SlideShare a Scribd company logo
1 of 36
O zoolóxico
MonDaporta
COUSIÑAS
FEITAS
NA CASA
COUSAS DA RATA LUÍSA
Estaban o outro día a ver uns documentais
e suspiraban por ver, de preto, aqueles animais
Pero viven tan lonxe que nin poden pensar
en ver a maneira de achegarse ata alá
Pero hai un sitio – díxolles Roxelio-,
que non está moi lonxe, no que podemos velos.
Un día, a non tardar, iremos de visita
a ver un zoolóxico que hai aquí cerquiña.
Pero non é o mesmo – dixeron os rapaces-
ver bechos en gaiolas que miralos salvaxes.
Nos “zoos” de hoxendía case non hai gaiolas…
e achegarse alí é cousa dunhas horas.
E así podemos ver, case sen viaxar,
bechos de todo o mundo e xuntos nun lugar.
Os nenos, dubidosos, deixáronse levar
…e vaia sorpresa levaron ao entrar!
Amplos espazos, árbores e sombra,
auga, herba, flores… e nada de gaiolas
Foxos por diante, valados decorados…
parecen naturais, e os bechos… relaxados.
Os leóns eran máis grandes do que lle parecía…
e os elefantes… que cousas mi madriña!
Tamén había tigres co seu traxe de raias
e gacelas, cebras, avestruces e xirafas
Tampouco faltaban os espazos dos monos.
Illas e rochedos rodeadas por foxos.
No estanque había parrulos variados,
algúns coas súas crías, e cisnes, e gansos;
e flamingos que durmían nunha pata soa,
e pelícanos que se achegaban a pillar calquera cousa.
Andaban polos xardíns: cegoñas, grous, faisáns…
e paseaban entre a xente os pavos reais.
Só estaban en gaiolas, por dentro das que se andaba,
os paxaros máis curiosos e as aves máis raras.
E fixeron fotos, con truco, a distancia,
nas que parecían de certo… algunhas trampas.
E aínda que de primeiras non lles chistaba vir,
pasárono tan ben que queren repetir
e viren equipados cos seus catalexos
para ver todo ao detalle
e moito máis de preto
Na volta para a casa estaban moi contentos
de teren ido ao “zoo” e veren así aos bechos.
Luísa, Roxelio
e máis os ratiños
agardan que vos
gusten estes seus
contiños.
Abur!
As imaxes fotográficas foron collidas da “internet”.
Agradézolle aos autores a posibilidade de dispoñer delas e agardo que saiban disculpar
o uso que lles din. Mon Daporta

More Related Content

Similar to O zoolóxico (8)

CONTO JOAN MIRÓ
CONTO JOAN MIRÓCONTO JOAN MIRÓ
CONTO JOAN MIRÓ
 
O paxaro bobo
O paxaro boboO paxaro bobo
O paxaro bobo
 
Traemos a vida á escola
Traemos a vida á escolaTraemos a vida á escola
Traemos a vida á escola
 
Fotoconto
FotocontoFotoconto
Fotoconto
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Fragas Do Eume
Fragas Do EumeFragas Do Eume
Fragas Do Eume
 
Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017
 
ExcursióN Mate
ExcursióN MateExcursióN Mate
ExcursióN Mate
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

O zoolóxico