SlideShare a Scribd company logo
1 of 19
Download to read offline
IlustrArteMostraBibliográfica sobre IlustraciónGalega na BibliotecaForum
A Real Academia de Belas Artes, vén de declarar o 1 de abril o Día das Artes Galegas, este ano adicado a Castelao. Porén quixemos
rendirlle unha pequena homenaxe ó máis célebre dos nosos ilustradores cunha mostra dedicada ós ilustradores galegos, na que
atoparedes unha pequena selección do traballo de moitos destes artistas.
E é que xa o dicía Manel Cráneo:
“Dedicarse á ilustración en calquera dos seus afluentes foi sempre unha opción ligada á incomunicación debido ao illamento que
supón traballar por conta propia…“.
Entre abril e xuño na Biblioteca do Fórum Metropolitano atoparedes unha mostra bibliográfica e unhas actividades coas que pretendemos
dar maior visibilidade a estes profesionais, destacando a labor levada a cabo pola AGPI, que leva dende o 2003 procurando crear
“conciencia de grupo e polo tanto de non traballar na soidade”.
Nestes meses tamén estarán presentes datas sinaladas, como o día do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro e o Día das Letras Galegas,
ano adicado a Manuel María.
Ilustradores de antes e de hoxe, reunidos nesta pequena selección do que podedes atopar nos fondos das Bibliotecas Municipais da
Coruña.
De abril a xuño de 2016
PARAOSMÁISPEQUES…
Árbol / AntonioRubio e ÓscarVillán
Os conceptos enriba, debaixo e no
medio; ademais da suma “dun máis
un, son dous”, aparecen neste libro
de imaxes coma se dun xogo se
tratase. E é que autor e ilustrador
conseguen que conceptos que pode
resultar difíciles de comprender para
os máis pequenos, a través dun texto
breve e rimado, e dunhas ilustracións
que estes poden recoñecer e
identificar, resulten doadas de
comprender e, ademais, dun xeito
divertido, cantarín e xoguetón.
Violín / AntonioRubio e ÓscarVillán
Un texto mínimo e musical para os
prelectores. É ideal para ler en voz
alta, con versos acumulativos que
permiten aos nenos participar e
entreterse. O texto que xoga con
“onomatopeyas” e as expresivas
imaxes, permiten captar a atención
dos nenos. O material sobre o que
está impreso o libro -cartón duro- e o
seu reducido tamaño fano moi
recomendable para empregar con
bebés.
Paxariña de papel / AntonioRubio e
ÓscarVillán
Sinxela e enxeñosa proposta poética
dirixida aos máis pequenos. A
paxariña de papel está a poñer a
mesa, primeiro pon o mantel e enriba
vanse acumulando unha serie de
obxectos, ata compoñer un sinxelo
poema. Sete secuencias de marcado
ritmo, con rimas e imaxes moi
adecuadas aos máis pequenos. Unha
boa proposta para ler xuntos en voz
alta, xogando coa voz e o ritmo. A
presentación tamén está moi
indicada para a idade, encadernada
en cartoné en formato cadrado e con
puntas redondeadas.
Bechos pequerrechos / MaríaLires
Conto para nenos amantes dos
animais e da poesía, onde verán
un desfile zoolóxico divertido e
cheo de cores. Bechos de
cabelos crechos que cantan e
contan a súa vida de
pequerrechos.
Antón e Pompón. As cores / AnxoFariña
Conto moi musical para aprender as
cores a ritmo de poesía. Formato
orixinal de tapa dura acolchada moi
manexable para peques. Poderedes
desfrutar de vibrantes ilustracións
cheas de cor e aprenderedes o
valor da amizade co Antón e os
seus amiguiños.
Don Pon e o pequeno Pin / RodrigoChao
O pequeno Pin, un cangrexo ermitán,
atravesa unha gran crise de
identidade ata que se atopa con Don
Pol, o polbo máis vello dos océanos.
A súa intelixencia e astucia non só o
salvan de ser o xantar do famento
Don Pol, tamén o levan a coñecer a
súa verdadeira identidade e a vivir co
seus iguais a salvo de todo perigo.
Roi quere ser mamá / AnaPilladoVega
Forma parte dunha colección
“Lila Lilaina”, trátase dun conto
que narra con delicadeza a
igualdade entre nenos e nenas.
Roi é un neno ao que lle gosta
coidar á súa irmá e xogar ás
casiñas... Ana Pillado quere que
hábitos asociados normalmente
ás mulleres se vexan
normalizados tamén nos homes,
esquecendo prexuízos.
PARACOMPARTIllAR NACASA…
A casa máis animada do mundo /
AlmudenaAparicio
Esta é a historia da casa encantada
que está debaixo do ceo e enriba
do mar. Nela viven gatos que foxen
do queixo, mouchos que toman o
sol, cans que falan, gatos que len,
xílgaros fóra da gaiola, tartarugas
que andan ás présas, periquitos que
escriben e hámsteres que xogan ás
agachadas.
El corazón de la casa / CarmenGómez
Os recunchos máis especiais dunha
casa serven a esta magnífica autora
como pretexto para lembrar e
recrear, a través dun verso sinxelo e
cheo de emotividade, imaxes
gardadas na memoria. O cuarto
escuro, as xanelas, o trasteiro...
énchense de lirismo e de vida a
través dunha linguaxe poética tan
próxima ao neno que lle resultará un
xogo. A magnífica ilustración soubo
captar toda a plasticidade e
emotividade da particular atmosfera
creada pola autora.
Venres / SantiagoFreire e DaniPadrón
Reinterpretación de “Robinson
Crusoe” desde a perspectiva do
personaxe de Venres. A obra
permite achegarse a este clásico
da literatura desde unha óptica
diferente, ao situar como
protagonista a un personaxe
secundario, facendo fincapé en
valores como a amizade e a
igualdade e a convivencia entre
distintas culturas.
O meniño Nito. Entón, os homes choran ou
non? / SoniaRosa e MacusRomero
Os homes choran ou non choran?
Este é o dilema no que se atopa Nito,
e que lle trae non poucos problemas
ata que por fin, coa axuda do Doutor
Aymoré, consegue resolver as súas
dúbidas.
PARADESFRUTAR ONDEQUEIRAS…
A galiña / AdelaLeiro, XoséRamónDaporta, MartaRiera,
PepeCarreiro e GenovevaPiñeiro
Libro informativo que forma parte dunha
colección sobre animais domesticos galegos,
neste caso da galiña. Sumerxíndonos nas suas
páxinas podémonos entreter coas ilustracions
de Marta Riera, Pepe Carreiro e Genoveva
Piñeiro e aprender sobre a fisionomía,
alimentación, etc. das galiñas do país.
Hércules e Crunia /JoseAntonioAbad e DavidPintor
Jose Antonio Abad profunda nas raíces
mitolóxicas da Coruña para dar a coñecer a
súa orixe, destacando a tolerancia por riba de
todas as cualidades. Pola súa banda, o
debuxante David Pintor pareceulle un reto
estimulante o de ilustrar un texto sobre a cidade
na que naceu, combinando lenda, mar e
música. Por iso se documentou sobre o mito de
Hércules, visitou os que podían ser escenarios
da loita contra Xerión e empapouse da
xeografía costeira... Ata que despois de centos
de bosquexos logrou o resultado final, que
mestura un estilo moderno pero sen perder o
carácter clásico das historias mitolóxicas.
Nicolás va de compras / AliciaSuárez
Produtos de alimentación, pezas de
vestir, obxectos de agasallo e un
refrixerio para repoñerse dunha
intensa xornada de compras. A guía
de tendas facilítanos o "día a día".
As linguas dos amais / AnxoFariña
Ilustrado magníficamente por Anxo
Fariña que nos conta que está
