SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
ACOLLIDA DO ALUMNADO PROCEDENTE DO
                            ESTRANXEIRO



 PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO PROCEDENTE DO EXTRANXEIRO
    As circunstancias actuais de inmigración, fan moi necesario elaborar un
plan de acollida que recolla cales son as características e as necesidades de
forma xeral que presenta o alumnado extranxeiro coa finalidade de prever as
actuacións a desenvolver en cada caso concreto.
1. CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO
- Descoñecemento das dúas línguas oficiais da Comunidade Autónoma de
Galicia
- Desfase curricular con respecto ó alumnado da mesma idade (debido a
escolarización irregular)
- Falta de motivación cara o estudio.Falta de interese por parte das familias
hacia o estudio, ambiente educativo pobre,etc
- Situación de illamento social
- Situación de desarraigo. Culturas diferentes.
2. NECESIDADES
   •   Lingüísticas: acción prioritaria.

Debido ó descoñecemento           da lingua que afecta ás relación sociais e a
aprendizaxe. É necesario ofrecer medios para a aprendizaxe da mesma,
garantindo a aprendizaxe da lingua vehicular
   •   Sentirse acollido:

Que se sinta integrado/a para lograr o éxito no proceso de ensino-aprendizaxe.
Para isto a integración nas actividades            de aula, nas actividades
extraescolares, facendo seguimento         dos problemas que surxen entre os
compañeiros.
   •   Coñecer a nova cultura:

Para non perder os sinais de identidade.
•   Necesidades curriculares:

Planificando acutacións co fin de previr e compensar a situación de
desigualdade coa que afrontan a súa escolarización e socialización, adecuando
as programacións, os recursos, os criterios de avaliación ós niveis de
competencia curricular.
   •   Disponer dun período de adaptación:

Coñecer a nova cultura ós novos compañeiros/as, ós Mestres/as, as normas de
convivencia,etc
   •   Implicar ás familias:

Para mellorar a acción educativa
3. OBXECTIVOS
   o Motivar á comunidade educativa para acadar un ambiente escolar de
       acollida

   o Preparar recursos, medios para o proceso de adaptación

   o Establecer na aula un clima de convivencia, respeto, tolerancia

   o Potenciar o enriquecemento das distintas culturas

4. FUNCIÓNS DOS COMPOÑENTES
O Departamento de Orientación: participará na valoración inicial do alumnado
para coñecer o nivel de competencia curricular. Colaborará na proposta de
apoios necesarios para atender ó alumnado. Colaorará seguindo o proceso de
integración. Intervirá cando sexa necesario nas familias para favorecer o
proceso de adaptación social, escolar e cultural. Si é necesario realizará a
avaliación psicopedagóxica.
Os Apoios:
   •   cando o alumnado presenta necesidade específica de apoio educativo
       independentemente da súa condición de extranxeiro.

   •   En determinadas circunstancias realizarase unha intervención directa en
       programas de apoio e ou ACS
•     Participarán na avaliación, nas reunión pertinentes e informarán aos
         Mestres titores e ó equipo docente

   •

5. PROCESO DE ACOLLIDA
O proceso de acollida será acolledor trasmitindo tranquilidade á familia. Se non
falan o idioma buscaremos un intérprete que pode ser os pais doutro alumno,
ou axuda da administración, servicios sociais, ONG…
    Actuacións para familias:

1. Proporcionar información oral e escrita do sistema educativo e do propio
centro
2. Entregar folleto “escolarización do alumnado extranxeiro”, ver web
www.edu.xunta.es/, buscando na Dirección Xeral de Centros e Ordenación
Educativa/Atención á diversidade procedente do extranxeiro, atópanse de
interese para a acollida: Normativa,recursos, enlaces de interese.
Outras dirección web;
http://www.xunta.es/conselle/em/index.htm
www.pnte.cfnavarra.es       (descarga    de     documentos   diversos   sobre   a
comunicación coas familias en moitos idiomas)
3. Organización do centro: calendario, horarios, lugares de entrada e saída,
instalación, servicios de comedor e transporte, actividades, materiais,
xustificación de faltas, horarios atención de familias.
A compra dos libros de texto estará determinada polo nivel de competencia
curricular do alumno, esperaremos a coñecer o nivel do alumno/a para facer a
compra definitiva.
4. solicitar información
A secretaria do centro ( ou algún membro do Equipo Directivo) solicitará os
documentos para a formalización da matrícula:
   -     Certificado de empadroamento

   -     Fotocopia do libro de familia

   -     Fotocopia da cartilla de da Seguridade Social

   -     Fotocopia da cartilla de vacunacións
-   Fotos

   -   Expediente académico de outros centros




ITINERARIO DE ESCOLARIZACIÓN:

       Como primeira medida, e segundo establece a normativa vixente (Orde
de 20 de febreiro do 2004, DOG 26 de febreiro do 2004); o alumno ou alumna
que se incorpora ao noso sistema educativo, escolarízase no curso que lle
corresponde por súa idade,aínda que, pola información recollida, se presupoña
un gran desfase curricular ou non se poida determinar cales son os seus
coñecementos porque non fala as nosas linguas.
       De seguido,e aínda con máis urxencia se o seu nivel curricular é baixo
respecto da súa idade, o titor ou titora, en colaboración coa xefe ou xefa do
Departamento de orientación, procederá a determinar as súas necesidades
educativas, a través da avaliación inicial prevista con carácter xeral para todo o
alumnado que se incorpora ao centro. No caso de que o alumnado descoñeza
as dúas linguas, buscarase algunha área na que estas non sexan precisas
para determinar o seu nivel de coñecementos, como poden ser a área de
lingua extranxeira (inglés), ou a área de matemáticas.
       No caso de apreciar outras necesidades educativas especiais, ademais
das asociadas á condición de procedencia estranxeira, o departamento de
orientación realizará a avaliación psicopedagóxica pertinente.
       Cos resultados da avaliación inicial e , se é o caso, da avaliación
psicopedagóxica, establecerase cal das medidas de atención específica para o
alumnado procedente          do estranxeiro, son as máis axeitadas nese caso
concreto:
       - reforzo educativo
       - adaptacións curriculares
       - flexibilizacións da idade de escolarización
É importante para estes alumnos, lembrar que o criterio de aplicación
destas medidas de apoio, sempre que sexan precisas, é desenvolvelas dentro
da aula ordinaria para favorecer a integración escolar.
       Outras medidas, as de tipo organizativo, que teñen o carácter xeral de
agrupamentos flexibles e temporais, son específicas para o alumnado
procedente do estranxeiro: grupos de adquisición das linguas e grupos de
adaptación da competencia curricular (os criterios establecidos poden levarse
a cabo aínda que sexan un ou dous alumnos). A finalidade destos grupos é
integrar axiña ó alumnado na vida escolar.
       O establecemento destas medidas terán constancia todo o profesorado
implicado na atención do alumno e a Inspección Educativa ( a través da
solicitude)
       7. ACOLLIDA NA AULA
       O primeiro día de clase é moi importante para o alumno/a que chega
novo. A súa integración        depende de cómo sexa acollido. Prepáranse
actividades de presentación e coñecemento mutuo para dita acollida, estas
poden ser algunhas:
           ∗   Gran saúdo:

Os nenos están dispostos en círculo e de pe. Un participante calquera comeza
o xogo dando a volta completa polo interior do círculo, facendo chocar a súa
palma contra a palma de cada xogador, pronunciando ó mesmo tempo os
seus nomes. Cando acaba a volta colócanse no seu sitio mentres o seguinte
compañeiro continúa co gran saúdo.
           ∗   Frases de benvida:

“Estou contenta de que esteas con nós porque….”
O novo alumno responde “Ola…..” e expresa no seu idioma o saúdo de
benvida.
           ∗   Presentación das aulas, aseos e patio ( poden acompañarse
               imaxes da actividade que se realiza en cada unha delas)

           ∗   Cartel de benvida tamén no idioma do novo compañeiro

           ∗   Ver e comentar imaxes, dvd relacionadas co país de orixe
∗   Adquirir literatura infantil acerca da interculturalidade.

