SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
LENDA DOS SENTIMENTOS
Conta a lenda que unha vez reuníronse nun lugar da terra todos os
sentimentos e cualidades dos homes.
Cando o ABURRIMIENTO bostezou por terceira vez, a LOUCURA, como
sempre tan tola, propúxolles:
- Xogamos ás agachadas?
A INTRIGA levantou a cara intrigada, e a CURIOSIDADE sen poder
conterse preguntou:
- Ás agachadas? E como é iso?
- É un xogo- explicou a LOUCURA - no que eu tapo a cara e comezo a contar
dende un ata un millón mentres vós vos escondedes e, cando eu remate de
contar, o primeiro ao que encontre, ocupará o meu lugar para continuar o
xogo.
O ENTUSIASMO foi apoiado pola EUFORIA. A ALEGRÍA deu tantos saltos
que rematou por convencer á DÚBIDA, e mesmo á APATÍA a que nunca lle
interesaba nada.
Pero non todos quixeron participar. A SOBERBIA opinou que era un xogo
moi parvo (no fondo, o que lle molestaba era que a idea non fora súa), e a
COVARDÍA preferiu non se arriscar... Un, dous, tres... comenzou a contar a
LOUCURA.
A primeira en esconderse foi a PREGUIZA, que, como sempre, se deixou
caer tras a primeira pedra do camiño.
A ENVEXA escondeuse tras a sombra do TRIUNFO, que co seu propio
esforzo lograra subir á copa da árbore máis alta.
A XENEROSIDADE case non alcanzaba a esconderse; cada sitio que achaba
parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos: que se un lago cristalino?
Ai! É ideal para a BELEZA!; que si a fenda dunha árbore? Perfecto para a
TIMIDEZ!; que se un refacho de vento? Magnífico para a LIBERDADE! Así
que terminou por ocultarse nun raíño de sol, o EGOÍSMO, en cambio,
encontrou un sitio moi bo dende o principio, ventilado, cómodo... iso si, só
para el.
A MENTIRA escondeuse no fondo dos océanos (mentira, en realidade
escondeuse detrás do arco da vella), e o DESEXO no centro dos volcáns, o
ESQUECEMENTO... esquecéuseme onde se escondeu!... pero non é o
importante.
Cando a LOUCURA contaba 999999 o AMOR aínda non encontrara sitio para
esconderse, pois todo se encontraba ocupado, ata que divisou unha roseira
e, conmovido decidiu esconderse entre as súas flores.
-¡Un millón!- contou a LOUCURA e comezou a buscar.
A primeira en aparecer foi a PREGUIZA, só a tres pasos da pedra. Despois
o DESEXO que o sentiu no vibrar dos volcáns.
Nun descoido encontrou a ENVEXA, e claro, puido deducir onde estaba o
TRIUNFO. Ao EGOÍSMO non tivo nin que buscalo; el soíño saíu desesperado
do seu escondedoiro que resultara ser un niño de avespas.
De tanto camiñar sentiu sede e ao achegarse ao lago descubriu a BELEZA. E
coa DÚBIDA resultou máis doado aínda, pois a encontrou sentada sobre
unha cerca sen decidir aínda en que lado esconderse. Así foi atopando a
todos: o TALENTO entre a herba fresca, a ANGUSTIA nunha oscura cova,
a MENTIRA detrás do arco da vella. (mentira, si ela estaba no fondo do
océano!), e ata o ESQUECEMENTO, ao que xa se lle esquecera que estaba a
xogar ao escondedoiro.
Pero só o AMOR non aparecía por ningún sitio.
A LOUCURA buscou detrás de cada árbore, baixo cada regato do planeta,
no cume das montañas e, cando estaba a punto de darse por vencida, divisou
unha roseira e as rosas... E tomou unha forquita e comezou a mover as
ramas, cando de pronto un doloroso berro se escoitou. As espiñas feriran
nos ollos ao AMOR, a LOUCURA non sabía que facer para desculparse;
chorou, pregou, implorou, pediu perdón, e ata prometeu ser o seu guía.
Dende entón, dende que por primeira vez se xogou ao escondedoiro na
terra,
O AMOR É CEGO
E A LOUCURA SEMPRE, SEMPRE O ACOMPAÑA.
1. Facemos fotos coas caras de cada un dos sentimentos.
2. Decimos cales son positivos e cales negativos.
3. Debuxamos o sentimento e dicimos o que é, a que podería saber e o
porqué e a que podería ulir e o porqué.
4. Sentimentos que aparecen na lenda: aburrimento, loucura, intriga-
curiosidade, entusiasmo – euforia - alegría, dúbida, apatía, soberbia,
desexo, cobardía, preguiza, envexa, triunfo, xenerosidade, timidez,
liberdade, egoísmo, mentira, angustia.
5. Falamos do amor e xa poñemos o de e ti que levas no corazón?
6. Avaliación. Que che pareceu esta actividade? Para que pensas que é
beneficiosa? Cres que che vai servir de algo? Para que?
NOME DO SENTIMENTO:
DEBUXO:
Escribe unha situación no que o sentiras:
É positivo ou negativo?
A que ule? Por que?
A que sabe? Por que?

