SlideShare a Scribd company logo
1 of 18
Download to read offline
ROBERTO
VIDAL BOLAÑO
Contenido
Premios Gañados.....................................................................................................................................3
Índice........................................................................................................................................................4
Traxectoria ...............................................................................................................................................5
Representacións.......................................................................................................................................6
Teatro.......................................................................................................................................................7
Audiovisual...............................................................................................................................................8
Obra .........................................................................................................................................................9
Teatro...................................................................................................................................................9
Ensaio................................................................................................................................................10
Colectivas...........................................................................................................................................10
Premios e recoñecementos....................................................................................................................11
Galería de imaxes ..................................................................................................................................12
Notas......................................................................................................................................................14
Bibliografía .............................................................................................................................................15
Outros artigos.........................................................................................................................................16
Ligazóns externas ..................................................................................................................................17
Roberto Vidal Bolaño
Nacemento 31 de xullo de 1950 - Santiago de Compostela
Falecemento 11 de setembro de 2002
Profesión dramaturgo
Cónxuxe(s) Laura Ponte Santasmarinas, Belén Quintáns López
Fillo(s) Roi Vidal Ponte, Carme Vidal Quintáns
Premios Gañados
Roberto Vidal Bolaño, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma
cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia
profesional en Galicia. En 2013 adicaráselle o Día das Letras Galegas.[1]
Índice
 1 Traxectoria
 2 Representacións
o 2.1 Teatro
o 2.2 Audiovisual
 3 Obra
o 3.1 Teatro
o 3.2 Ensaio
o 3.3 Colectivas
 4 Premios e recoñecementos
 5 Galería de imaxes
 6 Notas
 7 Véxase tamén
o 7.1 Bibliografía
o 7.2 Outros artigos
o 7.3 Ligazóns externas
Traxectoria
Empregado de banca, en 1974 fundou xunto a Laura Ponte Santasmarinas, actriz galega nada en Buenos
Aires, o Grupo de Teatro Antroido. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia
(1973-1980), onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo, isto último co pseudónimo de Julia
Brens.
Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, viuse na obriga de converter o Grupo
Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do
teatro institucional, levando ao taboado co Centro Dramático Galego en 1984 a obra da súa autoría
Agasallo de sombras. No ano 2001, representou, tamén co Centro Dramático Galego, a Rosalía que
Ramón Otero Pedrayo escribira en 1958.
Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para Televisión de Galicia e a Televisión
Española, con traballos como Malos tratos, Novo de Parmiude ou Morosos varios. Tamén levou á pantalla
relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco
Amor (O Noxo).
Participou como actor en películas como Sempre Xonxa (mestre) ou A lingua das bolboretas, e series
televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias.
En 1991 creou a compañía Teatro do aquí, que dirixiu ata o seu pasamento.
Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable,
persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo
e sen embargo por iso máis grandiosas.
Vidal Bolaño.
Faleceu de cancro de pulmón tras dous anos de enfermidade.[2]
Representacións
Vidal Bolaño destacou como actor, director, escenógrafo e iluminador. Entre outras,
podemos citar:
 Bailadela da morte ditosa (1980)
 A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello)
 Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985)
 Caprice des Dieux (1985)
 Anxeliños. Comedia Satánica (1996)
 La Lengua de las Mariposas (1999)
 Mar Revolto (2001)
 Agasallo de Sombras (1992)
 Días sen Gloria (1992)
 Saxo Tenor (1993)
 As Actas Escuras (1994)
 Rastros (1998)
 O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar
Teatro
Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes
Neste apartado: Transformar a relación en redacción.
Aviso: os artigos que inclúan este marcador clasifícanse na Categoría:Artigos tarefas pendentes.
 Laudamuco, señor de Ningures (1976)[3]
Presentación dunha representación de Bailadela da morte ditosa en Ribeira.
 Bailadela da morte ditosa (1980)
