16. Só QUEDA LO QUE DAMOS
Só nos acariciará, o amor que prodigamos.
Só nos alegrará, o sorriso que regalamos.
Só nos refrescará, a auga que bebemos xuntos.
Só nos alimentará, o pan que compartimos.
Só nos cubrirá, o vestido co que arroupamos o próximo.
Só nos descansará, o cansazo do peregrino que hospedamos.
Só nos consolará, a palabra coa que reconfortamos.
Só nos guiará, a verdade que proclamamos.
Só nos sandará, o consolo do enfermo que visitamos.
Só nos aliviará, o peso que quitamos doutros ombreiros.
Só nos dará paz, a ofensa que perdoamos.
Só fará renacer a esperanza, a mirada que diriximos ao ceo
e as mans coas que abrazamos.
Só nos conducirá á VIDA,a confianza que depositemos en DEUS.
Así que sementa para que mañá cando DEUS recolla, pense en ti
e vexa que realizaches o teu labor.
O ceo conquístase hoxe.