SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
ESTRUTURAS
COOPERATIVAS
I.T.I
Adaptado por José R. Vidal para I.T.I IES Monte Carrasco
Obra orixinal de Elena López Vara e Begoña Otero Riobó Licenza Formación 2015-16 Consellería de Educación e O.U.
Imaxe : Cadena Humana, [en liña], Pixabay, Public Domain
QUÉ SON AS ESTRUTURAS COOPERATIVAS?
Unha estrutura cooperativa da actividade
corresponde a unha determinada forma de
organizar sucesivas operacións que o
alumno debe seguir no momento de levar a
cabo unha determinada actividade ou tarefa,
de xeito que se asegure ao máximo o que
Spencer Kagan (1999) denomina a
participación equitativa e a interacción
simultánea.
…
As estruturas cooperativas poden ser
máis simples ou máis complexas.
Algo común a todas elas é que non teñen
contido en si mesmas; son só a
estrutura que se aplica para traballar uns
determinados contidos, de calquera área
do currículo, de xeito que xeren a
necesidade de colaborar e axudarse.
Unha estrutura simple, aplicada a un contido de
aprendizaxe, constitúe unha actividade de
aprendizaxe de curta duración.
Unha estrutura complexa, aplicada en relación a
uns contidos de aprendizaxe, convértese nunha
macroactividade.
ESTRUTURAS BÁSICAS
Lectura
compartida
Estrutura 1-
2-4
Folio
xiratorio
O xogo de
palabras
Lapis ao
centro
Parada de
tres minutos
LECTURA COMPARTIDA
No momento de ler un texto pode facerse en equipo: Un
membro do grupo le o primeiro parágrafo. Os demais
deben estar atentos xa que, seguindo as agullas do
reloxo, o seguinte compañeiro deberá explicar o que se
acaba de ler ou deberá facer un resumo. Os outros
membros do equipo deben dicir se é correcto ou non.
A continuación, o que fixo o resumo do primeiro parágrafo
lerá o segundo e o terceiro membro do equipo fará o
resumo.
Así sucesivamente ata rematar de ler o texto.
FOLIO XIRATORIO
Asígnase unha tarefa que pode ser unha lista de palabras, a
redacción dun conto, as cousas que se saben dun
determinado tema para coñecer ideas previas, unha frase
que resuma a idea fundamental do tema que se estea
estudando, etc. Entregarase un folio ao equipo no que
resolverán a tarefa.
Un membro do equipo comeza a escribir a súa achega ao
folio xiratorio.
A continuación pásallo ao compañeiro seguinte seguindo a
dirección das agullas do reloxo para que este escriba a
súa achega no folio. Así sucesivamente ata que todos os
membros participen na resolución da tarefa.
1-2-4
Formúlase unha cuestión ao grupo e facilítaselle un
modelo con tres columnas para que anoten nela as
sucesivas respostas.
Dentro do equipo, primeiro cada un, de maneira
individual, pensa cal é a resposta correcta e anótaa na
primeira columna. En segundo lugar, póñense de dous
en dous, intercambian as respostas e as comentan,
facendo as anotacións na segunda columna.
Por último, todo o equipo, despois de ensinar as
respostas das dúas parellas, compoñen a resposta
mais adecuada e anótana na terceira columna.
LAPIS AO CENTRO
O profesor dá unha lista de cuestións ou preguntas a
resolver. Cada membro do equipo debe facerse cargo
dunha pregunta ou exercicio: debe lelo en voz alta e debe
ser o primeiro en opinar como responder. A continuación
pregunta a opinión aos outros membros do equipo,
seguindo a dirección das agullas do reloxo. A partir das
distintas opinións, discuten e entre todos deciden a
resposta adecuada.
Durante todo este proceso, os lapis e bolígrafos deben
estar colocados no centro da mesa, indicando que é o
momento de falar e escoitar, e que non se pode escribir.
Procédese a continuación con outra cuestión, sendo o
seguinte membro do equipo o que comece o proceso.
PARADA DE TRES MINUTOS
Cando se está a facer unha explicación a todo o grupo en xeral, o
profesor/a interrompe a explicación e establece unha parada de
tres minutos. Cada equipo debe reflexionar sobre o que se
estivo a explicar e debe pensar dous ou tres aspectos que non
quedaron suficientemente claros.
Unha vez transcorridos os tres minutos, o portavoz de cada
equipo formulará unha dúbida. Faranse tantas roldas de
dúbidas como sexa necesario.
Resoltas estas, proséguese coa explicación, ata que se estableza
unha nova parada de tres minutos.
O XOGO DE PALABRAS
Escríbense na pizarra varias palabras clave do tema que se estea
a traballar.
Cada membro de cada equipo, debe escribir unha frase con unha
palabra clave. A continuación cada estudante amosa a súa frase
ao resto do equipo, e entre todos, a matizan completan, etc.
Se hai mais de catro palabras clave, faranse as roldas que sexan
necesarias. A continuación ordenarán, cun criterio lóxico, as
frases compoñendo unha especie de resume ou mapa
conceptual.