 A casa dos afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello)
 Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985)
 Caprice des Dieux (1985)
 Anxeliños. Comedia satánica (1996)
 Mar revolto (2001)
Audiovisual
Ano Título Papel Notas
1987 Novo de Parmuíde Telefilme. Director
1989 Os outros feirantes Serie de televisión
1989 Sempre Xonxa D. Xosé Luís Filme
1990 Morosos Director
1991 O resplandor da morte Curtametraxe
1991 Memorias dun parado Curtametraxe
1992 Un café de ollos verdes Telefilme
1997 A noiva de medianoite Pedro Filme
1999 A lingua das bolboretas Boal Filme
1999 Amor Serrano Amadeo Curtametraxe
2000 Un mundo de historias Serie de televisión. Tamén guionista
Obra
A obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Tal vez
influído por Ramón Otero Pedrayo, defende unha certa recuperación do popular. Cultivou igualmente,
como Otero, o teatro histórico, arredor da figura de Rosalía de Castro, obras que constitúen verdadeiros
ensaios sobre a vida e obra da nosa poeta máis universal. Porén, unha das súas maiores influencias foi o
teatro de Ramón María del Valle-Inclán, a quen menciona varias veces ao longo da súa obra.
As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo e
expresionismo. Nas súas pezas cóidase o diálogo co público.
Teatro
Se algún dos membros das Irmandades da Fala coñecese hoxe a situación do teatro galego,
podería chegar ao orgasmo. Porqué están satisfeitas, en moitos aspectos con creces, as cousas que
eles soñaban.
—Entrevista[1] na Televisión de Galicia.
 Laudamuco, señor de Ningures (1976, Pico Sacro) ISBN 978-84-85170-16-6.
 Bailadela da morte ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco) ISBN 84-86021-97-9.
 Agasallo de sombras (1992, El Correo Gallego) ISBN 978-84-85553-97-6.
 Cochos (1992, Sotelo Blanco) ISBN 978-84-7824-071-5.[4]
 Días sen gloria (1992, Deputación da Coruña) ISBN 978-84-86040-63-5.
 Saxo tenor (1993, Xerais) ISBN 978-84-7507-715-4.
 As actas escuras (1994).[5]
 Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa) (1996,
AS-PG) ISBN 84-921126-0-3.
 Doentes (1998, Deputación da Coruña, levada ao cinema en 2011 co título homónimo de
Doentes).
 A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados
(1998, Xerais) ISBN 84-8302-277-X.
 Rastros (1998, Positivas) ISBN 978-84-87783-50-0.[6]
 O día que os chífanos deixaron de zoar.
 A burla do galo (2000, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-2735-7.[7]
 Mar revolto (2001, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-3079-1.
 Integral (2003, Embora) ISBN 978-84-95460-23-3.
Ensaio
 Perspectivas do teatro galego actual (2002).[8]
Colectivas
 O circo de medianoite; Maremia; Actas escuras, con M. Lourenzo e E. Ruibal (1998) ISBN 84-
89679-50-9.
 Daquel abrente, con Francisco Taxes (2003, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-3503-1.
 Animaliños, con Luís Alonso Girgado (2003, Follas Novas) ISBN 978-84-85385-77-5.
Premios e recoñecementos
Placa de rúa adicada en Santiago.
 Abrente (1976), con Laudamuco señor de Ningures.
 O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou
trocar en rato pequeno o meirande xigantón.
 Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de mortos e ausentes).
 O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das papas e do unto.
 Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.
 Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos
de Xosé Luís Méndez Ferrín.
 Premio Álvaro Cunqueiro.
 Premio Xacobeo (1992).
 Premios Rafael Dieste 1992 e 1997 da Deputación da Coruña.
 Premio María Casares da AAAG en catro ocasións (1998, 1999, 2001 e 2003).[9]
Méndez Ferrín anuncia que Vidal Bolaño será o homenaxeado en 2013; Euloxio Ruibal e Margarita Ledo
explican os motivos.
 Premio Eixo Atlántico.
 Premio Maruxa Villanueva (2001) do concello de Padrón.[10]
 Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto de teatro en lingua galega pola súa obra Criaturas).
 Rúas en Santiago de Compostela e Perillo, Oleiros, levan o seu nome.
 Día das Letras Galegas 2013.
Galería de imaxes
Artigo principal: Galería de imaxes de Roberto Vidal Bolaño.
Notas
Fernández Castro co seu libro A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño.
1. ↑ Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, Real Academia Galega, 23/06/12.
2. ↑ A morte de Vidal Bolaño priva a Galicia do seu maior dramaturgo, La Voz de Galicia o
11/09/2002.
3. ↑ Cartel de Laudamuco, señor de Ningures
4. ↑ María Liñeira, Pigging in Germany: Emigration and Gendered Subalternity in Roberto
Vidal Bolaño’s Cochos (en inglés).
5. ↑ Dossier de prensa e caderno pedagóxico, Centro Dramático Galego.
6. ↑ Fragmento lido por Camilo Franco.
7. ↑ Fragmento na Biblioteca Virtual Galega.
8. ↑ Perspectivas do teatro galego actual (texto íntegro).
9. ↑ Relación de premiados na páxina de Asociación de actores e actrices de Galicia.
10. ↑ Culturagalega.org
Bibliografía
 Fernández Castro, Xosé M. (2011). A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Laiovento.
ISBN 978-84-453-5008-9.
 Becerra, Vilariño e Abuín (2002). Roberto Vidal Bolaño, escritor escénico: estudios críticos
seguidos da comedia "Anxeliños". Tris Tram. ISBN 84-89377-37-5.
 Varios. "Vidal Bolaño, Roberto" (en liña). Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo Edicións.
 Quintáns, M.; Dobao, A.; Ruibal, R. (2005). "Roberto Vidal Bolaño". Revista das Letras (Galicia
Hoxe) (n.º 596).
 Vieites, Manuel F. (2007). Literatura dramática. Unha introdución histórica. Galaxia. ISBN 978-
84-9865-048-8.
Outros artigos
 Grupo Abrente
Ligazóns externas
 Biografía na BVG
 Ficha no soportal do audiovisual galego.
 Ficha en Galegos.info
 Ficha na IMDb (en castelán).

