Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
Había unha vez na comarca de
Valdeorras un bosque moi colorido
de piñeiros, castiñeiros, aciñeiras,
sobreiras e teixos ent...
Alí vivían tamén moitos animais:
xabaríns, serpes, paxariños, esquíos, e
un ourizo cacho moi presumido coa súa
mamá.
A Pincho, o pequeno ourizo, gustáballe xogar cos
seus amigos, ir ás festas, e, por riba de todo, que
a súa nai lle lera co...
Ao Pincho gustáballe moito camiñar e un día
paseando atopouse cun caracol.
-Ola Ourizo, cómo estás? Son o caracol Ton, e
e...
O Pincho contestou que era unha boa idea, así que
se puxeron mans á obra: Decidiron invitar ao Oso
Panda de China, á Xiraf...
Miña naiciña... organizaron unha
festa moi divertida!
Xogaron ás agochadas, ás catro
esquinas, bailaron, deixaron
gravadas...
O crocodilo do Nilo enfadado porque
non o convidaran disfrazouse e foi á
festa. Cando rematou a festa Pincho e
Ton desapar...
Pois resulta que Ton e Pincho correran
ata o souto máis cercano, e agochados
na caracocha dun castiñeiro centenario,
moi c...
Achegáronse moi amodiño ata o lugar
do que viña o ruído....¡ Era o Crocodilo
do Nilo! Estaba moi enfadado e non
deixaba de...
Ton e Pincho faláronlle para tranquilizalo
dicindo que lle ían axudar a saír daquel
disfrace de Porco, e entre protestas e...
Ton e Pincho pedíronlle desculpas
por non convidalo á festa. Croco, o
crocodilo, perdoounos e invitounos
a visitar Exipto....
A viaxe en avión foi moi bonita...
descubriron unha paisaxe seca e desértica.
Ao chegar a Exipto viron moitos animais
que ...
Montaron en camelo para
visitar o río Nilo, as
pirámides e a tomba dun
faraón que tiña un
labirinto onde se
perderon.
Tom, Croco e Pincho esgotados de tanto
camiñar polo labirinto decidiron sentarse
un anaco para descansar. Aos poucos de
se...
Tremían por se fose un monstro. Non
sabían o que era pero cando estivo á vista
decatáronse que era unha momia...
botáronse...
Daquela Croco decidiu buscar aos
seus amigos. Coa présa esvarou e
caeu, e co ruído, a momia decatouse
e foi cara el. Croco...
A momia, obediente,
encamiñouse á saída e Croco a
seguía. Polo camiño atoparon a
Ton e a Pincho, e xuntos saíron
de alí.
Alí, na saída, coa luz do deserto viron unha
especie de debuxo na parede da pirámide, e ao
chegarse observaron que estaba ...
No xeroglífico había árbores...
-Que raro! -exclamou a momia
-Este xeroglífico parece un mapa .dixo
Pincho-, e ten castiñe...
-Eu creo que debe haber algún tesouro exipcio
agochado nalgún lugar do noso bosque onde
fixemos a festa- dixo Pincho
-Pois...
-Isto non poder ser. Que vai facer aquí a tumba
dun faraón?- dixo Pincho
Ton abriu o sarcófago e... sorpresa... o que
habí...
E colorín colorado, este
conto está xa rematado!
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

O tesouro de Ton, Pincho e Croco

555 views

Published on

Kamishibai realizado no Ceip Condesa de Fenosa no curso 2012-2013, por todo o colexio, a razón dunha escea cada clase, coa técnica do conto viaxeiro