       Outro aspecto a destacar é a posibilidade de designar un alumno-titor,
isto é, durante os primeiros días pode ser de utilidade que se lle asigne un
compañeiro/a, ben por sorteo entro os alumnos que o desexen ou ben elixindo
a un compañeiro que viva cerca del ou co que teña boa relación fóra do centro.
En ocasións pódese nomear algún compañeiro/a que o titor considere que
necesita ese protagonismo para aumentar a súa autoestima. Este alumno-titor
ten que ser unha persoa comunicativa e acolledora. As súas funcións, entre
outras, serían as seguintes:
           Facilitar a integración do alumnado de procedencia estranxeira
              (evitando o seu aillamento)

           Presentalo a outros compañeiros, mestres, conserxe…

           Axudarlle a entender as tarefas escolares que ten que realizar

           Comunicarlle o titor as dificultades que detecte

A labor deste alumno-titor deberá ir desaparecendo pouco a pouco a medida
que se vaia integrando.
8. O PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
O inicio da súa escolarización valoraranse unha serie de habilidades
académicas, facilitando que o alumno poida demostrar aquello que sabe. Si o
alumno descoñece as nosas linguas deberanse usar materiais que propoñan
actividades que non estean presentadas verbalmente. Durante este proceso é
importante concretar as competencias do alumnado en :
   •   Hábitos escolares

   •   Dominio oral he escrito das linguas

   •   Nivel de matemáticas: numeración, cálculo, resolución de problemas…

No momento de planificar as aprendizaxes hai que ter en conta aspectos como:
    Durante o primeiro curso de estancia na escola o alumno deberá acadar
       o dominio da lingua
 O alumno/a está capacitado para aprender máis contido dos que, en
       ocasións, nós pensamos          e que aprenderá se favorecemos           a
       comunicación e a aprendizaxe con outros

    Ter ben definido o seu horario,así como o traballo que se realizará

    Hai     que   preparar    unha    programación,    sobre   todo   das   áreas
       instrumentais cuns obxectivos concretos, non excesivos, que lle
       permitan acadar seguridade en si mesmo

    Hai que seleccionar os materiais cos que traballará

    Facer seguimento da súa evolución.

   En relación ás modalidades de escolarización, se inclúen ademáis das
medidas de atención ó alumnado procedente do estranxeiro e acción titorial, as
medidas de atención á diversidade.
9. AVALIACIÓN DO PROGRAMA DE ACOLLIDA                           DO ALUMNADO
PROCENTE DO ESTRANXEIRO
A Comisión de Coordinación Pedagóxica, impulsará a avaliación do Plan e
colaborará na difusión desta avaliación a través dos coordinadores de ciclo.




ANEXOS
Anexo: Modelo de identificación para o alumnado-titor



A
ALUMNO TITOR
Nome:
…………………………………………
……………….
Tutela a:
…………………………………………
…………



A
ALUMNO TITOR
Nome:
…………………………………………
……………….

Tutela a:
…………………………………………
…………

More Related Content

Similar to Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro

Similar to Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro (20)

Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro floriani
 
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 GabrielaProxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
 
Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015
 
Tâche 1: Protocole d`évaluation initiale
Tâche 1: Protocole d`évaluation initialeTâche 1: Protocole d`évaluation initiale
Tâche 1: Protocole d`évaluation initiale
 
Tâche 1: Connaître la classe
Tâche 1: Connaître la classeTâche 1: Connaître la classe
Tâche 1: Connaître la classe
 
tache 2
tache 2tache 2
tache 2
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
Piale 2016
Piale 2016 Piale 2016
Piale 2016
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
De infantil a primaria juana de vega
De infantil a primaria juana de vega De infantil a primaria juana de vega
De infantil a primaria juana de vega
 
De infantil a primaria
De infantil a primariaDe infantil a primaria
De infantil a primaria
 
O titor coas familias
O titor coas familias O titor coas familias
O titor coas familias
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
De infantil a primaria
De infantil a primaria  De infantil a primaria
De infantil a primaria
 
Biblioteca
BibliotecaBiblioteca
Biblioteca
 
Difusión PIALE 2017
Difusión PIALE 2017Difusión PIALE 2017
Difusión PIALE 2017
 
Presentación 6º primaria
Presentación 6º primariaPresentación 6º primaria
Presentación 6º primaria
 

More from mgvaamonde

Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensión
Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensiónCuadernos de recuperación de inés bustos comprensión
Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensiónmgvaamonde
 
Ortografía de todo actividades
Ortografía de todo actividadesOrtografía de todo actividades
Ortografía de todo actividadesmgvaamonde
 
Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensión
Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensiónCuadernos de recuperación de inés bustos comprensión
Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensiónmgvaamonde
 
Fotos de animales
Fotos de animalesFotos de animales
Fotos de animalesmgvaamonde
 
José pájaro silva
José pájaro silvaJosé pájaro silva
José pájaro silvamgvaamonde
 
José pájaro silva
José pájaro silvaJosé pájaro silva
José pájaro silvamgvaamonde
 
Adaptación curricular individualizada
Adaptación curricular individualizadaAdaptación curricular individualizada
Adaptación curricular individualizadamgvaamonde
 
Discriminación 2
Discriminación 2Discriminación 2
Discriminación 2mgvaamonde
 
Discriminación 1
Discriminación 1Discriminación 1
Discriminación 1mgvaamonde
 
Desenvolvemento da linguaxe
Desenvolvemento da linguaxeDesenvolvemento da linguaxe
Desenvolvemento da linguaxemgvaamonde
 
Denominacion de palabras
Denominacion de palabrasDenominacion de palabras
Denominacion de palabrasmgvaamonde
 
Contrato Conductual
Contrato ConductualContrato Conductual
Contrato Conductualmgvaamonde
 
Alumnado obxecto de tratamento
Alumnado obxecto de tratamentoAlumnado obxecto de tratamento
Alumnado obxecto de tratamentomgvaamonde
 
Guia Portage Lenguaje
Guia Portage   LenguajeGuia Portage   Lenguaje
Guia Portage Lenguajemgvaamonde
 
Tabla Analisis
Tabla AnalisisTabla Analisis
Tabla Analisismgvaamonde
 
Cuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia PaisCuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia Paismgvaamonde
 
Cuestionario De Convivencia Alumnos
Cuestionario De Convivencia AlumnosCuestionario De Convivencia Alumnos
Cuestionario De Convivencia Alumnosmgvaamonde
 
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do EstranxeiroAcollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiromgvaamonde
 

More from mgvaamonde (20)

Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensión
Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensiónCuadernos de recuperación de inés bustos comprensión
Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensión
 
Ej. dga
Ej. dgaEj. dga
Ej. dga
 
Ortografía de todo actividades
Ortografía de todo actividadesOrtografía de todo actividades
Ortografía de todo actividades
 
Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensión
Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensiónCuadernos de recuperación de inés bustos comprensión
Cuadernos de recuperación de inés bustos comprensión
 
Fotos de animales
Fotos de animalesFotos de animales
Fotos de animales
 
José pájaro silva
José pájaro silvaJosé pájaro silva
José pájaro silva
 
José pájaro silva
José pájaro silvaJosé pájaro silva
José pájaro silva
 
Diptongos
DiptongosDiptongos
Diptongos
 
Adaptación curricular individualizada
Adaptación curricular individualizadaAdaptación curricular individualizada
Adaptación curricular individualizada
 
