SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Coñecemos a historia de Wangari Maathai :
“A muller árbore”
(1940/04/01 - 2011/09/25)
Ecoloxista
Naceu o 1 de abril de 1940 en Nyeri, Kenia.
Wangari Maathai foi a primeira muller que conseguiu un Nobel no
continente africano, a primeira muller que obtivo un doutoramento en
África Oriental e Central, foi a primeira profesora en Anatomía veterinaria e máis tarde
foi decana da facultade na Universidade de Nairobi.
No 1978 pasou unha estadía de estudos en Alemania como bolseira polo DAAD.
Viceministra do Medio Ambiente en Kenia. No 1977 fundou o Green Belt Movement, o
Movemento do "Cinto Verde", dirixido a protexer a biodiversidade. Grazas á súa
iniciativa foron plantadas 30 millóns de árbores, ademais de permitir a creación de miles
de empregos, e o fortalecemento da imaxe da muller na sociedade. Tivo un gran
recoñecemento internacional pola súa incansable defensa da democracia, dos Dereitos
Humanos e do medio ambiente.
Dirixiuse en varias ocasións á ONU para intervir, en nome dos dereitos das mulleres,
no cume quinquenal da terra na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Como presidenta
do "National Council for Women in Kenya" animou ás mulleres a ser máis
independentes e convenceunas para a acción
xigantesca da plantación de árbores.
Nai de tres fillos, nunca temeu enfrontarse cos
réximes autoritarios. A salvagarda dos dereitos
humanos, a emancipación das mulleres, a non
violencia, a sustentabilidade ecolóxica e a
democracia foron os obxectivos polos que Wangari
Maathai loitou firmemente e polos que, sobre todo
nos anos noventa, foi detida.
A súa oposición a un proxecto de construción na selva, apoiado polo presidente,
ocasionou en 1998 a atención a nivel mundial. En decembro do 2002 chegou a ser
deputada no parlamento, e finalmente converteuse en membro do gabinete do novo
presidente Mwai Kibaki. A Fundación Nobel galardoou co Premio da Paz 2004 a esta
defensora do medio ambiente e dos dereitos humanos, pola súa contribución ao
desenvolvemento sustentable, a democracia e a paz.
Divorciada dun antigo parlamentario, que se separou dela no 1980 co argumento de que
"era demasiado educada, con demasiado carácter e demasiado éxito para poder
controlala".
Wangari Maathai faleceu o domingo 25 de setembro de 2011 nun hospital de Nairobi.
Wangari Maathai, plantou 47 millóns de árbores
A loita desta muller uniu medio ambiente, feminismo e dereitos humanos.
A concesión do Premio Nobel da Paz colleuna plantando árbores. Ao despedirse do
mundo quedaban máis de 47 millóns de árbores plantadas grazas ao seu impulso.
"A paz na Terra depende da nosa capacidade para asegurar o medio ambiente.
Maathai sitúase á fronte da loita na promoción do desenvolvemento económico,
cultural e ecoloxicamente viable en Kenia e en África". Así argumentou o comité do
Nobel da Paz a concesión, do premio a esta muller. Ao recibilo
en Oslo, Wangari lanzou esta alegación:
"A industria e as institucións internacionais deben
comprender que a xustiza económica, a equidade e a
integridade ecolóxica valen máis que os beneficios custe o
que custe".
O seu activismo levouna primeiro ao cárcere, e despois ao
Goberno de Kenia
Cando recibiu o Nobel, tiña 3.000 viveiros atendidos por
35.000 mulleres
Wangari Maathai (Ihithe, Kenia, 1940) tivo unha vida moi pouco común para unha
africana da súa xeración. Aínda que como case todas as nenas ía a por auga -"moi
limpa, non contaminada"-, ela logrou estudar. Primeiro coas monxas. Logo, grazas a
unha bolsa, licenciouse en Bioloxía en Estados Unidos. Volveu a Kenia coa
independencia recentemente estreada e iniciou unha carreira docente que a conduciría
polos bandos do activismo.
A primeira doutora universitaria en África do Leste –no 1971- comezou por dar a
batalla en defensa da liberdade de cátedra nun país que se encamiñaba cara ao
autoritarismo e a corrupción. Recalou na Asociación de Mulleres Universitarias, onde
ampliou a súa loita e lanzouse en contra da discriminación salarial das profesoras fronte
aos seus colegas masculinos. Na loita do feminismo entrou en contacto coas mulleres
do campo, cada vez máis deforestado. "Falaban de cousas que vía : inseguridade
alimentaria, mal nutrición; falta de auga, de leña e de ingresos".
"Eu díxenlles: 'Se non tedes leña, plantade árbores". Corría o ano 1977 e xurdía o
Movemento Cinto Verde (GBM, nas súas siglas en inglés). As mulleres empezaron a
xestionar sementes e a plantalas. Primeiro nas súas parcelas, logo nos terreos públicos
co apoio -e un pequeno pago se a árbore sobrevivía- do GBM. Cando Wangari recibiu o
Nobel o seu movemento tiña organizados 3.000 viveiros, atendidos por 35.000 mulleres.
A imaxe daquel arroio limpo da infancia seguiu sempre na mente da bióloga. Xa non
estaba limpo. As batallas levaron varias veces ao cárcere a esta activista cuxa loita -e a
dos seus miles de seguidores- evitaron que se construíse un rañaceos no maior parque
de Nairobi ou que se privatizase un espazo
natural da capital kenyana para construír chalés.
O presidente Daniel Arap Moi chegou a
cualificar a Maathai como unha "ameaza para a
seguridade do Estado". Pero o mandatario caeu
por fin no 2002. Maathai foi nomeada
viceministra de Medio Ambiente.
Un cancro de ovarios arrebatoulle a vida. Wangari foi unha muller que tivo que
soportar que na súa sentenza de divorcio o xuíz a cualificase de "cabezota, triunfadora,
con moito nivel educativo, demasiado forte e moi difícil de controlar".
Ela, que nunca se rendeu ante os abusos, afirmou "A experiencia ensinoume que servir
aos outros ten as súas recompensas. Os seres humanos pasamos demasiado tempo
acumulando, pisando, e negando a outras persoas. E ao final os que nos inspiran
despois de mortos son os que serviron a outros que non eran eles". Como ela.
RECURSOS PARA A AULA
Ademais de falarlles da vida de Wangari empregamos os seguintes recursos:
1-VÍDEOS
2- LIBROS
3- LÁMINAS