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

O tesouro de Ton, Pincho e Croco

  1. 1. Había unha vez na comarca de Valdeorras un bosque moi colorido de piñeiros, castiñeiros, aciñeiras, sobreiras e teixos entre outros.
  2. 2. Alí vivían tamén moitos animais: xabaríns, serpes, paxariños, esquíos, e un ourizo cacho moi presumido coa súa mamá.
  3. 3. A Pincho, o pequeno ourizo, gustáballe xogar cos seus amigos, ir ás festas, e, por riba de todo, que a súa nai lle lera contos nos que aparecían animais doutros lugares: Xigantescas xirafas, feroces leóns, canguros e cabaliños con cornos que...ata podían voar!!
  4. 4. Ao Pincho gustáballe moito camiñar e un día paseando atopouse cun caracol. -Ola Ourizo, cómo estás? Son o caracol Ton, e estaba pensando en facer unha boa festa.
  5. 5. O Pincho contestou que era unha boa idea, así que se puxeron mans á obra: Decidiron invitar ao Oso Panda de China, á Xirafa de África, ao Carpincho de Uruguai...pero esquecéronse do Crocodilo do Nilo?
  6. 6. Miña naiciña... organizaron unha festa moi divertida! Xogaron ás agochadas, ás catro esquinas, bailaron, deixaron gravadas as súas pegadas, comeron a torta e.... pasárono bomba!!!
  7. 7. O crocodilo do Nilo enfadado porque non o convidaran disfrazouse e foi á festa. Cando rematou a festa Pincho e Ton desapareceran... Onde se meteran?
  8. 8. Pois resulta que Ton e Pincho correran ata o souto máis cercano, e agochados na caracocha dun castiñeiro centenario, moi caladiños, comezaron a escoitar uns ruídos moi, pero que moi estranos.
  9. 9. Achegáronse moi amodiño ata o lugar do que viña o ruído....¡ Era o Crocodilo do Nilo! Estaba moi enfadado e non deixaba de rosmar porque non podía quitar o disfrace.
  10. 10. Ton e Pincho faláronlle para tranquilizalo dicindo que lle ían axudar a saír daquel disfrace de Porco, e entre protestas e berros aceptou a súa axuda..
  11. 11. Ton e Pincho pedíronlle desculpas por non convidalo á festa. Croco, o crocodilo, perdoounos e invitounos a visitar Exipto. O ourizo e o caracol pedíronlle permiso ás súas nais, prepararon a equipaxe, mercaron os billetes do avión e comezaron a viaxe.
  12. 12. A viaxe en avión foi moi bonita... descubriron unha paisaxe seca e desértica. Ao chegar a Exipto viron moitos animais que non coñecían e fixeron moitos amigos.
  13. 13. Montaron en camelo para visitar o río Nilo, as pirámides e a tomba dun faraón que tiña un labirinto onde se perderon.
  14. 14. Tom, Croco e Pincho esgotados de tanto camiñar polo labirinto decidiron sentarse un anaco para descansar. Aos poucos de sentar e beber escoitaron un ruído que cada vez soaba máis preto deles.
  15. 15. Tremían por se fose un monstro. Non sabían o que era pero cando estivo á vista decatáronse que era unha momia... botáronse a correr en todas as direccións, pero ao cabo dun momento déronse de conta de que estaban perdidos.
  16. 16. Daquela Croco decidiu buscar aos seus amigos. Coa présa esvarou e caeu, e co ruído, a momia decatouse e foi cara el. Croco pensou rápido, e lembrando unha antiga historia dixo: -Lembra momia, que os teus ancestros adoraban aos crocodilos e cumprían os seus desexos. Se o destino che trouxo ata min, o teu deber é sacarnos de aquí.
  17. 17. A momia, obediente, encamiñouse á saída e Croco a seguía. Polo camiño atoparon a Ton e a Pincho, e xuntos saíron de alí.
  18. 18. Alí, na saída, coa luz do deserto viron unha especie de debuxo na parede da pirámide, e ao chegarse observaron que estaba cuberto de area, así que pasáronlle a man e descubriron que se trataba dun xeroglífico. Tentárono ler pero non sabían, así que Croco ordeoulle á momia que lles axudase a descifralo...
  19. 19. No xeroglífico había árbores... -Que raro! -exclamou a momia -Este xeroglífico parece un mapa .dixo Pincho-, e ten castiñeiros e aciñeiras, como o noso bosque. E ten unha casiña que parece a nosa, e uns animaliños facendo unha festa.... -Mira! Eses somos nós...
  20. 20. -Eu creo que debe haber algún tesouro exipcio agochado nalgún lugar do noso bosque onde fixemos a festa- dixo Pincho -Pois non se diga máis, voltamos para a casa de contado- acordaron entre todos Mentras viaxaban todos ían pensando no tesouro e no que atoparían. Puxéronse a cavar ao redor do castiñeiro para ver se atopaban algo, e, tras un bo anaco cavando, Ton dixo: -Ei, vinde ver que aquí, aquí hai algo! Era unha porta subterránea que daba á tumba dun faraón.
  21. 21. -Isto non poder ser. Que vai facer aquí a tumba dun faraón?- dixo Pincho Ton abriu o sarcófago e... sorpresa... o que había era un tesouro con moedas de ouro e prata, xoias... e unha nota que dicía: “Aínda que pensedes que isto é un tesouro que pertencía aos faraóns exipcios, a verdade e que é meu. Asinado o pirata Barbanegra” Todos quedaron abraiados co achado que acababan de facer... Estaban tan contentos que decidiron facer outra festa para celebralo e compartilo con todos os seus amiguiños do bosque.
  22. 22. E colorín colorado, este conto está xa rematado!

×