SlideShare a Scribd company logo
1 of 36
Download to read offline
GRANDES MULLERES PREMIOS NOBEL DA PAZ
Equipo de Dinamización da
Biblioteca. CEIP López Ferreiro
É unha activista dos dereitos
humanos de Guatemala (Chimel,
Uspatán, 1959). Pertence a unha
familia numerosa campesiña da etnia
indíxena maya-quiché.
RIGOBERTA MENCHÚ
A súa infancia e mocidade estiveron
marcadas polo sufrimento, a
pobreza, a discriminación racial e a
violenta represión que exercían as
clases dominantes guatemaltecas
que botaban abaixo calquera
aspiración de xustiza social do
campesiñado.
A súa nai, o seu pai e outros
membros da súa familia foron
torturados e asasinados.
Os seus irmáns decidiron
unirse á guerrilla pero
Rigoberta desenvolveu unha
campaña pacífica de
denuncia do réxime
guatemalteco e da
sistemática violación dos
dereitos humanos de que era
obxecto o campesiñado
indíxena, especialmente as
mulleres.
Chámome Rigoberta Menchú e así naceu a miña
conciencia é un libro, resultado dunha entrevista de
Menchú coa antropóloga venezolana Elizabeth Burgos que
se realizou durante unha semana en xaneiro de 1982 en
París. Relata a vida de Rigoberta e denuncia os malos tratos
e atrocidades aos que están sometidos os indíxenas e as
indíxenas guatemaltecas, pero o seu obxectivo vai máis alá,
esta obra quere denunciar a situación similar na que se
atopan outras comunidades indíxenas de América Latina.
No seu testemuño, Menchú conta a súa
vida e as historias da súa comunidade.
Menchú e a súa familia, que vivían no
Altiplano de Guatemala pasaban oito
meses ao ano traballando nas fincas dos
ladinos, os guatemaltecos descendentes
de españois. Moita xente, coma eles/as,
que traballaba alí, morría de fame e
estaba desnutrida, mesmo os/as
rociaban con pesticidas.
Tivo que exiliarse a México, onde publicou a súa autobiografía en 1983,
para fuxir da represión.
Percorreu o mundo coa súa mensaxe e conseguiu ser escoitada nas
Nacións Unidas.
En 1988 regresou a Guatemala, protexida polo seu prestixio
internacional, para continuar denunciando as inxustizas.
En 1992 o labor de
Rigoberta Menchú foi
recoñecido co Premio
Nobel de la Paz. Foi no
seu momento a gañadora
máis nova do Nobel e a
primeira indíxena en gañar
ese premio.
Cos recursos financeiros que recibiu ao gañar o Nobel estableceu a Fundación
Rigoberta Menchú, con sede en Guatemala, cuxa misión é a de contribuír a
recuperar e enriquecer os valores humanos para a construción dunha ética de Paz
Mundial, a partir da diversidade étnica, política e cultural dos pobos do mundo. Esta
fundación traballa para a construción da xustiza e a democracia, en especial para os
pobos indíxenas, e dentro deles procurar a atención ás mulleres e nenos/as, por ser
os grupos de poboación máis desfavorecidos.
Dende maio de 2004, colabora e apoia á
Fundación Comparte que desenvolven o seu
traballo arredor da educación na Cultura da
Paz e na defensa dos dereitos dos nenos e
das nenas. Esta Fundación promove os
dereitos dos/as máis pequenos/as en América
Latina e colabora con ONG latinoamericanas
comprometidas coa nenez.
A través das fundacións,
conseguiu que se
recoñeceran, por exemplo, os
23 idiomas vernáculos
guatemaltecos, grazas ao cal
se autorizou a súa utilización
en actividades públicas e na
prestación de servizos tan
importantes como educación,
saúde ou xustiza.
En 2007 e 2011, foi candidata
á presidencia de Guatemala
polo partido WINAQ, o
primeiro que estaba
organizado principalmente por
indíxenas e fundado por
Rigoberta Menchú.
A keniana Wangari Maathai (1940-
2011), obtivo o Premio Nobel da Paz
en 2004 "pola contribución ao
desenvolvemento sostible, á
democracia e á paz”.
Foi dende nena moi curiosa e
aplicada, e foi unha dos/as trescentos
kenianos/as seleccionados/as en
1960 para ir cunha beca a estudar
aos Estados Unidos.
WANGARI MAATHAI
Graduouse en Bioloxía en Kansas e fixo o doutoramento nas universidades de
Giessen e Munich, en Alemaña. En 1969, Maathai regresou a Nairobi para continuar
os seus estudos na Universidade de dita cidade, como profesora adxunta de
anatomía e despois xefa do Departamento de Anatomía Veterinaria. Foi a primeira
muller en Nairobi en acadar estes postos.
Maathai foi a primeira muller que obtivo un doutorado en África Oriental e
Central. Dedicou boa parte da súa vida a loitar contra a deforestación do
continente africano.
En 1977 fundou o Movemento do Cinto Verde, principal proxecto de reforestación de
árbores no continente africano e que plantou 30 millóns de árbores en Kenia. Pese a
iso, a superficie arborada só chegaba ao 1,7%, cando a ONU recomenda que
represente o 10% do total. O obxectivo deste programa non só era promover a
biodiversidade senón tamén crear emprego feminino.
Maathai promoveu campañas a favor da igualdade de beneficios para as
mulleres que traballaban na Universidade.
Sufriu discriminación por ser muller e por terse divorciado do seu home.
Estivo presa en varias ocasións, por manifestarse e protestar en contra dos plans do
goberno que supoñían graves ataques medioambientais e por ser activista
prodemocracia.
Foi membro e despois directora da delegación en Nairobi da Cruz Vermella
de Kenia.
Traballou no Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e formou
parte do Consello Nacional de Mulleres de Kenia (NCWK).
