Achégate a 99
XOGO DE DADOS
Individual
Pequeno grupo
Gran grupo
Material: Dado e plantillas do xogo.
Normas: Un/ha xefe/a en cada partida se estamos xogando en gran
grupo, ou por turnos se é un grupo pequeno será quen lanzará o dado.
Faranse 6 tiradas.
En cada tirada cada participante ou equipo escollerá se engade o número
(unidade)  ou a decena correspondente.   Por exemplo, se sacamos un   3
nunha tirada debemos escoller sumar 3 ou sumar 30.
Tras 6 tiradas súmanse as decenas e unidades acadadas.
O obxectivo é achegarse o máis posible a 99 e non pasarse.
Comprobarase se é correcta a suma gañadora.
KW: estratexia, suma, decenas, unidades.
www.afiestradamestra.gal
Facer diana!
INICIACIÓN:
MATERIAL: Diana, proxectís, folla de
puntuación.
NORMAS : Cada participante lanza
tres proxectís por turno.
Suma as 3 puntuacións, se a bola
non se pegua na diana esa tirada
vale 0 puntos.
Se a suma non é correcta hai
segunda oportunidade, se volve ser
incorrecta ese turno é de 0
puntos.
Gana a puntuación máis alta.
AVANZADO:
MATERIAL: Diana, proxectís, folla de
puntuación.
NORMAS: Cada participante lanza tres
proxectís por turno.
Unha das áreas chámase "doble" e multiplica
por 2 o número.
Suma as 3 puntuacións (e multiplicacións), se
a bola non se pegua na diana esa tirada vale 0
puntos. Facer diana vale 25 puntos
Se o resultado non é correcta hai segunda
oportunidade, se volve ser incorrecta ese
turno é de 0 puntos.
Versións: Gana a puntuación máis alta. / Hai
que chegar a 101
Pequeno grupo
(Para incluir "triples"
preguntade)
www.afiestradamestra.gal
Escoba!
SUMA 15
MATERIAL: Cartas 1-10/ Baralla española, papel para puntuación.
NORMAS:
Cada xogador/a recibe 3 cartas ao chou e outras 4 sitúanse cara arriba no centro da mesa.
En cada turno o xogador ao que lle toca intentará formar o número 15 cunha das súas cartas
e outra(s) das que están na mesa.
Se non pode formar 15 de ningunha forma só depositará unha carta no medio.
Se forma 15 levando todas as cartas da mesa fai "escoba" e márcao no seu mazo.
PUNTUACIÓN:
Por cada "escoba" o xogador suma 1 punto.
O que ten máis cartas suma 1 punto.
O que ten máis setes suma 1 punto.
Xogando coa baralla española o que ten máis ouros suma 1 punto (pode facerse con
diamantes/corazóns...)
Xogando coa baralla española o que ten o sete de ouros suma 1 punto (pode facerse con
diamantes/corazóns...)
Pequeno grupo
www.afiestradamestra.gal
20 20
MATERIAL: Baralla española/ Baralla 1-10 e 6 fichiñas por xogador/a ou equipo
(cada xogador ou equipo dunha cor)
NORMAS: Cada xogador/a ou equipo reciben 5 cartas, o resto quedan apartadas
nun mazo cara abaixo.
Por turnos, colocan unha carta cara arriba na mesa, ao lado dalgunha outra.
Pode situala en horizontal ou verticalmente a outra xa posta e tras poñela colle
unha nova carta do mazo, así van creando, por turnos, filas e columnas de cartas
na mesa.
Cando un xogador coloca unha carta, nunha fila ou columna, e logra que esa fila
ou columna sume 20 puntos en total "cerra" fila ou columna poñendo unha das
súas fichiñas a cada extremo da fila/columna (é dicir, hai que poñer dúas fichas).
Gana aquel que consigue colocar as 6 fichas (é dicir, o que consigue cerrar 3 filas
e/ ou columnas).
Pequeno grupo
www.afiestradamestra.gal
Eu   prometo...XOGO DE DADOS
MATERIAL: Dados (2 a 5, máis dados, maior nivel) cubilete, papel de puntuación.
NORMAS:
En cada turno un xogador/a introduce os dados no cubilete e fai unha tirada.
O xogador mira (os demáis non) o total de puntos que sacou na tirada, despois
saca entre 1, 2 ou 3 dados (depende da cantidade coa que xoguen) e manténdoos
na posición que saíron di:
"Eu prometo que en total había... puntos"
(Indicando o número total que saliu na tirada)
O seguinte xogador da rolda debe adiviñar cantos puntos quedan tapados polo
cubilete.