Discriminación 2
Discriminación 2Discriminación 2
Discriminación 2
 
Discriminación 1
Discriminación 1Discriminación 1
Discriminación 1
 
Desenvolvemento da linguaxe
Desenvolvemento da linguaxeDesenvolvemento da linguaxe
Desenvolvemento da linguaxe
 
Denominacion de palabras
Denominacion de palabrasDenominacion de palabras
Denominacion de palabras
 
Contrato Conductual
Contrato ConductualContrato Conductual
Contrato Conductual
 
Alumnado obxecto de tratamento
Alumnado obxecto de tratamentoAlumnado obxecto de tratamento
Alumnado obxecto de tratamento
 
Guia Portage Lenguaje
Guia Portage   LenguajeGuia Portage   Lenguaje
Guia Portage Lenguaje
 
Tabla Analisis
Tabla AnalisisTabla Analisis
Tabla Analisis
 
Cuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia PaisCuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia Pais
 
Cuestionario De Convivencia Alumnos
Cuestionario De Convivencia AlumnosCuestionario De Convivencia Alumnos
Cuestionario De Convivencia Alumnos
 
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do EstranxeiroAcollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
 

Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro

  • 1. ACOLLIDA DO ALUMNADO PROCEDENTE DO ESTRANXEIRO PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO PROCEDENTE DO EXTRANXEIRO As circunstancias actuais de inmigración, fan moi necesario elaborar un plan de acollida que recolla cales son as características e as necesidades de forma xeral que presenta o alumnado extranxeiro coa finalidade de prever as actuacións a desenvolver en cada caso concreto. 1. CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO - Descoñecemento das dúas línguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia - Desfase curricular con respecto ó alumnado da mesma idade (debido a escolarización irregular) - Falta de motivación cara o estudio.Falta de interese por parte das familias hacia o estudio, ambiente educativo pobre,etc - Situación de illamento social - Situación de desarraigo. Culturas diferentes. 2. NECESIDADES • Lingüísticas: acción prioritaria. Debido ó descoñecemento da lingua que afecta ás relación sociais e a aprendizaxe. É necesario ofrecer medios para a aprendizaxe da mesma, garantindo a aprendizaxe da lingua vehicular • Sentirse acollido: Que se sinta integrado/a para lograr o éxito no proceso de ensino-aprendizaxe. Para isto a integración nas actividades de aula, nas actividades extraescolares, facendo seguimento dos problemas que surxen entre os compañeiros. • Coñecer a nova cultura: Para non perder os sinais de identidade.
  • 2. Necesidades curriculares: Planificando acutacións co fin de previr e compensar a situación de desigualdade coa que afrontan a súa escolarización e socialización, adecuando as programacións, os recursos, os criterios de avaliación ós niveis de competencia curricular. • Disponer dun período de adaptación: Coñecer a nova cultura ós novos compañeiros/as, ós Mestres/as, as normas de convivencia,etc • Implicar ás familias: Para mellorar a acción educativa 3. OBXECTIVOS o Motivar á comunidade educativa para acadar un ambiente escolar de acollida o Preparar recursos, medios para o proceso de adaptación o Establecer na aula un clima de convivencia, respeto, tolerancia o Potenciar o enriquecemento das distintas culturas 4. FUNCIÓNS DOS COMPOÑENTES O Departamento de Orientación: participará na valoración inicial do alumnado para coñecer o nivel de competencia curricular. Colaborará na proposta de apoios necesarios para atender ó alumnado. Colaorará seguindo o proceso de integración. Intervirá cando sexa necesario nas familias para favorecer o proceso de adaptación social, escolar e cultural. Si é necesario realizará a avaliación psicopedagóxica. Os Apoios: • cando o alumnado presenta necesidade específica de apoio educativo independentemente da súa condición de extranxeiro. • En determinadas circunstancias realizarase unha intervención directa en programas de apoio e ou ACS
