1. O entroido en Galicia.
Iago Vázquez Cagiao e Martín Cortizas Suárez (1º ESO)
O entroido e unha festa no calendario galego, por iso n época franquista, o entroido prohibiuse,
pero nas aldeas seguíase celebrando.
No entroido galego realízanse desde grandes desfiles nas cidades, hasta as clásicas festas para
os pequenos nas aldeas é pobos mis miúdos de Galicia. Tamén están os sabrosos doces do
entroido coma os freixos e as orellas. Esta festa é moi popular e espero que se siga realizando a
longo dos anos
RECEITA DO ENTROIDO:
FREIXOS:
INGREDIENTES:
-Leite.
-Azucre.
-Ovos.
-Fariña.
-Sal.
-Auga.
-Un anaquiño de touciño para untar a tixola ou a freixoeira.
PREPARACIÓN:
Temos que bater os ovos cun pouquiño de sal e cando estean ben batidos botarémoslle o leite
e mais a auga.
A esta mestura témoslle que ir incorporando pouco a pouco a fariña, hasta que teñamos una
pasta solta. Unha vez que temos a mestura preparada sería mellor que a deixaramos repousar
uns 15 minutos. Pasados os 15 minutos poñémonos mans a obra. Para facer os freixos o mellor
e una freixoeira. Se non tivésemos freixoeira valeríanos una tixola. Poñemos a quentar a
freixoeira, e cando xa este quente untámola ben co touciño para que a masa non se pegue.
Botamos un pouquiño da mestura na freixoeira e removémola con toques lixeiros hasta que
quede ben repartida pola superficie. Cando vexamos que xa está dourado dámoslle a volta e
rematamos de douralo polo outro lado. Cando este feita sacámola.