1. Preparando o Festival de Nadal
Durante a tarde do xoves 20 de decembro de 2012, despois do fabuloso xantar
de Nadal que nos prepararon na cociña con esmero; unha revolución transformou o
comedor escolar no Salón de Actos do C.P.I. “Virxe da Cela”, onde o día seguinte tería
lugar o Festival de Nadal tan esperado por todos.
Algúns pendentes de ensaiar as súas actuacións, outros ocupados da decoración,
da colocación, da presentación ... Pero con grandes expectativas e frutíferos resultados,
a dilixencia marcou a dinámica das preparacións.
Cun gran esmero e afán de calidade, todo foi coidado e estimado para reafirma-
la calidade dos nosos eventos e para engrandecer a sona da nosa escola. Eran estas as
intencións expresadas por moitas persoas, como no caso de Teresa Losada, profesora
encargada dende xa hai anos das actividades extra escolares e complementarias do
centro.
Ademais, este mesmo día, a felicitación de Nadal coas postais gañadoras do
Concurso de Postais de Nadal aportoulle cor á xornada de véspera do tan agardado
Festival de Nadal 2012.
Monfero, decembro de 2012
REVISTA XESTEIRA 2012/2013
Antonio González López