More Related Content

Viewers also liked

Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude albinonunez
 
Licensing digital resources...
Licensing digital resources... Licensing digital resources...
Licensing digital resources... Ankit Surya
 
How to use Scribd
How to use ScribdHow to use Scribd
How to use Scribdlfquindoza
 
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLOFICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLOalbinonunez
 
The Shanghai Free Trade Zone and its impact on China's Financial Services Ind...
The Shanghai Free Trade Zone and its impact on China's Financial Services Ind...The Shanghai Free Trade Zone and its impact on China's Financial Services Ind...
The Shanghai Free Trade Zone and its impact on China's Financial Services Ind...Kapronasia
 

Viewers also liked (10)

Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude Comprometidos coa saude
Comprometidos coa saude
 
Resume 1
Resume 1Resume 1
Resume 1
 
Licensing digital resources...
Licensing digital resources... Licensing digital resources...
Licensing digital resources...
 
How to use Scribd
How to use ScribdHow to use Scribd
How to use Scribd
 
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLOFICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
FICHAS AULA: TALLER PAN DE MILLO
 
Cambio climático
Cambio climáticoCambio climático
Cambio climático
 
Tennessee
TennesseeTennessee
Tennessee
 
The Shanghai Free Trade Zone and its impact on China's Financial Services Ind...
The Shanghai Free Trade Zone and its impact on China's Financial Services Ind...The Shanghai Free Trade Zone and its impact on China's Financial Services Ind...
The Shanghai Free Trade Zone and its impact on China's Financial Services Ind...
 
Las bellas Artes
Las bellas ArtesLas bellas Artes
Las bellas Artes
 
cmbnd-slide (2)
cmbnd-slide (2)cmbnd-slide (2)
cmbnd-slide (2)
 

More from albinonunez

Traballo sobre Frida Kahlo.
Traballo sobre Frida Kahlo. Traballo sobre Frida Kahlo.
Traballo sobre Frida Kahlo. albinonunez
 
COÑECENDO A FRIDA KAHLO
COÑECENDO A FRIDA KAHLOCOÑECENDO A FRIDA KAHLO
COÑECENDO A FRIDA KAHLOalbinonunez
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"albinonunez
 
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA albinonunez
 
Thanksgiving 2016
Thanksgiving 2016Thanksgiving 2016
Thanksgiving 2016albinonunez
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
 
Taller de pan de millo
Taller de pan de milloTaller de pan de millo
Taller de pan de milloalbinonunez
 
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNSFICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNSalbinonunez
 