En 1986, o Movemento do Cinto Verde impulsou unha Rede Panafricana do
Cinto Verde, a través do cal se levaron a cabo plans similares de replantación
de árbores en máis de 30 países de África (Tanzania, Uganda, Malawi, Lesotho,
Etiopía o Zimbabue, entre outros) e doutras partes do mundo.
A través do seu traballo como voluntaria nas diversas asociacións, comprobou que a
raíz da maioría dos problemas de Kenia era a degradación medioambiental.
Maathai alentou as mulleres de Kenia a crear invernadoiros por todo o país,
buscando sementes en bosques cercanos para sementar árbores oriúndas da zona.
Pese a estar a recibir moitos premios e recoñecementos internacionais polo seu
traballo tivo que estar escondida e mesmo saír do país por estar ameazada.
Ao seu regreso a Kenia, Maathai, en 2002, foi candidata da Coalición
Nacional Arco da Vella, a organización que derrotou ao partido no poder
(Unión Nacional Africana Keniana).
Maathai, grande activista da ecoloxía, foi nomeada en 2003, Secretaria de
Estado de Medio Ambiente, Recursos Naturais e Vida Salvaxe do seu país.
Foi a primeira vez que unha muller africana obtivo o Nobel da Paz.
Foi unha muller cun amplo
recoñecemento internacional
pola súa incansable defensa da
democracia, dos dereitos
humanos, das mulleres e do
medio ambiente. Por todo isto,
dirixiuse en moitas ocasións á
ONU, e interveu, en nome dos
dereitos das mulleres, por
exemplo, no cumio quinquenal
da Terra na Asemblea Xeral de
Nacións Unidas.
MALALA YOUSAFZAI
Malala Yousafzai é unha activista, blogueira e universitaria, defensora do dereito
á educación das nenas e das mulleres.
Naceu en Pakistán o 12 de xullo de 1997. Reside en Inglaterra desde o atentado
que sufriu o 9 de outubro de 2012 con 15 anos.
Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2014, aos 17 anos, a persoa máis nova en
acceder a ese galardón.
Naceu en Mingora, nunha familia
pakistaní musulmana suní. Criouse coa
súa nai, co seu pai e cos seus irmáns.
A súa familia apoiaba que as nenas e
os nenos tiveran as mesmas
oportunidades de escolarización. O
seu pai, Ziauddin Yousafzai, poeta e
profesor, dirixía e daba clases nunha
escola para nenas da súa vila.
No noroeste de Pakistán, onde ela vivía, o réxime talibán prohibía a asistencia á
escola das nenas
A Malala gustáballe moito ir á escola e aprender xunto ao seu pai e compañeiras.
Pero isto cambiou en, en 2008 cando os talibáns se fixeron co control do seu pobo,
xa que prohibiron que as nenas foran á escola.
Malala non quixo aceptar esa imposición
que supoñía renunciar ao dereito universal
que todas as nenas e nenos teñen , o
dereito á educación. Por iso, empezou a
falar a través de diferentes medios e
lugares do dereito á educación, a pesar do
perigo que iso supoñía
Con só 15 anos, foi o obxectivo dun
atentado talibán. O 9 de outubro asaltaron
o autobús escolar onde ela ía e
disparáronlle ao lado esquerdo da súa
cabeza, alcanzando tamén a outras dúas
nenas, isto estivo a punto de custarlle a
vida.
Este feito non fixo que se rendera, todo o
contrario. Sobreviviu e recuperouse, para
logo loitar com máis forza que nunca.
Malala conseguiu estudar un grao en
Filosofía, Políticas e Economía na
prestixiosa universidade de Oxford. En
2018, puido visitar Pakistán por primeira
vez desde o atentado que case lle custa a
vida.
Hoxe en día continúa viaxando polo mundo
e reivindicando o mesmo que xa sinalou no
seu discurso na ONU en 2017: o dereito á
educación universal das nenas e a
implicación que ao respecto deben ter os
homes para que isto sexa efectivo.
EMILY GREENE BALCH
Foi escritora, pacifista, socióloga,
economista e profesora universitaria.
Tentou sempre que as súas alumnas
reflexionaran e loitaran pola mellora das
condicións sociais e polos dereitos das
mulleres.
Naceu en Boston, Estados Unidos,
en 1867, e morreu en 1961. Medrou
nun entorno privilexiado polo que
puido acceder á educación superior,
sendo das primeiras mulleres que
cursaban estudos universitarios nese
tempo
ImpartIu clase, durante vinte anos, en Wellesley, unha das
universidades só de mulleres da costa Leste dos Estados Unidos.
Debido ás súas actividades pacifistas,
non lle permitiron continuar coa docencia
e converteuse en editora de The Nation,
unha revista liberal de actualidade.
A Primera Guerra Mundial fixo que o seu
traballo se centrara na necesidade de loitar
pola paz a nivel internacional,
converténdose nunha figura de oposición á
guerra e ao militarismo. Ao respecto,
opinaba que era “un gasto enorme e
innecesario e unha horrible vergoña moral”
(Balch, 1917: 31).
O seu desexo era que mulleres de diferentes
procedencias, políticas, relixiosas e culturais, se
unisen na súa oposición á guerra e no seu apoio
á igualdade e principios xerais de xustiza,
desenvolvendo unha nova identidade humana
como cidadás do mundo.
Tamén defendía as persoas que sufrían
discriminación, as desfavorecidas, e loitaba por
conseguir xustiza social para os/as inmigrantes,
as clases traballadoras, os/as discriminados por
razón de raza e, principalmente, para as mulleres.
Dedicou case toda a súa longa vida a traballar
contra a guerra, polos dereitos humanos e pola
construcción dunha nova sociedade e un sistema
internacional baseado na cooperación.
Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1946,
compartido con John Raleigh Mott.
Galardón Premio Nobel da Paz