baseado no Carmina Burana 132.
A través dun álbume de cromos o
avó vai amosando aos seus netos as
diferentes linguas dos animais.
Descubrimos que o morcego asubía,
os porcos gruñen, o tigre roufeña, o
leopardo funga, o elefante brama, a
ovella bea, o cabalo rincha, o rato
chía, o gato miaña, etc. E nós
falamos e danos a risa.
PARASABER DE…
Compostela / DavidPintor
Este libro sen palabras lembra tanto
a eses antigos rolos ilustrados
xaponeses (emaki) como a eses
xoguetes ópticos previos ao cinema
que en Occidente abriron novos
espazos de entretemento e
investigación científica.
A secuencia narrativa funciona
como unha cinta continua que nos
dá a impresión de viaxar por
Compostela sen saír de casa.
Acompañando ao debuxante que
serve de guía, sentimos o seu vento
e percorremos teitos, rúas, balcóns,
xardíns e cafés nunha excursión que
desexamos volver facer unha e
outra vez.
Las aventuras de la Bruja Fritanga /
XanLopezDomínguez
De todos os feitizos, pócimas e
tolemias máxicas, o mago Renglong
deu cun de enormes
consecuencias: converteuse a si
mesmo en xigante!
Pero non atopa un antídoto para
volver ao seu tamaño normal. A súa
única esperanza é que a boa da
bruxa Fritanga lle axude a atopar
unha solución. No seu divertido
periplo para axudarlle, Fritanga
descubrirá que para vencer grandes
dificultades hai que asumir grandes
riscos.
O castelo do asombro / RamonCaride e
DaniPadron
O castelo do asombro —que se
acompaña das sempre suxestivas
imaxes de Dani Padrón— é nunha
lograda compilación de relatos
populares que se engastan nunha
trama principal que avanza en
meandros, desenvolvendo unha
tipoloxía de fórmulas, personaxes e
solucións narrativas ben coñecidas
polos contadores de sempre:
xemelgos que se intercambian,
seres terroríficos que habitan
castelos encantados aos que
cómpre vencer, espelidos cegos
que a todos enganan, un festival de
arquetipos que faría as delicias de
Propp e que funcionou, funciona e
funcionará porque enraíza na cerna
mesma do noso imaxinario social no
que sempre nos vemos recoñecidos.
IMAXINANDO…
Os megatoxos e os templarios da luz /
AnxoFariña
A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca
mudou por completo desde o
accidente que os converteu en
mutantes. O que prometera ser
unha divertida viaxe de estudos a
esquiar, vaise converter nun
pesadelo xeado no corazón dos
Pireneos. Veranse obrigados a
viaxar ao pasado, á cidade de
París no medio da Revolución
industrial, onde coñecerán o
poder dos Templarios da Luz. E alí
terán que facer fronte á terrible
decisión: escoller entre a vida dun
ser querido ou a dunha cidade
enteira... Ti que escollerías?
Fantasmas de luz / AgustínFernandezPaz e
MiguelanxoPrado
A Damián fascínalle o cinema,
quizais porque leva trinta e cinco
anos traballando como operador
de cabina de proxección no
cinema Soñadores. Un día recibe
unha carta do seu xefe citándoo a
unha reunión na que lle pide que
non volva ao traballo. Isto será o
desencadenamento dun profundo
cambio na vida de Damián. Con
angustia, irase dando conta de
que aos poucos se vai volvendo
invisible.
Historias que contan as paredes /
AnaMªFernandez e ManelCraneo
Foi unha interesante experiencia
para Manel Cráneo enfocar o
traballo utilizando diferentes tipos
de paredes como tetigos mudos
do que acontece na vida e que
con tanta sensibilidade sabe
contar Ana María.
Obviamente, as imaxes adquiren
máis sentido ao ler os textos que
acompañan.
ENREDANDO NALECTURA…
Nano / ConchaBlanco
Nano é un mozo que ben se pode
identificar co inverno, pola súa cor
gris, estación do ano de días
curtos e noites largas. Nano
procura recoñecerse e aceptarse
tal como é, cos seus defectos e
virtudes. Inténtao primeiro da man
de Mali e logo da de Román.
Cústalle abrir a porta da gaiola na
que el mesmo se pecha cada día
e comezar a voar, proxectándose
libremente ao exterior ante os ollos
da súa xente. Cuando cre que o
vai conseguir, unha desgraciada
circunstancia, coa que ninguén
contaba, convértese nun atranco
difícil de salvar. Pero do dano
sufrido tamén se aprende e Nano
non se permite tocar fondo e
rexorde, agora coma os gromos
na primavera. Unha historia de
intriga e de loita polo
recoñecemento da propia
identidade sexual.
Ouro negro / Pereledi e AndrésMeixide
“Se quere volver ver os seus fillos e
mais a súa irmá, siga as nosas
instrucións”. A inspectora Nola
acaba de recibir no seu móbil esta
inquietante mensaxe. Mal
empezan as súas vacacións. Está
no aeroporto de Algures, esa
fermosa illa á que viaxou coa súa
familia para pasar uns días de
descanso todos xuntos. E, de
súpeto, chega esa mensaxe e
todo se torce. Por que
secuestraron aos seus? Quen pode
estar detrás de todo isto? Nola,
muller afouta e incansable, non
parará ata descubrir onde está a
súa familia. Coa axuda do valente
gato Lolo, percorrerá a illa de
Algures nunha trepidante busca
chea de enredos, atrancos e
sorpresas. Porque a vida só ten
sentido cando sabes que as
persoas que queres están a salvo.
Cartas de inverno / AgustinFernándePaz e
AntonioSeijas
Á volta da súa viaxe, o escritor
Xabier Louzao atópase coas
cartas que o seu amigo Adrián lle
escribira durante a súa ausencia.
Unhas cartas que, nunha espiral
de enigmas, descobren os
estraños sucesos que está a vivir
Adrián na súa nova casa e que
levan a Xabier a acudir na súa
axuda. Mais alí, os dous amigos
terán que enfrontarse a misterios
que quizais as persoas nin tan
sequera somos capaces de
imaxinar.
Marcopola. A illa remeira – Dragoneta /
JacoboFernándezSerrano
Por fin o alquimista Brisgovius deu
coa apócema máxica. Xa ten lista
a beberaxe que fará da malvada
Demoneta un ser invencible capaz
de voar e de cuspir lume pola
boca. Demoneta transformarase
en Dragoneta, e ninguén no
mundo estará a salvo! Que será de
Marcopola e de Libro? Que vai ser
agora de todos nós?
Golfiño e os invasores / Fausto
Xa están aquí! A humanidade aínda
non o sabe, pero a invasión está en
marcha! O que empeza sendo unha
tranquila tarde no parque,
convértese para Golfiño e os seus
amigos nunha disparatada aventura
na que deben facer fronte a unha
raza alieníxena chegada á Terra con
propósitos inconfesables...
Conseguirá Golfiño deter os
maquiavélicos plans do Gran
Imperio Cuá-Cuá? Nestas páxinas
tedes o relato veraz do sucedido.
UNPOUCO DE BANDADESEÑADA…
Guia ilustrada da Galicia invisible /
AntonioReigosa e NoemíLopez
Hai unha Galicia visible e hai outra
que non se ve inzada de reinos,
cidades, vilas, illas, covas,
camiños, montes e outros moitos
lugares onde disque fan vida
xentes anfibias e outros seres
capaces de circular entrambos os
mundos, o tanxible e o intanxible,
o que vemos e o que temos que
imaxinar.Neste libro, unha guía
práctica para viaxar por un cento
destes lugares, abrimos as
galerías, franqueamos e
iluminamos os pasos soterrados
para chegar a eses mundos
escuros, sepultados baixo a terra
