1. TEMA 3
LINGUA E SOCIEDADE
A NOSA LEXISLACIÓN LINGÜÍSTICA 1A NOSA LEXISLACIÓN LINGÜÍSTICA 1
-Tratados internacionais:Tratados internacionais:
-Declaración universal dos dereitos lingüísticos
-Carta Europea das linguas Rexionais e
Maioritarias.
-Lexislación estatal e autonómica:Lexislación estatal e autonómica:
-Constitución Española.
-Estatuto de Autonomía de Galicia.
2. A NOSA LEXISLACIÓN
LINGÜÍSTICA
● A diversidade lingüística resulta en moitos
casos ameazada por distintos factores
externos ás propias linguas,que converten
algunhas destas en dominantes e outras en
minorizadas. De aí que exista toda unha serie
de documentos e leis que intentan protexer e
e promover non só as linguas minorizadas,
senón tamén os seus falantes.
3. Tratados internacionais
-Declaración universal dos dereitos
lingüísticos:
Trátase dun documento asinado pola
UNESCO e por varias organizacións non
gobernamentais en 1996, con fin de promover
e defender os dereitos lingüísticos,
especialmente no caso das linguas
ameazadas.
Esta declaración obtivo o apoio unánime tanto
do Congreso dos Deputados do Estado
Español como do Parlamento de Galicia.
4. Lexislación estatal e autonómica
En España, as linguas diferentes do castelán
só puideron optar a algún tipo de
recoñecemento legal a partir da democracia
(1975). Antes, o seu uso público e formal
estaba prohibido.
A aprobación da Constitución española en
1978 establece o Estado das autonomías
recoñece a diversidade lingüística do Estado
español, considerado así como un Estado
plurinacional e plurilingüe.
5. Constitución Española
Artigo 3
● 1. O castelán é a lingua española oficial do
Estado. Todos os españois teñen o deber de
coñecela e o dereito de usala.
● 2. As outras linguas españolas serán tamén
oficias nas respectivas comunidades
autónomas de acordo co seu estatuto.
● 3. A riqueza das distintas modalidades
lingüísticas de España é un patrimonio
cultural que será obxecto de especial respecto
e protección.
6. Estatuto de Autonomía de Galicia
En Galicia, o Estatuto de Autonomía de
Galicia aprobouse no ano 1981 e a través del
o galego acada o status de lingua propia de
Galicia e de lingua cooficial, xunto co
castelán.
7. Estatuto de Autonomía de GAlicia
Artigo 5Artigo 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais
en Galicia e todos teñen o dereito de os
coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán
8. A Nosa Lexislación Lingüística
A Lei de normalización lingüística:
Todas as comunidades autónomas de España
que recoñecen nos seus estatutos a
cooficialidade das súas linguas propias
aprobaron leis de normalización lingüística
.En Galicia foi aprobada por unanimidade
Parlamento ,en 1983
Os principais obxectivos desta lei
resúmense en dous dos seus artigos:
9. A Lei de normalización lingüística
Art. 2. Os poderes públicos de Galicia
garantirán o uso normal do galego e do
castelán ,linguas oficiais da Comunidade
Autónoma.
Art. 6.4. A Xunta ditará as disposicións
necesarias para a normalización progresiva
do uso do galego.
10. A Lei de normalización lingüística
Art. 2. Os poderes públicos de Galicia
garantirán o uso normal do galego e do
castelán ,linguas oficiais da Comunidade
Autónoma.
Art. 6.4. A Xunta ditará as disposicións
necesarias para a normalización progresiva
do uso do galego.