  • 3. Participarán na avaliación, nas reunión pertinentes e informarán aos Mestres titores e ó equipo docente • 5. PROCESO DE ACOLLIDA O proceso de acollida será acolledor trasmitindo tranquilidade á familia. Se non falan o idioma buscaremos un intérprete que pode ser os pais doutro alumno, ou axuda da administración, servicios sociais, ONG…  Actuacións para familias: 1. Proporcionar información oral e escrita do sistema educativo e do propio centro 2. Entregar folleto “escolarización do alumnado extranxeiro”, ver web www.edu.xunta.es/, buscando na Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa/Atención á diversidade procedente do extranxeiro, atópanse de interese para a acollida: Normativa,recursos, enlaces de interese. Outras dirección web; http://www.xunta.es/conselle/em/index.htm www.pnte.cfnavarra.es (descarga de documentos diversos sobre a comunicación coas familias en moitos idiomas) 3. Organización do centro: calendario, horarios, lugares de entrada e saída, instalación, servicios de comedor e transporte, actividades, materiais, xustificación de faltas, horarios atención de familias. A compra dos libros de texto estará determinada polo nivel de competencia curricular do alumno, esperaremos a coñecer o nivel do alumno/a para facer a compra definitiva. 4. solicitar información A secretaria do centro ( ou algún membro do Equipo Directivo) solicitará os documentos para a formalización da matrícula: - Certificado de empadroamento - Fotocopia do libro de familia - Fotocopia da cartilla de da Seguridade Social - Fotocopia da cartilla de vacunacións
  • 4. - Fotos - Expediente académico de outros centros ITINERARIO DE ESCOLARIZACIÓN: Como primeira medida, e segundo establece a normativa vixente (Orde de 20 de febreiro do 2004, DOG 26 de febreiro do 2004); o alumno ou alumna que se incorpora ao noso sistema educativo, escolarízase no curso que lle corresponde por súa idade,aínda que, pola información recollida, se presupoña un gran desfase curricular ou non se poida determinar cales son os seus coñecementos porque non fala as nosas linguas. De seguido,e aínda con máis urxencia se o seu nivel curricular é baixo respecto da súa idade, o titor ou titora, en colaboración coa xefe ou xefa do Departamento de orientación, procederá a determinar as súas necesidades educativas, a través da avaliación inicial prevista con carácter xeral para todo o alumnado que se incorpora ao centro. No caso de que o alumnado descoñeza as dúas linguas, buscarase algunha área na que estas non sexan precisas para determinar o seu nivel de coñecementos, como poden ser a área de lingua extranxeira (inglés), ou a área de matemáticas. No caso de apreciar outras necesidades educativas especiais, ademais das asociadas á condición de procedencia estranxeira, o departamento de orientación realizará a avaliación psicopedagóxica pertinente. Cos resultados da avaliación inicial e , se é o caso, da avaliación psicopedagóxica, establecerase cal das medidas de atención específica para o alumnado procedente do estranxeiro, son as máis axeitadas nese caso concreto: - reforzo educativo - adaptacións curriculares - flexibilizacións da idade de escolarización
  • 5. É importante para estes alumnos, lembrar que o criterio de aplicación destas medidas de apoio, sempre que sexan precisas, é desenvolvelas dentro da aula ordinaria para favorecer a integración escolar. Outras medidas, as de tipo organizativo, que teñen o carácter xeral de agrupamentos flexibles e temporais, son específicas para o alumnado procedente do estranxeiro: grupos de adquisición das linguas e grupos de adaptación da competencia curricular (os criterios establecidos poden levarse a cabo aínda que sexan un ou dous alumnos). A finalidade destos grupos é integrar axiña ó alumnado na vida escolar. O establecemento destas medidas terán