SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
1. A LOCALIZACIÓN DAS EMPRESAS 
1. Obxectivos dunha boa localización 
2. Factores da localización espacial 
1. Empresas industriais 
2. Empresas comerciais e de servizos 
2. A DIMENSIÓN DAS EMPRESAS 
1. Introdución 
2. Concepto de dimensión 
3. Criterios para medir a dimensión da empresa 
4. Factores que inflúen na dimensión das empresas 
5. Dimensión óptima. Teoría económica. 
6. O crecemento empresarial 
7. As PEMES 
8. As multinacionais 
9. A globalización 
3. AS TIC E A NOVA ECONOMÍA 
4. AS COOPERATIVAS COMO MOTORES DO DESENVOLVEMENTO
1.- A LOCALIZACIÓN DAS EMPRESAS 
1.1.-OBXECTIVOS DUNHA BOA LOCALIZACIÓN 
A selección do lugar óptimo para situar as diferentes empresas, centros de actividade, servizos 
públicos, é unha decisión complexa, non exenta de riscos. Os obxectivos que se pretenden con iso 
son basicamente so seguintes: 
● Diminuír os custos de aprovisionamento/produción/comercialización/financiamento. 
● Optimizar o acceso aos mercados tanto de subministradores como de clientes 
potenciais. 
● Aumentar a eficacia da xestión, co que aumentarán os ingresos potenciais. 
1.2.- FACTORES DA LOCALIZACIÓN ESPACIAL 
Inflúen moitos factores á hora de decidir a localización dunha empresa. A importancia que se lle 
da a cada un deles depende do tipo de empresa, por iso imos considerar dúas problemáticas 
diferentes: a localización de empresas industriais e a localización das empresas comerciais e de 
servizos. 
a) LOCALIZACIÓN DAS EMPRESAS INDUSTRIAIS. 
Cando se estuda a localización dunha empresa industrial, en xeral, búscase minimizar os custos, 
por iso se teñen en conta entre outros os seguintes factores: 
A dispoñibilidade e o custo do solo industrial 
As industrias pesadas necesitan grandes extensións de solo industrial, Polo tanto, buscarán 
zonas onde o solo industrial ten un prezo moderado, normalmente lonxe dos núcleos 
urbanos. As industrias de menor tamaño terán que sopesar o custo do solo ou do local con 
outros custos como os de abastecemento de materias primas, dispoñibilidade de man de obra 
e custo de transporte do produto rematado; a unha empresa pequena non lle compensará 
situarse moi lonxe das zonas industriais e urbanas porque o aforro no custo do solo non 
compensa o encarecemento do resto dos custos. 
A dispoñibilidade e custo da man de obra 
Se a industria utiliza de xeito intensivo a man de obra (por exemplo industria téxtil), a 
localización buscará zonas nas que exista grande dispoñibilidade man de obra con custos salariais 
baixos; noutros casos o proceso industrial necesita operarios especializados e persoal técnico 
cualificado, entón a localización buscará núcleos urbanos con industrias do mesmo sector e escolas 
politécnicas (por exemplo empresas de electrónica, comunicacións, maquinaria de precisión, etc.) 
O aprovisionamento de materias primas e outros materiais 
Cando as materias primas que se utilizan son moi voluminosas, perigosas, caras ou difíciles de 
transportar, as empresas que as usan soen situarse cerca das fontes de subministración, ou dos 
medios de transporte que as traen, desta forma redúcense custos e evítase perda de tempo e riscos 
de manipulación. Por esta razón, determinadas industrias pesadas atópanse próximas ás terminais 
de ferrocarril, ou en portos ou zonas da periferia urbana con fáciles accesos por estrada. Ex: as 
refinerías de petróleo sitúanse con frecuencia nos portos ou preto da costa; deste xeito minimízase 
a distancia entre os barcos petroleiros que transportan o cru e a planta de transformación que o 
utiliza. Esta forma de localización reduce os custos de transformación, xa que evita a construción 
de oleodutos para transportar o produto dende o porto ata a planta de refinado. 
Existencia de industria auxiliar e servizos 
A existencia de empresas auxiliares é ás veces un factor que se ten moi en conta: empresas de 
reparacións, de transportes, de fabricantes ou distribuidores de pezas necesarias para o proceso 
produtivo que se vai levar a cabo, etc. Se non existe unha industria auxiliar o suficientemente 
eficaz, en moitas circunstancias a localización non resulta interesante, xa que o custo dos 
subministros e reparacións encarece. 
Normativa industrial, fiscal e laboral 
A normativa industrial e fiscal dunha determinada zona pode axudar á implantación de 
empresas de diversas formas: polígonos industriais con solo a baixo custo, subvencións a fondo 
perdido, subvencións nos tipos de xuros dos préstamos bancarios ou impostos mais baixos. A 
normativa laboral permite en certos casos unha contratación laboral mais flexible, subvencións á
creación de postos de traballo, á contratación dos traballadores en paro, etc. As posibilidades 
legais son determinantes sobre todo para aquelas empresas que levan adiante actividades con 
impactos medioambientais concretos. Determinadas actividades empresariais requiren unha 
aprobación previa da súa posta en marcha, polo que ter ou non ese permiso é un factor excluínte. 
Ademais destes factores, poden influír factores do contorno xenérico ou específico como 
o tamaño do mercado, a situación económica do país, a conflitividade social e laboral ou a 
rivalidade ou competencia no sector, etc. 
b) LOCALIZACIÓN DAS EMPRESAS COMERCIAIS E DE SERVIZOS 
Na localización dun establecemento comercial débense ter en conta unha serie de criterios 
diferentes aos dun centro produtivo. Entre outros mencionaremos os seguintes: 
Área xeográfica adecuada 
Adaptación do negocio ao poder adquisitivo 
A distribución xeográfica de comercios está condicionada polo poder adquisitivo da poboación; 
así en barrios de elevado poder adquisitivo instálanse negocios que non se situarían en áreas 
modestas. Por exemplo: nos primeiros localizaríanse restaurantes de luxo, galerías de arte, 
anticuarios, boutiques de firma, etc; nos segundos predominarían os bares de comidas, tendas de 
roupa barata, mercados de alimentación, etc. 
Radio de acción do negocio: canto mais frecuente é o uso do produto 
comercializado menor é a influencia xeográfica do punto de venda: as cousas que se 
compran todos os días adquírense o mais preto posible do domicilio. 
Limiar de mercado: dimensión mínima que debe ter un mercado para que unha 
tenda ou punto de venda sexa viable. Se o mercado é inferior ao limiar un negocio 
instalado no mesmo non poderá subsistir porque carecerá da clientela necesaria. 
Especialización urbana. As distintas áreas da cidade desempeñan diferentes papeis 
na economía metropolitana; así nas áreas netamente residenciais tenden a localizarse 
actividades de natureza primaria. Nas localidades a partir de certa entidade de 
poboación existen unha ou varias zonas xeográficas especializadas en actividades 
comerciais e de servizos. Nas cidades de certa dimensión que exercen atracción 
sobre outras localidades existen unha ou varias zonas de negocios onde se instalan as 
oficinas principais e grandes axencias de bancos, compañías de seguros, notarías, 
etc. 
Algúns comercios instálanse en zonas suburbanas, trátase de grandes almacéns ou 
hipermercados onde non se soen realizar comprar diarias, senón cada certo tempo e instálanse 
na periferia aproveitando o menos prezo dos solares e as boas vías de comunicación que 
permiten a compra en coche. Algúns destes hipermercados en cidades moi grandes soen incluso 
especializarse en gamas concretas de produtos. Ex: Ikea. 
Facilidades de acceso 
No emprazamento dos comercios débese reducir ao mínimo as desutilidades de comprar; pola 
contra débese incrementar as utilidades do consumidor facendo que a compra sexa un acto 
lúdico. Para iso é necesario favorecer todo o posible o acceso dos clientes. Dentro das medidas 
que favorecen o acceso a determinado punto de venda podemos citar: 
Visibilidade do local: canto mellor sexa esta, maior impacto terá sobre os potenciais 
clientes. Por iso se prefiren os locais con mais metros de fachada, os que están 
situados nunha esquina, entre dúas rúas, os que se ven dende mais lonxe, etc. 
Facilidade de comunicacións: ter cerca paradas de metro, autobús, aparcamento 
seguro, etc. 
Situación en beirarrúas de tránsito: con frecuencia, dentro dunha mesma rúa, un 
dos lados ten máis tránsito de peóns que o outro. Situar o comercio na beirarrúa máis 
frecuentada, sobre todo se a rúa é ancha e difícil de cruzar, facilita moito a afluencia 
de clientes. 
Localización en zonas de actividade comercial. Moitas veces as persoas non van 
mercar un único produto, senón que van “de compras”, por iso convén situar o
negocio nunha zona onde existan ofertas complementarias que permitan aos clientes 
comprar todo o que queiran. A localización nunha zona de alta densidade comercial 
ten ademais da vantaxe mencionada (poder de atracción conxunto) o inconveniente 
da competencia. 
Comodidade dos locais: locais ben decorados con estancia e tránsito cómodos. 
2.- A DIMENSIÓN DAS EMPRESAS 
a) INTRODUCCIÓN 
Atopámonos quizá ante unha das cuestións máis polémicas en economía da empresa: 
En primeiro lugar non existe unanimidade entre os economistas sobre o que é unha 
empresa grande, mediana ou pequena. 
En segundo lugar, non existe un criterio único e fiable para medir a dimensión dunha 
empresa, calidade que ademais, depende do sector ao que pertenza esta. 
Tampouco existe acordo entre os economistas sobre a relación entre dimensión e 
eficiencia: algúns autores pensan que non existe unha dimensión óptima porque as 
economías de escala non sempre van ligadas ao volume da empresa; outros autores cren que 
hai dimensións mais ou menos convenientes segundo a actividade á que se adique ou seu 
modelo de organización ou o seu estilo de dirección. 
b) CONCEPTO DE DIMENSIÓN 
Como dixemos, a dimensión é un concepto moi polémico xa que non existe un criterio único 
para medila. 
De forma aproximada poderíamos dicir que a dimensión dunha empresa é o seu tamaño, que 
garda unha estreita relación coa súa capacidade produtiva. 
Por outra banda, definimos a capacidade produtiva como o valor da produción alcanzable cando 
todos os recursos están en pleno emprego. 
A capacidade produtiva garda estreita relación coa dimensión da empresa xa que canto maior 
sexa a dimensión maior será a capacidade. Con todo, non hai que confundir capacidade produtiva 
con ocupación produtiva: unha empresa pode ter unha grande dimensión e por tanto unha grande 
capacidade produtiva, pero iso non quere dicir que esta capacidade estea en plena ocupación, xa que 
se a taxa de actividade (actividade real/actividade posible) é menor que a unidade, infórmanos de 
que estamos subutilizando as instalacións xa que existe unha diferencia entre a actividade real e a 
que sería posible se se empregasen todos os factores completamente. 
c) CRITERIOS PARA MEDIR A DIMENSIÓN DA EMPRESA 
Dende o punto de vista do tamaño, as empresas acostuman a clasificarse en pequenas, medianas 
e grandes; e un dos criterios mais utilizados para facer esa clasificación, pola súa facilidade de 
estudo, é o número de traballadores: se teñen menos de 50 considerase pequena, mediana entre 50 e 
250 e grande a partir desa cifra. 
Ademais do número de traballadores, outros criterios utilizados poden ser: 
● o volume de facturación: ingresos obtidos polas vendas 
● o cas-flow (fluxo de caixa): beneficio neto+amortizacións do exercicio 
● fondos propios ou neto patrimonial: capital+reservas+beneficio do exercicio 
● inmobilizado neto: inversións permanentes menos amortizacións 
● as súas posibilidades de endebedamento 
● a súa cota de mercado 
● etc 
Co fin de conseguir unha forma de medición do tamaño o mais completa posible, utilízase o que 
se coñece como valor multicriterio que consiste en seleccionar distintas variables que resulten 
significativas da dimensión nun sector concreto, asignando a cada unha delas un peso ou 
ponderación segundo a súa importancia. 
Hai que ter en conta que, segundo o tipo de actividade á que se dedique, o criterio a empregar 
ten que ser distinto. Unha grande superficie comercial, por exemplo, non pode utilizar para medir o 
seu tamaño o mesmo sistema que un gabinete de avogados ou unha fábrica de automóbiles. 
d) FACTORES QUE INFLÚEN NA DIMENSIÓN DAS EMPRESAS
Existen factores que limitan ou favorecen que unha empresa teña un determinado tamaño ou ben 
que permitan crecer máis facilmente. Imos agrupalos en varias categorías: 
● Factores técnicos 
○ A división do traballo. A existencia dunha organización que utilice a división do 
traballo facilita o crecemento. 
○ A integración de procesos. Agrupar procesos (empregar unha máquina en 
substitución de varias), facilita o crecemento, pero non é fácil, dado que é caro. 
○ O equilibrio de procesos. Conseguir a plena ocupación dos factores de produción 
empregados é o paso previo ao aumento da capacidade instalada, ou o que é o mesmo, 
non ten sentido aumentar a capacidade se a empresa ten factores infrautilizados. 
● A dirección 
○ As funcións directivas. A grande empresa divide e descentraliza as funcións 
directivas, o que posibilita ter persoas especializadas, e isto favorece o crecemento. 
○ A coordinación de factores. Fundamental cando hai descentralización e división 
do traballo, aínda que canto mais grande é a empresa, máis difícil resulta a coordinación. 
● O financiamento. A maior ou menor necesidade de capital inflúe na dimensión das 
empresas; existen actividades ou sectores nos que crear unha empresa ou aumentar as 
instalacións require grandes cantidades de capital e iso non é factible para as PEMEs, que 
normalmente non dispoñen dese diñeiro e tampouco teñen acceso aos créditos e préstamos 
de entidades financeiras. 
● Aspecto comercial 
○ O tamaño do mercado. Limita a expansión de calquera empresa. 
○ A publicidade. Pode ampliar o mercado, levándoo a sectores onde antes este 
mercado non estaba presente. 
○ As compras a grande escala. Posibilitan negociar prezos, e polo tanto, facilitan as 
accións das grandes empresas. 
○ As vendas en grandes cantidades. Posibilitan diminuír os custos medios, ou custos 
por unidade vendida, polo que as grandes empresas teñen máis facilidades que as 
pequenas. 
○ Influencias. As grandes empresas teñen unha maior influencia social e sobre os 
poderes políticos, o que sempre as sitúa en posición vantaxosa fronte ás pequenas. 
● Factores de risco. A incerteza sobre o futuro pódese reducir, se se ten capacidade para 
influír sobre a demanda. 
e) DIMENSIÓN ÓPTIMA: TEORÍA ECONÓMICA 
A capacidade para aumentar a dimensión da empresa ten que ver co tempo, é dicir, con que 
analicemos as cousas a curto ou a longo prazo. 
● O curto prazo caracterízase pola existencia duns custos fixos (alugueiro, amortizacións, 
etc) e duns custos variables (materias primas, man de obra, enerxía, etc), o que fai que 
existan limitacións para aumentar a dimensión empresarial, xa que adquirir e instalar novos 
factores fixos (aumentar as instalacións e a maquinaria por exemplo) requiriría certo tempo, 