Narigota vai á casa
Narigota vai á casaNarigota vai á casa
Narigota vai á casaalbinonunez
 
Contos ecolóxicos
Contos ecolóxicosContos ecolóxicos
Contos ecolóxicosalbinonunez
 
Ideas para decorar no nadal
Ideas para decorar no nadalIdeas para decorar no nadal
Ideas para decorar no nadalalbinonunez
 
O noso ecosistema
O noso ecosistema O noso ecosistema
O noso ecosistema albinonunez
 
Refrans e cantigas
Refrans e cantigasRefrans e cantigas
Refrans e cantigasalbinonunez
 
Evitar que os paxaros choquen contra as xanelas
Evitar que os paxaros choquen contra as xanelasEvitar que os paxaros choquen contra as xanelas
Evitar que os paxaros choquen contra as xanelasalbinonunez
 

More from albinonunez (20)

Traballo sobre Frida Kahlo.
Traballo sobre Frida Kahlo. Traballo sobre Frida Kahlo.
Traballo sobre Frida Kahlo.
 
COÑECENDO A FRIDA KAHLO
COÑECENDO A FRIDA KAHLOCOÑECENDO A FRIDA KAHLO
COÑECENDO A FRIDA KAHLO
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
O NOSO DICIONARIO DE METEOROLOXÍA
 
Christmas
ChristmasChristmas
Christmas
 
Thanksgiving 2016
Thanksgiving 2016Thanksgiving 2016
Thanksgiving 2016
 
Halloween
HalloweenHalloween
Halloween
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
A xesta
A xestaA xesta
A xesta
 
Natu poemas
Natu poemasNatu poemas
Natu poemas
 
Taller de pan de millo
Taller de pan de milloTaller de pan de millo
Taller de pan de millo
 
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNSFICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
FICHAS DE AULA: PATACAS E LIMÓNS
 
Narigota vai á casa
Narigota vai á casaNarigota vai á casa
Narigota vai á casa
 
Contos ecolóxicos
Contos ecolóxicosContos ecolóxicos
Contos ecolóxicos
 
Ideas para decorar no nadal
Ideas para decorar no nadalIdeas para decorar no nadal
Ideas para decorar no nadal
 
O noso ecosistema
O noso ecosistema O noso ecosistema
O noso ecosistema
 
Refrans e cantigas
Refrans e cantigasRefrans e cantigas
Refrans e cantigas
 
Grilos
GrilosGrilos
Grilos
 
Evitar que os paxaros choquen contra as xanelas
Evitar que os paxaros choquen contra as xanelasEvitar que os paxaros choquen contra as xanelas
Evitar que os paxaros choquen contra as xanelas
 
