Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
Iii semana do cine
1. “Educando
no cine”
LUCKY LUKE - A BALADA DOS DALTON
LUCKY LUKE - LA BALLADE DES DALTON (1978)
Para vingar ao seu tío e conseguir ser herdeiros da súa
fortuna, os Dalton teñen que matar un Chinés, o director
dun cárcere, un Indio, un doutor, un buscador de ouro, un
xogador profesional, un condutor de locomotora e un
enterrador... Serán quen de facelo?. Porque Lucky Luke está
coa mosca detrás da orella.
PINOCHO 3000
P3K: PINOCCHIO 3000 (2004)
Gepetto é un xenial inventor da cidade de Scamboville no
ano 3000 que crea a Pinocho: un pequeno robot coa
personalidade dun neno de carne e óso. Pinocho está
disposto a calquera cousa para conseguir o seu soño:
converterse nun neno de verdade. Geppetto non comprende
por que o malvado alcalde está tan ciumento del, cando ten
unha filla marabillosa. Pero o nobre Gepetto non comparte
ese sentimento de odio, máis ben compadece do alcalde, o
que fai enfurecer máis aínda a Scamboli.
O LIBRO DA SELVA: RIKKI-TIKKI-TAVI Ó
RESCATE
JUNGLE BOOK: RIKKI-TIKKI-TAVI TO RESCUE
(2007)
Mowgli, un meniño pequeno, é rescatado por unha pantera
de nome Bagheera do feroz tigre Shere Khan, e coidado
polos lobos. Mowgli, con 11 anos, sente que non encaixa en
ningures. É moi humano para vivir na selva e moi
incivilizado para convivir cos veciños humanos ... E non
importa onde vaia, porque Shere Khan está sempre á
espera de atacar.
A TRAVESIA DE POPEYE: A BUSCA DE PAPÁ
POPEYE´S VOYAGE: THE QUEST FOR PAPPY
(2004)
A fita trata sobre a longa viaxe que Popeye emprende na procura do
seu pai desaparecido. Vanlle axudar Olivia, e o seu gran inimigo en
amores, Bruto