1. Federación de Comercio Hostalería e Turismo
fecohtgalicia.blogspot.com
3º COMUNICADO
NEGOCIACIÓN CONVENIO HOSTALERÍA DE PONTEVEDRA
Reunión do día 28 de febreiro de 2012
Como xa anunciamos no comunicado anterior, preparamos unha proposta na que
adaptamos noso plantexamento inicial á situación actual.
Esta proposta consta basicamente e como cuestións principais do seguinte:
• Vixencia de tres anos, 2011, 2012 e 2013.
• Incremento salarial de 35 € lineais cada un dos anos, coa correspondente
revisión salarial que será repartida linealmente.
• Cláusula de descolgue salarial que garante que só poida ser utilizada por
aquelas empresas que realmente o necesiten.
• Regulación da distribución da xornada irregular establecida legalmente,
establecéndoa no 3%.
• Xornada anual de 1780 horas con dous días de descanso consecutivos,
15 minutos de descanso nas xornadas continuadas como tempo efectivo,
descanso dun fin de semana ao mes, como mínimo, e obrigatoriedade de
confeccionar o calendario laboral.
• Garantía de emprego fixo do 80%.
• A nosa proposta inicial sobre regulación de categorías profesionais máis a
creación dun plus para camareiras de pisos con outras funcións ademais da
limpeza de cuartos.
• Establecer protocolo de actuación nos casos de violencia de xénero.
Tras facer esta proposta e as outras centrais sindicais presentar a súa, quedamos
emprazados para unha próxima reunión o martes 13 de marzo na que a parte
empresarial comprometeuse a traer unha resposta.