More Related Content

Viewers also liked (9)

Awareness scale of hiv transmission
Awareness scale of hiv transmissionAwareness scale of hiv transmission
Awareness scale of hiv transmission
 
Cenario
CenarioCenario
Cenario
 
대신리포트_모닝미팅130902
대신리포트_모닝미팅130902대신리포트_모닝미팅130902
대신리포트_모닝미팅130902
 
New Features In Dojo 1.4
New Features In Dojo 1.4New Features In Dojo 1.4
New Features In Dojo 1.4
 
04주차 ddl- table을 만들자-2
04주차 ddl- table을 만들자-204주차 ddl- table을 만들자-2
04주차 ddl- table을 만들자-2
 
Projeto pibid
Projeto pibidProjeto pibid
Projeto pibid
 
Nijmegen republiek ww2 engelsen
Nijmegen republiek ww2 engelsenNijmegen republiek ww2 engelsen
Nijmegen republiek ww2 engelsen
 
Empresas evasoras de impuestos
Empresas evasoras de impuestosEmpresas evasoras de impuestos
Empresas evasoras de impuestos
 
Bones pràctiques als mitjans generalistes digitals
Bones pràctiques als mitjans generalistes digitalsBones pràctiques als mitjans generalistes digitals
Bones pràctiques als mitjans generalistes digitals
 

More from Patricia Pena Barbeito (20)

Guía lectura nadal
Guía lectura nadalGuía lectura nadal
Guía lectura nadal
 
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarGuía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
 
Saisa ensínanos
Saisa ensínanosSaisa ensínanos
Saisa ensínanos
 
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXESSAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES
 
FICHAS MÚSICA E BIBLIO
FICHAS MÚSICA E BIBLIOFICHAS MÚSICA E BIBLIO
FICHAS MÚSICA E BIBLIO
 
Tertulias de cine
Tertulias de cineTertulias de cine
Tertulias de cine
 
Inteligencia emocional
Inteligencia emocionalInteligencia emocional
Inteligencia emocional
 
Proba
ProbaProba
Proba
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
 
Taller de bandeiras
Taller de bandeirasTaller de bandeiras
Taller de bandeiras
 
O fútbol e as mates
O fútbol e as matesO fútbol e as mates
O fútbol e as mates
 
Plantillas para crear contos
Plantillas para crear contosPlantillas para crear contos
Plantillas para crear contos
 
Solsticio de inverno
Solsticio de invernoSolsticio de inverno
Solsticio de inverno
 
RECEITAS DO OUTONO
RECEITAS DO OUTONORECEITAS DO OUTONO
RECEITAS DO OUTONO
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
 
Resultados das enquisas
Resultados das enquisasResultados das enquisas
Resultados das enquisas
 
Historia do deporte
Historia do deporteHistoria do deporte
Historia do deporte
 
CARTA SAISA
CARTA SAISACARTA SAISA
CARTA SAISA
 
Díptico biblio
Díptico biblioDíptico biblio
Díptico biblio
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 

