SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
O MEU SILLÓN ( I )

      Temos un sillón na casa que é unha marabilla. Foi un
capricho meu. A muller non quería mercalo porque era moi
caro, pero insistín e insistín ata que se deu por vencida.

      É un sillón de coiro negro. Moi cómodo. Xiratorio. Dáslle
a unha panca lateral e agochada e érguese un dispositivo que che
permite ter os pés en alto. Ademais, empurrando cara atrás,
reclinas o respaldo. Ideal para ver a tele ou botar a siesta.

    Pois ben, teño un desgusto moi grande co meu sillón:
¡Comeume o mando do decodificador! O que vos digo.

     Fora eu pola mañá a axudar ao meu amigo Antonio a
arrumbar un camión de leña para o inverno e voltei moi canso.
Chegaría a casa a iso das dúas da tarde. Ducheime, xantei e,
derreado como estaba, ¿a onde fun? Xa o imaxinades.

     Aínda vin rematar a etapa do Tour dese día. Foi cando
gañara un paisano noso, Marcos Serrano. Aguantei
perfectamente ata o final da etapa. ¡Non era para menos!

     Estou seguro de que, estricado no sillón, tiña os dous
mandos: o da tele e o do deco (por aquilo de cambiar a
Eurosport cando había anuncios). Despois durmín.

     Espertei ás sete, máis ou menos, e ao principio non me din
de conta, pero logo quixen cambiar o canal no deco e ... ¿Onde
estaba o mando?

     Buscamos todos por toda a casa. Ata no lixo.
Preguntarédesvos se miramos no sillón. ¡Pois claro! Movémolo
para todos os lados, metemos as mans por currunchos
imposibles..., pero do mando nin rastro. E, porén, eu estou
seguro de que está agochado nalgún sitio do seu inmenso fol
negro. Non pode ser doutra maneira.

More Related Content

Viewers also liked (20)

Collage
CollageCollage
Collage
 
Eli Manning On Cover Of Mens Vogue
Eli Manning On Cover Of Mens VogueEli Manning On Cover Of Mens Vogue
Eli Manning On Cover Of Mens Vogue
 
Health And Environment Tel Aviv
Health And Environment Tel AvivHealth And Environment Tel Aviv
Health And Environment Tel Aviv
 
Juneyg[1] 1
Juneyg[1] 1Juneyg[1] 1
Juneyg[1] 1
 
Erectile Dysfunction
Erectile DysfunctionErectile Dysfunction
Erectile Dysfunction
 
Ernie Laparoceli1
Ernie   Laparoceli1Ernie   Laparoceli1
Ernie Laparoceli1
 
Personal altamente efectivo
Personal altamente efectivoPersonal altamente efectivo
Personal altamente efectivo
 
Copy Of Verdsmpls
Copy Of VerdsmplsCopy Of Verdsmpls
Copy Of Verdsmpls
 
Suede dots
Suede dotsSuede dots
Suede dots
 
Path To The Art
Path To The ArtPath To The Art
Path To The Art
 
La computadora-Yanina Bamberg
La computadora-Yanina BambergLa computadora-Yanina Bamberg
La computadora-Yanina Bamberg
 
3 BäCkerei Rm
3 BäCkerei Rm3 BäCkerei Rm
3 BäCkerei Rm
 
C Ambridge
C AmbridgeC Ambridge
C Ambridge
 
Chillona
ChillonaChillona
Chillona
 
Power Point 1
Power Point 1Power Point 1
Power Point 1
 
Sdsadsadsadsa
SdsadsadsadsaSdsadsadsadsa
Sdsadsadsadsa
 
01 09 sport life
01 09 sport life01 09 sport life
01 09 sport life
 
Pdf Prueba
Pdf PruebaPdf Prueba
Pdf Prueba
 
Collateral Toolkits
Collateral ToolkitsCollateral Toolkits
Collateral Toolkits
 
MCW7 07
MCW7 07MCW7 07
MCW7 07
 

More from iespobra

O Contrato De Traballo
O Contrato De TraballoO Contrato De Traballo
O Contrato De Traballoiespobra
 
Determinantes
DeterminantesDeterminantes
Determinantesiespobra
 
O Contrato De Traballo
O Contrato De TraballoO Contrato De Traballo
O Contrato De Traballoiespobra
 

More from iespobra (8)

Proba8
Proba8Proba8
Proba8
 
Proba8
Proba8Proba8
Proba8
 
O Contrato De Traballo
O Contrato De TraballoO Contrato De Traballo
O Contrato De Traballo
 
Determinantes
DeterminantesDeterminantes
Determinantes
 
Proba8
Proba8Proba8
Proba8
 
Proba
ProbaProba
Proba
 
Proba8
Proba8Proba8
Proba8
 
O Contrato De Traballo
O Contrato De TraballoO Contrato De Traballo
O Contrato De Traballo
 

SillóN 1

  • 1. O MEU SILLÓN ( I ) Temos un sillón na casa que é unha marabilla. Foi un capricho meu. A muller non quería mercalo porque era moi caro, pero insistín e insistín ata que se deu por vencida. É un sillón de coiro negro. Moi cómodo. Xiratorio. Dáslle a unha panca lateral e agochada e érguese un dispositivo que che permite ter os pés en alto. Ademais, empurrando cara atrás, reclinas o respaldo. Ideal para ver a tele ou botar a siesta. Pois ben, teño un desgusto moi grande co meu sillón: ¡Comeume o mando do decodificador! O que vos digo. Fora eu pola mañá a axudar ao meu amigo Antonio a arrumbar un camión de leña para o inverno e voltei moi canso. Chegaría a casa a iso das dúas da tarde. Ducheime, xantei e, derreado como estaba, ¿a onde fun? Xa o imaxinades. Aínda vin rematar a etapa do Tour dese día. Foi cando gañara un paisano noso, Marcos Serrano. Aguantei perfectamente ata o final da etapa. ¡Non era para menos! Estou seguro de que, estricado no sillón, tiña os dous mandos: o da tele e o do deco (por aquilo de cambiar a Eurosport cando había anuncios). Despois durmín. Espertei ás sete, máis ou menos, e ao principio non me din de conta, pero logo quixen cambiar o canal no deco e ... ¿Onde estaba o mando? Buscamos todos por toda a casa. Ata no lixo. Preguntarédesvos se miramos no sillón. ¡Pois claro! Movémolo para todos os lados, metemos as mans por currunchos imposibles..., pero do mando nin rastro. E, porén, eu estou seguro de que está agochado nalgún sitio do seu inmenso fol negro. Non pode ser doutra maneira.