SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Ficha bibliográfica
NÚÑEZ SINGALA, Manuel
Camiños na auga
Edit. Galaxia. Col. Literaria
Vigo, 2016.
296 pp.
Camiños na auga toma como referente temático a tráxica situación dos albinos en África,
condenados por mor da súa singularidade xenética a unha existencia ameazada por cazadores
que os perseguen para asasinalos e, unha vez despezados, comerciar coas distintas partes do
seu corpo nun mercado negro que deixa pingües beneficios a estes sicarios, que os matan e
venden aproveitándose da superstición e irracionalidade máxica dos compradores.
A historia de Szymo, o mozo protagonista da narración, é, por tanto, o relato dunha fuxida,
a da morte segura que o agardaba na súa Tanzania natal, para tratar de chegar a Europa e
procurar, así, unha vida posible. O que lle acontece en tal éxodo —cruzando o ecuador
africano ata a beiramar do Congo e logo na viaxe dende as costas de Mauritania ata as
Canarias— constitúe a cerna destas páxinas.
(Armando Requeixo)
CAMIÑOS NA AUGA
Guía de lectura
IES AS LAGOAS -CURSO 2017-2018
1. ESTRUTURA EXTERNA
O libro consta de vinte e catro capítulos titulados con nomes propios (dun lugar ou rexión, dunha persoa
ou dunha embarcación). Remata cos “Recoñecementos”.
2. ESTRUTURA INTERNA
Cap. 1: “Szymo”. Presentación do personaxe. Problemática persoal e familiar. Decisión: a partida. Ritmo
rápido (varios anos en pouco espazo)
Cap centrais (2 a 23) : A viaxe. De África a Europa.
Cap. Final: “Tazacorte”. Desenlace. Estado de ánimo. Futuro.
3. NARRADOR
Narrador omnisciente en 3ª persoa. Coñece o presente, o pasado e o futuro do protagonista. Tamén os
soños, temores, pensamentos...
4. ESPAZO
Longo percorrido de África a Europa. Desde o lago Victoria (Tanzania) ata as Illas Canarias. As selvas do
Tanganica, do Lukuga, o río Lualaba ou Congo, as cataratas do Boyoma... (Ver mapas)
5. TEMPO
• Tempo da historia ou tempo externo. (Época na que se sitúa a historia, data). A narración sitúase nun
tempo presente, aínda que non existen referencias cronolóxicas concretas.
• Tempo do discurso ou tempo interno. (Duración, orde dos acontecementos.). A historia transcorre
durante varios anos. No inicio Szymo ten 12 anos, logo 16 e remata con 17. O paso do tempo vaise
marcando con expresións do tipo: “uns días despois”, ”os días van sucedéndose”, “dúas horas máis
tarde”, “por fin o sétimo día”...
➢ Avance lineal. Pero saltos temporais:
➢ Analepses (páx. 29: “Foi a mellor época da súa vida. Szymo espertaba pola mañá e, aínda
mergullado nas arañeiras do sono, lembraba o nome dela: Josephine”)
➢ Prolepses (páx. 28) (“O regreso á casa [...] lembranzas que non o abandonarán mentres viva,
que rememorará con frecuencia no futuro, moitas veces cunha morriña dolorosa”)
6. PERSONAXES
O protagonista: Szymo. É un personaxe baseado nunha persoa real, Moszy, un inmigrante que en 2009
fuxiu de Benin pola persecución que sufría e polo perigo de morte que corría. (ver “Recoñecementos”)
• Caracterización física: negro e albino (“un negro branco”, “negro despintado”). Mozo estigmatizado
por ser negro e albino: “É duro ter a pel branca nun continente negro”. Persecución. Supersticións. Dili.
