O XÉNERO LITERARIOÓ igual que en Grecia, distinguían a Historia, como xénero literario (narracion de sucesos reais) das fabulae (narracions fantásticas) Presenta as seguintes características: Patriotismo Compromiso político Intencionalidade moral Retoricismo formal
3.
AUTORES E PERÍODOSOrixes do xénero en Roma: Considérase a Marco Porcio Catón o fundador. Historiografía republicana: Destacan César, Salustio e Nepote. Historiografía durante o Imperio: Os principais autores foron Tito Livio e Tácito. Historiografía tardía: Aurelio Víctor, Eutropio ou Amiano Marcelino
4.
ORIX ES DAHISTORIOGRAFÍA ROMANA Entre os documentos máis antigos, están os oficiais e rexistros públicos: Annales Pontificum ou Annales Maximi. O primeiro autor de Annales de tipo literario foi Quinto Fabio Pictor, que escribiu en grego durante a guerra entre Cartago e Roma. O verdadeiro fundador da historiografía latina foi Marco Porcio Catón, autor de Origines.
5.
CÉSAR (s. Ia.C.) Compuxo dúas obras que constitúen unha inestimable fonte de información para coñecer os acontecementos do período final da república: Guerra das Galias: describe as operacións militares da campaña de conquista dos territorios galos. Guerra civil: conta o seu enfrontamento militar con Pompeio. Nas obras apréciase, aínda que sen chegar a falsear a realidade, unha evidente intencionalidade apoloxética e propagandística da súa figura. Desde o punto de vista estilístico as obras destacan pola pureza, simplicidade e elegancia da lingua latina A súa prosa caracterízase pola claridade sintáctica, ausencia de anomalías gramaticais, un léxico claro con renuncia a sinonimia e a termos arcaicos ou raros.
6.
SALUSTIO E NEPOTE(s. I a.C) Salustio: As súas principais obras son: A conxuración de Carilina: Monografía histórica. Trata do intento frustrado de Catilina de facerse co poder durante o consulado de Cicerón A guerra de Iugurta: Monografía histórica. Aborda a intervencion Romana no reino de Numidia para restablecer a sucesión dinástica lexítima. As historias: Obra que non chegou a terminar na cal narraba importantes sucesos da historia romana (só conservamos fragmentos). Mestre consumado na caracterización psicolóxica e dramática dos persoaxes Caracterízase estilísticamente polo abundante uso de elipse, supresión de redundancia expresiva e emprego de períodos asindéticos, infinitivo histórico e estilo paratáctico. Outros rasgos son o gusto pola variatio. Nepote: De uiris Ilustribus: O primeiro libro biográfico romano no que se recollen vidas de persoaxes famosos de Roma e do estranxeiro.
7.
TITO LIVIO (s.I a.C.-I d.C.) Ab urbe condita libri CXLII , que se distribúe da seguinte forma: 1-15: Contén a lenda da fundación de Roma e os sucesos acontecidos durante o periodo republicano ata o final da incursión dos galos 16-30: Narración das dúas primeiras guerras púnicas 31-45: Narración dos acontecementos ocorridos dende a guerra sas macedonias, ata a batalla de Pidna A súa obra non era nin unha investigación profunda, nin contrastaba os testimoños dos outros autores. Concebía a historia cun profundo amor á patria (patriotismo). É un magnífico exemplo de concepción do xénero historiográfico como opus oratorium (como obra de arte por encima de todo, seguindo os preceptos teóricos de Cicerón).
8.
TÁCITO (s. I-IId.C.) Obras: Agrícola: Biografía enconomiástica do seu sogro Xulio Agricola, un xeral romano. Germania: Monografía de tipo xeográfico e etnográfico sobre os pobos xermanos. Historiae: Crónica da historia de Roma durante a dinastía flavia. Annales: Abarcan desde a morte de Augusto ata a de Nerón A súa obra caracterízase polo pesimismo e falta de confianza na condición humana. Predominio dos personaxes individuais como motores da historia. O seu estilo caracterízase pola breuitas e o gusto pola uariatio (= Salustio).
9.
A HISTORIA AUGUSTASon trinta biografías de distintos emperadores desde a época de Adriano ata a de Diocleciano Historiografía tardía: Epítomes: resumos de obras elaboradas anteriormente. Brevaios: sínteses persoais dun autor a partir de obras anteriores. Amiano Marcelino: Compuxo Res Gestae (fazañas), que abarcaban o período entre 96 e 353 d.C