1. FACENDO XABÓN NO LABORATORIO DE FÍSICA E QUÍMICA
Abordando o tema das reaccións químicas nas clases de Física e Química de
4o da ESO ao final deste pasado 1 o trimestre, os seis alumnos que conformamos o
grupo de F.Q. neste ano académico; dispuxémonos a elaborar unha primeira remesa
de xabón coa profesora María José Fandiño, de CC.NN.
Por tratarse da primeira ocasión, só fixemos unha cantidade para
autoconsumo, debidamente adornada con cores e aromas. Poderedes ver a receita
que nos deu a profesora no blog da Revista Xesteira.
Proximamente, xa con experiencia e se cadra cun chisco de innovación, agora
con fins solidarios; elaboraremos unha segunda remesa de xabóns para vender na
recadación do anual Rastro solidario, en colaboración con Monferosolidario.
Mércores, 26 de decembro de 2012
Antonio González López
REVISTA XESTEIRA 2012-2013