More Related Content

Viewers also liked

Biografía literaria de vidal bolaño
Biografía literaria de vidal bolañoBiografía literaria de vidal bolaño
Biografía literaria de vidal bolañoMaría Sánchez
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Endl Félix Muriel
 
Traballo Día das letras galagas e Roberto vidal bolaño-Bruno Mosquera 1ºA
Traballo Día das letras galagas e Roberto vidal bolaño-Bruno Mosquera 1ºATraballo Día das letras galagas e Roberto vidal bolaño-Bruno Mosquera 1ºA
Traballo Día das letras galagas e Roberto vidal bolaño-Bruno Mosquera 1ºABrunocambre
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira VilasLourenço Alvarez Ruiz
 
Roberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfRoberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfpaveam
 

Viewers also liked (8)

Biografía literaria de vidal bolaño
Biografía literaria de vidal bolañoBiografía literaria de vidal bolaño
Biografía literaria de vidal bolaño
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
 
Traballo Día das letras galagas e Roberto vidal bolaño-Bruno Mosquera 1ºA
Traballo Día das letras galagas e Roberto vidal bolaño-Bruno Mosquera 1ºATraballo Día das letras galagas e Roberto vidal bolaño-Bruno Mosquera 1ºA
Traballo Día das letras galagas e Roberto vidal bolaño-Bruno Mosquera 1ºA
 
O teatro no tempo das if
O teatro no tempo das ifO teatro no tempo das if
O teatro no tempo das if
 
O teatro de posguerra
O teatro de posguerraO teatro de posguerra
O teatro de posguerra
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 
Roberto vidal bolaño paula
Roberto vidal bolaño paulaRoberto vidal bolaño paula
Roberto vidal bolaño paula
 
Roberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdfRoberto vidal bolaño pdf
Roberto vidal bolaño pdf
 

Similar to Roberto vidal bolaño

Roberto vidal bola_o (3)
Roberto vidal bola_o (3)Roberto vidal bola_o (3)
Roberto vidal bola_o (3)neira96
 
Presentación Roberto Vidal Bolaño
Presentación Roberto Vidal BolañoPresentación Roberto Vidal Bolaño
Presentación Roberto Vidal BolañoVSomoza
 
Presentación Roberto Vidal Bolaño
Presentación Roberto Vidal BolañoPresentación Roberto Vidal Bolaño
Presentación Roberto Vidal BolañoVSomoza
 