ou a area, navegamos polas
canles que conducen aos lugares
mergullados baixo as arrebatadas
augas dun pozo ou dunha lagoa,
do mar ou do ceo, a guiámosvos
polos carreiros que agabean ou
descenden ata os segredos do
misterio. Unha guía que fai visible
o invisible.
Hercules e Xerion / ManuelAlmofrei e
LuisSendón
Recreación libre da lenda
tradicional que narra a estadía de
Hércules na Galiza, o seu
enfrontamento con Xerión e a
construción dunha Torre que
servise de recordo da súa vitoria e
alumase as viaxes dos
navegantes.
A memoria das arbores /
MarcialdelAdalid, XoseA.NeiraCruz e
KikoDasilva
Os pais de Tano, cando naceu,
prantaron unha árbore no xardín
para que crecese xunto a el.
Todos os anos, o día do
aniversario de Tano, fan unha
especie de cerimonia en torno á
árbore. A Tano isto non lle parece
suficiente, así que colle un anaco
do seu pastel e lévallo ao
baobab. Pola noite, un estrano
son vai perturbar o sono de Tano.
Unha bonita e tenra historia
aderezada cunhas peculiares
ilustracións e cun disco gravado
pola Sinfónica de Galicia.
PARASABERMÁIS…
PARAESCOITAR…
De profundis / MiguelanxoPrado e
NaniGarcía
Había unha vez unha casa no
medio do mar, onde unha muller
esperaba tocando un violoncelo
melancólico. Agardaba ao seu
amado, un pintor que sempre
quixo ser mariñeiro para navegar
entre as medusas, as estrelas de
mar e os peixes de mil colores e
que soñaba nos seus cadros.
A súa fascinación levoulle a
emprender unha viaxe no que
descubrir a emocionante beleza e
os misterios das profundidades,
pero tras o que ningún de sabíaos
se algún día poderían volver
atoparse?
O soño dunha noite de San Xoán /
ÁngeldelaCruz, ManoloGómez
Din as lendas que unha noite ao
ano, no San Xoán, os humanos
poden acceder ao Mundo
Máxico. Elena, intelixente, pero
pouco soñadora, non cre en
contos. Pero cando cae enfermo
seu pai, o duque Teseo, ela está
disposta a calquera cousa para
lle devolver a ilusión. Mesmo ir na
procura de Titania, raíña das
fadas. Sen embargo, o Mundo
Máxico xa non é o que era, pois
malgobérnao o rei Oberón, quen
comercia cos feitizos axudado
polo trasno Perecho.
PARAVERENFAMILIA…
S.O.S.SOMOSPAIS…
Eu tamén son fonte / TeresaMoure e
LeandroLamas
Nesta nova obra, Teresa Moure
preséntanos un texto poético
para unha historia fermosa sobre
o amor, a vida, e a intimidade
gozosa entre as nais e os seus
fillos e fillas.
Ardalén / MiguelanxoPrado
Somos o que lembramos. Pero a
memoria non é un rexistro obxectivo e
inalterable. Sabela tenta reconstruír
unha historia, unha parte da súa
historia, a través dos recordos de
Fidel. Pero hai máis fíos que se van
entretejiendo nese proceso de
recuperación, outras persoas, outras
memorias. Porque tamén somos o que
os demais lembran.
E nesas memorias, propias e alleas,
hai amor e agarimo, e hai rancores e
odios. Por iso lembrar non é inocuo.
Pero quen non lembra, non vive.
Despois de tres anos dedicado a
Ardalén, Miguelanxo Pradonos ofrece
a súa obra máis extensa e ambiciosa
ata a data. Un relato fascinante sobre
os recordos e a memoria, con
personaxes inesquecibles e a mestría
dun dos mellores autores de cómic do
noso país.
COMIQUEANDO…
El infierno del dibujante / KikodaSilva
Manuel Pardo é un debuxante de 72
anos que leva toda a vida
dedicándose a crear historietas...
pero a pesar da súa versatilidade e
destreza co lapis, nunca foi capaz de
publicar ningunha. Cada vez que
crea unha historieta descobre que
alguén se lle adiantou e publicou
unha igual á súa. Que mala sorte!
Pero o incansable Manuel seguirá
tentando ser o máis rápido para lograr
que lle publiquen algún dos seus
cómics... a condición de que alguén
non o fagan antes que el.
Conseguirao?
Honrando aos grandes clásicos da
historieta cun gran respecto, Kiko dá
Silva é capaz de mesturar con gran
mestría un debuxo intimista e doce
que narra a vida de Manuel cunha
excelente imitación dos cómics que
desde nenos lemos.
Aventuras de un oficinista japonés /
JoséDomingo
Conta en clave de humor e sen
palabras o enrevesado camiño de
volta a casa dun sinxelo oficinista
quen un día como outro calquera sae
do seu traballo sen sospeitar que, sen
o cheirar, unha longa sucesión de
estraños e incribles acontecementos
está a piques de desencadearse ao
redor, sobre e en contra da súa
persoa.
Unha narración atípica, que presta
especial atención ao detalle, á
expresividade e á fluidez narrativa,
buscando sorprender, divertir e
emocionar de principio a fin.
Coruñagráfica
A primeira guía profesional de
creadoras e creadores locais que
traballan no ámbito da ilustración,
banda deseñada, animación e
humor gráfico.
Coruña Gráfica recolle os traballos,
algúns inéditos, de 69 autoras e
autores profesionais ou
semiprofesionais da cidade ou que
desenvolveron unha parte da súa
traxectoria profesional na mesma.
Ademais dos traballos, a guía amosa
obras destacadas, premios, portfolio
dixital, contacto e unha fotografía de
cada autor e autora realizada nos
espazos culturais dependentes da
Concellería de Culturas.
Humorgráficogalego
Antoloxía de humor gráfico,
composta por m. A obra está dividida
en dúas seccións: a primeira de
caricaturas, e a segunda de chistes
gráficos. Os personaxes
caricaturizados foron na súa maioría
representativos da sociedade galega
(Laxeiro, Xosé Manuel Beiras, Isaac
Díaz Pardo, Xaquín Marín, Miguel
Anxo Fernán Vello…).
SOBREILUSTRADORES…
Can depalleiro
Cando a Asociación Galega de
Profesionais da Ilustración buscaba
un tama para a súa primeira
exposición soou o ouveo do can de
palleiro, unha especie autóctona e
protexida con denominación de
orixe. Pareceulles que os ilustradores
galegos tamén podían reclamar a
súa denominación de orixe mediante
oa promoción conxunta do seu
traballo e que o mesmísimo can de
palleiro podería ser o nexo temático
da mostra. Neste catálogo da
expoción, aparecen corenta e tres
participantes de varias xeracións de
artistas gráficos, salientando a
diversidade estilística e a calidade do
seu traballo.
Sorrisos e boacolleita
Unha homenaxe de corenta
humoristas galegos aos homes e
mulleres do agro, fonte de riqueza, de
sabedoría, e como non, de humor. De
cada ilustrador aparece unha obra e
información sobre a súa traxectoria,
publicacións e premios.
A muller mariña: dunha mítica criatura do mar
e da terra / XoséLuísMartínezPereiro e
AnaPillado
E velaí que o cazador, desde a súa
privilexiada situación de cabaleiro,
víu deleitada na beira, como
durminido xunto ás penas, una
criatura extraordinaria que, de os
ollos non mentiren, tiña parte de
muller e parte de peixe. O mar
estaba tan calmo que podía sentirse
escaravellar da senrada entre os
mexillóns e tamén a respiración
humidosa da serea. Foián,
hipnotizado, non lograba quitar a
vista da aleta caudal que lle nacía
pouco máis abaixo do embigo. ¡Así
que era verdade que existían!
NOVELEANDO…
La casa de la Troya / AlejandroPérezLugín e
SusoCubeiro
