Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
TÉCNICAS DE ESTUDO
COMO ESTUDAR?
RECOMENDACIÓNS PARA
O ESTUDO
COMEZAMOS
UTILIZAR A AXENDA
- A axenda debo levala a clase e á casa todos os
días.
- Debo anotar na axenda (na páxina do día que
cor...
1º - forma física
- A actividade de estudar está moi relacionada coa
boa saúde física e moi favorecida polos hábitos
ligad...
ALIMENTACIÓN
 Almorzar forte polas mañás e traer algo para o recreo.
O feito de que veñan sen almorzar ao centro dificul...
EXERCICIO FÍSICO
Realizar algún exercicio físico de xeito
habitual.
2º.- lugar de estudo
 O lugar para estudar debe ser axeitado e cómodo.
 Procura estudar sempre no mesmo lugar e ás mesma...
 O lugar de estudo debe ser un lugar silencioso e estar
illado de ruídos e distraccións (sen TV, radio, xente
falando ......
 É recomendable deixar fóra do cuarto o móbil (para
evitar tentacións). Se ten ordenador, mellor nunha mesa
á parte, para...
3º.- horario de estudo
Debemos establecer un horario de traballo semanal.
PLANIFICAR O ESTUDO
Debo cumprir o horario de tarefas e estudo
que teño programado de luns a sábado.
Podo facer algún ca...
 O horario que fagamos debémolo cumprir. Facelo tendo
en conta as nosas dificultades, ocupacións, etc.
 Debemos comezar ...
 Nos tempos de descanso (5 ou 10 minutos) estará
prohibido ver a tele, andar co móbil, etc. Mellor un
paseíño, mirar pola...
 É fundamental confiar nas nosas posibilidades
 Utilización dunha “LINGUAXE POSITIVA”
 Actitude positiva de cara a apre...
5º.- planificación
Para estudar ben, convén elaborar un PLAN DE
TRABALLO que sexa:
 Realista e equilibrado. Este plan deb...
DÓNDE ESTÁN AS CARAS?
PASOS PARA O
ESTUDO
6º.- técnicas de estudo
Método ELSER3 (cada letra unha fase de aprendizaxe).
 1º- EXPLORACIÓN: lectura rápida do texto pa...
1º.- EXPLORO (reviso)
Lectura rápida, orientativa, para centrarse na materia de
estudo.
Vou decidir o que me dea tempo e...
2º.- LECTURA
Lectura lenta e comprensiva.
Vou ler o tema unha ou máis veces, detidamente,
sen intentar memorizar, só que...
3º.- SUBLIÑO
Collo o lapis ou o subliñador e volvo a ler de novo párrafo
por párrafo, e pásolle unha raia as palabras ou ...
4º.- ESQUEMATIZO
Partindo do subliñado vou elaborar un
esquema.
O esquema é coma o esqueleto do texto,
non debe incluír ...
 Elixo o tipo de esquema que vou facer: mapa
conceptual, esquema numérico, de letras, de chaves,
de guións, un cadro ou u...
5º.- RETER (MEMORIZO) -RESUMIR
Memorizo o esquema anterior dando os
seguintes pasos:
1º.- Leo o esquema e vouno enchendo
...
.- REPASO
Debes saber que por moito que estudemos hoxe, se
non repasamos pronto (en menos dunha semana)
vainos esquecer to...
HORARIO DE ESTUDO
O horario é persoal, so che sirve o que ti fagas.
O horario é flexible: Se hai exames debes ampliar o t...
PASOS PARA CUBRIR O HORARIO DE
ESTUDO:
- Anota nun papel todas as materias que cursas.
- Vai poñendo nos recadros as activ...
HORA
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO
HORARIO SEMANAL DE ESTUDO.
Data: ………………………………………………
APROBEI TODO!
IES A GUÍA
Departamento de Orientación
GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN
TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

4,780 views

Published on

Técnicas de estudo

Published in: Education
  • Be the first to comment

TÉCNICAS DE ESTUDO. COMO ESTUDAR?

