Roberto Vidal Bolañonaceu o 31 de xullo de 1950 en
Santiago de Compostela e morreu no ano 2002, na súa Compostela
natal vítima dun cáncer de pulmón. Foi un escritor e actor de
teatro español, e co paso do tempo converteuse nun dos
creadores do teatro profesional galego. Vidal Bolaño foi un dos
maiores artífices da profesionalización do teatro galego. Debido
ao despido en 1977 do banco no que traballaba, este dramaturgo
se viu na obrigación de converter o Grupo Antroido na primeira
compañía galega. Cultivou, ademais da dramaturxia, as artes
audiovisuais, facendo guións para a Televisión de Galicia e para a
Televisión Española. Levou as pantallas relatos de grandes
escritores galegos do s.XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e
Eduardo Blanco Amor (O Noxo) e incluso participou como actor
en varias series televisivas de prestixio, como Mareas vivas.
No ano 2001, representou co Centro Dramático Galego
“Rosalía” que Ramón Otero Pedrayo escribiu en 1958. As súas
últimas actuacións foron no grupo “Teatro do aquí”.
Realizou os seus primeiros estudos de primaria e
bacharelato en Santiago e con 12 anos comezou a traballar como
repartidor de recambios de coche, emprego o que lle seguiron
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
2.
outros nunha axenciade viaxes, nun almacén de coloniais e nunha
entidade bancaria, ata que, con vinte e sete anos, pasou a
traballar profesionalmente no teatro. Fundou a primeira
compañía profesional de teatro en galego, o Grupo Antroido, na
que realizou todo tipo de funcións: empresario, director, actor,
autor, electricista, pintor...
O longo da súa traxectoria artística escribiu perto das
trinta obras teatrais, algunhas delas adicadas ao público infantil.
Participou como actor en longametraxes e series televisivas
e como actor de dobraxe colaborou en máis de cincuenta
películas.
Recibiu numerosos premios pola súa obra teatral: Premio
Abrente, Premio Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso
de Molina...
Algunhas obras que escribiu son:
Laudamuco, Señor de Ningures (1970)
Bailadela da morte ditosa (1986)
Agasallo de Sombras (1992)
Saxo Tenor (1993)
As actas escuras (1994)
Touporroutou da Lúa e o Sol (1996)
Rastros (1998)
A burla do galo (2000)
Lucía Fernández López - 5ºA