• Caracterización psicolóxica: valente, humano, leal, decidido...
• Obxectivo: “Busco un lugar mellor para vivir. Un sitio onde non ser diferente”.
Outros personaxes: Malaïka, Jean-Paul, Manyasi, Josephine, Bene, Joao, Sunday...
7. NOVELA DE AVENTURAS / NOVELA DE VIAXE / NOVELA INICIÁTICA
• Novela de aventuras. Empresa arriscada de resultado incerto. Viaxes, “piratas”, “tesouro”. Unha viaxe
por paraxes descoñecidas (selvas, ríos, mar) atravesando media África na procura dunha vida mellor
en Europa. A súa fuxida está provocada polas guerras intestinas da África central e polas supersticións
sobre os albinos (obxecto de negocio para prácticas rituais). Con piratas que cobran cantidades
desorbitadas ás súas vítimas e fanos viaxar en fráxiles caiucos. Á procura dun tesouro: unha vida mellor
lonxe da miseria e da persecución.
• Novela de viaxe. Viaxe extrema: viaxe na procura da supervivencia. Viaxe desde as selvas africanas ata
o mar e desde alí a Europa. Lugares, costumes, crenzas, linguas...
• Novela iniciática. Viaxe interior/viaxe exterior. Toda viaxe é unha pescuda, en toda viaxe atopamos e
aprendemos sempre algo. Aprendizaxe da supervivencia, coñecemento de si mesmo. O protagonista
é un rapaz que ten que aprender a sobrevivir en solitario, vai medrando como persoa ata ser dono do
seu destino e enfrontarse así á madurez súbita.
8. TEMAS:
• A diversidade cultural e social.
• A emigración: a procura dun mundo mellor. Os refuxiados e “sen papeis” que petan nas portas dunha
Europa acomodada, indiferente á súa chamada.
• O dereito á diferenza. Os prexuízos raciais. O racismo.
• Supersticións acerca dos albinos. Persecución.
• A amizade (Jean-Paul)
• O amor (Josephine, Malaïka)
• O engano, a traizón.
• ...
ACTIVIDADES
1. Visiona en youtube estes documentais sobre os albinos en África:
“Black man white skin” ( https://www.youtube.com/watch?time_continue=8&v=6jcwCcG8Y-Q
“Los niños albinos en Tanzania” (https://www.youtube.com/watch?v=z0DYJM67VTc)
“Los blancos negros” (https://www.youtube.com/watch?v=mZt8q3ySVN0)
2. Ver esta presentación sobre o autor e a novela:
https://www.emaze.com/@AZLFFWLL/camios-na-auga
Na páxina web do autor podes localizar críticas e comentarios sobre a novela:
https://www.singala.eu/caminos-na-auga
3. Na novela hai varios personaxes albinos. Cales? Que lles sucede? Como reacciona a xente ante eles?
4. Analiza os personaxes principais e secundarios.
5. Le o capítulo 1º (Szymo) e analiza o punto de vista do narrador.
6. En varios momentos aparece unha canción. Que representa? Quen é o seu autor?
7. As linguas africanas. Cales fala Szymo?
8. Analiza os saltos temporais das páxinas 257, 260, 265, 269 (presente-pasado-presente-futuro-
presente)
9. Localiza nos mapas os principais lugares do periplo de Szymo.
Lago Victoria. Lago Tanganica. Tanzania, Repu. Congo (Kisangani, Kinshasha, río Lukuga, río Lualaba,
Matadi), Mauritania (Nonadhibou, Nouakchort), Angola (Luanda), Illas Canarias (La Palma, Tazacorte)
10. Busca no Googleearth estes lugares.
Non esquezas anotar os teus comentarios no blog da biblioteca:
http://unhalagoadelibros.blogspot.com.
Localiza o libro na sección "Os lectores opinan" e comparte a túa valoración desta
novela.