  1. 1. TÉCNICAS DE ESTUDO COMO ESTUDAR?
  2. 2. RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO
  3. 3. COMEZAMOS
  4. 4. UTILIZAR A AXENDA - A axenda debo levala a clase e á casa todos os días. - Debo anotar na axenda (na páxina do día que corresponda) os días de exame e os traballos e tarefas/deberes que teña que entregar.
  5. 5. 1º - forma física - A actividade de estudar está moi relacionada coa boa saúde física e moi favorecida polos hábitos ligados ao benestar físico. DESCANSO Durmir entre 8 e 9 horas, mesmo nos días de exames. Suprimir os alimentos excitantes: cola, café, ... Cear cedo e lixeiro.
  6. 6. ALIMENTACIÓN  Almorzar forte polas mañás e traer algo para o recreo. O feito de que veñan sen almorzar ao centro dificulta a atención e provoca que se fatigue máis, incluso chegando a marearse.  Xantar ben, merendar algo e cear pouco.  Comer de todo, dieta equilibrada baseada en vexetais e alimentos ricos en fibra.
  7. 7. EXERCICIO FÍSICO Realizar algún exercicio físico de xeito habitual.
  8. 8. 2º.- lugar de estudo  O lugar para estudar debe ser axeitado e cómodo.  Procura estudar sempre no mesmo lugar e ás mesmas horas. Crearemos o hábito, o costume.  Debe contarse cunha luz axeitada (a mellor é a natural) que ilumine desde a nosa esquerda.
  9. 9.  O lugar de estudo debe ser un lugar silencioso e estar illado de ruídos e distraccións (sen TV, radio, xente falando ...).  Preparar o material necesario antes de comezar a sesión de estudo.
  10. 10.  É recomendable deixar fóra do cuarto o móbil (para evitar tentacións). Se ten ordenador, mellor nunha mesa á parte, para non entorpecer o estudo.  Dispor dunha mesa ampla e dunha cadeira cómoda, coas costas rectas. Ordenar a mesa antes de empezar a traballar e deixar a mesa recollida ao rematar.
  11. 11. 3º.- horario de estudo Debemos establecer un horario de traballo semanal.
  12. 12. PLANIFICAR O ESTUDO Debo cumprir o horario de tarefas e estudo que teño programado de luns a sábado. Podo facer algún cambio se hai un motivo moi xustificado. Nas semanas que teña exames podo modificar o horario para preparar adecuadamente os exames. Respectar os descansos que teña programados.
  13. 13.  O horario que fagamos debémolo cumprir. Facelo tendo en conta as nosas dificultades, ocupacións, etc.  Debemos comezar por unha materia de dificultade normal, logo facer un pequeno descanso e comezar cunha materia difícil, outro descanso e rematar cunha materia fácil.
  14. 14.  Nos tempos de descanso (5 ou 10 minutos) estará prohibido ver a tele, andar co móbil, etc. Mellor un paseíño, mirar pola ventá.  É aconsellable estudar de 1 a 2 horas diarias, sempre á mesma hora e no mesmo sitio (se é posible).  Levar o traballo ao día e ter sempre ben ordenados os apuntamentos e cadernos. Ser ordenados facilita o estudo.
  15. 15.  É fundamental confiar nas nosas posibilidades  Utilización dunha “LINGUAXE POSITIVA”  Actitude positiva de cara a aprendizaxe.
  16. 16. 5º.- planificación Para estudar ben, convén elaborar un PLAN DE TRABALLO que sexa:  Realista e equilibrado. Este plan debe incluír todo o traballo, repartido entre todos os días da semana, con períodos de descanso.  Controlado nun principio polos pais. Colocar unha copia na cociña nun lugar visible.  Flexible (pero non moito). Cando exista motivo xustificado, podemos alterar o plan.
  17. 17. DÓNDE ESTÁN AS CARAS?
  18. 18. PASOS PARA O ESTUDO
  19. 19. 6º.- técnicas de estudo Método ELSER3 (cada letra unha fase de aprendizaxe).  1º- EXPLORACIÓN: lectura rápida do texto para captar a estrutura e as ideas fundamentais.  2º.- LECTURA: lectura en profundidade, comprensiva.  3º.- SUBLIÑADO: resaltar soamente as palabras ou as frases fundamentais.  4º.- ESQUEMATIZAR: que sexa concreto e permita nun golpe de vista captar a estrutura e as ideas relevantes.  5º.- RESUMIR – RETER – REPASAR