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1raulconstenla
 
Guía de lectura Roberto Vidal Bolaño
Guía de lectura Roberto Vidal BolañoGuía de lectura Roberto Vidal Bolaño
Guía de lectura Roberto Vidal BolañoBibliotecadicoruna
 
Letras galegas 2013
Letras galegas 2013Letras galegas 2013
Letras galegas 2013mrnieto
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal BolañoRoberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal Bolañobiliocastro
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasfilmotecaforum
 
Traballo letras galegas ángel 2ºb
Traballo letras galegas ángel 2ºbTraballo letras galegas ángel 2ºb
Traballo letras galegas ángel 2ºbtesafer
 
Roberto vidal bolaño
Roberto vidal bolañoRoberto vidal bolaño
Roberto vidal bolañomttq
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesfilmotecaforum
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 

Similar to Roberto vidal bolaño (20)

Roberto vidal bola_o (3)
Roberto vidal bola_o (3)Roberto vidal bola_o (3)
Roberto vidal bola_o (3)
 
Presentación Roberto Vidal Bolaño
Presentación Roberto Vidal BolañoPresentación Roberto Vidal Bolaño
Presentación Roberto Vidal Bolaño
 
Presentación Roberto Vidal Bolaño
Presentación Roberto Vidal BolañoPresentación Roberto Vidal Bolaño
Presentación Roberto Vidal Bolaño
 
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
 
Leccion4 (1)
Leccion4 (1)Leccion4 (1)
Leccion4 (1)
 
Letras
LetrasLetras
Letras
 
Guía de lectura Roberto Vidal Bolaño
Guía de lectura Roberto Vidal BolañoGuía de lectura Roberto Vidal Bolaño
Guía de lectura Roberto Vidal Bolaño
 
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013
 
Letras galegas 2013
Letras galegas 2013Letras galegas 2013
Letras galegas 2013
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Roberto
RobertoRoberto
Roberto
 
Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal BolañoRoberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal Bolaño
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Traballo letras galegas ángel 2ºb
Traballo letras galegas ángel 2ºbTraballo letras galegas ángel 2ºb
Traballo letras galegas ángel 2ºb
 
Roberto vidal bolaño
Roberto vidal bolañoRoberto vidal bolaño
Roberto vidal bolaño
 
Presentaciónletrasgalegs
PresentaciónletrasgalegsPresentaciónletrasgalegs
Presentaciónletrasgalegs
 
Presentaciónletrasgalegs
PresentaciónletrasgalegsPresentaciónletrasgalegs
Presentaciónletrasgalegs
 
Roberto vidal bolaño
Roberto vidal bolañoRoberto vidal bolaño
Roberto vidal bolaño
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
 