More Related Content

Similar to Camiños na auga

LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNangelciencia
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectorasBiblioBece
 
Escolma de textos sobre países árabes
Escolma de textos sobre países árabesEscolma de textos sobre países árabes
Escolma de textos sobre países árabesLeonor Mazgar
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017iessalvabiblio
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
tema6_2010
tema6_2010tema6_2010
tema6_2010xenevra
 
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓNA prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓNMarlou
 
Tema6 2010
Tema6 2010Tema6 2010
Tema6 2010xenevra
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Contos Estraños
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Mouros galegos
Mouros galegosMouros galegos
Mouros galegosNatrow
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Carmen165
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 

Similar to Camiños na auga (20)

LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Escolma de textos sobre países árabes
Escolma de textos sobre países árabesEscolma de textos sobre países árabes
Escolma de textos sobre países árabes
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
A narrativa na ditadura
A narrativa na ditaduraA narrativa na ditadura
A narrativa na ditadura
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
tema6_2010
tema6_2010tema6_2010
tema6_2010
 
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓNA prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
A prosa entre 1936 e 1976. GUIÓN
 
Tema6 2010
Tema6 2010Tema6 2010
Tema6 2010
 
Os desherdados
Os desherdadosOs desherdados
Os desherdados
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
 
Recomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6ºRecomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6º
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Mouros galegos
Mouros galegosMouros galegos
Mouros galegos
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 

More from Celia Díaz

HORA DE LER - CALENDARIO
HORA DE LER - CALENDARIOHORA DE LER - CALENDARIO
HORA DE LER - CALENDARIOCelia Díaz
 
Marcapaxinas 2016
Marcapaxinas 2016Marcapaxinas 2016
Marcapaxinas 2016Celia Díaz
 
Día da Ciencia 2016
Día da Ciencia 2016Día da Ciencia 2016
Día da Ciencia 2016Celia Díaz
 
Concurso ilustración 2016
Concurso ilustración 2016 Concurso ilustración 2016
Concurso ilustración 2016 Celia Díaz
 
Premios literarios 2015
Premios literarios 2015Premios literarios 2015
Premios literarios 2015Celia Díaz
 
Día de San Martiño. Literatura popular
Día de San Martiño. Literatura popularDía de San Martiño. Literatura popular
Día de San Martiño. Literatura popularCelia Díaz
 
Cartelmarcapaxinas 2015
Cartelmarcapaxinas 2015Cartelmarcapaxinas 2015
Cartelmarcapaxinas 2015Celia Díaz
 
Centenario El Quijote
Centenario El QuijoteCentenario El Quijote
Centenario El QuijoteCelia Díaz
 
Día do libro 2015
Día do libro 2015Día do libro 2015
Día do libro 2015Celia Díaz
 
Mulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da cienciaMulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da cienciaCelia Díaz
 
Concurso ilustración 2015
Concurso ilustración 2015Concurso ilustración 2015
Concurso ilustración 2015Celia Díaz
 
Presentación club lectura
Presentación club lecturaPresentación club lectura
Presentación club lecturaCelia Díaz
 
Premios nobel 2014
Premios nobel 2014Premios nobel 2014
Premios nobel 2014Celia Díaz
 
Marcapáxinas 2013 2014
Marcapáxinas 2013 2014Marcapáxinas 2013 2014
Marcapáxinas 2013 2014Celia Díaz
 
Concurso promoción lingua galega
Concurso promoción lingua galegaConcurso promoción lingua galega
Concurso promoción lingua galegaCelia Díaz
 

More from Celia Díaz (20)

HORA DE LER - CALENDARIO
HORA DE LER - CALENDARIOHORA DE LER - CALENDARIO
HORA DE LER - CALENDARIO
 
HORA DE LER
HORA DE LERHORA DE LER
HORA DE LER
 
Marcapaxinas 2016
Marcapaxinas 2016Marcapaxinas 2016
Marcapaxinas 2016
 
Anuncio2
Anuncio2Anuncio2
Anuncio2
 
Anuncio1
Anuncio1Anuncio1
Anuncio1
 
Día da Ciencia 2016
Día da Ciencia 2016Día da Ciencia 2016
Día da Ciencia 2016
 
Concurso ilustración 2016
Concurso ilustración 2016 Concurso ilustración 2016
Concurso ilustración 2016
 
Nadal 2015
Nadal 2015Nadal 2015
Nadal 2015
 
Premios literarios 2015
Premios literarios 2015Premios literarios 2015
Premios literarios 2015
 
Día de San Martiño. Literatura popular
Día de San Martiño. Literatura popularDía de San Martiño. Literatura popular
Día de San Martiño. Literatura popular
 
Lectura 2
Lectura 2Lectura 2
Lectura 2
 
Cartelmarcapaxinas 2015
Cartelmarcapaxinas 2015Cartelmarcapaxinas 2015
Cartelmarcapaxinas 2015
 
