantes do grupo deben participar na exposición. A orde de
intervención será sorteada polo profesor antes de comezar.
Contido da presentación
- Definición do que o grupo entende por “deporte alternativo”
- Nome do deporte escollido e definición do mesmo (pódese falar da orixe do
mesmo, se deriva doutro deporte ou calquera dato que entendades que é
importante).
- Material necesario para a práctica e como se utiliza o mesmo. Débense
explicar peculiaridades como de que están feitos, cal é a forma de
empregalos ou calquera outro dato de relevancia.
- Número de xogadores necesarios para a práctica (deportes individuais).
Número de equipos (deportes colectivos) e número de xogadores que
conforman cada equipo.
- Espazo necesario para a práctica deste deporte. Debe figurar a superficie do
terreo, se debe ser unha instalación cuberta ou ó aire libre, medidas da
mesma. Recoméndase adxuntar unha imaxe do terreo de xogo.
- Duración do xogo: debedes especificar si se xoga por tempo (baloncesto) ou
por puntos (tenis), especificando como é o sistema de puntuación.
- Indicar e explicar as principais regras do xogo. Deben figurar as máis básicas
e necesarias para poder iniciarse na práctica.
- Adxuntar un vídeo de YouTube (ou propio) onde poidamos visualizar como
é o desenvolvemento do deporte.