More Related Content

Similar to Mulleres Premios Nobel da Paz

Similar to Mulleres Premios Nobel da Paz (20)

8 de marzo montessori
8 de marzo montessori8 de marzo montessori
8 de marzo montessori
 
Palabras pola paz
Palabras pola pazPalabras pola paz
Palabras pola paz
 
Historia con nome de mulller. cooeperación galega
Historia con nome de mulller. cooeperación galegaHistoria con nome de mulller. cooeperación galega
Historia con nome de mulller. cooeperación galega
 
IRENA SENDLER
IRENA SENDLERIRENA SENDLER
IRENA SENDLER
 
Muller
MullerMuller
Muller
 
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
 
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIAPOR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA
 
Comité unesco
Comité unescoComité unesco
Comité unesco
 
A muller galega do futuro (final)
A muller galega do futuro (final)A muller galega do futuro (final)
A muller galega do futuro (final)
 
A paz 2016
A paz 2016A paz 2016
A paz 2016
 
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermellaRosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
 
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermellaRosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
 
O movemento feminista
O movemento feministaO movemento feminista
O movemento feminista
 
Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1Mulleres traballadoras1
Mulleres traballadoras1
 
Premios Nobel Paz
Premios Nobel PazPremios Nobel Paz
Premios Nobel Paz
 
Mulleres 4 5
Mulleres 4 5Mulleres 4 5
Mulleres 4 5
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleresCoñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
Coñece o sufrimento, visibiliza a violencia, defende ás mulleres
 