Thanksgiving
ThanksgivingThanksgiving
Thanksgiving
 

Wangari

  • 1. Coñecemos a historia de Wangari Maathai : “A muller árbore” (1940/04/01 - 2011/09/25) Ecoloxista Naceu o 1 de abril de 1940 en Nyeri, Kenia. Wangari Maathai foi a primeira muller que conseguiu un Nobel no continente africano, a primeira muller que obtivo un doutoramento en África Oriental e Central, foi a primeira profesora en Anatomía veterinaria e máis tarde foi decana da facultade na Universidade de Nairobi. No 1978 pasou unha estadía de estudos en Alemania como bolseira polo DAAD. Viceministra do Medio Ambiente en Kenia. No 1977 fundou o Green Belt Movement, o Movemento do "Cinto Verde", dirixido a protexer a biodiversidade. Grazas á súa iniciativa foron plantadas 30 millóns de árbores, ademais de permitir a creación de miles de empregos, e o fortalecemento da imaxe da muller na sociedade. Tivo un gran recoñecemento internacional pola súa incansable defensa da democracia, dos Dereitos Humanos e do medio ambiente. Dirixiuse en varias ocasións á ONU para intervir, en nome dos dereitos das mulleres, no cume quinquenal da terra na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Como presidenta do "National Council for Women in Kenya" animou ás mulleres a ser máis independentes e convenceunas para a acción xigantesca da plantación de árbores. Nai de tres fillos, nunca temeu enfrontarse cos réximes autoritarios. A salvagarda dos dereitos humanos, a emancipación das mulleres, a non violencia, a sustentabilidade ecolóxica e a democracia foron os obxectivos polos que Wangari Maathai loitou firmemente e polos que, sobre todo nos anos noventa, foi detida. A súa oposición a un proxecto de construción na selva, apoiado polo presidente, ocasionou en 1998 a atención a nivel mundial. En decembro do 2002 chegou a ser deputada no parlamento, e finalmente converteuse en membro do gabinete do novo presidente Mwai Kibaki. A Fundación Nobel galardoou co Premio da Paz 2004 a esta defensora do medio ambiente e dos dereitos humanos, pola súa contribución ao desenvolvemento sustentable, a democracia e a paz. Divorciada dun antigo parlamentario, que se separou dela no 1980 co argumento de que "era demasiado educada, con demasiado carácter e demasiado éxito para poder controlala". Wangari Maathai faleceu o domingo 25 de setembro de 2011 nun hospital de Nairobi.
  • 2. Wangari Maathai, plantou 47 millóns de árbores A loita desta muller uniu medio ambiente, feminismo e dereitos humanos. A concesión do Premio Nobel da Paz colleuna plantando árbores. Ao despedirse do mundo quedaban máis de 47 millóns de árbores plantadas grazas ao seu impulso. "A paz na Terra depende da nosa capacidade para asegurar o medio ambiente. Maathai sitúase á fronte da loita na promoción do desenvolvemento económico, cultural e ecoloxicamente viable en Kenia e en África". Así argumentou o comité do Nobel da Paz a concesión, do premio a esta muller. Ao recibilo en Oslo, Wangari lanzou esta alegación: "A industria e as institucións internacionais deben comprender que a xustiza económica, a equidade e a integridade ecolóxica valen máis que os beneficios custe o que custe". O seu activismo levouna primeiro ao cárcere, e despois ao Goberno de Kenia Cando recibiu o Nobel, tiña 3.000 viveiros atendidos por 35.000 mulleres Wangari Maathai (Ihithe, Kenia, 1940) tivo unha vida moi pouco común para unha africana da súa xeración. Aínda que como case todas as nenas ía a por auga -"moi limpa, non contaminada"-, ela logrou estudar. Primeiro coas monxas. Logo, grazas a unha bolsa, licenciouse en Bioloxía en Estados Unidos. Volveu a Kenia coa independencia recentemente estreada e iniciou unha carreira docente que a conduciría polos bandos do activismo. A primeira doutora universitaria en África do Leste –no 1971- comezou por dar a batalla en defensa da liberdade de cátedra nun país que se encamiñaba cara ao autoritarismo e a corrupción. Recalou na Asociación de Mulleres Universitarias, onde ampliou a súa loita e lanzouse en contra da discriminación salarial das profesoras fronte aos seus colegas masculinos. Na loita do feminismo entrou en contacto coas mulleres do campo, cada vez máis deforestado. "Falaban de cousas que vía : inseguridade alimentaria, mal nutrición; falta de auga, de leña e de ingresos". "Eu díxenlles: 'Se non tedes leña, plantade árbores". Corría o ano 1977 e xurdía o Movemento Cinto Verde (GBM, nas súas siglas en inglés). As mulleres empezaron a xestionar sementes e a plantalas. Primeiro nas súas parcelas, logo nos terreos públicos co apoio -e un pequeno pago se a árbore sobrevivía- do GBM. Cando Wangari recibiu o Nobel o seu movemento tiña organizados 3.000 viveiros, atendidos por 35.000 mulleres.
  • 3. A imaxe daquel arroio limpo da infancia seguiu sempre na mente da bióloga. Xa non estaba limpo. As batallas levaron varias veces ao cárcere a esta activista cuxa loita -e a dos seus miles de seguidores- evitaron que se construíse un rañaceos no maior parque de Nairobi ou que se privatizase un espazo natural da capital kenyana para construír chalés. O presidente Daniel Arap Moi chegou a cualificar a Maathai como unha "ameaza para a seguridade do Estado". Pero o mandatario caeu por fin no 2002. Maathai foi nomeada viceministra de Medio Ambiente. Un cancro de ovarios arrebatoulle a vida. Wangari foi unha muller que tivo que soportar que na súa sentenza de divorcio o xuíz a cualificase de "cabezota, triunfadora, con moito nivel educativo, demasiado forte e moi difícil de controlar". Ela, que nunca se rendeu ante os abusos, afirmou "A experiencia ensinoume que servir aos outros ten as súas recompensas. Os seres humanos pasamos demasiado tempo acumulando, pisando, e negando a outras persoas. E ao final os que nos inspiran despois de mortos son os que serviron a outros que non eran eles". Como ela. RECURSOS PARA A AULA Ademais de falarlles da vida de Wangari empregamos os seguintes recursos: 1-VÍDEOS