  20. 20. 1º.- EXPLORO (reviso) Lectura rápida, orientativa, para centrarse na materia de estudo. Vou decidir o que me dea tempo estudar nesta sesión. Teño que escoller unha parte do tema para que me dé tempo. Só teño que ler os títulos e subtítulos do tema que vou estudar. Se os hai, vexo os recadros, as fotos, e intento relacionalo co tema. Pregúntome: - será moi difícil isto? - lembro algo da clase? - que sei eu disto? - que me poden preguntar disto no exame?
  21. 21. 2º.- LECTURA Lectura lenta e comprensiva. Vou ler o tema unha ou máis veces, detidamente, sen intentar memorizar, só quero comprender, amodiño, mirando as fotos, os recadros, tanto no libro como no caderno. Voume preguntando: isto que quere dicir?, con que está relacionado?, …. O que non son capaz de entender márcoo como dúbida a resolver. Se hai algunha palabra que non entendo búscoa no dicionario.
  22. 22. 3º.- SUBLIÑO Collo o lapis ou o subliñador e volvo a ler de novo párrafo por párrafo, e pásolle unha raia as palabras ou grupo de palabras que son claves para entender cada parágrafo. Teño que subliñar só as palabras CLAVES (son aquelas que teño que gravar na miña memoria). Non pretendo memorizar, só subliñar o imprescindible. Un subliñado está ben feito cando ao ler só o que está subliñado capto a idea principal do texto. Non podo subliñar un parágrafo enteiro. Vou utilizar varios tipos de subliñado: en círculo poño a idea ou palabra clave, a raia pásolla ás ideas secundarias, escribo no marxe de cada parágrafo o título que eu lle poñería a ese parágrafo.
  23. 23. 4º.- ESQUEMATIZO Partindo do subliñado vou elaborar un esquema. O esquema é coma o esqueleto do texto, non debe incluír parágrafos enteiros nin oracións longas. É coma un telegrama.
  24. 24.  Elixo o tipo de esquema que vou facer: mapa conceptual, esquema numérico, de letras, de chaves, de guións, un cadro ou un esquema mixto.  Collo unha folla en branco e anoto os principais títulos do tema deixando moito espazo entre eles. Despois anoto os subtítulos. Finalmente tento anotar a información subliñada. Todo isto debe estar unido con chaves, frechas, guións…  O esquema debe ter a información mínima que hai que memorizar.
  25. 25. 5º.- RETER (MEMORIZO) -RESUMIR Memorizo o esquema anterior dando os seguintes pasos: 1º.- Leo o esquema e vouno enchendo oralmente, pero mirando polo libro. 2º.- Leo o esquema e, sen mirar o libro, intento enchelo oralmente coas miñas palabras. 3º.- Memorizo o esquema: o léoo e recito tantas veces como sexa necesario. 4º.- Sen mirar o esquema nin o libro intento dicir o esquema e enchelo coas miñas palabras.
  26. 26. .- REPASO Debes saber que por moito que estudemos hoxe, se non repasamos pronto (en menos dunha semana) vainos esquecer todo o memorizado, así que con tanto traballo que nos deu a sesión de estudo non podemos permitir que desapareza. O que podo facer é o seguinte: na próxima sesión de estudo (non deben transcorrir moitos días), antes de comezar todos estes pasos cun tema novo, dedico 10 minutos para repasar o esquema que fixen na sesión anterior. LEMBRA!: En cada sesión de estudo dedico 5 minutos a repasar os esquemas que fixen nas sesións de estudo anteriores.
  27. 27. HORARIO DE ESTUDO O horario é persoal, so che sirve o que ti fagas. O horario é flexible: Se hai exames debes ampliar o tempo. O horario é revisable: Se ves que non o estás a cumprir quizais sexa por vagancia, ou porque non é realista. Modifica o teu horario. O horario é realista: Non debes facer plans moi difíciles de cumprir. O horario hai que cumprilo: Se non o cumpres hoxe non abandones todo, continúa mañá. Empeza xa! Non perdas tempo.
  28. 28. PASOS PARA CUBRIR O HORARIO DE ESTUDO: - Anota nun papel todas as materias que cursas. - Vai poñendo nos recadros as actividades semanais fixas, que non podes cambiar (deporte, pasantía, …). - Cubre os recadros que vas a adicar aos deberes. - No resto dos recadros vai poñendo as materias de estudo, procurando que nun mesmo día haxa materias fáciles e difíciles.
  29. 29. HORA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO HORARIO SEMANAL DE ESTUDO. Data: ………………………………………………
  30. 30. APROBEI TODO!
  31. 31. IES A GUÍA Departamento de Orientación GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN

×