co que deixaríamos de estar activos nun prazo curto de tempo. Nunha situación de curto 
prazo, non se pode falar de dimensión óptima senón de plena ocupación de factores. A plena 
ocupación de factores prodúcese cando a curva de custos medios está no seu punto mínimo: 
ata chegar a este punto, ao aumentar a produción, aínda que medren os custos variables, os 
custos fixos repartiranse entre maior número de unidades producidas, o que fará diminuír os 
custos medios. A partir dese punto, a incorporación dunha unidade mais de factor variable 
fará crecer os custos máis rapidamente que o nivel de produción, o que nos di que a 
capacidade instalada non permite unha maior ocupación. 
● A longo prazo a situación considerase distinta, xa que nun período longo de tempo todos 
os factores, e polo tanto os custos, poden ser considerados variables. Unha empresa dise que 
se atopa na súa dimensión óptima cando dispón dunha estrutura produtiva tal que o mínimo 
da súa curva de custos medios a curto prazo coincide co mínimo da curva de custos medios
a longo prazo. Na dimensión óptima aparecen as economías de escala e os rendementos 
crecentes, ao aumentar a produción a maior ritmo que o emprego de factores. Neste punto 
chamado óptimo de explotación a empresa atopase nunha situación de máximo beneficio, xa 
que o custo da última unidade producida (custo marxinal) coincide co ingreso xerado pola 
última unidade vendida (ingreso marxinal). Dito doutra maneira, a empresa terá unha 
dimensión óptima cando o custo unitario do produto é mínimo. 
f).- O CRECEMENTO EMPRESARIAL 
Crecemento e cambio de dimensión 
O crecemento prodúcese cun aumento de actividades que leva a unha maior produción. Inicialmente 
este incremento de produción lévase a cabo cun emprego mais intenso dos factores produtivos 
existentes, ata o momento en que estes son insuficientes (saturación da capacidade produtiva), e é 
necesario ampliar a súa dimensión mediante a adquisición de novos factores: novos locais, mais 
persoal, máquinas, etc. 
¿Con que recursos? 
Os recursos poden vir de dúas fontes: 
recursos propios: para medrar con recursos propios é necesario obter un excedente 
que unha vez satisfeitas as demandas dos accionistas, permita sacar unha parte 
suficiente para ampliar e medrar. 
Recursos alleos: outra forma sería endebedándose co diñeiro procedente de fontes de 
financiamento alleas. 
¿Por que medran as empresas? 
Hai moitas razóns que levan ás empresas a medrar: 
diminuír os custos 
a busca de poder para monopolizar o mercado, isto é, mellorar a posición competitiva. 
o desexo dos directivos e dos propietarios de obter compensacións non solo económicas 
senón persoais: poder, prestixio....., metas que se conseguen mellor se a empresa é mais 
grande 
diversificación da actividade da empresa para reducir riscos e en consecuencia, asegurar a 
estabilidade da súa actividade e dos seus beneficios. 
----- 
¿Como medran as empresas? 
Existen dúas formas de crecemento: 
Crecemento interno : ampliando a súa capacidade produtiva. Este crecemento pode 
conseguirse mediante dúas estratexias diferentes: 
a expansión consiste en ampliar a liña tradicional, ed, colocar maiores cantidades 
dos produtos tradicionais da empresa (mais do mesmo). Conségueno aumentando as 
vendas, baixando o prezo, mellorando os produtos...... 
a diversificación pode conseguirse: 
comercializando novos produtos no mercado actual. Ex: unha empresa adicada 
ao mobiliario crea unha nova liña de produtos de cuartos de baño e mobles de 
cociña (diversificación do produto) 
comercializando os mesmos produtos en novos mercados: diversificación de 
mercados 
combinando os dous anteriores 
Dentro das estratexias de diversificación podemos distinguir entre: 
Diversificación horizontal: consiste en ampliar a oferta mediante produtos 
complementarios ou substitutivos do principal. Ex: pasta de dentes e cepillos, 
motores diésel e gasolina, etc. 
Diversificación vertical , mediante a cal unha empresa asume o ciclo completo de 
fabricación e distribución do produto, dende a adquisición dos materiais, pasando 
pola obtención dos semielaborados ata o seu acabado final. Ex: no petróleo: 
prospección-extracción-transporte,refino e distribución.
Crecemento externo : comprando ou asociándose con outras empresas. 
CONCENTRACIÓN DE EMPRESAS. 
A concentración de empresas presenta distintas formas, dependendo do grao de relación: 
Integración, participación, e asociación. 
Integración. Por integración enténdense as diferentes formas de agrupamento á 
que poden recorrer as empresas para afianzar a súa posición competitiva. Este 
agrupamento realízase a través da unión de varias empresas nunha soa mediante 
a fusión ou a absorción. 
■ Fusión: dúas ou mais empresas disolven as súas sociedades para integrarse 
nunha nova. Ex: Caixa Galicia e Caixanova (Nova Caixa Galicia), BSCH, 
etc. 
■ Absorción (fusión por absorción): adquisición dunha empresa por outra, 
implica a desaparición da empresa que é adquirida. 
Participación. Outras veces unha sociedade adquire parte do capital doutra, non 
coa intención de absorbela, senón de participar nos seus beneficios ou controlala. 
Para iso é necesario un mínimo de accións que se poden comprar en Bolsa 
directamente ou mediante unha OPA,, na que a sociedade compradora ofrece aos 
accionistas un prezo polas súas accións superior ao que no mercado ten nese 
momento. Se esta participación faise a través dunha empresa chamada "matriz", 
que adquire máis do 50% doutras empresas chamadas "filiais", coa finalidade de 
exercer o control das decisións que nelas se tomen, o grupo formado coñécese 
como hólding. As sociedades integradas nun hólding no teñen por que se adicar á 
mesma actividade. O hólding Zeltia é un exemplo, nel combínanse empresas 
químicas e de investigación con outras tan diferentes como as financeiras. 
Asociación. Acordos entre empresas: 
Unión temporal de empresas (UTE): trátase dunha asociación formada por 
dúas ou máis empresas para realizar un proxecto concreto de duración 
limitada, disólvese unha vez que conclúe o proxecto 
Cártel: Trátase de acordos entre empresas que, sen perder a súa identidade 
nin a súa independencia, deciden actuar conxuntamente fixando prezos ou 
repartíndose o mercado, co obxectivo de eliminar a competencia- O maior 
Cartel existente é o que agrupa aos países da OPEP. Dentro da Unión 
Europea están prohibidos. 
Clúster. asociación de empresas que abarcan a cadea de produción, incluíndo 
nesta ás firmas auxiliares. Nos clústers perséguese a unión das actividades 
estratéxicas que compartan gastos comúns como poden ser os de I+D+I, 
misións comerciais, etc. En Galiza hai dous clústers importantes: o da 
acuicultura e o do automóbil. O da acuicultura: aquaría, Insuina SL, Isidro de 
la Cal, Sea Farm, Pescanova, etc. O do automóbil está formado por 63 
industrias: Citroën, Castrosúa, Grupo Copo, Lignotock, etc. 
Outra clasificación que podemos facer: 
A integración vertical. Mediante a cal unha empresa asume o ciclo 
completo de fabricación e distribución dos produtos, dende a adquisición e 
preparación dos materiais básicos, pasando pola obtención dos 
semielaborados ata o seu rematado final. O principal obxectivo para estas 
agrupacións é a redución de custos mediante a integración de empresas nas 
que uns eran provedores dos outros. Loxicamente esta dinámica supón 
fusionar, absorber ou controlar as empresas en cuestión. Un exemplo é a 
empresa Conserveira Calvo, que integrou todo o proceso do atún ata o 
produto final. Non obstante, son raros os casos de integración total. Na 
actualidade a tendencia é á desintegración vertical, que está sendo substituída 
por acordos de subcontratación, é dicir, contratando con empresas
independentes todas as operacións que antes estaban integradas. Deste xeito 
cada unha especialízase na súa actividade e recupéranse as vantaxes da 
especialización. Un exemplo son os coñecidos TRUST, que son agrupacións 
de empresas que pertencen a diferentes fases do proceso produtivo e que 
mediante esta asociación perseguen reducir custos e exercer unha posición de 
dominio. Exemplo un grupo de empresas que produzan papel, tintas, libros, 
etec. Existe lexislación antitrust. 
A integración horizontal. Nuns casos búscase crecer para reducir os custos 
tratando de obter economías de escala, ou incrementar o poder negociador 
con provedores e clientes. Noutros casos realízase co obxectivo de restrinxir 
a competencia tratando de controlar o mercado (a xeito de cártel). 
A COOPERACIÓN. EMPRESARIAL. FORMAS DE COOPERACIÓN 
A cooperación entre empresas: relacións especiais entre empresas independentes a 
través de acordos cos que poden conseguir compartir recursos e coñecementos, evitar 
riscos, abaratar custos, acceder a novos mercados, etc. A cooperación entre empresas 
pode adoptar diferentes modalidades, entre elas: 
● Joint venture: dúas ou mais empresas con intereses comúns crean outra 
empresa que desenvolve unha actividade que as beneficia. Ex: Kodak e 
Hewlet-Packard crearon unha joint venture dedicada ao fotoacabado 
dixital por inxección de tinta. 
● Comercio asociado: diferentes establecementos comparten unha mesma 
infraestrutura e instalacións. Ex: centros comerciais, as franquías. 
● Subcontrata: unha empresa que fabrica un produto composto por varios 
elementos encarga a outra empresa determinadas actividades, que poden 
chegar á elaboración do produto na súa totalidade. Ex: Ford e outras 
empresas do automóbil subcontratan a fabricación de determinados 
compoñentes como neumáticos, sistemas electrónicos, etc. 
● Licencia: unha empresa cede a outra a cambio dunha contraprestación, o 
dereito a utilizar unha marca determinada, unha patente..... Ex: Pfizer, 
empresa farmacéutica, patenta un medicamento e cede a outras empresas 
o dereito a fabricalo a cambio de determinada contraprestación 
económica. 
● Contrato de longa duración: dúas empresas desenvolven conxuntamente 
mediante un contrato a longo prazo unha actividade determinada. Ex: 
Roll-Royce chegou a un acordo de longa duración con BMW para 
proporcionar a esta certo modelo de motor. 
● Consorcio: varias empresas establecen unha relación entre elas e unha 
organización mutua chamada consorcio. Ex: IBM, Microsoft e outras 
empresas fundaron o consorcio ICT, que ten a finalidade de canalizar 
esforzos para a formación de técnicos informáticos. 
● Etc. 
g) AS PEMES. VANTAXES E INCONVENIENTES. VANTAXES COMPARATIVAS DAS 
GRANDES EMPRESAS. 
A maioría das nosas empresas son pequenas e medianas; na industria as que teñen menos de 
cincuenta traballadores representan aproximadamente o 99% do sector. 
(http://www.coaca.es/documentos/Retrato%20de%20la%20PYME%202014.pdf). Podemos falar 
entón de pequena dimensión pero de grande transcendencia social e económica: a maior parte das 
familias españolas viven do emprego que proporcionan as PEMES. 
As características que definen unha PEME pódense sintetizar nos seguintes aspectos: 
● participan de forma minoritaria no mercado e por tanto non inflúen no funcionamento do 
mesmo. 
● A propiedade do capital pertence a unha persoa ou a un grupo reducido de socios.
● A PEME polo xeral, carece de control externo (de outras empresas ou grupos que 
puideran participar no seu capital, como sucede con frecuencia nas grandes empresas); por 
tanto, as súas decisións soen ser autónomas, dentro da marxe de actuación que lles deixa o 
mercado. 
Á hora de avaliar a súa actividade, as PEMES presentan certas vantaxes fronte ás grandes, ao 
tempo que teñen unha serie de inconvenientes. 
VANTAXES: 
Traballan en contacto directo cos seus clientes, o que supón un trato mais achegado e 
personalizado que as grandes empresas. (Non é o mesmo ir ao taller do teu amigo que a unha 
sucursal de Norauto). 
Debido ao seu pequeno tamaño, unha das súas vantaxes principais e a rápida adaptación aos 
cambios, sobre todo a cambios na demanda. 
Relación directa entre empresario e traballadores. O seu reducido tamaño simplifica a xestión: o 
propietario pode estar mais encima da marcha do negocio, e os empregados poden acceder ao 
propietario directamente, sen moitos mandos intermedios. 
Baixo índice de conflitos. Como consecuencia do anterior nestas empresas os problemas 
soluciónanse mais facilmente que nas grandes o cal reduce a conflitividade laboral. 
Os traballadores poden participar na dirección mais facilmente que nas grandes. 
Reciben directamente dos consumidores as valoracións sobre as súas actividades. 
Normalmente proximidade á residencia dos consumidores (empresas comerciais e de servizos.) 
INCONVENIENTES 
Dificultades para lograr financiamento. A súa capacidade de endebedamento é moi limitada. 
Traballan cuns custos de produción maiores que as grandes polo que teñen menor acceso ás 
economías de escala: as economías de escala reducen o custo unitario ao producir grandes 
cantidades, e as PEMES atópanse moitas veces con que non poden producir esas cantidades que 
lles permitirían vender mais barato. (Os custos fixos repártense entre mais unidades). 
Non poden ter staff de especialistas nas diferentes áreas de actividade. 
A tecnoloxía utilizada non adoita ser a mais avanzada. 
Non dispoñen de capacidade negociadora fronte aos provedores como sucede coas grandes 
empresas que poden esixir descontos debido ao volume das súas vendas. 
Non dispoñen de recursos para empregar en I+D+I. 
Polo reducido número de empregados non poden dispoñer de modelos organizativos complexos. 
Son facilmente presa das grandes, que as poden comprar. 
Se tivésemos que falar das grandes empresas, diríamos que as súas vantaxes son os 
inconvenientes das pequenas. 
¿Que deben facer as PEMES para asegurar a súa supervivencia? Fundamentalmente deben 
ocuparse de actividades propias de baixas economías de escala, deben potenciar o servizo directo ao 
cliente, mellorar a calidade dos seus produtos e posuír axilidade para adaptarse aos cambios da 
demanda, detectando con rapidez as necesidades do mercado pois neste punto as PEMES poden ser 
mais competitivas que as grandes. 
Outro factor que deben ter en conta son as oportunidades de crecemento e o potencial de 
demanda que presentan outros mercados, non conformándose co mercado tradicional para o que 
naceron, posiblemente como empresa familiar, e buscar oportunidades de negocio fora da súa 
comunidade autónoma ou incluso fora do país. 
VANTAXES COMPARATIVAS DAS GRANDES EMPRESAS 
 En competencia imperfecta gozan dunha posición dominante no mercado. 
 Os cadros de persoal contan con profesionais moi especializados e mellor organizados. 
Ao manexar maiores orzamentos poden contratar técnicos máis expertos e relevantes. 
 Teñen moitas máis facilidades de acceso ao mercado de capitais. En moitos casos as 
conexións banca-empresa son normais. 
 Controlan as canles de distribución, xa que poden impoñer as súas condicións, tanto a 
provedores como a clientes. Por outra banda, ao manexar grandes cantidades de produto,
os prezos que pagan aos provedores son menores. 