Roberto vidal bolaño

  • 2. Contenido Premios Gañados.....................................................................................................................................3 Índice........................................................................................................................................................4 Traxectoria ...............................................................................................................................................5 Representacións.......................................................................................................................................6 Teatro.......................................................................................................................................................7 Audiovisual...............................................................................................................................................8 Obra .........................................................................................................................................................9 Teatro...................................................................................................................................................9 Ensaio................................................................................................................................................10 Colectivas...........................................................................................................................................10 Premios e recoñecementos....................................................................................................................11 Galería de imaxes ..................................................................................................................................12 Notas......................................................................................................................................................14 Bibliografía .............................................................................................................................................15 Outros artigos.........................................................................................................................................16 Ligazóns externas ..................................................................................................................................17
  • 3. Roberto Vidal Bolaño Nacemento 31 de xullo de 1950 - Santiago de Compostela Falecemento 11 de setembro de 2002 Profesión dramaturgo Cónxuxe(s) Laura Ponte Santasmarinas, Belén Quintáns López Fillo(s) Roi Vidal Ponte, Carme Vidal Quintáns
  • 4. Premios Gañados Roberto Vidal Bolaño, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia. En 2013 adicaráselle o Día das Letras Galegas.[1]
  • 5. Índice  1 Traxectoria  2 Representacións o 2.1 Teatro o 2.2 Audiovisual  3 Obra o 3.1 Teatro o 3.2 Ensaio o 3.3 Colectivas  4 Premios e recoñecementos  5 Galería de imaxes  6 Notas  7 Véxase tamén o 7.1 Bibliografía o 7.2 Outros artigos o 7.3 Ligazóns externas
  • 6. Traxectoria Empregado de banca, en 1974 fundou xunto a Laura Ponte Santasmarinas, actriz galega nada en Buenos Aires, o Grupo de Teatro Antroido. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo, isto último co pseudónimo de Julia Brens. Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, viuse na obriga de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, levando ao taboado co Centro Dramático Galego en 1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras. No ano 2001, representou, tamén co Centro Dramático Galego, a Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribira en 1958. Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para Televisión de Galicia e a Televisión Española, con traballos como Malos tratos, Novo de Parmiude ou Morosos varios. Tamén levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor (O Noxo). Participou como actor en películas como Sempre Xonxa (mestre) ou A lingua das bolboretas, e series televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias. En 1991 creou a compañía Teatro do aquí, que dirixiu ata o seu pasamento. Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas. Vidal Bolaño. Faleceu de cancro de pulmón tras dous anos de enfermidade.[2]
  • 7. Representacións Vidal Bolaño destacou como actor, director, escenógrafo e iluminador. Entre outras, podemos citar:  Bailadela da morte ditosa (1980)  A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello)  Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985)  Caprice des Dieux (1985)  Anxeliños. Comedia Satánica (1996)  La Lengua de las Mariposas (1999)  Mar Revolto (2001)  Agasallo de Sombras (1992)  Días sen Gloria (1992)  Saxo Tenor (1993)  As Actas Escuras (1994)  Rastros (1998)  O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar
  • 8. Teatro Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes Neste apartado: Transformar a relación en redacción. Aviso: os artigos que inclúan este marcador clasifícanse na Categoría:Artigos tarefas pendentes.  Laudamuco, señor de Ningures (1976)[3] Presentación dunha representación de Bailadela da morte ditosa en Ribeira.  Bailadela da morte ditosa (1980)  A casa dos afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello)  Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985)  Caprice des Dieux (1985)  Anxeliños. Comedia satánica (1996)  Mar revolto (2001)
