1. BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA DE ENTROIDO
1. Obxecto.
A Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio convoca un concurso de fotografía de
Entroido para premiar os mellores disfraces.
A participación no seguinte concurso presupón:
• A aceptación íntegra de tódalas cláusulas contidas nestas bases
• A autorización , por parte do autor/es e protagonistas das fotos para publicalas
na páxina web do Concello de Sada ou nos medios que considere oportunos.
2. Duración e ámbito
Entrarán en concurso as fotos recibidas desde o 20 de febreiro até o 31 de marzo do
2012, ámbos inclusive.
Debe entregarse de forma conxunta:
• 1 fotografía realizada no Entroido 2012 en Sada
• 1 fotografía realizada nalgún Entroido en Sada cunha antigüidade mínima de 5
anos (non é necesario que sexan os mesmos protagonistas)
• Datos persoais do autor/a das fotografías que concursa: nome e apelidos,
enderezo, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico.
• Título das fotografías e pequena descrición das mesmas
A entrega das fotos poderá facerse :
• Persoalmente na Oficina Municipal de Información Xuvenil
• Por correo ordinario indicando no sobre “Concurso de fotografía de Entroido” e
enviado ao enderezo:
Oficina Municipal de Información Xuvenil
Avda. da Mariña s/n
15160 Sada
A Coruña
• A través do correo electrónico escanenando as fotografías e enviándoas a
omixsada@gmail.com xunto cos datos persoais requeridos.
As fotografías deben cumplir os seguintes requisitos:
• Fotografía orixinal e non publicada anteriormente noutros medios.
• En formato JPEG e non debe superar os 2 MB (se se envía a través do correo
electrónico)
3. Xurado, selección dos gañadores e verificación
2. • Composición do xurado: está integrado por persoal do Concello de Sada
• Selección do gañador/a: o xurado seleccionará, con arreglo aos criterios de
orixinalidade dos disfraces e nº de persoas que conforman a fotografía un
gañador/a absoluto.
• Unha vez que se cumpla a data de recepción de fotografías, nun prazo máximo
de 15 días, farase pública a decisión do xurado e contactarase telefónicamente co
autor/a das fotografías gañadoras, publicando o resultado na páxina web
www.concellodesada.com
4. PREMIO
O gañador/a absoluto/a recibirá un diploma acreditativo do Concello de Sada.
O premio para as fotografías gañadoras serán 150 “saditas” (equivalente a 150€), que é
moeda de compra local que só pode gastarse nos establecementos sadenses adheridos a
través da Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas. Ademáis disto, á compra
con “saditas” implica beneficiarse dun desconto do 20% nos artigos elexidos.
As condicións de compra e listaxe de establecementos comunicarase ao gañador/a
posteriormente.