A novela máis importante de
Alejandro Pérez Lugín. Desenvólvese
no Santiago de Compsotela de finais
do século XIX e narra a historia de
amor entre dous mozos, Gerardo e
Carmiña. O autor reflicte as
actividades dunha sociedade que
chegou a coñecer e serviuse de
personaxes reais para construír os
que poboan este inesquecible libro.
Lilus Kikus / ElenaPoniatowska e
SantiGutiérrez
Lilus Kikus é como todas as nenas do
mundo, máis non todas as nenas do
mundo son como Lilus Kikus. Lilus é
unha nena que fai, e pensa, e di o
que todas as nenas penetrantes e
inocentes. Porén cando Lilus se
pregunta a quen pertence unha
lagarta que ve todos os días, Lilus
está a facer unha pregunta
fundamental. Os contos de Lilus Kikus
publicáronse orixinalmente en 1954.
Este foi o primeiro libro de Elena
Poniatowska, que nos anos seguintes
se convertiría nunha das autoras máis
notables de México. A presente
edición engade ao encanto do relato
as ilustracións realizadas
especialmente por Santy Gutiérrez.
O libro das viaxes imaxinarias /
XabierP.Docampo e XoséCobas
O libro das viaxes imaxinarias contén
a transcrición de dous cadernos de
viaxe carentes de data e de calquera
información que permita coñecer a
localización dos lugares visitad os ou
a identidade do seu autor. Cadernos
nos que se recollen dous tipos de
textos: descrición das cidades e
reinos visitados e apuntamentos e
debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto
con algúns textos reflexivos máis
íntimos.
Terra Chá / ManuelMaría e Isaac DíazPardo
Publicado por vez primeira en 1954,
é sen dúbida un dos seus libros máis
intensos e logrados, un sentido canto
ós eidos da súa pequena patria
luguesa onde os homes, a paisaxe, a
palabra, o mundo todo acada unha
dimensión íntima e poderosa.
A función do tequila / ManuelGuedeOliva e
XoséCobas
Peza basada nun feito real, que
conta a historia de María Docampo,
secretaria de Castelao en Nova York,
en 1938, cando este se atopaba
recadando apoios para a causa
republicana. Non obstante, esta
muller resultará ser unha axente do
Servizo de Intelixencia Americano,
destinada a espiar ao intelectual
galeguista.
Contos de máscaras, rúas, perdicións e
caníbales / PacoMartín, XabierP.Docampo,
AgustínFernándezPaz, MarilarAlexandre e
XoséCobas
Daniel atopou a primeira foto de
Diana un luns do mes de xullo pouco
antes do mediodía e, nunha rúa
próxima ao Reitorado de Vigo, non
dubidou en preguntarlle a Agustín
Fernández Paz, que pasaba por alí,
se tiña noticia da rapaza. A vaca
Brensa, ben ofendida, acláralle a
Marilar Aleixandre que non é
caníbal nin vaca tola, e que fuxiu da
casa porque de ningún xeito ía
comer aquelas fariñas feitas de
animais. Paco Martín foi un dos
moitos que andaban polo bosque a
tarde que Clementina Celia da
Misericordia López de Vídalo e
Rodríguez-Veiga decidu comprobar
se podía perderse na fraga da súa
infancia. E Xabier P. Docampo foi
testemuña do brillo desa estrela que
abraiou un rapaz e que puxo luz
onde antes só había tebras. Xosé
Cobas soubo destas engaiolantes
historias e decidu iluminalas coas
súas cores.
POEMARIOS…
PONTEENESCENA…
A ponte / ManuelLugrísFreire e AnxoFariña
Estreada en 1903, este drama en
dous actos en prosa, dividido en tres
cadros, supuxo unha ruptura
respecto do teatro anterior polo
emprego dunha lingua
contemporánea, o uso da prosa e a
referencia constante a unha
temática social próxima á
revolucionaria.
CONTANDO…
O chapaote móvese / ColectivoChapapote
Testimonio gráfico de la plataforma
formada por 66 profesionales del
cómic, nace como resultado de la
necesidad de una vía de expresión
visual ante la catástrofe del
Prestrige. En él se aúnan viñetas con
ilustración, humor gráfico, fotografía,
pintura, escultura…
INDAGANDO…
Os Réis de Galicia / AnselmoLópezCarreira e
TuchoFernándezCalo
Ata 1833 Galicia era oficialmente un
Reino, pertencente á Coroa dos
monarcas españoles. Ata esa data
cada rei de España sumaba entre os
seus títulos o de “Rei de Galicia”.
Hermerico, Frumario, Remismundo,
Veremundo, Teodimiro, Audeca,
Mauregato, Vermudo II, Urraca e
Xoán de Gante son só algún dos
monarcas que reinaron en Galicia
dende o século V ata o XIV, e que
poderás coñecer nesta obra que
inclúe tanto ilustracións orixinais,
coma recreacións.
175 Debuxos de Castelao: edición especial 50
cabodano do seu pasamento
A obra é unha reedición da
publicada en 1976 pola Caja de
Ahorros de Santiago. Recolle 175
debuxos dunha das xoias da
colección artística de Afundación:
as caricaturas e sentencias de
Cousas da Vida,
extraordinariamente profundas na
súa brevidade, que remiten a un
humorismo que reúne verdade,
beleza e utilidade, e na que se
captan os variados tipos humanos
de Galicia.
Cogumelos de Galiza / MarisaCastro,
VíctorLópezRomán e CarlosSilvar
Os cogumelos, eses “froitos” que
aparecen abundantemente nos
húmidos outonos galegos e que
corresponden á parte visíbel
dalgúns fungos. Nesta obra
recóllense as 60 especies máis
comúns nos bosques galegos.
Descritas por Marisa Castro e Víctro
López, con indicacións de se son
comestibstíbeis ou tóxicas, e
representadas polas cores de Carlos
Silvar.
Arrugas
Narra la amistad entre Emilio y
Miguel, dos ancianos recluídos en un
geriátrico. Emilio, que acaba de
llegar a la residencia en un estado
inicial de Alzheimer, será ayudado
por Miguel y otros compañeros para
no acabar en la planta superior de
la residencia, el temido piso de los
asistidos. Su alocado plan tiñe de
comedia y ternura el tedioso día a
día de los ancianos porque, aunque
para muchos sus vidas habían
terminado, ellos acaban de
empezar una nueva.
Basada en el aclamado cómic de
Paco Roca.
PARAVER…
BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA
Rúa Ágora, s/n, 15010 A Coruña
Tfno.: 981 189 886 Fax.: 981 189 887
bagora@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN
Praza Pablo Iglesias, s/n, 15009 A Coruña
Tfno.: 981 184 390 Fax: 981 184 391
bcastrillon@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL ESTUDOS LOCAIS
Rúa Durán Loriga 10, 1º, 15003 A Coruña
Tfno.: 981 184 386 Fax: 981 184 385
bestudiosl@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL FÓRUM METROPOLITANO
Rúa Río Monelos, 1, 15006 A Coruña
Tfno.: 981 184 298 Fax: 981 184 295
bforum@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL.
Rúa Durán Loriga 10, Baixo, 14003 A Coruña
Tfno.: 981 184 388 Fax: 981 184 385
binfantil@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO
Praza dos Avós, s/n - 3º, 15002 A Coruña
Tfno.: 981 184 382 Fax: 981 184 383
bmontealto@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL OS ROSALES
Praza Elíptica, 1, 15011 A Coruña
Tfno.: 981 184 389 Fax: 981 184 351
brosales@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA
Rúa Antonio Pereira, 1-3 Baixo, 15007 A Coruña
Tfno.: 981 184 392 Fax: 981 184 393
bsagradaf@coruna.es
www .coruna.es/bibliotecas
@bibcoruna