DÍA INTERNACIONAL DA NENA
DÍA INTERNACIONAL DA NENADÍA INTERNACIONAL DA NENA
DÍA INTERNACIONAL DA NENA
 

Mulleres Premios Nobel da Paz

  • 1. GRANDES MULLERES PREMIOS NOBEL DA PAZ Equipo de Dinamización da Biblioteca. CEIP López Ferreiro
  • 2. É unha activista dos dereitos humanos de Guatemala (Chimel, Uspatán, 1959). Pertence a unha familia numerosa campesiña da etnia indíxena maya-quiché. RIGOBERTA MENCHÚ
  • 3. A súa infancia e mocidade estiveron marcadas polo sufrimento, a pobreza, a discriminación racial e a violenta represión que exercían as clases dominantes guatemaltecas que botaban abaixo calquera aspiración de xustiza social do campesiñado. A súa nai, o seu pai e outros membros da súa familia foron torturados e asasinados.
  • 4. Os seus irmáns decidiron unirse á guerrilla pero Rigoberta desenvolveu unha campaña pacífica de denuncia do réxime guatemalteco e da sistemática violación dos dereitos humanos de que era obxecto o campesiñado indíxena, especialmente as mulleres.
  • 5. Chámome Rigoberta Menchú e así naceu a miña conciencia é un libro, resultado dunha entrevista de Menchú coa antropóloga venezolana Elizabeth Burgos que se realizou durante unha semana en xaneiro de 1982 en París. Relata a vida de Rigoberta e denuncia os malos tratos e atrocidades aos que están sometidos os indíxenas e as indíxenas guatemaltecas, pero o seu obxectivo vai máis alá, esta obra quere denunciar a situación similar na que se atopan outras comunidades indíxenas de América Latina.
  • 6. No seu testemuño, Menchú conta a súa vida e as historias da súa comunidade. Menchú e a súa familia, que vivían no Altiplano de Guatemala pasaban oito meses ao ano traballando nas fincas dos ladinos, os guatemaltecos descendentes de españois. Moita xente, coma eles/as, que traballaba alí, morría de fame e estaba desnutrida, mesmo os/as rociaban con pesticidas.
  • 7. Tivo que exiliarse a México, onde publicou a súa autobiografía en 1983, para fuxir da represión. Percorreu o mundo coa súa mensaxe e conseguiu ser escoitada nas Nacións Unidas. En 1988 regresou a Guatemala, protexida polo seu prestixio internacional, para continuar denunciando as inxustizas.
  • 8. En 1992 o labor de Rigoberta Menchú foi recoñecido co Premio Nobel de la Paz. Foi no seu momento a gañadora máis nova do Nobel e a primeira indíxena en gañar ese premio.
  • 9. Cos recursos financeiros que recibiu ao gañar o Nobel estableceu a Fundación Rigoberta Menchú, con sede en Guatemala, cuxa misión é a de contribuír a recuperar e enriquecer os valores humanos para a construción dunha ética de Paz Mundial, a partir da diversidade étnica, política e cultural dos pobos do mundo. Esta fundación traballa para a construción da xustiza e a democracia, en especial para os pobos indíxenas, e dentro deles procurar a atención ás mulleres e nenos/as, por ser os grupos de poboación máis desfavorecidos.
  • 10. Dende maio de 2004, colabora e apoia á Fundación Comparte que desenvolven o seu traballo arredor da educación na Cultura da Paz e na defensa dos dereitos dos nenos e das nenas. Esta Fundación promove os dereitos dos/as máis pequenos/as en América Latina e colabora con ONG latinoamericanas comprometidas coa nenez.
  • 11. A través das fundacións, conseguiu que se recoñeceran, por exemplo, os 23 idiomas vernáculos guatemaltecos, grazas ao cal se autorizou a súa utilización en actividades públicas e na prestación de servizos tan importantes como educación, saúde ou xustiza. En 2007 e 2011, foi candidata á presidencia de Guatemala polo partido WINAQ, o primeiro que estaba organizado principalmente por indíxenas e fundado por Rigoberta Menchú.