Centenario El Quijote
Centenario El QuijoteCentenario El Quijote
Centenario El Quijote
 
Día do libro 2015
Día do libro 2015Día do libro 2015
Día do libro 2015
 
Mulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da cienciaMulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da ciencia
 
Concurso ilustración 2015
Concurso ilustración 2015Concurso ilustración 2015
Concurso ilustración 2015
 
Presentación club lectura
Presentación club lecturaPresentación club lectura
Presentación club lectura
 
Premios nobel 2014
Premios nobel 2014Premios nobel 2014
Premios nobel 2014
 
Marcapáxinas 2013 2014
Marcapáxinas 2013 2014Marcapáxinas 2013 2014
Marcapáxinas 2013 2014
 
Concurso promoción lingua galega
Concurso promoción lingua galegaConcurso promoción lingua galega
Concurso promoción lingua galega
 

Camiños na auga

  • 1. Ficha bibliográfica NÚÑEZ SINGALA, Manuel Camiños na auga Edit. Galaxia. Col. Literaria Vigo, 2016. 296 pp. Camiños na auga toma como referente temático a tráxica situación dos albinos en África, condenados por mor da súa singularidade xenética a unha existencia ameazada por cazadores que os perseguen para asasinalos e, unha vez despezados, comerciar coas distintas partes do seu corpo nun mercado negro que deixa pingües beneficios a estes sicarios, que os matan e venden aproveitándose da superstición e irracionalidade máxica dos compradores. A historia de Szymo, o mozo protagonista da narración, é, por tanto, o relato dunha fuxida, a da morte segura que o agardaba na súa Tanzania natal, para tratar de chegar a Europa e procurar, así, unha vida posible. O que lle acontece en tal éxodo —cruzando o ecuador africano ata a beiramar do Congo e logo na viaxe dende as costas de Mauritania ata as Canarias— constitúe a cerna destas páxinas. (Armando Requeixo) CAMIÑOS NA AUGA Guía de lectura IES AS LAGOAS -CURSO 2017-2018
  • 2. 1. ESTRUTURA EXTERNA O libro consta de vinte e catro capítulos titulados con nomes propios (dun lugar ou rexión, dunha persoa ou dunha embarcación). Remata cos “Recoñecementos”. 2. ESTRUTURA INTERNA Cap. 1: “Szymo”. Presentación do personaxe. Problemática persoal e familiar. Decisión: a partida. Ritmo rápido (varios anos en pouco espazo) Cap centrais (2 a 23) : A viaxe. De África a Europa. Cap. Final: “Tazacorte”. Desenlace. Estado de ánimo. Futuro. 3. NARRADOR Narrador omnisciente en 3ª persoa. Coñece o presente, o pasado e o futuro do protagonista. Tamén os soños, temores, pensamentos... 4. ESPAZO Longo percorrido de África a Europa. Desde o lago Victoria (Tanzania) ata as Illas Canarias. As selvas do Tanganica, do Lukuga, o río Lualaba ou Congo, as cataratas do Boyoma... (Ver mapas) 5. TEMPO • Tempo da historia ou tempo externo. (Época na que se sitúa a historia, data). A narración sitúase nun tempo presente, aínda que non existen referencias cronolóxicas concretas. • Tempo do discurso ou tempo interno. (Duración, orde dos acontecementos.). A historia transcorre durante varios anos. No inicio Szymo ten 12 anos, logo 16 e remata con 17. O paso do tempo vaise marcando con expresións do tipo: “uns días despois”, ”os días van sucedéndose”, “dúas horas máis tarde”, “por fin o sétimo día”... ➢ Avance lineal. Pero saltos temporais: ➢ Analepses (páx. 29: “Foi a mellor época da súa vida. Szymo espertaba pola mañá e, aínda mergullado nas arañeiras do sono, lembraba o nome dela: Josephine”) ➢ Prolepses (páx. 28) (“O regreso á casa [...] lembranzas que non o abandonarán mentres viva, que rememorará con frecuencia no futuro, moitas veces cunha morriña dolorosa”) 6. PERSONAXES O protagonista: Szymo. É un