2. INTRODUCCIÓN
• As primeiras formas de vida que apareceron no noso planeta foron
bacterias acuáticas fotosintéticas que proporcionaron o osíxeno
preciso para que se desenvolvesen outras formas de vida, que
xorden a partir da unión e evolución de estas bacterias primitivas.
• Neste planeta primitivo as únicas formas de vida desenvolvéronse
no medio acuático, pero…
Cómo serían estes océanos primitivos?
Qué tipos de seres vivos habitarían neles?
Serían parecidos ós actuais?
Algúns destes seres permanece vivo na actualidade?
• Estas e outras preguntas serán as que tratemos de dar resposta
neste traballo.
3. TAREFA
• O voso traballo consiste en informaros sobre as formas de vida nos océanos
primitivos. Teredes que realizar unha presentación, usando Impress, que
despois teredes que expoñer ante os vosos compañeiros (nuns 10 min).
Intentade que a presentación sexa atractiva, con abundantes imaxes e pouco
texto por diapositiva.
• Na presentación deberedes responder ás seguintes cuestións:
- Cando comezou a aparecer unha gran diversidade nos océanos? Qué
organismos foron os primeiros en aparecer, antecedentes desta
diversidade? Eran uni ou pluricelulares?
- Qué clases de organismos se atopaban nestes océanos primitivos? Pon
exemplos concretos. Eran as mesmas especies que as actuais?
- Explicade cómo eran e cómo vivían os Trilobites, as hallucigenias e as
anomalocaris (“gamba extraña”). Estas especies seguen a existir?
- Nos océanos máis primitivos existían vertebrados? Cáles se consideran
que son os seus antepasados? Comenta o que saibas deles.
- En que orde se pensa que apareceron as distintas clases de
vertebrados?
4. RECURSOS
A información que precisades para levar a cabo a tarefa a podedes obter nos
seguintes recursos:
• Tema 6 do libro de texto (páx. 91)
• Vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=bsU-9VCsQKA ( a partir min 6:06)
Si tenéis problemas con la conexión y tarda en cargar, pedir el vídeo a la
profesora.
• Trilobites:http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ies_torre_del_aguila/DIN
O/trilobites.htm
• Halucigenia:http://www.proyectoazul.com/2009/10/comienzos-de-la-vida-
quien-era-halucigenia/
• Anomalocaris:http://cmcaricel2011.blogspot.com.es/2011/12/primeros-
fosiles-anomalocaris.html
• Piakia:http://colectivosalas.blogspot.com.es/2012/03/el-antiguo-cordado-
precursor-de-los.html