 As empresas grandes traballan con economías de escala xeradas polos grandes 
investimentos e tecnoloxías mais avanzadas, o que lles permite obter custos unitarios 
menores, e polo tanto, menores prezos. 
 Dispoñen de facilidades, ao elixir o seu emprazamento, xa que moitos concellos, por 
exemplo, ofrecen vantaxes a este tipo de empresas par instalarse no seu territorio polas 
rendas que xeran para os seus habitantes e impostos para as institucións. 
 A súa capacidade técnica é moito maior, debido aos fortes investimentos en capital e aos 
programas de investigación que poden levar adiante. 
Todo isto tradúcese nun maior potencial competitivo destas empresas fronte ás de menor 
tamaño, que se manifesta normalmente nus menores custos de produción e en menores prezos de 
venda. 
h) AS EMPRESA MULTINACIONAIS 
Cando unha empresa ten plantas produtivas ou de servizos en diferentes países, dise que é unha 
multinacional ou transnacional. 
As empresas ao medrar e aumentar o seu tamaño precisan aumentar tamén o seu mercado, polo 
que buscan a demanda dos seus produtos ou servizos noutros países. Despois dun primeiro paso, 
que é a exportación, se o crecemento se consolida, a empresa intentará instalarse o máis preto 
posible do seu mercado e da localización dos factores produtivos (materias primas e man de obra). 
Por otra banda, as grandes empresas xeran postos de traballo e riqueza na zona na que se ubican, 
polo que nos países en que estes son escasos, moitas veces, se ofrecen facilidades, que poden ser 
fiscais ou de cesión de terreos ou doutro tipo, ás empresas que instalen alí unha planta produtiva. As 
empresas que buscan instalarse noutro territorio teñen en conta estas facilidades, aínda que a 
primeira razón sexa a de buscar a proximidade dos factores de produción. 
FACTORES QUE FACILITAN A EXPANSIÓN DAS MULTINACIONAIS 
O propio crecemento das empresas lévaas a traspasar as fronteiras primeiro e logo a situar as 
plantas de produción no lugar mais conveniente. 
A loita contra a competencia alí onde esta existe. 
As tendencias internacionais a dar facilidade ao comercio por medio da redución das 
barreiras proteccionistas e arancelarias. 
Os acordos entre países para a creación de áreas de libre comercio que facilitan a libre 
circulación de produtos e capitais. 
O tamaño xeralmente grande permítelles traballar con economías de escala. 
Tamén se aproveitan de poder elixir a sede das súas instalacións con criterios de eficacia e 
rendibilidade, cando non de beneficios fiscais. 
As facilidades na transferencia de tecnoloxía dadas polos países receptores. 
A internacionalización e globalización da economía homoxeneízan as pautas de consumo, co 
que o mesmo produto ou cunhas variacións mínimas é producido ou consumido en calquera 
parte do mundo. 
As facilidades proporcionadas polas novas tecnoloxías das comunicacións permiten estar ao 
tanto das incidencias de calquera mercado, e dadas as facilidades no transporte, debido ao 
seu abaratamento, situar os produtos alí onde se necesitan sen problemas. 
i) A GLOBALIZACIÓN 
Pode entenderse como globalización a interrelación existente entre as economías de todo o 
mundo. Trátase de empresas que venden os mesmos produtos en diferentes países. 
As causas que favorecen esta integración económica internacional poderían ser as seguintes: 
Causas tecnolóxicas, como consecuencia do incremento dos transportes internacionais 
debido á redución dos custos. 
Causas inherentes ao crecemento das comunicacións internacionais, por medio do teléfono, 
fax, internet,..... xa que o abaratamento dos seus custos permitiron unha grande ampliación 
das súas posibilidades. O auxe da informática supón conexións en tempo real cos recunchos 
máis distantes do planeta.
Incremento do número de empresas. 
Causas institucionais como son as derivadas da existencia de organismos internacionais 
como a Organización Mundial do Comercio (OMC), que favorecen os intercambios ao 
abaratar as restricións legais (tipo aranceis), ou os Tratados de Libre Comercio (TLC) que 
favorecen o libre cambio de mercadorías. Entrarían neste grupo tamén os procesos de 
integración económica e monetaria como o da Unión Europea. 
A homoxeneización cultural das pautas de consumo a nivel mundial. 
Carácter cada vez mais inmaterial da produción. Unha masa crecente de capitais que navega 
polo ciberespacio da rendementos moi significativos sen necesidade de intervención dos 
outros factores de produción (terra e traballo). As transaccións financeiras diarias equivalen, 
por exemplo, á produción de bens e servizos dun país como Francia. 
A globalización favorece a ampliación do comercio baseado nas ideas, como é o caso dos 
libros, música, software, innovacións, etc... debido á súa facilidade de movementos a través 
de internet. 
Fronte á mundialización da economía xorden voces que chaman á atención sobre o enorme peso 
do financeiro, o que fai que as empresas e as economías no seu conxunto sexan máis vulnerables ás 
crises internacionais. 
En xeral, os procesos de globalización teñen experimentado procesos de converxencia entre os 
países relativamente máis ricos, pero aumentaron as diverxencias entre estes e os máis pobres. 
Mentres unha parte da poboación pode entrar na sociedade da información e da nova economía por 
medio da globalización, outra aínda non chegou á revolución industrial. 
Por outro lado, é posible constatar o aumento do peso das multinacionais na economía mundial, 
co conseguinte incremento do seu poder oligopólico; e ao mesmo tempo, a gran competencia 
internacional favorece que se produzan procesos de dumping, xa que determinados países traballan 
con custos máis baixos dos considerados normais debido ás condicións de traballo, a non haber 
protección social, á nula ou escasa incidencia dos sindicatos, salarios moi baixos, etc. 
3.- A NOVA ECONOMÍA E AS TIC 
As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), e de forma moi destacada Internet, 
teñen suposto un cambio importante para as empresas e a economía en xeral. Unha das 
consecuencias mais notables ten que ver coa posibilidade de superar as limitacións de tempo e de 
espazo: Internet permite a comunicación en tempo real entre puntos situados en calquera parte do 
mundo. Este cambio da lugar ao que algúns autores denominan nova economía. 
O concepto de nova economía fai referencia a unha economía caracterizada polo uso da 
Internet e as tecnoloxías da información e da comunicación, que sitúa nun lugar preferente o 
coñecemento e a información. 
As características da nova economía, que supón algúns cambios para as empresas son: 
Aparecen formas comerciais de gran eficiencia, como son o comercio electrónico, que acortan 
a canle de distribución e posibilitan unha relación mais estreita entre o cliente e a empresa. A 
empresa pode vender directamente ao consumidor, en vez de facelo, por exemplo, a un comerciante 
por xunto e este a un retallista, o que contribuirá a baixar os prezos finais. 
Redefínese o sistema de valor no que se integra a empresa. A rapidez que posibilitan as TIC 
permite establecer novas formas de relación con provedores e clientes. A empresa, por exemplo, 
pode facer os seus pedidos de materiais en tempo real e de forma automatizada. 
As novas tecnoloxías favorecen a formación de redes de empresas. Desta forma, nunha área 
determinada poden reunirse un conxunto de empresas que levan a cabo actividades 
complementarias (por exemplo, unha planta de fabricación de automóbiles, os seus provedores de 
compoñentes e outras empresas que son, á súa vez, provedores dos fabricantes de compoñentes). O 
uso das TIC permite que entre todas elas exista unha combinación fluída e que funcionen como un 
único sistema; de feito constitúen unha empresa-rede. 
As actividades baseadas no coñecemento adquiren unha importancia específica debido ás
novas posibilidades existentes en canto ao intercambio de información: asesorías de todo tipo 
(médicas, laborais, contables....), distribución de software, medios de comunicación..... 
O consumidor adquire un novo protagonismo, xa que dispón de maior información, e por 
tanto, reforza a súa posibilidade de elección e negociación. A empresa ten que realizar un grande 
esforzo para renovar a súa confianza, xa que a competencia atópase a so un clic de distancia. 
Os aspectos intanxibles, como a marca ou o equipo humano, cobran maior importancia. O 
consumidor valora cuestións como a fiabilidade da empresa á que se dirixe ou a calidade da 
atención que recibe. Estas son as únicas percepcións que poden obter da empresa, da que na maioría 
dos casos, non verá mais que a súa páxina web a través da cal efectúa as súas compras. 
Para que a empresa consiga aproveitar as oportunidades que supón a nova economía ten que 
levar a cabo estratexias que potencien a súa competitividade. Entre elas atópanse as seguintes: 
Integrar as novas tecnoloxías e aplicalas á definición de novos produtos e servizos aos procesos 
produtivos e comerciais. 
Desenvolver a súa capacidade de adaptarse a unha economía que funciona en tempo real, e 
polo tanto, ser capaz de ofrecer respostas instantáneas. 
Potenciar a innovación no seo da empresa para ser capaz de definir e comercializar novos 
produtos e servizos. 
Deste xeito, a nova economía proporciona á empresa as seguintes vantaxes: 
Acceder a mercados moito maiores, de alcance mundial, con baixo custo. Para iso é suficiente 
con dispoñer dunha páxina web e definir un sistema que permita comercializar os produtos a través 
da rede. 
Funcionar cun nivel de existencias menor no almacén, debido á inmediatez con que poden 
cursarse novos pedidos aos provedores, coa conseguinte redución dos custos de almacenaxe. 
Rebaixar custos mediante a compra e contratación de factores de produción a través de 
internet. O acceso a mais provedores crea condicións para unha maior competencia, e por tanto, 
facilita a negociación. 
Adecuar a súa produción á demanda do mercado, debido á inmediatez coa que recibe o 
pedido unha vez o formula o cliente por exemplo a través da páxina web. Deste xeito poden 
reducirse os custos derivados da produción non vendida. 
Integrarse en redes de empresas e especializarse unicamente na actividade na que dispón de 
vantaxe competitiva, abandonando os segmentos de actividade menos rendibles. 
Se a empresa non prioriza estes aspectos, a súa existencia pode perigar, xa que o seu espazo 
comercial reducirase en favor de empresas con maior nivel de adaptación. Asi pois, estas vantaxes 
transfórmanse en inconvenientes para as empresas que non sepan aproveitalas.
4.- AS COOPERATIVAS COMO MOTORES DO DESENVOLVEMENTO. 
As cooperativas teñen unha presenza fundamental no sector agrario, pero tamén teñen gran 
importancia no ensino, no sector financeiro e o traballo asociado. 
En todos estes ámbitos supoñen un factor de desenvolvemento, pois permiten que os seus 
membros gocen e compartan infraestruturas produtivas ou comerciais ás que non poderían acceder 
individualmente e por tanto, dálles a posibilidade de competir en mellores condicións. 
Así, por exemplo,no caso dunha cooperativa aceiteira os agricultores asociados poden integrar 
no seu sistema produtivo, ademais da produción das olivas, a elaboración do aceite nunha almazara 
e o embotellado e a distribución do produto co a súa propia marca. Deste xeito a renda agraria 
increméntase na medida en que desaparecen os intermediarios entre o produtor e o consumidor 
final. 
As cooperativas presentan vantaxes e inconvenientes: 
VANTAXES INCONVENIENTES 
É a fórmula societaria máis participativa e 
democrática. 
Esixe un alto grao de entendemento entre os 
socios par poder adoptar acordos axilmente. 
Existen diversas axudas e bonificacións 
específicas para as cooperativas. 
O soldo dos socios traballadores non é fixo, vai 
en función da marcha da cooperativa. 
A calificación de Cooperativa Fiscalmente 
Protexida implica unha redución no tipo do 
Imposto de Sociedades e vantaxes noutros 
impostos. 
Maior complexidade nos trámites de 
constitución. 
Existe a posibilidade de escoller entre a 
limitación ou non da responsabilidade dos 
socios, así como do réxime da Seguridade 
Social aplicable. 
Obriga de efectuar en cada exercicio un Fondo 
de Reserva Obrigatorio co 30% do excedente e 
un Fondo de Educación e Promoción 
cooperativa do 10%. 
Non existen limitacións en canto ao capital 
necesario para a súa constitución.
PREGUNTAS PAAU DIMENSIÓN E LOCALIZACIÓN 
1. Sinala os aspectos positivos e negativos das PEMES. (2 puntos) xuño 97 e 98 
2. Con respecto ao problema da dimensión empresarial, definir e comentar brevemente as 
principais magnitudes utilizadas para determinar a dimensión da empresa. (xuño 98) 
3. Explica o estudo a curto e a longo prazo da dimensión empresarial dende o punto de vista da 
teroía económica. (2 puntos) xuño 98. 
4. As PEMEs polas súas características, presentan algunhas vantaxes en relación coas grandes, 
pero tamen moitas desvantaxes. Exprica cales son e aporta a túa opinión acerca de como 
eliminar os inconvenientes. (2 puntos). Setembro 98. 
5. Explica os factores que influen mais directamente na localización de actividades comerciais 
e de servizos. (2 puntos) Xuño 99. 
6. ¿Que diferencia fundamental existe entre un TRUST e un CÁRTEL?.(xuño 2001) 
7. ¿Cal é o fin último dunha concentración vertical de empresas ou trust? (setembro 2001) 
8. ¿Por qué a facilidade de comunicacións é un dos factores que inciden na localización das 
empresas comerciais? Apoia a túa resposta cun exemplo. ( 0,75 ptos. Setembro 2001)) 
9. A dimensión empresarial: concepto, criterios de medición, estratexias de crecemento, 
vantaxes e inconvenientes das PEME. (2 ptos.). Xuño 2002. 
10. Que se entende por integración empresarial vertical? Ilustra a túa resposta cun exemplo. 
Setembro 2002. 
11. - A integración empresarial: concepto, causas e fórmulas de integración. (2 ptos.) 
12. ¿Qué criterios se poden empregar para clasificar unha empresa de acordo coa súa 
dimensión?. Setembro 2003. 
13. Sinala os factores determinantes de localización espacial dunha empresa comercial que 
consideres máis importantes (0,75 ptos., xuño 2004) 
14. ¿Qué se entende por novas tecnoloxías da información? Pon algún exemplo. (0,75 ptos., 
xuño 2005) 
15. ¿En que consiste unha estratexia de fusión empresarial? Pon un exemplo. (0,75 ptos., xuño 
2006) 
16. A empresa multinacional: concepto, características, factores e estratexias de 
desenvolvemento. (2 ptos., xuño 2007) 
17. - ¿Que se entende por crecemento externo da empresa? Pon un exemplo. (setembro 2011) 
18. ¿En que consiste unha estratexia de fusión empresarial? (xuño 2012) 
19. Menciona tres factores que inflúen na localización espacial de actividades industriais 
(setembro 2012) 
20. Diferenza entre crecemento interno e externo da empresa. (setembro 2012) 
21. - O crecemento empresarial: Concepto, obxectivos e estratexias. (2 puntos, setembro 2013) 
22. - O crecemento empresarial: Concepto, obxectivos e estratexias.(setembro 2014, 2 puntos)