  • 12. A keniana Wangari Maathai (1940- 2011), obtivo o Premio Nobel da Paz en 2004 "pola contribución ao desenvolvemento sostible, á democracia e á paz”. Foi dende nena moi curiosa e aplicada, e foi unha dos/as trescentos kenianos/as seleccionados/as en 1960 para ir cunha beca a estudar aos Estados Unidos. WANGARI MAATHAI
  • 13. Graduouse en Bioloxía en Kansas e fixo o doutoramento nas universidades de Giessen e Munich, en Alemaña. En 1969, Maathai regresou a Nairobi para continuar os seus estudos na Universidade de dita cidade, como profesora adxunta de anatomía e despois xefa do Departamento de Anatomía Veterinaria. Foi a primeira muller en Nairobi en acadar estes postos.
  • 14. Maathai foi a primeira muller que obtivo un doutorado en África Oriental e Central. Dedicou boa parte da súa vida a loitar contra a deforestación do continente africano.
  • 15. En 1977 fundou o Movemento do Cinto Verde, principal proxecto de reforestación de árbores no continente africano e que plantou 30 millóns de árbores en Kenia. Pese a iso, a superficie arborada só chegaba ao 1,7%, cando a ONU recomenda que represente o 10% do total. O obxectivo deste programa non só era promover a biodiversidade senón tamén crear emprego feminino.
  • 16. Maathai promoveu campañas a favor da igualdade de beneficios para as mulleres que traballaban na Universidade. Sufriu discriminación por ser muller e por terse divorciado do seu home.
  • 17. Estivo presa en varias ocasións, por manifestarse e protestar en contra dos plans do goberno que supoñían graves ataques medioambientais e por ser activista prodemocracia.
  • 18. Foi membro e despois directora da delegación en Nairobi da Cruz Vermella de Kenia. Traballou no Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e formou parte do Consello Nacional de Mulleres de Kenia (NCWK).
  • 19. En 1986, o Movemento do Cinto Verde impulsou unha Rede Panafricana do Cinto Verde, a través do cal se levaron a cabo plans similares de replantación de árbores en máis de 30 países de África (Tanzania, Uganda, Malawi, Lesotho, Etiopía o Zimbabue, entre outros) e doutras partes do mundo.
  • 20. A través do seu traballo como voluntaria nas diversas asociacións, comprobou que a raíz da maioría dos problemas de Kenia era a degradación medioambiental. Maathai alentou as mulleres de Kenia a crear invernadoiros por todo o país, buscando sementes en bosques cercanos para sementar árbores oriúndas da zona. Pese a estar a recibir moitos premios e recoñecementos internacionais polo seu traballo tivo que estar escondida e mesmo saír do país por estar ameazada.
  • 21. Ao seu regreso a Kenia, Maathai, en 2002, foi candidata da Coalición Nacional Arco da Vella, a organización que derrotou ao partido no poder (Unión Nacional Africana Keniana). Maathai, grande activista da ecoloxía, foi nomeada en 2003, Secretaria de Estado de Medio Ambiente, Recursos Naturais e Vida Salvaxe do seu país. Foi a primeira vez que unha muller africana obtivo o Nobel da Paz.
  • 22. Foi unha muller cun amplo recoñecemento internacional pola súa incansable defensa da democracia, dos dereitos humanos, das mulleres e do medio ambiente. Por todo isto, dirixiuse en moitas ocasións á ONU, e interveu, en nome dos dereitos das mulleres, por exemplo, no cumio quinquenal da Terra na Asemblea Xeral de Nacións Unidas.
  • 23. MALALA YOUSAFZAI Malala Yousafzai é unha activista, blogueira e universitaria, defensora do dereito á educación das nenas e das mulleres. Naceu en Pakistán o 12 de xullo de 1997. Reside en Inglaterra desde o atentado que sufriu o 9 de outubro de 2012 con 15 anos.