Cada acerto é un punto, se o que fai a tirada falla a conta inicial resta un punto.
www.afiestradamestra.gal
Pequeno grupo

5 xogos para a clase de matemáticas

  • 1.
    Achégate a 99 XOGODE DADOS Individual Pequeno grupo Gran grupo Material: Dado e plantillas do xogo. Normas: Un/ha xefe/a en cada partida se estamos xogando en gran grupo, ou por turnos se é un grupo pequeno será quen lanzará o dado. Faranse 6 tiradas. En cada tirada cada participante ou equipo escollerá se engade o número (unidade)  ou a decena correspondente.   Por exemplo, se sacamos un   3 nunha tirada debemos escoller sumar 3 ou sumar 30. Tras 6 tiradas súmanse as decenas e unidades acadadas. O obxectivo é achegarse o máis posible a 99 e non pasarse. Comprobarase se é correcta a suma gañadora. KW: estratexia, suma, decenas, unidades. www.afiestradamestra.gal
  • 2.
    Facer diana! INICIACIÓN: MATERIAL: Diana,proxectís, folla de puntuación. NORMAS : Cada participante lanza tres proxectís por turno. Suma as 3 puntuacións, se a bola non se pegua na diana esa tirada vale 0 puntos. Se a suma non é correcta hai segunda oportunidade, se volve ser incorrecta ese turno é de 0 puntos. Gana a puntuación máis alta. AVANZADO: MATERIAL: Diana, proxectís, folla de puntuación. NORMAS: Cada participante lanza tres proxectís por turno. Unha das áreas chámase "doble" e multiplica por 2 o número. Suma as 3 puntuacións (e multiplicacións), se a bola non se pegua na diana esa tirada vale 0 puntos. Facer diana vale 25 puntos Se o resultado non é correcta hai segunda oportunidade, se volve ser incorrecta ese turno é de 0 puntos. Versións: Gana a puntuación máis alta. / Hai que chegar a 101 Pequeno grupo (Para incluir "triples" preguntade) www.afiestradamestra.gal
  • 3.
    Escoba! SUMA 15 MATERIAL: Cartas1-10/ Baralla española, papel para puntuación. NORMAS: Cada xogador/a recibe 3 cartas ao chou e outras 4 sitúanse cara arriba no centro da mesa. En cada turno o xogador ao que lle toca intentará formar o número 15 cunha das súas cartas e outra(s) das que están na mesa. Se non pode formar 15 de ningunha forma só depositará unha carta no medio. Se forma 15 levando todas as cartas da mesa fai "escoba" e márcao no seu mazo. PUNTUACIÓN: Por cada "escoba" o xogador suma 1 punto. O que ten máis cartas suma 1 punto. O que ten máis setes suma 1 punto. Xogando coa baralla española o que ten máis ouros suma 1 punto (pode facerse con diamantes/corazóns...) Xogando coa baralla española o que ten o sete de ouros suma 1 punto (pode facerse con diamantes/corazóns...) Pequeno grupo www.afiestradamestra.gal
  • 4.
    20 20 MATERIAL: Barallaespañola/ Baralla 1-10 e 6 fichiñas por xogador/a ou equipo (cada xogador ou equipo dunha cor) NORMAS: Cada xogador/a ou equipo reciben 5 cartas, o resto quedan apartadas nun mazo cara abaixo. Por turnos, colocan unha carta cara arriba na mesa, ao lado dalgunha outra. Pode situala en horizontal ou verticalmente a outra xa posta e tras poñela colle unha nova carta do mazo, así van creando, por turnos, filas e columnas de cartas na mesa. Cando un xogador coloca unha carta, nunha fila ou columna, e logra que esa fila ou columna sume 20 puntos en total "cerra" fila ou columna poñendo unha das súas fichiñas a cada extremo da fila/columna (é dicir, hai que poñer dúas fichas). Gana aquel que consigue colocar as 6 fichas (é dicir, o que consigue cerrar 3 filas e/ ou columnas). Pequeno grupo www.afiestradamestra.gal
  • 5.
    Eu   prometo...XOGODE DADOS MATERIAL: Dados (2 a 5, máis dados, maior nivel) cubilete, papel de puntuación. NORMAS: En cada turno un xogador/a introduce os dados no cubilete e fai unha tirada. O xogador mira (os demáis non) o total de puntos que sacou na tirada, despois saca entre 1, 2 ou 3 dados (depende da cantidade coa que xoguen) e manténdoos na posición que saíron di: "Eu prometo que en total había... puntos" (Indicando o número total que saliu na tirada) O seguinte xogador da rolda debe adiviñar cantos puntos quedan tapados polo cubilete. Cada acerto é un punto, se o que fai a tirada falla a conta inicial resta un punto. www.afiestradamestra.gal Pequeno grupo