More Related Content

Viewers also liked

Apresentação dnit arco de recife sr pe
Apresentação dnit  arco de recife sr peApresentação dnit  arco de recife sr pe
Apresentação dnit arco de recife sr pePortal NE10
 
C1 apa pres bri_comp
C1 apa pres bri_compC1 apa pres bri_comp
C1 apa pres bri_compPlanning_1
 
Verbale di incontro lazio sp 10 12 2014
Verbale di incontro lazio sp 10 12 2014Verbale di incontro lazio sp 10 12 2014
Verbale di incontro lazio sp 10 12 2014Fabio Bolo
 
Apresentacao audiencia publica arco rmr final
Apresentacao audiencia publica arco rmr finalApresentacao audiencia publica arco rmr final
Apresentacao audiencia publica arco rmr finalPortal NE10
 
Trabajo de filososfia brayan estiven y nelson hurtado
Trabajo de filososfia brayan estiven y nelson hurtadoTrabajo de filososfia brayan estiven y nelson hurtado
Trabajo de filososfia brayan estiven y nelson hurtadobrayanynelson
 
Unitat 5. Adverbis, conjuncions i preposicions
Unitat 5. Adverbis, conjuncions i preposicionsUnitat 5. Adverbis, conjuncions i preposicions
Unitat 5. Adverbis, conjuncions i preposicionsMercePallarols
 
Visão computacional em embarcados
Visão computacional em embarcadosVisão computacional em embarcados
Visão computacional em embarcadosMauro Assis
 
Ian wcre2011
Ian wcre2011Ian wcre2011
Ian wcre2011SAIL_QU
 
Qr life буклет
Qr life  буклетQr life  буклет
Qr life буклетAlex Savin
 
Consumer's Guide: Know Your Facts About Plumbing and HVAC!
Consumer's Guide: Know Your Facts About Plumbing and HVAC! Consumer's Guide: Know Your Facts About Plumbing and HVAC!
Consumer's Guide: Know Your Facts About Plumbing and HVAC! retroloco
 

Viewers also liked (12)

Apresentação dnit arco de recife sr pe
Apresentação dnit  arco de recife sr peApresentação dnit  arco de recife sr pe
Apresentação dnit arco de recife sr pe
 
C1 apa pres bri_comp
C1 apa pres bri_compC1 apa pres bri_comp
C1 apa pres bri_comp
 
Verbale di incontro lazio sp 10 12 2014
Verbale di incontro lazio sp 10 12 2014Verbale di incontro lazio sp 10 12 2014
Verbale di incontro lazio sp 10 12 2014
 
Apresentacao audiencia publica arco rmr final
Apresentacao audiencia publica arco rmr finalApresentacao audiencia publica arco rmr final
Apresentacao audiencia publica arco rmr final
 
Selfmastery
SelfmasterySelfmastery
Selfmastery
 
Trabajo de filososfia brayan estiven y nelson hurtado
Trabajo de filososfia brayan estiven y nelson hurtadoTrabajo de filososfia brayan estiven y nelson hurtado
Trabajo de filososfia brayan estiven y nelson hurtado
 
Unitat 5. Adverbis, conjuncions i preposicions
Unitat 5. Adverbis, conjuncions i preposicionsUnitat 5. Adverbis, conjuncions i preposicions
Unitat 5. Adverbis, conjuncions i preposicions
 
Funciones de busquedad.
Funciones de busquedad.Funciones de busquedad.
Funciones de busquedad.
 