More Related Content

What's hot

Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Angeles Saco López
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNangelciencia
 
Guía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoGuía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoBibliotecadicoruna
 
Día das escritoras
Día das escritorasDía das escritoras
Día das escritorassoigca
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturatudense
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco Amor
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIAPatricia Pena Barbeito
 
Lecturas recomendadas por ciclos
Lecturas recomendadas por ciclosLecturas recomendadas por ciclos
Lecturas recomendadas por ciclosjesusorizales
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
Boletín verán 2011
Boletín verán 2011Boletín verán 2011
Boletín verán 2011martafp
 
Tema6 2010
Tema6 2010Tema6 2010
Tema6 2010xenevra
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Carmen165
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Olga Lalín
 

What's hot (20)

Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)
Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)
Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)
 
Guía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoGuía de lectura infantil. verán 2012.galego
Guía de lectura infantil. verán 2012.galego
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
Día das escritoras
Día das escritorasDía das escritoras
Día das escritoras
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da escultura
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Daniel ferreiro
Daniel ferreiroDaniel ferreiro
Daniel ferreiro
 
Lecturas recomendadas por ciclos
Lecturas recomendadas por ciclosLecturas recomendadas por ciclos
Lecturas recomendadas por ciclos
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Boletín verán 2011
Boletín verán 2011Boletín verán 2011
Boletín verán 2011
 
Os desherdados
Os desherdadosOs desherdados
Os desherdados
 
Tema6 2010
Tema6 2010Tema6 2010
Tema6 2010
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018
 

Similar to Guía de lectura. IlustrArte

Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015iessalvabiblio
 
Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012Carmen165
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigoNadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigocrocaio
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017bibliobrozos
 
Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17luis425
 
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTILSuxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTILNuriaRodrguezDomnguez
 
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigoDia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigocrocaio
 
Folletos informativos
Folletos informativosFolletos informativos
Folletos informativospazlorenzo
 

Similar to Guía de lectura. IlustrArte (20)

Verán 2016 word
Verán 2016 wordVerán 2016 word
Verán 2016 word
 
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigoNadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
 
Folleto Proscenio 2018.
Folleto Proscenio 2018. Folleto Proscenio 2018.
Folleto Proscenio 2018.
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17
 
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTILSuxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
 
Recomendacións 3º e 4º
Recomendacións 3º e 4ºRecomendacións 3º e 4º
Recomendacións 3º e 4º
 
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
 
Seleccionados SOLF nº16 (Xuño 2016)
Seleccionados SOLF nº16 (Xuño 2016)Seleccionados SOLF nº16 (Xuño 2016)
Seleccionados SOLF nº16 (Xuño 2016)
 
Seleccionados SOLF nº15 (marzo 2016)
Seleccionados SOLF nº15 (marzo 2016)Seleccionados SOLF nº15 (marzo 2016)
Seleccionados SOLF nº15 (marzo 2016)
 
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigoDia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
 
Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)
Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)
Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)
 
Daia recomenda
Daia recomendaDaia recomenda
Daia recomenda
 
Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015
Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015
Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015
 
Folletos informativos
Folletos informativosFolletos informativos
Folletos informativos
 

More from Bibliotecas Municipais de A Coruña

Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 

More from Bibliotecas Municipais de A Coruña (20)

Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Negra e criminal: selección en clave feminina
Negra e criminal: selección en clave femininaNegra e criminal: selección en clave feminina
Negra e criminal: selección en clave feminina
 
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Polimatía: Leonardo e o Renacemento
Polimatía: Leonardo e o RenacementoPolimatía: Leonardo e o Renacemento
Polimatía: Leonardo e o Renacemento
 
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
 
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Presentación Mulleres na tecnoloxía
Presentación Mulleres na tecnoloxíaPresentación Mulleres na tecnoloxía
Presentación Mulleres na tecnoloxía
 

