TEMA 3:A CIDADEMEDIEVAL
NOME E APELIDOS:
Entre os séculos XII e XIV produciuse un renacemento das cidades como
consecuencia das melloras na agricultura, o crecemento da poboación e o
desenvolvemento económico asociado aos fenómenos anteriores.
As cidades foron o centro da produción artesanal e dos intercambios comerciais.
Neste contexto nace unha nova clase social, a burguesía, que gobernará as
cidades. Os monarcas medievais apoiaranos para afianzalo seu poder fronte á
nobreza feudal (recordade que estes nobres eran como pequenos reis nos seus
feudos).
As cidades medran, dótanse de murallas, catedrais, pazos, mercados.....Un novo
estilo artístico adornará os edificios, o GÓTICO.
Entre os séculos XIV e XV unha crise xeneralizada afectará tanto á cidade como o
campo.
A EXPANSIÓN AGRARIA E O CRECEMENTO DEMOGRÁFICO:
1.Que circunstancias fixeron posible o aumento da produción agrícola?
2.Que é a rotación trienal de cultivos? Que vantaxes presenta fronte á rotación bienal?
3.Analiza os datos da seguinte táboa, e explica a evolución da poboación entre o ano
1000 e o 1300
EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN (en millóns de habitantes)
TERRITORIO 500 1000 1300
Francia 5 6 15
Inglaterra 0.3 1.2 4
Imperio 3 4 10
romano
xermánico
4. Establece a relación entre crecemento agrícola e demográfico e revitalización
das cidades
5. Identifica os edificios e espazos típicos da cidade medieval
6. Que actividades se desenvolven na cidade medieval?
7. Describe a casa-obradoiro dun artesán?Como indicaban estes artesáns os
labores que realizaban?
2.
8. Que eranos gremios e como se organizaban?
9. Explica a importancia das feiras
10. Que é a burguesía? De que estamento social formaban parte?
11. Como eran as casas dos burgueses máis acaudalados?
12. Que cambios culturais se orixinaron co rexurdir urbano?
13. Explica como afectou á monarquía o auxe da burguesía
14. Que eran as Cortes ou Parlamentos medievais?
15. Explica cales eran os grandes reinos Europeos a comenzos do s. XIV e explica
os principais conflictos bélicos deste século.
16. Que tres grandes catástrofes desencadearon a profunda crise dos séculos XIV
e XV? Explícaos
17. Como afectou esta crise ao campo e á cidade?
Utiliza os seguintes enlaces para contestar este cuestionario
•A idade media
•A Cidade Medieval
•A cidade medieval 2
•O rexurdir das cidades
•A arquitectura civil medieval