constancia todo o profesorado implicado na atención do alumno e a Inspección Educativa ( a través da solicitude) 7. ACOLLIDA NA AULA O primeiro día de clase é moi importante para o alumno/a que chega novo. A súa integración depende de cómo sexa acollido. Prepáranse actividades de presentación e coñecemento mutuo para dita acollida, estas poden ser algunhas: ∗ Gran saúdo: Os nenos están dispostos en círculo e de pe. Un participante calquera comeza o xogo dando a volta completa polo interior do círculo, facendo chocar a súa palma contra a palma de cada xogador, pronunciando ó mesmo tempo os seus nomes. Cando acaba a volta colócanse no seu sitio mentres o seguinte compañeiro continúa co gran saúdo. ∗ Frases de benvida: “Estou contenta de que esteas con nós porque….” O novo alumno responde “Ola…..” e expresa no seu idioma o saúdo de benvida. ∗ Presentación das aulas, aseos e patio ( poden acompañarse imaxes da actividade que se realiza en cada unha delas) ∗ Cartel de benvida tamén no idioma do novo compañeiro ∗ Ver e comentar imaxes, dvd relacionadas co país de orixe
  • 6. Adquirir literatura infantil acerca da interculturalidade. Outro aspecto a destacar é a posibilidade de designar un alumno-titor, isto é, durante os primeiros días pode ser de utilidade que se lle asigne un compañeiro/a, ben por sorteo entro os alumnos que o desexen ou ben elixindo a un compañeiro que viva cerca del ou co que teña boa relación fóra do centro. En ocasións pódese nomear algún compañeiro/a que o titor considere que necesita ese protagonismo para aumentar a súa autoestima. Este alumno-titor ten que ser unha persoa comunicativa e acolledora. As súas funcións, entre outras, serían as seguintes:  Facilitar a integración do alumnado de procedencia estranxeira (evitando o seu aillamento)  Presentalo a outros compañeiros, mestres, conserxe…  Axudarlle a entender as tarefas escolares que ten que realizar  Comunicarlle o titor as dificultades que detecte A labor deste alumno-titor deberá ir desaparecendo pouco a pouco a medida que se vaia integrando. 8. O PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE O inicio da súa escolarización valoraranse unha serie de habilidades académicas, facilitando que o alumno poida demostrar aquello que sabe. Si o alumno descoñece as nosas linguas deberanse usar materiais que propoñan actividades que non estean presentadas verbalmente. Durante este proceso é importante concretar as competencias do alumnado en : • Hábitos escolares • Dominio oral he escrito das linguas • Nivel de matemáticas: numeración, cálculo, resolución de problemas… No momento de planificar as aprendizaxes hai que ter en conta aspectos como:  Durante o primeiro curso de estancia na escola o alumno deberá acadar o dominio da lingua
  • 7.  O alumno/a está capacitado para aprender máis contido dos que, en ocasións, nós pensamos e que aprenderá se favorecemos a comunicación e a aprendizaxe con outros  Ter ben definido o seu horario,así como o traballo que se realizará  Hai que preparar unha programación, sobre todo das áreas instrumentais cuns obxectivos concretos, non excesivos, que lle permitan acadar seguridade en si mesmo  Hai que seleccionar os materiais cos que traballará  Facer seguimento da súa evolución. En relación ás modalidades de escolarización, se inclúen ademáis das medidas de atención ó alumnado procedente do estranxeiro e acción titorial, as medidas de atención á diversidade. 9. AVALIACIÓN DO PROGRAMA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO PROCENTE DO ESTRANXEIRO A Comisión de Coordinación Pedagóxica, impulsará a avaliación do Plan e colaborará na difusión desta avaliación a través dos coordinadores de ciclo. ANEXOS Anexo: Modelo de identificación para o alumnado-titor A ALUMNO TITOR Nome: ………………………………………… ………………. Tutela a: ………………………………………… ………… A ALUMNO TITOR Nome: ………………………………………… ………………. Tutela a: ………………………………………… …………