  • 24. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2014, aos 17 anos, a persoa máis nova en acceder a ese galardón.
  • 25. Naceu en Mingora, nunha familia pakistaní musulmana suní. Criouse coa súa nai, co seu pai e cos seus irmáns. A súa familia apoiaba que as nenas e os nenos tiveran as mesmas oportunidades de escolarización. O seu pai, Ziauddin Yousafzai, poeta e profesor, dirixía e daba clases nunha escola para nenas da súa vila.
  • 26. No noroeste de Pakistán, onde ela vivía, o réxime talibán prohibía a asistencia á escola das nenas
  • 27. A Malala gustáballe moito ir á escola e aprender xunto ao seu pai e compañeiras. Pero isto cambiou en, en 2008 cando os talibáns se fixeron co control do seu pobo, xa que prohibiron que as nenas foran á escola.
  • 28. Malala non quixo aceptar esa imposición que supoñía renunciar ao dereito universal que todas as nenas e nenos teñen , o dereito á educación. Por iso, empezou a falar a través de diferentes medios e lugares do dereito á educación, a pesar do perigo que iso supoñía
  • 29. Con só 15 anos, foi o obxectivo dun atentado talibán. O 9 de outubro asaltaron o autobús escolar onde ela ía e disparáronlle ao lado esquerdo da súa cabeza, alcanzando tamén a outras dúas nenas, isto estivo a punto de custarlle a vida. Este feito non fixo que se rendera, todo o contrario. Sobreviviu e recuperouse, para logo loitar com máis forza que nunca.
  • 30. Malala conseguiu estudar un grao en Filosofía, Políticas e Economía na prestixiosa universidade de Oxford. En 2018, puido visitar Pakistán por primeira vez desde o atentado que case lle custa a vida. Hoxe en día continúa viaxando polo mundo e reivindicando o mesmo que xa sinalou no seu discurso na ONU en 2017: o dereito á educación universal das nenas e a implicación que ao respecto deben ter os homes para que isto sexa efectivo.
  • 31. EMILY GREENE BALCH Foi escritora, pacifista, socióloga, economista e profesora universitaria. Tentou sempre que as súas alumnas reflexionaran e loitaran pola mellora das condicións sociais e polos dereitos das mulleres.
  • 32. Naceu en Boston, Estados Unidos, en 1867, e morreu en 1961. Medrou nun entorno privilexiado polo que puido acceder á educación superior, sendo das primeiras mulleres que cursaban estudos universitarios nese tempo
  • 33. ImpartIu clase, durante vinte anos, en Wellesley, unha das universidades só de mulleres da costa Leste dos Estados Unidos.
  • 34. Debido ás súas actividades pacifistas, non lle permitiron continuar coa docencia e converteuse en editora de The Nation, unha revista liberal de actualidade. A Primera Guerra Mundial fixo que o seu traballo se centrara na necesidade de loitar pola paz a nivel internacional, converténdose nunha figura de oposición á guerra e ao militarismo. Ao respecto, opinaba que era “un gasto enorme e innecesario e unha horrible vergoña moral” (Balch, 1917: 31).
  • 35. O seu desexo era que mulleres de diferentes procedencias, políticas, relixiosas e culturais, se unisen na súa oposición á guerra e no seu apoio á igualdade e principios xerais de xustiza, desenvolvendo unha nova identidade humana como cidadás do mundo. Tamén defendía as persoas que sufrían discriminación, as desfavorecidas, e loitaba por conseguir xustiza social para os/as inmigrantes, as clases traballadoras, os/as discriminados por razón de raza e, principalmente, para as mulleres.
  • 36. Dedicou case toda a súa longa vida a traballar contra a guerra, polos dereitos humanos e pola construcción dunha nova sociedade e un sistema internacional baseado na cooperación. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1946, compartido con John Raleigh Mott. Galardón Premio Nobel da Paz