Guía de lectura. IlustrArte

  • 2. A Real Academia de Belas Artes, vén de declarar o 1 de abril o Día das Artes Galegas, este ano adicado a Castelao. Porén quixemos rendirlle unha pequena homenaxe ó máis célebre dos nosos ilustradores cunha mostra dedicada ós ilustradores galegos, na que atoparedes unha pequena selección do traballo de moitos destes artistas. E é que xa o dicía Manel Cráneo: “Dedicarse á ilustración en calquera dos seus afluentes foi sempre unha opción ligada á incomunicación debido ao illamento que supón traballar por conta propia…“. Entre abril e xuño na Biblioteca do Fórum Metropolitano atoparedes unha mostra bibliográfica e unhas actividades coas que pretendemos dar maior visibilidade a estes profesionais, destacando a labor levada a cabo pola AGPI, que leva dende o 2003 procurando crear “conciencia de grupo e polo tanto de non traballar na soidade”. Nestes meses tamén estarán presentes datas sinaladas, como o día do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro e o Día das Letras Galegas, ano adicado a Manuel María. Ilustradores de antes e de hoxe, reunidos nesta pequena selección do que podedes atopar nos fondos das Bibliotecas Municipais da Coruña.
  • 3. De abril a xuño de 2016 PARAOSMÁISPEQUES… Árbol / AntonioRubio e ÓscarVillán Os conceptos enriba, debaixo e no medio; ademais da suma “dun máis un, son dous”, aparecen neste libro de imaxes coma se dun xogo se tratase. E é que autor e ilustrador conseguen que conceptos que pode resultar difíciles de comprender para os máis pequenos, a través dun texto breve e rimado, e dunhas ilustracións que estes poden recoñecer e identificar, resulten doadas de comprender e, ademais, dun xeito divertido, cantarín e xoguetón. Violín / AntonioRubio e ÓscarVillán Un texto mínimo e musical para os prelectores. É ideal para ler en voz alta, con versos acumulativos que permiten aos nenos participar e entreterse. O texto que xoga con “onomatopeyas” e as expresivas imaxes, permiten captar a atención dos nenos. O material sobre o que está impreso o libro -cartón duro- e o seu reducido tamaño fano moi recomendable para empregar con bebés. Paxariña de papel / AntonioRubio e ÓscarVillán Sinxela e enxeñosa proposta poética dirixida aos máis pequenos. A paxariña de papel está a poñer a mesa, primeiro pon o mantel e enriba vanse acumulando unha serie de obxectos, ata compoñer un sinxelo poema. Sete secuencias de marcado ritmo, con rimas e imaxes moi adecuadas aos máis pequenos. Unha boa proposta para ler xuntos en voz alta, xogando coa voz e o ritmo. A presentación tamén está moi indicada para a idade, encadernada en cartoné en formato cadrado e con puntas redondeadas.
  • 4. Bechos pequerrechos / MaríaLires Conto para nenos amantes dos animais e da poesía, onde verán un desfile zoolóxico divertido e cheo de cores. Bechos de cabelos crechos que cantan e contan a súa vida de pequerrechos. Antón e Pompón. As cores / AnxoFariña Conto moi musical para aprender as cores a ritmo de poesía. Formato orixinal de tapa dura acolchada moi manexable para peques. Poderedes desfrutar de vibrantes ilustracións cheas de cor e aprenderedes o valor da amizade co Antón e os seus amiguiños. Don Pon e o pequeno Pin / RodrigoChao O pequeno Pin, un cangrexo ermitán, atravesa unha gran crise de identidade ata que se atopa con Don Pol, o polbo máis vello dos océanos. A súa intelixencia e astucia non só o salvan de ser o xantar do famento Don Pol, tamén o levan a coñecer a súa verdadeira identidade e a vivir co seus iguais a salvo de todo perigo. Roi quere ser mamá / AnaPilladoVega Forma parte dunha colección “Lila Lilaina”, trátase dun conto que narra con delicadeza a igualdade entre nenos e nenas. Roi é un neno ao que lle gosta coidar á súa irmá e xogar ás casiñas... Ana Pillado quere que hábitos asociados normalmente ás mulleres se vexan normalizados tamén nos homes, esquecendo prexuízos. PARACOMPARTIllAR NACASA…
  • 5. A casa máis animada do mundo / AlmudenaAparicio Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fóra da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan ás agachadas. El corazón de la casa / CarmenGómez Os recunchos máis especiais dunha casa serven a esta magnífica autora como pretexto para lembrar e recrear, a través dun verso sinxelo e cheo de emotividade, imaxes gardadas na memoria. O cuarto escuro, as xanelas, o trasteiro... énchense de lirismo e de vida a través dunha linguaxe poética tan próxima ao neno que lle resultará un xogo. A magnífica ilustración soubo captar toda a plasticidade e emotividade da particular atmosfera creada pola autora. Venres / SantiagoFreire e DaniPadrón Reinterpretación de “Robinson Crusoe” desde a perspectiva do personaxe de Venres. A obra permite achegarse a este clásico da literatura desde unha óptica diferente, ao situar como protagonista a un personaxe secundario, facendo fincapé en valores como a amizade e a igualdade e a convivencia entre distintas culturas. O meniño Nito. Entón, os homes choran ou non? / SoniaRosa e MacusRomero Os homes choran ou non choran? Este é o dilema no que se atopa Nito, e que lle trae non poucos problemas ata que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas. PARADESFRUTAR ONDEQUEIRAS…
  • 6. A galiña / AdelaLeiro, XoséRamónDaporta, MartaRiera, PepeCarreiro e GenovevaPiñeiro Libro informativo que forma parte dunha colección sobre animais domesticos galegos, neste caso da galiña. Sumerxíndonos nas suas páxinas podémonos entreter coas ilustracions de Marta Riera, Pepe Carreiro e Genoveva Piñeiro e aprender sobre a fisionomía, alimentación, etc. das galiñas do país. Hércules e Crunia /JoseAntonioAbad e DavidPintor Jose Antonio Abad profunda nas raíces mitolóxicas da Coruña para dar a coñecer a súa orixe, destacando a tolerancia por riba de todas as cualidades. Pola súa banda, o debuxante David Pintor pareceulle un reto estimulante o de ilustrar un texto sobre a cidade na que naceu, combinando lenda, mar e música. Por iso se documentou sobre o mito de Hércules, visitou os que podían ser escenarios da loita contra Xerión e empapouse da xeografía costeira... Ata que despois de centos de bosquexos logrou o resultado final, que mestura un estilo moderno pero sen perder o carácter clásico das historias mitolóxicas. Nicolás va de compras / AliciaSuárez Produtos de alimentación, pezas de vestir, obxectos de agasallo e un refrixerio para repoñerse dunha intensa xornada de compras. A guía de tendas facilítanos o "día a día". As linguas dos amais / AnxoFariña Ilustrado magníficamente por Anxo Fariña que nos conta que está baseado no Carmina Burana 132. A través dun álbume de cromos o avó vai amosando aos seus netos as diferentes linguas dos animais. Descubrimos que o morcego asubía, os porcos gruñen, o tigre roufeña, o leopardo funga, o elefante brama, a ovella bea, o cabalo rincha, o rato chía, o gato miaña, etc. E nós falamos e danos a risa. PARASABER DE…
  • 7. Compostela / DavidPintor Este libro sen palabras lembra tanto a eses antigos rolos ilustrados xaponeses (emaki) como a eses xoguetes ópticos previos ao cinema que en Occidente abriron novos espazos de entretemento e investigación científica. A secuencia narrativa funciona como unha cinta continua que nos dá a impresión de viaxar por Compostela sen saír de casa. Acompañando ao debuxante que serve de guía, sentimos o seu vento e percorremos teitos, rúas, balcóns, xardíns e cafés nunha excursión que desexamos volver facer unha e outra vez. Las aventuras de la Bruja Fritanga / XanLopezDomínguez De todos os feitizos, pócimas e tolemias máxicas, o mago Renglong deu cun de enormes consecuencias: converteuse a si mesmo en xigante! Pero non atopa un antídoto para volver ao seu tamaño normal. A súa única esperanza é que a boa da bruxa Fritanga lle axude a atopar unha solución. No seu divertido periplo para axudarlle, Fritanga descubrirá que para vencer grandes dificultades hai que asumir grandes riscos. O castelo do asombro / RamonCaride e DaniPadron O castelo do asombro —que se acompaña das sempre suxestivas imaxes de Dani Padrón— é nunha lograda compilación de relatos populares que se engastan nunha trama principal que avanza en meandros, desenvolvendo unha tipoloxía de fórmulas, personaxes e solucións narrativas ben coñecidas polos contadores de sempre: xemelgos que se intercambian, seres terroríficos que habitan castelos encantados aos que cómpre vencer, espelidos cegos que a todos enganan, un festival de arquetipos que faría as delicias de Propp e que funcionou, funciona e funcionará porque enraíza na cerna mesma do noso imaxinario social no que sempre nos vemos recoñecidos. IMAXINANDO…