More Related Content

Viewers also liked (20)

NBAG_Griechisch.pdf
NBAG_Griechisch.pdfNBAG_Griechisch.pdf
NBAG_Griechisch.pdf
 
01 bash
01 bash01 bash
01 bash
 
What Is PIP Insurance?
What Is PIP Insurance?What Is PIP Insurance?
What Is PIP Insurance?
 
P67 dinámica
P67 dinámicaP67 dinámica
P67 dinámica
 
19
1919
19
 
Cardápio Loucos de Assar
Cardápio Loucos de AssarCardápio Loucos de Assar
Cardápio Loucos de Assar
 
Mensurando as Ações Voluntárias por Meio do Cubo Classificatório
Mensurando as Ações Voluntárias por Meio do Cubo ClassificatórioMensurando as Ações Voluntárias por Meio do Cubo Classificatório
Mensurando as Ações Voluntárias por Meio do Cubo Classificatório
 
Tolo Coll / Si has begut o consumit drogues, no agafis la moto
Tolo Coll / Si has begut o consumit drogues, no agafis la motoTolo Coll / Si has begut o consumit drogues, no agafis la moto
Tolo Coll / Si has begut o consumit drogues, no agafis la moto
 
5
55
5
 
Ordenanza 001
Ordenanza 001Ordenanza 001
Ordenanza 001
 
Superarse a sí mismo - Dr. Jorge Carvajal
Superarse a sí mismo - Dr. Jorge CarvajalSuperarse a sí mismo - Dr. Jorge Carvajal
Superarse a sí mismo - Dr. Jorge Carvajal
 
Mibac logo
Mibac logoMibac logo
Mibac logo
 
Octubre
OctubreOctubre
Octubre
 
El govern de CiU i ICV-EUiA de Polinyà rebutja debatre la petició a la Genera...
El govern de CiU i ICV-EUiA de Polinyà rebutja debatre la petició a la Genera...El govern de CiU i ICV-EUiA de Polinyà rebutja debatre la petició a la Genera...
El govern de CiU i ICV-EUiA de Polinyà rebutja debatre la petició a la Genera...
 
Ez izan beldurrik
Ez izan beldurrikEz izan beldurrik
Ez izan beldurrik
 
Esposa
EsposaEsposa
Esposa
 
Tp n° 2 informatica
Tp n° 2 informaticaTp n° 2 informatica
Tp n° 2 informatica
 
Model examen t5 1r eso
Model examen t5 1r esoModel examen t5 1r eso
Model examen t5 1r eso
 
Apresentação Rio Preto Rodeo Country Bulls
Apresentação Rio Preto Rodeo Country BullsApresentação Rio Preto Rodeo Country Bulls
Apresentação Rio Preto Rodeo Country Bulls
 
OUTPUT BI - MAKING IT WORK FOR YOU
OUTPUT BI - MAKING IT WORK FOR YOUOUTPUT BI - MAKING IT WORK FOR YOU
OUTPUT BI - MAKING IT WORK FOR YOU
 

Similar to Estruturas cooperativas 160211122547-1 (8)

Tache 2 déborah
Tache 2 déborahTache 2 déborah
Tache 2 déborah
 
Técnicas de estudo
Técnicas de estudoTécnicas de estudo
Técnicas de estudo
 
Técnicas de estudo
Técnicas de estudoTécnicas de estudo
Técnicas de estudo
 
Tache 3
Tache 3Tache 3
Tache 3
 
Enquisa latin i_curso_09_10
Enquisa latin i_curso_09_10Enquisa latin i_curso_09_10
Enquisa latin i_curso_09_10
 
TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
 
Lectura comprensiva
Lectura comprensivaLectura comprensiva
Lectura comprensiva
 
Tarea 3
Tarea 3Tarea 3
Tarea 3
 

Estruturas cooperativas 160211122547-1

  • 1. ESTRUTURAS COOPERATIVAS I.T.I Adaptado por José R. Vidal para I.T.I IES Monte Carrasco Obra orixinal de Elena López Vara e Begoña Otero Riobó Licenza Formación 2015-16 Consellería de Educación e O.U. Imaxe : Cadena Humana, [en liña], Pixabay, Public Domain
  • 2. QUÉ SON AS ESTRUTURAS COOPERATIVAS? Unha estrutura cooperativa da actividade corresponde a unha determinada forma de organizar sucesivas operacións que o alumno debe seguir no momento de levar a cabo unha determinada actividade ou tarefa, de xeito que se asegure ao máximo o que Spencer Kagan (1999) denomina a participación equitativa e a interacción simultánea.
  • 3. … As estruturas cooperativas poden ser máis simples ou máis complexas. Algo común a todas elas é que non teñen contido en si mesmas; son só a estrutura que se aplica para traballar uns determinados contidos, de calquera área do currículo, de xeito que xeren a necesidade de colaborar e axudarse.
  • 4. Unha estrutura simple, aplicada a un contido de aprendizaxe, constitúe unha actividade de aprendizaxe de curta duración. Unha estrutura complexa, aplicada en relación a uns contidos de aprendizaxe, convértese nunha macroactividade.
  • 5. ESTRUTURAS BÁSICAS Lectura compartida Estrutura 1- 2-4 Folio xiratorio O xogo de palabras Lapis ao centro Parada de tres minutos
  • 6. LECTURA COMPARTIDA No momento de ler un texto pode facerse en equipo: Un membro do grupo le o primeiro parágrafo. Os demais deben estar atentos xa que, seguindo as agullas do reloxo, o seguinte compañeiro deberá explicar o que se acaba de ler ou deberá facer un resumo. Os outros membros do equipo deben dicir se é correcto ou non. A continuación, o que fixo o resumo do primeiro parágrafo lerá o segundo e o terceiro membro do equipo fará o resumo. Así sucesivamente ata rematar de ler o texto.
  • 7. FOLIO XIRATORIO Asígnase unha tarefa que pode ser unha lista de palabras, a redacción dun conto, as cousas que se saben dun determinado tema para coñecer ideas previas, unha frase que resuma a idea fundamental do tema que se estea estudando, etc. Entregarase un folio ao equipo no que resolverán a tarefa. Un membro do equipo comeza a escribir a súa achega ao folio xiratorio. A continuación pásallo ao compañeiro seguinte seguindo a dirección das agullas do reloxo para que este escriba a súa achega no folio. Así sucesivamente ata que todos os membros participen na resolución da tarefa.
  • 8. 1-2-4 Formúlase unha cuestión ao grupo e facilítaselle un modelo con tres columnas para que anoten nela as sucesivas respostas. Dentro do equipo, primeiro cada un, de maneira individual, pensa cal é a resposta correcta e anótaa na primeira columna. En segundo lugar, póñense de dous en dous, intercambian as respostas e as comentan, facendo as anotacións na segunda columna. Por último, todo o equipo, despois de ensinar as respostas das dúas parellas, compoñen a resposta mais adecuada e anótana na terceira columna.
  • 9. LAPIS AO CENTRO O profesor dá unha lista de cuestións ou preguntas a resolver. Cada membro do equipo debe facerse cargo dunha pregunta ou exercicio: debe lelo en voz alta e debe ser o primeiro en opinar como responder. A continuación pregunta a opinión aos outros membros do equipo, seguindo a dirección das agullas do reloxo. A partir das distintas opinións, discuten e entre todos deciden a resposta adecuada. Durante todo este proceso, os lapis e bolígrafos deben estar colocados no centro da mesa, indicando que é o momento de falar e escoitar, e que non se pode escribir. Procédese a continuación con outra cuestión, sendo o seguinte membro do equipo o que comece o proceso.
  • 10. PARADA DE TRES MINUTOS Cando se está a facer unha explicación a todo o grupo en xeral, o profesor/a interrompe a explicación e establece unha parada de tres minutos. Cada equipo debe reflexionar sobre o que se estivo a explicar e debe pensar dous ou tres aspectos que non quedaron suficientemente claros. Unha vez transcorridos os tres minutos, o portavoz de cada equipo formulará unha dúbida. Faranse tantas roldas de dúbidas como sexa necesario. Resoltas estas, proséguese coa explicación, ata que se estableza unha nova parada de tres minutos.
  • 11. O XOGO DE PALABRAS Escríbense na pizarra varias palabras clave do tema que se estea a traballar. Cada membro de cada equipo, debe escribir unha frase con unha palabra clave. A continuación cada estudante amosa a súa frase ao resto do equipo, e entre todos, a matizan completan, etc. Se hai mais de catro palabras clave, faranse as roldas que sexan necesarias. A continuación ordenarán, cun criterio lóxico, as frases compoñendo unha especie de resume ou mapa conceptual.