  • 9. Audiovisual Ano Título Papel Notas 1987 Novo de Parmuíde Telefilme. Director 1989 Os outros feirantes Serie de televisión 1989 Sempre Xonxa D. Xosé Luís Filme 1990 Morosos Director 1991 O resplandor da morte Curtametraxe 1991 Memorias dun parado Curtametraxe 1992 Un café de ollos verdes Telefilme 1997 A noiva de medianoite Pedro Filme 1999 A lingua das bolboretas Boal Filme 1999 Amor Serrano Amadeo Curtametraxe 2000 Un mundo de historias Serie de televisión. Tamén guionista
  • 10. Obra A obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Tal vez influído por Ramón Otero Pedrayo, defende unha certa recuperación do popular. Cultivou igualmente, como Otero, o teatro histórico, arredor da figura de Rosalía de Castro, obras que constitúen verdadeiros ensaios sobre a vida e obra da nosa poeta máis universal. Porén, unha das súas maiores influencias foi o teatro de Ramón María del Valle-Inclán, a quen menciona varias veces ao longo da súa obra. As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo e expresionismo. Nas súas pezas cóidase o diálogo co público. Teatro Se algún dos membros das Irmandades da Fala coñecese hoxe a situación do teatro galego, podería chegar ao orgasmo. Porqué están satisfeitas, en moitos aspectos con creces, as cousas que eles soñaban. —Entrevista[1] na Televisión de Galicia.  Laudamuco, señor de Ningures (1976, Pico Sacro) ISBN 978-84-85170-16-6.  Bailadela da morte ditosa (1980, 1992, Sotelo Blanco) ISBN 84-86021-97-9.  Agasallo de sombras (1992, El Correo Gallego) ISBN 978-84-85553-97-6.  Cochos (1992, Sotelo Blanco) ISBN 978-84-7824-071-5.[4]  Días sen gloria (1992, Deputación da Coruña) ISBN 978-84-86040-63-5.  Saxo tenor (1993, Xerais) ISBN 978-84-7507-715-4.  As actas escuras (1994).[5]  Touporroutou da lúa e do sol (farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa) (1996, AS-PG) ISBN 84-921126-0-3.  Doentes (1998, Deputación da Coruña, levada ao cinema en 2011 co título homónimo de Doentes).  A ópera de a patacón: versión libre para charanga e comediantes pouco ou nada subsidiados (1998, Xerais) ISBN 84-8302-277-X.  Rastros (1998, Positivas) ISBN 978-84-87783-50-0.[6]  O día que os chífanos deixaron de zoar.  A burla do galo (2000, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-2735-7.[7]  Mar revolto (2001, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-3079-1.  Integral (2003, Embora) ISBN 978-84-95460-23-3.
  • 11. Ensaio  Perspectivas do teatro galego actual (2002).[8] Colectivas  O circo de medianoite; Maremia; Actas escuras, con M. Lourenzo e E. Ruibal (1998) ISBN 84- 89679-50-9.  Daquel abrente, con Francisco Taxes (2003, Xunta de Galicia) ISBN 978-84-453-3503-1.  Animaliños, con Luís Alonso Girgado (2003, Follas Novas) ISBN 978-84-85385-77-5.
  • 12. Premios e recoñecementos Placa de rúa adicada en Santiago.  Abrente (1976), con Laudamuco señor de Ningures.  O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou trocar en rato pequeno o meirande xigantón.  Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de mortos e ausentes).  O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das papas e do unto.  Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.  Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.  Premio Álvaro Cunqueiro.  Premio Xacobeo (1992).  Premios Rafael Dieste 1992 e 1997 da Deputación da Coruña.  Premio María Casares da AAAG en catro ocasións (1998, 1999, 2001 e 2003).[9] Méndez Ferrín anuncia que Vidal Bolaño será o homenaxeado en 2013; Euloxio Ruibal e Margarita Ledo explican os motivos.  Premio Eixo Atlántico.  Premio Maruxa Villanueva (2001) do concello de Padrón.[10]  Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto de teatro en lingua galega pola súa obra Criaturas).  Rúas en Santiago de Compostela e Perillo, Oleiros, levan o seu nome.  Día das Letras Galegas 2013.
  • 13. Galería de imaxes Artigo principal: Galería de imaxes de Roberto Vidal Bolaño.
  • 14.
  • 15. Notas Fernández Castro co seu libro A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. 1. ↑ Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, Real Academia Galega, 23/06/12. 2. ↑ A morte de Vidal Bolaño priva a Galicia do seu maior dramaturgo, La Voz de Galicia o 11/09/2002. 3. ↑ Cartel de Laudamuco, señor de Ningures 4. ↑ María Liñeira, Pigging in Germany: Emigration and Gendered Subalternity in Roberto Vidal Bolaño’s Cochos (en inglés). 5. ↑ Dossier de prensa e caderno pedagóxico, Centro Dramático Galego. 6. ↑ Fragmento lido por Camilo Franco. 7. ↑ Fragmento na Biblioteca Virtual Galega. 8. ↑ Perspectivas do teatro galego actual (texto íntegro). 9. ↑ Relación de premiados na páxina de Asociación de actores e actrices de Galicia. 10. ↑ Culturagalega.org
  • 16. Bibliografía  Fernández Castro, Xosé M. (2011). A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Laiovento. ISBN 978-84-453-5008-9.  Becerra, Vilariño e Abuín (2002). Roberto Vidal Bolaño, escritor escénico: estudios críticos seguidos da comedia "Anxeliños". Tris Tram. ISBN 84-89377-37-5.  Varios. "Vidal Bolaño, Roberto" (en liña). Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo Edicións.  Quintáns, M.; Dobao, A.; Ruibal, R. (2005). "Roberto Vidal Bolaño". Revista das Letras (Galicia Hoxe) (n.º 596).  Vieites, Manuel F. (2007). Literatura dramática. Unha introdución histórica. Galaxia. ISBN 978- 84-9865-048-8.
  • 18. Ligazóns externas  Biografía na BVG  Ficha no soportal do audiovisual galego.  Ficha en Galegos.info  Ficha na IMDb (en castelán).