  • 8. Os megatoxos e os templarios da luz / AnxoFariña A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes. O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos. Veranse obrigados a viaxar ao pasado, á cidade de París no medio da Revolución industrial, onde coñecerán o poder dos Templarios da Luz. E alí terán que facer fronte á terrible decisión: escoller entre a vida dun ser querido ou a dunha cidade enteira... Ti que escollerías? Fantasmas de luz / AgustínFernandezPaz e MiguelanxoPrado A Damián fascínalle o cinema, quizais porque leva trinta e cinco anos traballando como operador de cabina de proxección no cinema Soñadores. Un día recibe unha carta do seu xefe citándoo a unha reunión na que lle pide que non volva ao traballo. Isto será o desencadenamento dun profundo cambio na vida de Damián. Con angustia, irase dando conta de que aos poucos se vai volvendo invisible. Historias que contan as paredes / AnaMªFernandez e ManelCraneo Foi unha interesante experiencia para Manel Cráneo enfocar o traballo utilizando diferentes tipos de paredes como tetigos mudos do que acontece na vida e que con tanta sensibilidade sabe contar Ana María. Obviamente, as imaxes adquiren máis sentido ao ler os textos que acompañan. ENREDANDO NALECTURA…
  • 9. Nano / ConchaBlanco Nano é un mozo que ben se pode identificar co inverno, pola súa cor gris, estación do ano de días curtos e noites largas. Nano procura recoñecerse e aceptarse tal como é, cos seus defectos e virtudes. Inténtao primeiro da man de Mali e logo da de Román. Cústalle abrir a porta da gaiola na que el mesmo se pecha cada día e comezar a voar, proxectándose libremente ao exterior ante os ollos da súa xente. Cuando cre que o vai conseguir, unha desgraciada circunstancia, coa que ninguén contaba, convértese nun atranco difícil de salvar. Pero do dano sufrido tamén se aprende e Nano non se permite tocar fondo e rexorde, agora coma os gromos na primavera. Unha historia de intriga e de loita polo recoñecemento da propia identidade sexual. Ouro negro / Pereledi e AndrésMeixide “Se quere volver ver os seus fillos e mais a súa irmá, siga as nosas instrucións”. A inspectora Nola acaba de recibir no seu móbil esta inquietante mensaxe. Mal empezan as súas vacacións. Está no aeroporto de Algures, esa fermosa illa á que viaxou coa súa familia para pasar uns días de descanso todos xuntos. E, de súpeto, chega esa mensaxe e todo se torce. Por que secuestraron aos seus? Quen pode estar detrás de todo isto? Nola, muller afouta e incansable, non parará ata descubrir onde está a súa familia. Coa axuda do valente gato Lolo, percorrerá a illa de Algures nunha trepidante busca chea de enredos, atrancos e sorpresas. Porque a vida só ten sentido cando sabes que as persoas que queres están a salvo.
  • 10. Cartas de inverno / AgustinFernándePaz e AntonioSeijas Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Mais alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que quizais as persoas nin tan sequera somos capaces de imaxinar. Marcopola. A illa remeira – Dragoneta / JacoboFernándezSerrano Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca. Demoneta transformarase en Dragoneta, e ninguén no mundo estará a salvo! Que será de Marcopola e de Libro? Que vai ser agora de todos nós? Golfiño e os invasores / Fausto Xa están aquí! A humanidade aínda non o sabe, pero a invasión está en marcha! O que empeza sendo unha tranquila tarde no parque, convértese para Golfiño e os seus amigos nunha disparatada aventura na que deben facer fronte a unha raza alieníxena chegada á Terra con propósitos inconfesables... Conseguirá Golfiño deter os maquiavélicos plans do Gran Imperio Cuá-Cuá? Nestas páxinas tedes o relato veraz do sucedido. UNPOUCO DE BANDADESEÑADA…
  • 11. Guia ilustrada da Galicia invisible / AntonioReigosa e NoemíLopez Hai unha Galicia visible e hai outra que non se ve inzada de reinos, cidades, vilas, illas, covas, camiños, montes e outros moitos lugares onde disque fan vida xentes anfibias e outros seres capaces de circular entrambos os mundos, o tanxible e o intanxible, o que vemos e o que temos que imaxinar.Neste libro, unha guía práctica para viaxar por un cento destes lugares, abrimos as galerías, franqueamos e iluminamos os pasos soterrados para chegar a eses mundos escuros, sepultados baixo a terra ou a area, navegamos polas canles que conducen aos lugares mergullados baixo as arrebatadas augas dun pozo ou dunha lagoa, do mar ou do ceo, a guiámosvos polos carreiros que agabean ou descenden ata os segredos do misterio. Unha guía que fai visible o invisible. Hercules e Xerion / ManuelAlmofrei e LuisSendón Recreación libre da lenda tradicional que narra a estadía de Hércules na Galiza, o seu enfrontamento con Xerión e a construción dunha Torre que servise de recordo da súa vitoria e alumase as viaxes dos navegantes. A memoria das arbores / MarcialdelAdalid, XoseA.NeiraCruz e KikoDasilva Os pais de Tano, cando naceu, prantaron unha árbore no xardín para que crecese xunto a el. Todos os anos, o día do aniversario de Tano, fan unha especie de cerimonia en torno á árbore. A Tano isto non lle parece suficiente, así que colle un anaco do seu pastel e lévallo ao baobab. Pola noite, un estrano son vai perturbar o sono de Tano. Unha bonita e tenra historia aderezada cunhas peculiares ilustracións e cun disco gravado pola Sinfónica de Galicia. PARASABERMÁIS… PARAESCOITAR…
  • 12. De profundis / MiguelanxoPrado e NaniGarcía Había unha vez unha casa no medio do mar, onde unha muller esperaba tocando un violoncelo melancólico. Agardaba ao seu amado, un pintor que sempre quixo ser mariñeiro para navegar entre as medusas, as estrelas de mar e os peixes de mil colores e que soñaba nos seus cadros. A súa fascinación levoulle a emprender unha viaxe no que descubrir a emocionante beleza e os misterios das profundidades, pero tras o que ningún de sabíaos se algún día poderían volver atoparse? O soño dunha noite de San Xoán / ÁngeldelaCruz, ManoloGómez Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente, pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. PARAVERENFAMILIA… S.O.S.SOMOSPAIS… Eu tamén son fonte / TeresaMoure e LeandroLamas Nesta nova obra, Teresa Moure preséntanos un texto poético para unha historia fermosa sobre o amor, a vida, e a intimidade gozosa entre as nais e os seus fillos e fillas.
  • 13. Ardalén / MiguelanxoPrado Somos o que lembramos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela tenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van entretejiendo nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demais lembran. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e agarimo, e hai rancores e odios. Por iso lembrar non é inocuo. Pero quen non lembra, non vive. Despois de tres anos dedicado a Ardalén, Miguelanxo Pradonos ofrece a súa obra máis extensa e ambiciosa ata a data. Un relato fascinante sobre os recordos e a memoria, con personaxes inesquecibles e a mestría dun dos mellores autores de cómic do noso país. COMIQUEANDO… El infierno del dibujante / KikodaSilva Manuel Pardo é un debuxante de 72 anos que leva toda a vida dedicándose a crear historietas... pero a pesar da súa versatilidade e destreza co lapis, nunca foi capaz de publicar ningunha. Cada vez que crea unha historieta descobre que alguén se lle adiantou e publicou unha igual á súa. Que mala sorte! Pero o incansable Manuel seguirá tentando ser o máis rápido para lograr que lle publiquen algún dos seus cómics... a condición de que alguén non o fagan antes que el. Conseguirao? Honrando aos grandes clásicos da historieta cun gran respecto, Kiko dá Silva é capaz de mesturar con gran mestría un debuxo intimista e doce que narra a vida de Manuel cunha excelente imitación dos cómics que desde nenos lemos.
  • 14. Aventuras de un oficinista japonés / JoséDomingo Conta en clave de humor e sen palabras o enrevesado camiño de volta a casa dun sinxelo oficinista quen un día como outro calquera sae do seu traballo sen sospeitar que, sen o cheirar, unha longa sucesión de estraños e incribles acontecementos está a piques de desencadearse ao redor, sobre e en contra da súa persoa. Unha narración atípica, que presta especial atención ao detalle, á expresividade e á fluidez narrativa, buscando sorprender, divertir e emocionar de principio a fin. Coruñagráfica A primeira guía profesional de creadoras e creadores locais que traballan no ámbito da ilustración, banda deseñada, animación e humor gráfico. Coruña Gráfica recolle os traballos, algúns inéditos, de 69 autoras e autores profesionais ou semiprofesionais da cidade ou que desenvolveron unha parte da súa traxectoria profesional na mesma. Ademais dos traballos, a guía amosa obras destacadas, premios, portfolio dixital, contacto e unha fotografía de cada autor e autora realizada nos espazos culturais dependentes da Concellería de Culturas. Humorgráficogalego Antoloxía de humor gráfico, composta por m. A obra está dividida en dúas seccións: a primeira de caricaturas, e a segunda de chistes gráficos. Os personaxes caricaturizados foron na súa maioría representativos da sociedade galega (Laxeiro, Xosé Manuel Beiras, Isaac Díaz Pardo, Xaquín Marín, Miguel Anxo Fernán Vello…). SOBREILUSTRADORES…
