1. UGT e CCOO respetan pero discrepan da
negativa da CIG a realizar actos unitarios e
manifestacións conxuntas
Santiago, 13 de marzo de 2012.- UGT-Galicia e CCOO de Galicia respetan pero
discrepan da negativa da CIG diante da proposta que se lles fixo para a
celebración de xeito conxunto e unitario de manifestacións e actos en contra
da Reforma Laboral e contra os recortes nos servizos públicos, que
desembocaran na Folga Xeral o 29 de marzo. UGT e CCOO fixeron esta
proposta entendendo que conseguir a unidade de actuación de todas as
centrais sindicais era o sentir unánime de todos os traballadores e
traballadoras.
CCOO e UGT consideran que nun momento en que os traballadores e a cidadanía
en xeral está sendo obxecto de agresións brutais contra os seus dereitos,
conseguidos despois de moito traballo desde a recuperación da democracia, e de
recortes contra os servizos públicos e todo o que representa o estado de benestar,
era importante que as centrais sindicais de clase traballaran conxuntamente para
darlle resposta a estas agresións.
UGT e CCOO consideran tamén que é moito máis importante a unidade nos
obxectivos que as diferenzas puntuais que se poidan ter coa central nacionalista,
neste senso, máis aló que se realicen manifestacións conxuntas ou por separado,
manifestan a súa vontade de traballar para conseguir o obxectivo común de que a
Folga Xeral do 29 de marzo sexa un exito e sirva para frear a Reforma Laboral e
para evitar que a crise a paguen sempre os máis débiles.
• R/ Miguel Ferro Caaveiro, 12-3º - 15707 SANTIAGO - Tel.: +34 981 577 171 - Fax: +34 981 599 438 - ugt@ugtgalicia.org - www.ugtgalicia.org