Visão computacional em embarcados
Visão computacional em embarcadosVisão computacional em embarcados
Visão computacional em embarcados
 
Ian wcre2011
Ian wcre2011Ian wcre2011
Ian wcre2011
 
Qr life буклет
Qr life  буклетQr life  буклет
Qr life буклет
 
Consumer's Guide: Know Your Facts About Plumbing and HVAC!
Consumer's Guide: Know Your Facts About Plumbing and HVAC! Consumer's Guide: Know Your Facts About Plumbing and HVAC!
Consumer's Guide: Know Your Facts About Plumbing and HVAC!
 

Similar to Dimensión e localización

14. Análisis de la competencia
14. Análisis de la competencia14. Análisis de la competencia
14. Análisis de la competenciaManager Asesores
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketingmerno
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketingmerno
 
Factores de localización industrial
Factores de localización industrialFactores de localización industrial
Factores de localización industrialJuan Peña Barreiro
 
Factores de localización industrial
Factores de localización industrialFactores de localización industrial
Factores de localización industrialJuan Peña Barreiro
 
Claves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioClaves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioCheckin Galicia
 
10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de ventaManager Asesores
 
20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyecto20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyectoManager Asesores
 
Servizos 3ESO
Servizos 3ESOServizos 3ESO
Servizos 3ESOaialo1
 
Empresa ficticia(BIO-GIA)
Empresa ficticia(BIO-GIA)Empresa ficticia(BIO-GIA)
Empresa ficticia(BIO-GIA)Raulssito
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024luarodalegre97
 
17. Atraer y fidelizar clientes
17. Atraer y fidelizar clientes17. Atraer y fidelizar clientes
17. Atraer y fidelizar clientesManager Asesores
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-maria_090
 

Similar to Dimensión e localización (17)

14. Análisis de la competencia
14. Análisis de la competencia14. Análisis de la competencia
14. Análisis de la competencia
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketing
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketing
 
Factores de localización industrial
Factores de localización industrialFactores de localización industrial
Factores de localización industrial
 
Factores de localización industrial
Factores de localización industrialFactores de localización industrial
Factores de localización industrial
 
A empresa e o seu contorno
A empresa e o seu contornoA empresa e o seu contorno
A empresa e o seu contorno
 
Claves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioClaves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocio
 
10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta
 
Modelos de negocio en internet
Modelos de negocio en internetModelos de negocio en internet
Modelos de negocio en internet
 
20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyecto20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyecto
 
Servizos 3ESO
Servizos 3ESOServizos 3ESO
Servizos 3ESO
 
Empresa ficticia(BIO-GIA)
Empresa ficticia(BIO-GIA)Empresa ficticia(BIO-GIA)
Empresa ficticia(BIO-GIA)
 
Iforest2
Iforest2Iforest2
Iforest2
 
Tema 5. 3º Eso
Tema 5. 3º EsoTema 5. 3º Eso
Tema 5. 3º Eso
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
 
17. Atraer y fidelizar clientes
17. Atraer y fidelizar clientes17. Atraer y fidelizar clientes
17. Atraer y fidelizar clientes
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
 

More from Lisa Gomez Asteriz

Presentación lexislación laboral
Presentación lexislación laboralPresentación lexislación laboral
Presentación lexislación laboralLisa Gomez Asteriz
 
Preguntas pau galicia lexislación mercantil e fiscal
Preguntas pau galicia lexislación mercantil e fiscalPreguntas pau galicia lexislación mercantil e fiscal
Preguntas pau galicia lexislación mercantil e fiscalLisa Gomez Asteriz
 
Tema 4. lexislacion mercantil e fiscal
Tema 4. lexislacion mercantil e fiscalTema 4. lexislacion mercantil e fiscal
Tema 4. lexislacion mercantil e fiscalLisa Gomez Asteriz
 
Lexislación mercantil, fiscal
Lexislación mercantil, fiscalLexislación mercantil, fiscal
Lexislación mercantil, fiscalLisa Gomez Asteriz
 
Lexislación mercantil, fiscal
Lexislación mercantil, fiscalLexislación mercantil, fiscal
Lexislación mercantil, fiscalLisa Gomez Asteriz
 

More from Lisa Gomez Asteriz (7)

Preguntas pau laboral
Preguntas pau laboralPreguntas pau laboral
Preguntas pau laboral
 
Presentación lexislación laboral
Presentación lexislación laboralPresentación lexislación laboral
Presentación lexislación laboral
 
Preguntas pau galicia lexislación mercantil e fiscal
Preguntas pau galicia lexislación mercantil e fiscalPreguntas pau galicia lexislación mercantil e fiscal
Preguntas pau galicia lexislación mercantil e fiscal
 
As existencias
As existenciasAs existencias
As existencias
 
Tema 4. lexislacion mercantil e fiscal
Tema 4. lexislacion mercantil e fiscalTema 4. lexislacion mercantil e fiscal
Tema 4. lexislacion mercantil e fiscal
 
Lexislación mercantil, fiscal
Lexislación mercantil, fiscalLexislación mercantil, fiscal
Lexislación mercantil, fiscal
 
Lexislación mercantil, fiscal
Lexislación mercantil, fiscalLexislación mercantil, fiscal
Lexislación mercantil, fiscal
 

Dimensión e localización

  • 1. 1. A LOCALIZACIÓN DAS EMPRESAS 1. Obxectivos dunha boa localización 2. Factores da localización espacial 1. Empresas industriais 2. Empresas comerciais e de servizos 2. A DIMENSIÓN DAS EMPRESAS 1. Introdución 2. Concepto de dimensión 3. Criterios para medir a dimensión da empresa 4. Factores que inflúen na dimensión das empresas 5. Dimensión óptima. Teoría económica. 6. O crecemento empresarial 7. As PEMES 8. As multinacionais 9. A globalización 3. AS TIC E A NOVA ECONOMÍA 4. AS COOPERATIVAS COMO MOTORES DO DESENVOLVEMENTO
  • 2. 1.- A LOCALIZACIÓN DAS EMPRESAS 1.1.-OBXECTIVOS DUNHA BOA LOCALIZACIÓN A selección do lugar óptimo para situar as diferentes empresas, centros de actividade, servizos públicos, é unha decisión complexa, non exenta de riscos. Os obxectivos que se pretenden con iso son basicamente so seguintes: ● Diminuír os custos de aprovisionamento/produción/comercialización/financiamento. ● Optimizar o acceso aos mercados tanto de subministradores como de clientes potenciais. ● Aumentar a eficacia da xestión, co que aumentarán os ingresos potenciais. 1.2.- FACTORES DA LOCALIZACIÓN ESPACIAL Inflúen moitos factores á hora de decidir a localización dunha empresa. A importancia que se lle da a cada un deles depende do tipo de empresa, por iso imos considerar dúas problemáticas diferentes: a localización de empresas industriais e a localización das empresas comerciais e de servizos. a) LOCALIZACIÓN DAS EMPRESAS INDUSTRIAIS. Cando se estuda a localización dunha empresa industrial, en xeral, búscase minimizar os custos, por iso se teñen en conta entre outros os seguintes factores: A dispoñibilidade e o custo do solo industrial As industrias pesadas necesitan grandes extensións de solo industrial, Polo tanto, buscarán zonas onde o solo industrial ten un prezo moderado, normalmente lonxe dos núcleos urbanos. As industrias de menor tamaño terán que sopesar o custo do solo ou do local con outros custos como os de abastecemento de materias primas, dispoñibilidade de man de obra e custo de transporte do produto rematado; a unha empresa pequena non lle compensará situarse moi lonxe das zonas industriais e urbanas porque o aforro no custo do solo non compensa o encarecemento do resto dos custos. A dispoñibilidade e custo da man de obra Se a industria utiliza de xeito intensivo a man de obra (por exemplo industria téxtil), a localización buscará zonas nas que exista grande dispoñibilidade man de obra con custos salariais baixos; noutros casos o proceso industrial necesita operarios especializados e persoal técnico cualificado, entón a localización buscará núcleos urbanos con industrias do mesmo sector e escolas politécnicas (por exemplo empresas de electrónica, comunicacións, maquinaria de precisión, etc.) O aprovisionamento de materias primas e outros materiais Cando as materias primas que se utilizan son moi voluminosas, perigosas, caras ou difíciles de transportar, as empresas que as usan soen situarse cerca das fontes de subministración, ou dos medios de transporte que as traen, desta forma redúcense custos e evítase perda de tempo e riscos de manipulación. Por esta razón, determinadas industrias pesadas atópanse próximas ás terminais de ferrocarril, ou en portos ou zonas da periferia urbana con fáciles accesos por estrada. Ex: as refinerías de petróleo sitúanse con frecuencia nos portos ou preto da costa; deste xeito minimízase a distancia entre os barcos petroleiros que transportan o cru e a planta de transformación que o utiliza. Esta forma de localización reduce os custos de transformación, xa que evita a construción de oleodutos para transportar o produto dende o porto ata a planta de refinado. Existencia de industria auxiliar e servizos A existencia de empresas auxiliares é ás veces un factor que se ten moi en conta: empresas de reparacións, de transportes, de fabricantes ou distribuidores de pezas necesarias para o proceso produtivo que se vai levar a cabo, etc. Se non existe unha industria auxiliar o suficientemente eficaz, en moitas circunstancias a localización non resulta interesante, xa que o custo dos subministros e reparacións encarece. Normativa industrial, fiscal e laboral A normativa industrial e fiscal dunha determinada zona pode axudar á implantación de empresas de diversas formas: polígonos industriais con solo a baixo custo, subvencións a fondo perdido, subvencións nos tipos de xuros dos préstamos bancarios ou impostos mais baixos. A normativa laboral permite en certos casos unha contratación laboral mais flexible, subvencións á
  • 3. creación de postos de traballo, á contratación dos traballadores en paro, etc. As posibilidades legais son determinantes sobre todo para aquelas empresas que levan adiante actividades con impactos medioambientais concretos. Determinadas actividades empresariais requiren unha aprobación previa da súa posta en marcha, polo que ter ou non ese permiso é un factor excluínte. Ademais destes factores, poden influír factores do contorno xenérico ou específico como o tamaño do mercado, a situación económica do país, a conflitividade social e laboral ou a rivalidade ou competencia no sector, etc. b) LOCALIZACIÓN DAS EMPRESAS COMERCIAIS E DE SERVIZOS Na localización dun establecemento comercial débense ter en conta unha serie de criterios diferentes aos dun centro produtivo. Entre outros mencionaremos os seguintes: Área xeográfica adecuada Adaptación do negocio ao poder adquisitivo A distribución xeográfica de comercios está condicionada polo poder adquisitivo da poboación; así en barrios de elevado poder adquisitivo instálanse negocios que non se situarían en áreas modestas. Por exemplo: nos primeiros localizaríanse restaurantes de luxo, galerías de arte, anticuarios, boutiques de firma, etc; nos segundos predominarían os bares de comidas, tendas de roupa barata, mercados de alimentación, etc. Radio de acción do negocio: canto mais frecuente é o uso do produto comercializado menor é a influencia xeográfica do punto de venda: as cousas que se compran todos os días adquírense o mais preto posible do domicilio. Limiar de mercado: dimensión mínima que debe ter un mercado para que unha tenda ou punto de venda sexa viable. Se o mercado é inferior ao limiar un negocio instalado no mesmo non poderá subsistir porque carecerá da clientela necesaria. Especialización urbana. As distintas áreas da cidade desempeñan diferentes papeis na economía metropolitana; así nas áreas netamente residenciais tenden a localizarse actividades de natureza primaria. Nas localidades a partir de certa entidade de poboación existen unha ou varias zonas xeográficas especializadas en actividades comerciais e de servizos. Nas cidades de certa dimensión que exercen atracción sobre outras localidades existen unha ou varias zonas de negocios onde se instalan as oficinas principais e grandes axencias de bancos, compañías de seguros, notarías, etc. Algúns comercios instálanse en zonas suburbanas, trátase de grandes almacéns ou hipermercados onde non se soen realizar comprar diarias, senón cada certo tempo e instálanse na periferia aproveitando o menos prezo dos solares e as boas vías de comunicación que permiten a compra en coche. Algúns destes hipermercados en cidades moi grandes soen incluso especializarse en gamas concretas de produtos. Ex: Ikea. Facilidades de acceso No emprazamento dos comercios débese reducir ao mínimo as desutilidades de comprar; pola contra débese incrementar as utilidades do consumidor facendo que a compra sexa un acto lúdico. Para iso é necesario favorecer todo o posible o acceso dos clientes. Dentro das medidas que favorecen o acceso a determinado punto de venda podemos citar: Visibilidade do local: canto mellor sexa esta, maior impacto terá sobre os potenciais clientes. Por iso se prefiren os locais con mais metros de fachada, os que están situados nunha esquina, entre dúas rúas, os que se ven dende mais lonxe, etc. Facilidade de comunicacións: ter cerca paradas de metro, autobús, aparcamento seguro, etc. Situación en beirarrúas de tránsito: con frecuencia, dentro dunha mesma rúa, un dos lados ten máis tránsito de peóns que o outro. Situar o comercio na beirarrúa máis frecuentada, sobre todo se a rúa é ancha e difícil de cruzar, facilita moito a afluencia de clientes. Localización en zonas de actividade comercial. Moitas veces as persoas non van mercar un único produto, senón que van “de compras”, por iso convén situar o
  • 4. negocio nunha zona onde existan ofertas complementarias que permitan aos clientes comprar todo o que queiran. A localización nunha zona de alta densidade comercial ten ademais da vantaxe mencionada (poder de atracción conxunto) o inconveniente da competencia. Comodidade dos locais: locais ben decorados con estancia e tránsito cómodos. 2.- A DIMENSIÓN DAS EMPRESAS a) INTRODUCCIÓN Atopámonos quizá ante unha das cuestións máis polémicas en economía da empresa: En primeiro lugar non existe unanimidade entre os economistas sobre o que é unha empresa grande, mediana ou pequena. En segundo lugar, non existe un criterio único e fiable para medir a dimensión dunha empresa, calidade que ademais, depende do sector ao que pertenza esta. Tampouco existe acordo entre os economistas sobre a relación entre dimensión e eficiencia: algúns autores pensan que non existe unha dimensión óptima porque as economías de escala non sempre van ligadas ao volume da empresa; outros autores cren que hai dimensións mais ou menos convenientes segundo a actividade á que se adique ou seu modelo de organización ou o seu estilo de dirección. b) CONCEPTO DE DIMENSIÓN Como dixemos, a dimensión é un concepto moi polémico xa que non existe un criterio único para medila. De forma aproximada poderíamos dicir que a dimensión dunha empresa é o seu tamaño, que garda unha estreita relación coa súa capacidade produtiva. Por outra banda, definimos a capacidade produtiva como o valor da produción alcanzable cando todos os recursos están en pleno emprego. A capacidade produtiva garda estreita relación coa dimensión da empresa xa que canto maior sexa a dimensión maior será a capacidade. Con todo, non hai que confundir capacidade produtiva con ocupación produtiva: unha empresa pode ter unha grande dimensión e por tanto unha grande capacidade produtiva, pero iso non quere dicir que esta capacidade estea en plena ocupación, xa que se a taxa de actividade (actividade real/actividade posible) é menor que a unidade, infórmanos de que estamos subutilizando as instalacións xa que existe unha diferencia entre a actividade real e a que sería posible se se empregasen todos os factores completamente. c) CRITERIOS PARA MEDIR A DIMENSIÓN DA EMPRESA Dende o punto de vista do tamaño, as empresas acostuman a clasificarse en pequenas, medianas e grandes; e un dos criterios mais utilizados para facer esa clasificación, pola súa facilidade de estudo, é o número de traballadores: se teñen menos de 50 considerase pequena, mediana entre 50 e 250 e grande a partir desa cifra. Ademais do número de traballadores, outros criterios utilizados poden ser: ● o volume de facturación: ingresos obtidos polas vendas ● o cas-flow (fluxo de caixa): beneficio neto+amortizacións do exercicio ● fondos propios ou neto patrimonial: capital+reservas+beneficio do exercicio ● inmobilizado neto: inversións permanentes menos amortizacións ● as súas posibilidades de endebedamento ● a súa cota de mercado ● etc Co fin de conseguir unha forma de medición do tamaño o mais completa posible, utilízase o que se coñece como valor multicriterio que consiste en seleccionar distintas variables que resulten significativas da dimensión nun sector concreto, asignando a cada unha delas un peso ou ponderación segundo a súa importancia. Hai que ter en conta que, segundo o tipo de actividade á que se dedique, o criterio a empregar ten que ser distinto. Unha grande superficie comercial, por exemplo, non pode utilizar para medir o seu tamaño o mesmo sistema que un gabinete de avogados ou unha fábrica de automóbiles. d) FACTORES QUE INFLÚEN NA DIMENSIÓN DAS EMPRESAS
  • 5. Existen factores que limitan ou favorecen que unha empresa teña un determinado tamaño ou ben que permitan crecer máis facilmente. Imos agrupalos en varias categorías: ● Factores técnicos ○ A división do traballo. A existencia dunha organización que utilice a división do traballo facilita o crecemento. ○ A integración de procesos. Agrupar procesos (empregar unha máquina en substitución de varias), facilita o crecemento, pero non é fácil, dado que é caro. ○ O equilibrio de procesos. Conseguir a plena ocupación dos factores de produción empregados é o paso previo ao aumento da capacidade instalada, ou o que é o mesmo, non ten sentido aumentar a capacidade se a empresa ten factores infrautilizados. ● A dirección ○ As funcións directivas. A grande empresa divide e descentraliza as funcións directivas, o que posibilita ter persoas especializadas, e isto favorece o crecemento. ○ A coordinación de factores. Fundamental cando hai descentralización e división do traballo, aínda que canto mais grande é a empresa, máis difícil resulta a coordinación. ● O financiamento. A maior ou menor necesidade de capital inflúe na dimensión das empresas; existen actividades ou sectores nos que crear unha empresa ou aumentar as instalacións require grandes cantidades de capital e iso non é factible para as PEMEs, que normalmente non dispoñen dese diñeiro e tampouco teñen acceso aos créditos e préstamos de entidades financeiras. ● Aspecto comercial ○ O tamaño do mercado. Limita a expansión de calquera empresa. ○ A publicidade. Pode ampliar o mercado, levándoo a sectores onde antes este mercado non estaba presente. ○ As compras a grande escala. Posibilitan negociar prezos, e polo tanto, facilitan as accións das grandes empresas. ○ As vendas en grandes cantidades. Posibilitan diminuír os custos medios, ou custos por unidade vendida, polo que as grandes empresas teñen máis facilidades que as pequenas. ○ Influencias. As grandes empresas teñen unha maior influencia social e sobre os poderes políticos, o que sempre as sitúa en posición vantaxosa fronte ás pequenas. ● Factores de risco. A incerteza sobre o futuro pódese reducir, se se ten capacidade para influír sobre a demanda. e) DIMENSIÓN ÓPTIMA: TEORÍA ECONÓMICA A capacidade para aumentar a dimensión da empresa ten que ver co tempo, é dicir, con que analicemos as cousas a curto ou a longo prazo. ● O curto prazo caracterízase pola existencia duns custos fixos (alugueiro, amortizacións, etc) e duns custos variables (materias primas, man de obra, enerxía, etc), o que fai que existan limitacións para aumentar a dimensión empresarial, xa que adquirir e instalar novos factores fixos (aumentar as instalacións e a maquinaria por exemplo) requiriría certo tempo, co que deixaríamos de estar activos nun prazo curto de tempo. Nunha situación de curto prazo, non se pode falar de dimensión óptima senón de plena ocupación de factores. A plena ocupación de factores prodúcese cando a curva de custos medios está no seu punto mínimo: ata chegar a este punto, ao aumentar a produción, aínda que medren os custos variables, os custos fixos repartiranse entre maior número de unidades producidas, o que fará diminuír os custos medios. A partir dese punto, a incorporación dunha unidade mais de factor variable fará crecer os custos máis rapidamente que o nivel de produción, o que nos di que a capacidade instalada non permite unha maior ocupación. ● A longo prazo a situación considerase distinta, xa que nun período longo de tempo todos os factores, e polo tanto os custos, poden ser considerados variables. Unha empresa dise que se atopa na súa dimensión óptima cando dispón dunha estrutura produtiva tal que o mínimo da súa curva de custos medios a curto prazo coincide co mínimo da curva de custos medios
  • 6. a longo prazo. Na dimensión óptima aparecen as economías de escala e os rendementos crecentes, ao aumentar a produción a maior ritmo que o emprego de factores. Neste punto chamado óptimo de explotación a empresa atopase nunha situación de máximo beneficio, xa que o custo da última unidade producida (custo marxinal) coincide co ingreso xerado pola última unidade vendida (ingreso marxinal). Dito doutra maneira, a empresa terá unha dimensión óptima cando o custo unitario do produto é mínimo. f).- O CRECEMENTO EMPRESARIAL Crecemento e cambio de dimensión O crecemento prodúcese cun aumento de actividades que leva a unha maior produción. Inicialmente este incremento de produción lévase a cabo cun emprego mais intenso dos factores produtivos existentes, ata o momento en que estes son insuficientes (saturación da capacidade produtiva), e é necesario ampliar a súa dimensión mediante a adquisición de novos factores: novos locais, mais persoal, máquinas, etc. ¿Con que recursos? Os recursos poden vir de dúas fontes: recursos propios: para medrar con recursos propios é necesario obter un excedente que unha vez satisfeitas as demandas dos accionistas, permita sacar unha parte suficiente para ampliar e medrar. Recursos alleos: outra forma sería endebedándose co diñeiro procedente de fontes de financiamento alleas. ¿Por que medran as empresas? Hai moitas razóns que levan ás empresas a medrar: diminuír os custos a busca de poder para monopolizar o mercado, isto é, mellorar a posición competitiva. o desexo dos directivos e dos propietarios de obter compensacións non solo económicas senón persoais: poder, prestixio....., metas que se conseguen mellor se a empresa é mais grande diversificación da actividade da empresa para reducir riscos e en consecuencia, asegurar a estabilidade da súa actividade e dos seus beneficios. ----- ¿Como medran as empresas? Existen dúas formas de crecemento: Crecemento interno : ampliando a súa capacidade produtiva. Este crecemento pode conseguirse mediante dúas estratexias diferentes: a expansión consiste en ampliar a liña tradicional, ed, colocar maiores cantidades dos produtos tradicionais da empresa (mais do mesmo). Conségueno aumentando as vendas, baixando o prezo, mellorando os produtos...... a diversificación pode conseguirse: comercializando novos produtos no mercado actual. Ex: unha empresa adicada ao mobiliario crea unha nova liña de produtos de cuartos de baño e mobles de cociña (diversificación do produto) comercializando os mesmos produtos en novos mercados: diversificación de mercados combinando os dous anteriores Dentro das estratexias de diversificación podemos distinguir entre: Diversificación horizontal: consiste en ampliar a oferta mediante produtos complementarios ou substitutivos do principal. Ex: pasta de dentes e cepillos, motores diésel e gasolina, etc. Diversificación vertical , mediante a cal unha empresa asume o ciclo completo de fabricación e distribución do produto, dende a adquisición dos materiais, pasando pola obtención dos semielaborados ata o seu acabado final. Ex: no petróleo: prospección-extracción-transporte,refino e distribución.
  • 7. Crecemento externo : comprando ou asociándose con outras empresas. CONCENTRACIÓN DE EMPRESAS. A concentración de empresas presenta distintas formas, dependendo do grao de relación: Integración, participación, e asociación. Integración. Por integración enténdense as diferentes formas de agrupamento á que poden recorrer as empresas para afianzar a súa posición competitiva. Este agrupamento realízase a través da unión de varias empresas nunha soa mediante a fusión ou a absorción. ■ Fusión: dúas ou mais empresas disolven as súas sociedades para integrarse nunha nova. Ex: Caixa Galicia e Caixanova (Nova Caixa Galicia), BSCH, etc. ■ Absorción (fusión por absorción): adquisición dunha empresa por outra, implica a desaparición da empresa que é adquirida. Participación. Outras veces unha sociedade adquire parte do capital doutra, non coa intención de absorbela, senón de participar nos seus beneficios ou controlala. Para iso é necesario un mínimo de accións que se poden comprar en Bolsa directamente ou mediante unha OPA,, na que a sociedade compradora ofrece aos accionistas un prezo polas súas accións superior ao que no mercado ten nese momento. Se esta participación faise a través dunha empresa chamada "matriz", que adquire máis do 50% doutras empresas chamadas "filiais", coa finalidade de exercer o control das decisións que nelas se tomen, o grupo formado coñécese como hólding. As sociedades integradas nun hólding no teñen por que se adicar á mesma actividade. O hólding Zeltia é un exemplo, nel combínanse empresas químicas e de investigación con outras tan diferentes como as financeiras. Asociación. Acordos entre empresas: Unión temporal de empresas (UTE): trátase dunha asociación formada por dúas ou máis empresas para realizar un proxecto concreto de duración limitada, disólvese unha vez que conclúe o proxecto Cártel: Trátase de acordos entre empresas que, sen perder a súa identidade nin a súa independencia, deciden actuar conxuntamente fixando prezos ou repartíndose o mercado, co obxectivo de eliminar a competencia- O maior Cartel existente é o que agrupa aos países da OPEP. Dentro da Unión Europea están prohibidos. Clúster. asociación de empresas que abarcan a cadea de produción, incluíndo nesta ás firmas auxiliares. Nos clústers perséguese a unión das actividades estratéxicas que compartan gastos comúns como poden ser os de I+D+I, misións comerciais, etc. En Galiza hai dous clústers importantes: o da acuicultura e o do automóbil. O da acuicultura: aquaría, Insuina SL, Isidro de la Cal, Sea Farm, Pescanova, etc. O do automóbil está formado por 63 industrias: Citroën, Castrosúa, Grupo Copo, Lignotock, etc. Outra clasificación que podemos facer: A integración vertical. Mediante a cal unha empresa asume o ciclo completo de fabricación e distribución dos produtos, dende a adquisición e preparación dos materiais básicos, pasando pola obtención dos semielaborados ata o seu rematado final. O principal obxectivo para estas agrupacións é a redución de custos mediante a integración de empresas nas que uns eran provedores dos outros. Loxicamente esta dinámica supón fusionar, absorber ou controlar as empresas en cuestión. Un exemplo é a empresa Conserveira Calvo, que integrou todo o proceso do atún ata o produto final. Non obstante, son raros os casos de integración total. Na actualidade a tendencia é á desintegración vertical, que está sendo substituída por acordos de subcontratación, é dicir, contratando con empresas
  • 8. independentes todas as operacións que antes estaban integradas. Deste xeito cada unha especialízase na súa actividade e recupéranse as vantaxes da especialización. Un exemplo son os coñecidos TRUST, que son agrupacións de empresas que pertencen a diferentes fases do proceso produtivo e que mediante esta asociación perseguen reducir custos e exercer unha posición de dominio. Exemplo un grupo de empresas que produzan papel, tintas, libros, etec. Existe lexislación antitrust. A integración horizontal. Nuns casos búscase crecer para reducir os custos tratando de obter economías de escala, ou incrementar o poder negociador con provedores e clientes. Noutros casos realízase co obxectivo de restrinxir a competencia tratando de controlar o mercado (a xeito de cártel). A COOPERACIÓN. EMPRESARIAL. FORMAS DE COOPERACIÓN A cooperación entre empresas: relacións especiais entre empresas independentes a través de acordos cos que poden conseguir compartir recursos e coñecementos, evitar riscos, abaratar custos, acceder a novos mercados, etc. A cooperación entre empresas pode adoptar diferentes modalidades, entre elas: ● Joint venture: dúas ou mais empresas con intereses comúns crean outra empresa que desenvolve unha actividade que as beneficia. Ex: Kodak e Hewlet-Packard crearon unha joint venture dedicada ao fotoacabado dixital por inxección de tinta. ● Comercio asociado: diferentes establecementos comparten unha mesma infraestrutura e instalacións. Ex: centros comerciais, as franquías. ● Subcontrata: unha empresa que fabrica un produto composto por varios elementos encarga a outra empresa determinadas actividades, que poden chegar á elaboración do produto na súa totalidade. Ex: Ford e outras empresas do automóbil subcontratan a fabricación de determinados compoñentes como neumáticos, sistemas electrónicos, etc. ● Licencia: unha empresa cede a outra a cambio dunha contraprestación, o dereito a utilizar unha marca determinada, unha patente..... Ex: Pfizer, empresa farmacéutica, patenta un medicamento e cede a outras empresas o dereito a fabricalo a cambio de determinada contraprestación económica. ● Contrato de longa duración: dúas empresas desenvolven conxuntamente mediante un contrato a longo prazo unha actividade determinada. Ex: Roll-Royce chegou a un acordo de longa duración con BMW para proporcionar a esta certo modelo de motor. ● Consorcio: varias empresas establecen unha relación entre elas e unha organización mutua chamada consorcio. Ex: IBM, Microsoft e outras empresas fundaron o consorcio ICT, que ten a finalidade de canalizar esforzos para a formación de técnicos informáticos. ● Etc. g) AS PEMES. VANTAXES E INCONVENIENTES. VANTAXES COMPARATIVAS DAS GRANDES EMPRESAS. A maioría das nosas empresas son pequenas e medianas; na industria as que teñen menos de cincuenta traballadores representan aproximadamente o 99% do sector. (http://www.coaca.es/documentos/Retrato%20de%20la%20PYME%202014.pdf). Podemos falar entón de pequena dimensión pero de grande transcendencia social e económica: a maior parte das familias españolas viven do emprego que proporcionan as PEMES. As características que definen unha PEME pódense sintetizar nos seguintes aspectos: ● participan de forma minoritaria no mercado e por tanto non inflúen no funcionamento do mesmo. ● A propiedade do capital pertence a unha persoa ou a un grupo reducido de socios.
  • 9. ● A PEME polo xeral, carece de control externo (de outras empresas ou grupos que puideran participar no seu capital, como sucede con frecuencia nas grandes empresas); por tanto, as súas decisións soen ser autónomas, dentro da marxe de actuación que lles deixa o mercado. Á hora de avaliar a súa actividade, as PEMES presentan certas vantaxes fronte ás grandes, ao tempo que teñen unha serie de inconvenientes. VANTAXES: Traballan en contacto directo cos seus clientes, o que supón un trato mais achegado e personalizado que as grandes empresas. (Non é o mesmo ir ao taller do teu amigo que a unha sucursal de Norauto). Debido ao seu pequeno tamaño, unha das súas vantaxes principais e a rápida adaptación aos cambios, sobre todo a cambios na demanda. Relación directa entre empresario e traballadores. O seu reducido tamaño simplifica a xestión: o propietario pode estar mais encima da marcha do negocio, e os empregados poden acceder ao propietario directamente, sen moitos mandos intermedios. Baixo índice de conflitos. Como consecuencia do anterior nestas empresas os problemas soluciónanse mais facilmente que nas grandes o cal reduce a conflitividade laboral. Os traballadores poden participar na dirección mais facilmente que nas grandes. Reciben directamente dos consumidores as valoracións sobre as súas actividades. Normalmente proximidade á residencia dos consumidores (empresas comerciais e de servizos.) INCONVENIENTES Dificultades para lograr financiamento. A súa capacidade de endebedamento é moi limitada. Traballan cuns custos de produción maiores que as grandes polo que teñen menor acceso ás economías de escala: as economías de escala reducen o custo unitario ao producir grandes cantidades, e as PEMES atópanse moitas veces con que non poden producir esas cantidades que lles permitirían vender mais barato. (Os custos fixos repártense entre mais unidades). Non poden ter staff de especialistas nas diferentes áreas de actividade. A tecnoloxía utilizada non adoita ser a mais avanzada. Non dispoñen de capacidade negociadora fronte aos provedores como sucede coas grandes empresas que poden esixir descontos debido ao volume das súas vendas. Non dispoñen de recursos para empregar en I+D+I. Polo reducido número de empregados non poden dispoñer de modelos organizativos complexos. Son facilmente presa das grandes, que as poden comprar. Se tivésemos que falar das grandes empresas, diríamos que as súas vantaxes son os inconvenientes das pequenas. ¿Que deben facer as PEMES para asegurar a súa supervivencia? Fundamentalmente deben ocuparse de actividades propias de baixas economías de escala, deben potenciar o servizo directo ao cliente, mellorar a calidade dos seus produtos e posuír axilidade para adaptarse aos cambios da demanda, detectando con rapidez as necesidades do mercado pois neste punto as PEMES poden ser mais competitivas que as grandes. Outro factor que deben ter en conta son as oportunidades de crecemento e o potencial de demanda que presentan outros mercados, non conformándose co mercado tradicional para o que naceron, posiblemente como empresa familiar, e buscar oportunidades de negocio fora da súa comunidade autónoma ou incluso fora do país. VANTAXES COMPARATIVAS DAS GRANDES EMPRESAS  En competencia imperfecta gozan dunha posición dominante no mercado.  Os cadros de persoal contan con profesionais moi especializados e mellor organizados. Ao manexar maiores orzamentos poden contratar técnicos máis expertos e relevantes.  Teñen moitas máis facilidades de acceso ao mercado de capitais. En moitos casos as conexións banca-empresa son normais.  Controlan as canles de distribución, xa que poden impoñer as súas condicións, tanto a provedores como a clientes. Por outra banda, ao manexar grandes cantidades de produto,
  • 10. os prezos que pagan aos provedores son menores.  As empresas grandes traballan con economías de escala xeradas polos grandes investimentos e tecnoloxías mais avanzadas, o que lles permite obter custos unitarios menores, e polo tanto, menores prezos.  Dispoñen de facilidades, ao elixir o seu emprazamento, xa que moitos concellos, por exemplo, ofrecen vantaxes a este tipo de empresas par instalarse no seu territorio polas rendas que xeran para os seus habitantes e impostos para as institucións.  A súa capacidade técnica é moito maior, debido aos fortes investimentos en capital e aos programas de investigación que poden levar adiante. Todo isto tradúcese nun maior potencial competitivo destas empresas fronte ás de menor tamaño, que se manifesta normalmente nus menores custos de produción e en menores prezos de venda. h) AS EMPRESA MULTINACIONAIS Cando unha empresa ten plantas produtivas ou de servizos en diferentes países, dise que é unha multinacional ou transnacional. As empresas ao medrar e aumentar o seu tamaño precisan aumentar tamén o seu mercado, polo que buscan a demanda dos seus produtos ou servizos noutros países. Despois dun primeiro paso, que é a exportación, se o crecemento se consolida, a empresa intentará instalarse o máis preto posible do seu mercado e da localización dos factores produtivos (materias primas e man de obra). Por otra banda, as grandes empresas xeran postos de traballo e riqueza na zona na que se ubican, polo que nos países en que estes son escasos, moitas veces, se ofrecen facilidades, que poden ser fiscais ou de cesión de terreos ou doutro tipo, ás empresas que instalen alí unha planta produtiva. As empresas que buscan instalarse noutro territorio teñen en conta estas facilidades, aínda que a primeira razón sexa a de buscar a proximidade dos factores de produción. FACTORES QUE FACILITAN A EXPANSIÓN DAS MULTINACIONAIS O propio crecemento das empresas lévaas a traspasar as fronteiras primeiro e logo a situar as plantas de produción no lugar mais conveniente. A loita contra a competencia alí onde esta existe. As tendencias internacionais a dar facilidade ao comercio por medio da redución das barreiras proteccionistas e arancelarias. Os acordos entre países para a creación de áreas de libre comercio que facilitan a libre circulación de produtos e capitais. O tamaño xeralmente grande permítelles traballar con economías de escala. Tamén se aproveitan de poder elixir a sede das súas instalacións con criterios de eficacia e rendibilidade, cando non de beneficios fiscais. As facilidades na transferencia de tecnoloxía dadas polos países receptores. A internacionalización e globalización da economía homoxeneízan as pautas de consumo, co que o mesmo produto ou cunhas variacións mínimas é producido ou consumido en calquera parte do mundo. As facilidades proporcionadas polas novas tecnoloxías das comunicacións permiten estar ao tanto das incidencias de calquera mercado, e dadas as facilidades no transporte, debido ao seu abaratamento, situar os produtos alí onde se necesitan sen problemas. i) A GLOBALIZACIÓN Pode entenderse como globalización a interrelación existente entre as economías de todo o mundo. Trátase de empresas que venden os mesmos produtos en diferentes países. As causas que favorecen esta integración económica internacional poderían ser as seguintes: Causas tecnolóxicas, como consecuencia do incremento dos transportes internacionais debido á redución dos custos. Causas inherentes ao crecemento das comunicacións internacionais, por medio do teléfono, fax, internet,..... xa que o abaratamento dos seus custos permitiron unha grande ampliación das súas posibilidades. O auxe da informática supón conexións en tempo real cos recunchos máis distantes do planeta.
  • 11. Incremento do número de empresas. Causas institucionais como son as derivadas da existencia de organismos internacionais como a Organización Mundial do Comercio (OMC), que favorecen os intercambios ao abaratar as restricións legais (tipo aranceis), ou os Tratados de Libre Comercio (TLC) que favorecen o libre cambio de mercadorías. Entrarían neste grupo tamén os procesos de integración económica e monetaria como o da Unión Europea. A homoxeneización cultural das pautas de consumo a nivel mundial. Carácter cada vez mais inmaterial da produción. Unha masa crecente de capitais que navega polo ciberespacio da rendementos moi significativos sen necesidade de intervención dos outros factores de produción (terra e traballo). As transaccións financeiras diarias equivalen, por exemplo, á produción de bens e servizos dun país como Francia. A globalización favorece a ampliación do comercio baseado nas ideas, como é o caso dos libros, música, software, innovacións, etc... debido á súa facilidade de movementos a través de internet. Fronte á mundialización da economía xorden voces que chaman á atención sobre o enorme peso do financeiro, o que fai que as empresas e as economías no seu conxunto sexan máis vulnerables ás crises internacionais. En xeral, os procesos de globalización teñen experimentado procesos de converxencia entre os países relativamente máis ricos, pero aumentaron as diverxencias entre estes e os máis pobres. Mentres unha parte da poboación pode entrar na sociedade da información e da nova economía por medio da globalización, outra aínda non chegou á revolución industrial. Por outro lado, é posible constatar o aumento do peso das multinacionais na economía mundial, co conseguinte incremento do seu poder oligopólico; e ao mesmo tempo, a gran competencia internacional favorece que se produzan procesos de dumping, xa que determinados países traballan con custos máis baixos dos considerados normais debido ás condicións de traballo, a non haber protección social, á nula ou escasa incidencia dos sindicatos, salarios moi baixos, etc. 3.- A NOVA ECONOMÍA E AS TIC As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), e de forma moi destacada Internet, teñen suposto un cambio importante para as empresas e a economía en xeral. Unha das consecuencias mais notables ten que ver coa posibilidade de superar as limitacións de tempo e de espazo: Internet permite a comunicación en tempo real entre puntos situados en calquera parte do mundo. Este cambio da lugar ao que algúns autores denominan nova economía. O concepto de nova economía fai referencia a unha economía caracterizada polo uso da Internet e as tecnoloxías da información e da comunicación, que sitúa nun lugar preferente o coñecemento e a información. As características da nova economía, que supón algúns cambios para as empresas son: Aparecen formas comerciais de gran eficiencia, como son o comercio electrónico, que acortan a canle de distribución e posibilitan unha relación mais estreita entre o cliente e a empresa. A empresa pode vender directamente ao consumidor, en vez de facelo, por exemplo, a un comerciante por xunto e este a un retallista, o que contribuirá a baixar os prezos finais. Redefínese o sistema de valor no que se integra a empresa. A rapidez que posibilitan as TIC permite establecer novas formas de relación con provedores e clientes. A empresa, por exemplo, pode facer os seus pedidos de materiais en tempo real e de forma automatizada. As novas tecnoloxías favorecen a formación de redes de empresas. Desta forma, nunha área determinada poden reunirse un conxunto de empresas que levan a cabo actividades complementarias (por exemplo, unha planta de fabricación de automóbiles, os seus provedores de compoñentes e outras empresas que son, á súa vez, provedores dos fabricantes de compoñentes). O uso das TIC permite que entre todas elas exista unha combinación fluída e que funcionen como un único sistema; de feito constitúen unha empresa-rede. As actividades baseadas no coñecemento adquiren unha importancia específica debido ás
  • 12. novas posibilidades existentes en canto ao intercambio de información: asesorías de todo tipo (médicas, laborais, contables....), distribución de software, medios de comunicación..... O consumidor adquire un novo protagonismo, xa que dispón de maior información, e por tanto, reforza a súa posibilidade de elección e negociación. A empresa ten que realizar un grande esforzo para renovar a súa confianza, xa que a competencia atópase a so un clic de distancia. Os aspectos intanxibles, como a marca ou o equipo humano, cobran maior importancia. O consumidor valora cuestións como a fiabilidade da empresa á que se dirixe ou a calidade da atención que recibe. Estas son as únicas percepcións que poden obter da empresa, da que na maioría dos casos, non verá mais que a súa páxina web a través da cal efectúa as súas compras. Para que a empresa consiga aproveitar as oportunidades que supón a nova economía ten que levar a cabo estratexias que potencien a súa competitividade. Entre elas atópanse as seguintes: Integrar as novas tecnoloxías e aplicalas á definición de novos produtos e servizos aos procesos produtivos e comerciais. Desenvolver a súa capacidade de adaptarse a unha economía que funciona en tempo real, e polo tanto, ser capaz de ofrecer respostas instantáneas. Potenciar a innovación no seo da empresa para ser capaz de definir e comercializar novos produtos e servizos. Deste xeito, a nova economía proporciona á empresa as seguintes vantaxes: Acceder a mercados moito maiores, de alcance mundial, con baixo custo. Para iso é suficiente con dispoñer dunha páxina web e definir un sistema que permita comercializar os produtos a través da rede. Funcionar cun nivel de existencias menor no almacén, debido á inmediatez con que poden cursarse novos pedidos aos provedores, coa conseguinte redución dos custos de almacenaxe. Rebaixar custos mediante a compra e contratación de factores de produción a través de internet. O acceso a mais provedores crea condicións para unha maior competencia, e por tanto, facilita a negociación. Adecuar a súa produción á demanda do mercado, debido á inmediatez coa que recibe o pedido unha vez o formula o cliente por exemplo a través da páxina web. Deste xeito poden reducirse os custos derivados da produción non vendida. Integrarse en redes de empresas e especializarse unicamente na actividade na que dispón de vantaxe competitiva, abandonando os segmentos de actividade menos rendibles. Se a empresa non prioriza estes aspectos, a súa existencia pode perigar, xa que o seu espazo comercial reducirase en favor de empresas con maior nivel de adaptación. Asi pois, estas vantaxes transfórmanse en inconvenientes para as empresas que non sepan aproveitalas.
  • 13. 4.- AS COOPERATIVAS COMO MOTORES DO DESENVOLVEMENTO. As cooperativas teñen unha presenza fundamental no sector agrario, pero tamén teñen gran importancia no ensino, no sector financeiro e o traballo asociado. En todos estes ámbitos supoñen un factor de desenvolvemento, pois permiten que os seus membros gocen e compartan infraestruturas produtivas ou comerciais ás que non poderían acceder individualmente e por tanto, dálles a posibilidade de competir en mellores condicións. Así, por exemplo,no caso dunha cooperativa aceiteira os agricultores asociados poden integrar no seu sistema produtivo, ademais da produción das olivas, a elaboración do aceite nunha almazara e o embotellado e a distribución do produto co a súa propia marca. Deste xeito a renda agraria increméntase na medida en que desaparecen os intermediarios entre o produtor e o consumidor final. As cooperativas presentan vantaxes e inconvenientes: VANTAXES INCONVENIENTES É a fórmula societaria máis participativa e democrática. Esixe un alto grao de entendemento entre os socios par poder adoptar acordos axilmente. Existen diversas axudas e bonificacións específicas para as cooperativas. O soldo dos socios traballadores non é fixo, vai en función da marcha da cooperativa. A calificación de Cooperativa Fiscalmente Protexida implica unha redución no tipo do Imposto de Sociedades e vantaxes noutros impostos. Maior complexidade nos trámites de constitución. Existe a posibilidade de escoller entre a limitación ou non da responsabilidade dos socios, así como do réxime da Seguridade Social aplicable. Obriga de efectuar en cada exercicio un Fondo de Reserva Obrigatorio co 30% do excedente e un Fondo de Educación e Promoción cooperativa do 10%. Non existen limitacións en canto ao capital necesario para a súa constitución.
  • 14. PREGUNTAS PAAU DIMENSIÓN E LOCALIZACIÓN 1. Sinala os aspectos positivos e negativos das PEMES. (2 puntos) xuño 97 e 98 2. Con respecto ao problema da dimensión empresarial, definir e comentar brevemente as principais magnitudes utilizadas para determinar a dimensión da empresa. (xuño 98) 3. Explica o estudo a curto e a longo prazo da dimensión empresarial dende o punto de vista da teroía económica. (2 puntos) xuño 98. 4. As PEMEs polas súas características, presentan algunhas vantaxes en relación coas grandes, pero tamen moitas desvantaxes. Exprica cales son e aporta a túa opinión acerca de como eliminar os inconvenientes. (2 puntos). Setembro 98. 5. Explica os factores que influen mais directamente na localización de actividades comerciais e de servizos. (2 puntos) Xuño 99. 6. ¿Que diferencia fundamental existe entre un TRUST e un CÁRTEL?.(xuño 2001) 7. ¿Cal é o fin último dunha concentración vertical de empresas ou trust? (setembro 2001) 8. ¿Por qué a facilidade de comunicacións é un dos factores que inciden na localización das empresas comerciais? Apoia a túa resposta cun exemplo. ( 0,75 ptos. Setembro 2001)) 9. A dimensión empresarial: concepto, criterios de medición, estratexias de crecemento, vantaxes e inconvenientes das PEME. (2 ptos.). Xuño 2002. 10. Que se entende por integración empresarial vertical? Ilustra a túa resposta cun exemplo. Setembro 2002. 11. - A integración empresarial: concepto, causas e fórmulas de integración. (2 ptos.) 12. ¿Qué criterios se poden empregar para clasificar unha empresa de acordo coa súa dimensión?. Setembro 2003. 13. Sinala os factores determinantes de localización espacial dunha empresa comercial que consideres máis importantes (0,75 ptos., xuño 2004) 14. ¿Qué se entende por novas tecnoloxías da información? Pon algún exemplo. (0,75 ptos., xuño 2005) 15. ¿En que consiste unha estratexia de fusión empresarial? Pon un exemplo. (0,75 ptos., xuño 2006) 16. A empresa multinacional: concepto, características, factores e estratexias de desenvolvemento. (2 ptos., xuño 2007) 17. - ¿Que se entende por crecemento externo da empresa? Pon un exemplo. (setembro 2011) 18. ¿En que consiste unha estratexia de fusión empresarial? (xuño 2012) 19. Menciona tres factores que inflúen na localización espacial de actividades industriais (setembro 2012) 20. Diferenza entre crecemento interno e externo da empresa. (setembro 2012) 21. - O crecemento empresarial: Concepto, obxectivos e estratexias. (2 puntos, setembro 2013) 22. - O crecemento empresarial: Concepto, obxectivos e estratexias.(setembro 2014, 2 puntos)