  • 15. Can depalleiro Cando a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración buscaba un tama para a súa primeira exposición soou o ouveo do can de palleiro, unha especie autóctona e protexida con denominación de orixe. Pareceulles que os ilustradores galegos tamén podían reclamar a súa denominación de orixe mediante oa promoción conxunta do seu traballo e que o mesmísimo can de palleiro podería ser o nexo temático da mostra. Neste catálogo da expoción, aparecen corenta e tres participantes de varias xeracións de artistas gráficos, salientando a diversidade estilística e a calidade do seu traballo. Sorrisos e boacolleita Unha homenaxe de corenta humoristas galegos aos homes e mulleres do agro, fonte de riqueza, de sabedoría, e como non, de humor. De cada ilustrador aparece unha obra e información sobre a súa traxectoria, publicacións e premios. A muller mariña: dunha mítica criatura do mar e da terra / XoséLuísMartínezPereiro e AnaPillado E velaí que o cazador, desde a súa privilexiada situación de cabaleiro, víu deleitada na beira, como durminido xunto ás penas, una criatura extraordinaria que, de os ollos non mentiren, tiña parte de muller e parte de peixe. O mar estaba tan calmo que podía sentirse escaravellar da senrada entre os mexillóns e tamén a respiración humidosa da serea. Foián, hipnotizado, non lograba quitar a vista da aleta caudal que lle nacía pouco máis abaixo do embigo. ¡Así que era verdade que existían! NOVELEANDO…
  • 16. La casa de la Troya / AlejandroPérezLugín e SusoCubeiro A novela máis importante de Alejandro Pérez Lugín. Desenvólvese no Santiago de Compsotela de finais do século XIX e narra a historia de amor entre dous mozos, Gerardo e Carmiña. O autor reflicte as actividades dunha sociedade que chegou a coñecer e serviuse de personaxes reais para construír os que poboan este inesquecible libro. Lilus Kikus / ElenaPoniatowska e SantiGutiérrez Lilus Kikus é como todas as nenas do mundo, máis non todas as nenas do mundo son como Lilus Kikus. Lilus é unha nena que fai, e pensa, e di o que todas as nenas penetrantes e inocentes. Porén cando Lilus se pregunta a quen pertence unha lagarta que ve todos os días, Lilus está a facer unha pregunta fundamental. Os contos de Lilus Kikus publicáronse orixinalmente en 1954. Este foi o primeiro libro de Elena Poniatowska, que nos anos seguintes se convertiría nunha das autoras máis notables de México. A presente edición engade ao encanto do relato as ilustracións realizadas especialmente por Santy Gutiérrez. O libro das viaxes imaxinarias / XabierP.Docampo e XoséCobas O libro das viaxes imaxinarias contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitad os ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto con algúns textos reflexivos máis íntimos.
  • 17. Terra Chá / ManuelMaría e Isaac DíazPardo Publicado por vez primeira en 1954, é sen dúbida un dos seus libros máis intensos e logrados, un sentido canto ós eidos da súa pequena patria luguesa onde os homes, a paisaxe, a palabra, o mundo todo acada unha dimensión íntima e poderosa. A función do tequila / ManuelGuedeOliva e XoséCobas Peza basada nun feito real, que conta a historia de María Docampo, secretaria de Castelao en Nova York, en 1938, cando este se atopaba recadando apoios para a causa republicana. Non obstante, esta muller resultará ser unha axente do Servizo de Intelixencia Americano, destinada a espiar ao intelectual galeguista. Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales / PacoMartín, XabierP.Docampo, AgustínFernándezPaz, MarilarAlexandre e XoséCobas Daniel atopou a primeira foto de Diana un luns do mes de xullo pouco antes do mediodía e, nunha rúa próxima ao Reitorado de Vigo, non dubidou en preguntarlle a Agustín Fernández Paz, que pasaba por alí, se tiña noticia da rapaza. A vaca Brensa, ben ofendida, acláralle a Marilar Aleixandre que non é caníbal nin vaca tola, e que fuxiu da casa porque de ningún xeito ía comer aquelas fariñas feitas de animais. Paco Martín foi un dos moitos que andaban polo bosque a tarde que Clementina Celia da Misericordia López de Vídalo e Rodríguez-Veiga decidu comprobar se podía perderse na fraga da súa infancia. E Xabier P. Docampo foi testemuña do brillo desa estrela que abraiou un rapaz e que puxo luz onde antes só había tebras. Xosé Cobas soubo destas engaiolantes historias e decidu iluminalas coas súas cores. POEMARIOS… PONTEENESCENA… A ponte / ManuelLugrísFreire e AnxoFariña Estreada en 1903, este drama en dous actos en prosa, dividido en tres cadros, supuxo unha ruptura respecto do teatro anterior polo emprego dunha lingua contemporánea, o uso da prosa e a referencia constante a unha temática social próxima á revolucionaria. CONTANDO…
  • 18. O chapaote móvese / ColectivoChapapote Testimonio gráfico de la plataforma formada por 66 profesionales del cómic, nace como resultado de la necesidad de una vía de expresión visual ante la catástrofe del Prestrige. En él se aúnan viñetas con ilustración, humor gráfico, fotografía, pintura, escultura… INDAGANDO… Os Réis de Galicia / AnselmoLópezCarreira e TuchoFernándezCalo Ata 1833 Galicia era oficialmente un Reino, pertencente á Coroa dos monarcas españoles. Ata esa data cada rei de España sumaba entre os seus títulos o de “Rei de Galicia”. Hermerico, Frumario, Remismundo, Veremundo, Teodimiro, Audeca, Mauregato, Vermudo II, Urraca e Xoán de Gante son só algún dos monarcas que reinaron en Galicia dende o século V ata o XIV, e que poderás coñecer nesta obra que inclúe tanto ilustracións orixinais, coma recreacións. 175 Debuxos de Castelao: edición especial 50 cabodano do seu pasamento A obra é unha reedición da publicada en 1976 pola Caja de Ahorros de Santiago. Recolle 175 debuxos dunha das xoias da colección artística de Afundación: as caricaturas e sentencias de Cousas da Vida, extraordinariamente profundas na súa brevidade, que remiten a un humorismo que reúne verdade, beleza e utilidade, e na que se captan os variados tipos humanos de Galicia. Cogumelos de Galiza / MarisaCastro, VíctorLópezRomán e CarlosSilvar Os cogumelos, eses “froitos” que aparecen abundantemente nos húmidos outonos galegos e que corresponden á parte visíbel dalgúns fungos. Nesta obra recóllense as 60 especies máis comúns nos bosques galegos. Descritas por Marisa Castro e Víctro López, con indicacións de se son comestibstíbeis ou tóxicas, e representadas polas cores de Carlos Silvar.
  • 19. Arrugas Narra la amistad entre Emilio y Miguel, dos ancianos recluídos en un geriátrico. Emilio, que acaba de llegar a la residencia en un estado inicial de Alzheimer, será ayudado por Miguel y otros compañeros para no acabar en la planta superior de la residencia, el temido piso de los asistidos. Su alocado plan tiñe de comedia y ternura el tedioso día a día de los ancianos porque, aunque para muchos sus vidas habían terminado, ellos acaban de empezar una nueva. Basada en el aclamado cómic de Paco Roca. PARAVER… BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA Rúa Ágora, s/n, 15010 A Coruña Tfno.: 981 189 886 Fax.: 981 189 887 bagora@coruna.es BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN Praza Pablo Iglesias, s/n, 15009 A Coruña Tfno.: 981 184 390 Fax: 981 184 391 bcastrillon@coruna.es BIBLIOTECA MUNICIPAL ESTUDOS LOCAIS Rúa Durán Loriga 10, 1º, 15003 A Coruña Tfno.: 981 184 386 Fax: 981 184 385 bestudiosl@coruna.es BIBLIOTECA MUNICIPAL FÓRUM METROPOLITANO Rúa Río Monelos, 1, 15006 A Coruña Tfno.: 981 184 298 Fax: 981 184 295 bforum@coruna.es BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL. Rúa Durán Loriga 10, Baixo, 14003 A Coruña Tfno.: 981 184 388 Fax: 981 184 385 binfantil@coruna.es BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO Praza dos Avós, s/n - 3º, 15002 A Coruña Tfno.: 981 184 382 Fax: 981 184 383 bmontealto@coruna.es BIBLIOTECA MUNICIPAL OS ROSALES Praza Elíptica, 1, 15011 A Coruña Tfno.: 981 184 389 Fax: 981 184 351 brosales@coruna.es BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA Rúa Antonio Pereira, 1-3 Baixo, 15007 A Coruña Tfno.: 981 184 392 Fax: 981 184 393 bsagradaf@coruna.es www .coruna.es/bibliotecas @bibcoruna