personaxe baseado nunha persoa real, Moszy, un inmigrante que en 2009 fuxiu de Benin pola persecución que sufría e polo perigo de morte que corría. (ver “Recoñecementos”) • Caracterización física: negro e albino (“un negro branco”, “negro despintado”). Mozo estigmatizado por ser negro e albino: “É duro ter a pel branca nun continente negro”. Persecución. Supersticións. Dili. • Caracterización psicolóxica: valente, humano, leal, decidido... • Obxectivo: “Busco un lugar mellor para vivir. Un sitio onde non ser diferente”. Outros personaxes: Malaïka, Jean-Paul, Manyasi, Josephine, Bene, Joao, Sunday... 7. NOVELA DE AVENTURAS / NOVELA DE VIAXE / NOVELA INICIÁTICA • Novela de aventuras. Empresa arriscada de resultado incerto. Viaxes, “piratas”, “tesouro”. Unha viaxe por paraxes descoñecidas (selvas, ríos, mar) atravesando media África na procura dunha vida mellor en Europa. A súa fuxida está provocada polas guerras intestinas da África central e polas supersticións
  • 3. sobre os albinos (obxecto de negocio para prácticas rituais). Con piratas que cobran cantidades desorbitadas ás súas vítimas e fanos viaxar en fráxiles caiucos. Á procura dun tesouro: unha vida mellor lonxe da miseria e da persecución. • Novela de viaxe. Viaxe extrema: viaxe na procura da supervivencia. Viaxe desde as selvas africanas ata o mar e desde alí a Europa. Lugares, costumes, crenzas, linguas... • Novela iniciática. Viaxe interior/viaxe exterior. Toda viaxe é unha pescuda, en toda viaxe atopamos e aprendemos sempre algo. Aprendizaxe da supervivencia, coñecemento de si mesmo. O protagonista é un rapaz que ten que aprender a sobrevivir en solitario, vai medrando como persoa ata ser dono do seu destino e enfrontarse así á madurez súbita. 8. TEMAS: • A diversidade cultural e social. • A emigración: a procura dun mundo mellor. Os refuxiados e “sen papeis” que petan nas portas dunha Europa acomodada, indiferente á súa chamada. • O dereito á diferenza. Os prexuízos raciais. O racismo. • Supersticións acerca dos albinos. Persecución. • A amizade (Jean-Paul) • O amor (Josephine, Malaïka) • O engano, a traizón. • ... ACTIVIDADES 1. Visiona en youtube estes documentais sobre os albinos en África: “Black man white skin” ( https://www.youtube.com/watch?time_continue=8&v=6jcwCcG8Y-Q “Los niños albinos en Tanzania” (https://www.youtube.com/watch?v=z0DYJM67VTc) “Los blancos negros” (https://www.youtube.com/watch?v=mZt8q3ySVN0) 2. Ver esta presentación sobre o autor e a novela: https://www.emaze.com/@AZLFFWLL/camios-na-auga Na páxina web do autor podes localizar críticas e comentarios sobre a novela: https://www.singala.eu/caminos-na-auga 3. Na novela hai varios personaxes albinos. Cales? Que lles sucede? Como reacciona a xente ante eles? 4. Analiza os personaxes principais e secundarios. 5. Le o capítulo 1º (Szymo) e analiza o punto de vista do narrador. 6. En varios momentos aparece unha canción. Que representa? Quen é o seu autor?
  • 4. 7. As linguas africanas. Cales fala Szymo? 8. Analiza os saltos temporais das páxinas 257, 260, 265, 269 (presente-pasado-presente-futuro- presente) 9. Localiza nos mapas os principais lugares do periplo de Szymo. Lago Victoria. Lago Tanganica. Tanzania, Repu. Congo (Kisangani, Kinshasha, río Lukuga, río Lualaba, Matadi), Mauritania (Nonadhibou, Nouakchort), Angola (Luanda), Illas Canarias (La Palma, Tazacorte) 10. Busca no Googleearth estes lugares. Non esquezas anotar os teus comentarios no blog da biblioteca: http://unhalagoadelibros.blogspot.com. Localiza o libro na sección "Os lectores opinan" e comparte a túa valoración desta novela.