Lenda dos sentimentos

  • 1. LENDA DOS SENTIMENTOS Conta a lenda que unha vez reuníronse nun lugar da terra todos os sentimentos e cualidades dos homes. Cando o ABURRIMIENTO bostezou por terceira vez, a LOUCURA, como sempre tan tola, propúxolles: - Xogamos ás agachadas? A INTRIGA levantou a cara intrigada, e a CURIOSIDADE sen poder conterse preguntou: - Ás agachadas? E como é iso? - É un xogo- explicou a LOUCURA - no que eu tapo a cara e comezo a contar dende un ata un millón mentres vós vos escondedes e, cando eu remate de contar, o primeiro ao que encontre, ocupará o meu lugar para continuar o xogo. O ENTUSIASMO foi apoiado pola EUFORIA. A ALEGRÍA deu tantos saltos que rematou por convencer á DÚBIDA, e mesmo á APATÍA a que nunca lle interesaba nada. Pero non todos quixeron participar. A SOBERBIA opinou que era un xogo moi parvo (no fondo, o que lle molestaba era que a idea non fora súa), e a COVARDÍA preferiu non se arriscar... Un, dous, tres... comenzou a contar a LOUCURA. A primeira en esconderse foi a PREGUIZA, que, como sempre, se deixou caer tras a primeira pedra do camiño. A ENVEXA escondeuse tras a sombra do TRIUNFO, que co seu propio esforzo lograra subir á copa da árbore máis alta. A XENEROSIDADE case non alcanzaba a esconderse; cada sitio que achaba parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos: que se un lago cristalino? Ai! É ideal para a BELEZA!; que si a fenda dunha árbore? Perfecto para a TIMIDEZ!; que se un refacho de vento? Magnífico para a LIBERDADE! Así que terminou por ocultarse nun raíño de sol, o EGOÍSMO, en cambio, encontrou un sitio moi bo dende o principio, ventilado, cómodo... iso si, só para el.
  • 2. A MENTIRA escondeuse no fondo dos océanos (mentira, en realidade escondeuse detrás do arco da vella), e o DESEXO no centro dos volcáns, o ESQUECEMENTO... esquecéuseme onde se escondeu!... pero non é o importante. Cando a LOUCURA contaba 999999 o AMOR aínda non encontrara sitio para esconderse, pois todo se encontraba ocupado, ata que divisou unha roseira e, conmovido decidiu esconderse entre as súas flores. -¡Un millón!- contou a LOUCURA e comezou a buscar. A primeira en aparecer foi a PREGUIZA, só a tres pasos da pedra. Despois o DESEXO que o sentiu no vibrar dos volcáns. Nun descoido encontrou a ENVEXA, e claro, puido deducir onde estaba o TRIUNFO. Ao EGOÍSMO non tivo nin que buscalo; el soíño saíu desesperado do seu escondedoiro que resultara ser un niño de avespas. De tanto camiñar sentiu sede e ao achegarse ao lago descubriu a BELEZA. E coa DÚBIDA resultou máis doado aínda, pois a encontrou sentada sobre unha cerca sen decidir aínda en que lado esconderse. Así foi atopando a todos: o TALENTO entre a herba fresca, a ANGUSTIA nunha oscura cova, a MENTIRA detrás do arco da vella. (mentira, si ela estaba no fondo do océano!), e ata o ESQUECEMENTO, ao que xa se lle esquecera que estaba a xogar ao escondedoiro. Pero só o AMOR non aparecía por ningún sitio. A LOUCURA buscou detrás de cada árbore, baixo cada regato do planeta, no cume das montañas e, cando estaba a punto de darse por vencida, divisou unha roseira e as rosas... E tomou unha forquita e comezou a mover as ramas, cando de pronto un doloroso berro se escoitou. As espiñas feriran nos ollos ao AMOR, a LOUCURA non sabía que facer para desculparse; chorou, pregou, implorou, pediu perdón, e ata prometeu ser o seu guía. Dende entón, dende que por primeira vez se xogou ao escondedoiro na terra, O AMOR É CEGO E A LOUCURA SEMPRE, SEMPRE O ACOMPAÑA.
  • 3. 1. Facemos fotos coas caras de cada un dos sentimentos. 2. Decimos cales son positivos e cales negativos. 3. Debuxamos o sentimento e dicimos o que é, a que podería saber e o porqué e a que podería ulir e o porqué. 4. Sentimentos que aparecen na lenda: aburrimento, loucura, intriga- curiosidade, entusiasmo – euforia - alegría, dúbida, apatía, soberbia, desexo, cobardía, preguiza, envexa, triunfo, xenerosidade, timidez, liberdade, egoísmo, mentira, angustia. 5. Falamos do amor e xa poñemos o de e ti que levas no corazón? 6. Avaliación. Que che pareceu esta actividade? Para que pensas que é beneficiosa? Cres que che vai servir de algo? Para que?
  • 4. NOME DO SENTIMENTO: DEBUXO: Escribe unha situación no que o sentiras: É positivo ou negativo? A que ule? Por que? A que sabe? Por que?