1. USOS E VALORES ESPECIAIS
Demostrativo
-Daquela: Adverbio de tempo= “naquela época”, “naquel tempo”
Conxunción consecutiva= “polo tanto”, “así pois”
-Por iso, por esas, iso si, iso xa, esto é... Expresións ou frases feitas con demostrativos.
-Ese: Acompañando ou substituíndo un nome, especialmente de persoa= sentido despectivo
(sobre todo se vai posposto).
-Aquel, aquela: Úsanse como substantivos, cun significado non definido -dependendo do
contexto- a modo de comodíns.
-Aquelar, aqueloutrar(se): verbos
-Nisto, nestas, con estas: Adverbio de tempo=”nese momento”, “entón”.
-Eso, iso: pode expresar desinterese ou indiferencia.
Posesivo
-Os meus, os teus... = a miña, a túa... familia
-Valor aproximativo usado con numerais “Pepe pesará os seus sesenta quilos”
-Acción habitual: “non se deita sen tomar o seu vaso de leite”.
-Pola súa propia natureza: “a mazá caeu de seu”
-O que é propio ou natural de alguén: “o neno é intelixente de seu”
-O que lle corresponde a alguén: “ el xa fixo o seu, agora tócamos a nós continuar o traballo”
-Cadanseu-s, cadansúa-s, = posesivo distributivo, concorda sempre co obxecto posuído: “ian
cinco nenas con cadansúa flor”.
-Propiedade exclusiva: de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu.