SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
XII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 1
DOMINGO XII ORDINARIO (B)
PRIMEIRA LECTURA Xob 38, 1.8-11
Lectura do libro de Xob
Entón respondeulle o Señor a Xob desde o trebón: ¿Quen pechou os portóns do mar ó
xurdir debruzándose do seo materno, cando lle impuxen como embozo as brétemas e o
envolvín en néboas como panos? Daquela marqueille os límites e asegureille os
ferrollos e as portas, e díxenlle: Ata aquí has chegar e non pasar. Aquí han remata-las
túas altas ondas.
SALMO RESPONSORIAL Sal 106, 23-24. 25-26. 28-29. 30-31
R/. (1b): Loade ó Señor, porque a súa misericordia é eterna.
Ou: Aleluia.
Os que baixan nos barcos ó mar,
para face-lo seu traballo nas augas abismais,
poden ve-los feitos do Señor,
os seus prodixios no océano.
Cun aceno del érguese o vento de temporal
e levántanse fortes as ondas:
érguense cara ó ceo e caen no abismo,
co estómago revolto, mareados.
No apuro clamaron ó Señor
e El librounos da aflicción.
El troca a tempestade en brisa lene,
e quedan caladas as ondas.
Alégranse eles coa calma,
e El lévaos ó porto arelado.
Dean gracias ó Señor pola súa misericordia,
polos seus prodixios cos humanos.
XII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO
CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA
http://www.conferenciaepiscopal.es 2
SEGUNDA LECTURA 2 Cor 5, 14-17
Lectura da segunda carta do Apóstolo San Paulo os Corintios
Irmáns: É o amor de Cristo o que nos preme, cando pensamos que, ó morrer un por
todos, todos morreron; el morreu por todos, de xeito que os que viven xa non vivan
para si, senón para o que morreu e resucitou por eles. Por iso, nós xa non aprezamos a
ninguén conforme a criterios mundanos; aínda que teñamos coñecido a Cristo
conforme a eses criterios, agora xa non o coñecemos así. Polo tanto, quen estea en
Cristo é unha criatura nova: o que era vello, pasou. Velaí unha realidade nova.
EVANXEO Mc 4, 35-41
Lectura do Santo Evanxeo segundo Marcos
Aquel día, á tardiña, díxolles Xesús ós seus discípulos: - Vaiamos á outra banda do
mar.
Eles, deixando a xente, levárono consigo na barca onde estaba sentado; e seguíano
outras barcas. E formouse tal turbillón de vento que os salseiros caían enriba da barca
e enchíana de auga. El, entrementres, estaba na popa durmindo sobre un cabezal. Eles
espértano e dinlle:
- Mestre, ¿seica non che importa que afoguemos? El ergueuse e increpou ó vento e
díxolle ó mar:
- ¡Cala, acouga!
E amainou o vento, e veu unha gran calma.
E dilles a eles: - ¿Por que tendes tanto medo? ¿Seica aínda non tendes fe?
Eles sentiron entón un medo enorme e comentaban entre si: - Pero, ¿quen será este,
que mesmo o vento e o mar o obedecen?

More Related Content

Viewers also liked (10)

Published Article
Published ArticlePublished Article
Published Article
 
Doc1
Doc1Doc1
Doc1
 
San Nicolás sin fundación
San Nicolás sin fundaciónSan Nicolás sin fundación
San Nicolás sin fundación
 
Aprender
AprenderAprender
Aprender
 
Tim Doyle Recommendation Letter
Tim Doyle Recommendation LetterTim Doyle Recommendation Letter
Tim Doyle Recommendation Letter
 
Corpus Christi
Corpus ChristiCorpus Christi
Corpus Christi
 
rekomendacija
rekomendacijarekomendacija
rekomendacija
 
Feed the dog 2
Feed the dog 2Feed the dog 2
Feed the dog 2
 
Lengua afuera english
Lengua afuera englishLengua afuera english
Lengua afuera english
 
Leyenda
LeyendaLeyenda
Leyenda
 

More from Manuel Lage Lorenzo (20)

Plano biblio
Plano biblioPlano biblio
Plano biblio
 
Ordinario26
Ordinario26Ordinario26
Ordinario26
 
Ordinario23
Ordinario23Ordinario23
Ordinario23
 
Ordinario22
Ordinario22Ordinario22
Ordinario22
 
Ordinario21
Ordinario21Ordinario21
Ordinario21
 
Ordinario20
Ordinario20Ordinario20
Ordinario20
 
Ordinario19
Ordinario19Ordinario19
Ordinario19
 
Lecturas domingo xviii b
Lecturas domingo xviii bLecturas domingo xviii b
Lecturas domingo xviii b
 
Ordinario17
Ordinario17Ordinario17
Ordinario17
 
Ordinario16
Ordinario16Ordinario16
Ordinario16
 
Papa francesco 20150624-udienza-generale
Papa francesco 20150624-udienza-generalePapa francesco 20150624-udienza-generale
Papa francesco 20150624-udienza-generale
 
Ordinario14
Ordinario14Ordinario14
Ordinario14
 
Papa francesco 20150617-udienza-generale
Papa francesco 20150617-udienza-generalePapa francesco 20150617-udienza-generale
Papa francesco 20150617-udienza-generale
 
Ordinario13
Ordinario13Ordinario13
Ordinario13
 
La familia 18 familia e enfermidade
La familia 18 familia e enfermidadeLa familia 18 familia e enfermidade
La familia 18 familia e enfermidade
 
Pasatempos domingo xi do tempo odinario
Pasatempos domingo xi do tempo odinarioPasatempos domingo xi do tempo odinario
Pasatempos domingo xi do tempo odinario
 
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
15 evan-ord-11-b-semillas en-manos_de_dios
 
Lecturas domingo x to b
Lecturas domingo x to bLecturas domingo x to b
Lecturas domingo x to b
 
Pasatempo corpus
Pasatempo corpusPasatempo corpus
Pasatempo corpus
 
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangreEvangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
Evangelio 15-ord-b-10-corpus christi-esto_es_mi-cuerpo_esta_es_mi_sangre_sangre
 

Ordinario12

  • 1. XII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 1 DOMINGO XII ORDINARIO (B) PRIMEIRA LECTURA Xob 38, 1.8-11 Lectura do libro de Xob Entón respondeulle o Señor a Xob desde o trebón: ¿Quen pechou os portóns do mar ó xurdir debruzándose do seo materno, cando lle impuxen como embozo as brétemas e o envolvín en néboas como panos? Daquela marqueille os límites e asegureille os ferrollos e as portas, e díxenlle: Ata aquí has chegar e non pasar. Aquí han remata-las túas altas ondas. SALMO RESPONSORIAL Sal 106, 23-24. 25-26. 28-29. 30-31 R/. (1b): Loade ó Señor, porque a súa misericordia é eterna. Ou: Aleluia. Os que baixan nos barcos ó mar, para face-lo seu traballo nas augas abismais, poden ve-los feitos do Señor, os seus prodixios no océano. Cun aceno del érguese o vento de temporal e levántanse fortes as ondas: érguense cara ó ceo e caen no abismo, co estómago revolto, mareados. No apuro clamaron ó Señor e El librounos da aflicción. El troca a tempestade en brisa lene, e quedan caladas as ondas. Alégranse eles coa calma, e El lévaos ó porto arelado. Dean gracias ó Señor pola súa misericordia, polos seus prodixios cos humanos.
  • 2. XII DOMINGO DEL TIEMPO ORDINARIO CONFERENCIA EPISCOPAL ESPAÑOLA http://www.conferenciaepiscopal.es 2 SEGUNDA LECTURA 2 Cor 5, 14-17 Lectura da segunda carta do Apóstolo San Paulo os Corintios Irmáns: É o amor de Cristo o que nos preme, cando pensamos que, ó morrer un por todos, todos morreron; el morreu por todos, de xeito que os que viven xa non vivan para si, senón para o que morreu e resucitou por eles. Por iso, nós xa non aprezamos a ninguén conforme a criterios mundanos; aínda que teñamos coñecido a Cristo conforme a eses criterios, agora xa non o coñecemos así. Polo tanto, quen estea en Cristo é unha criatura nova: o que era vello, pasou. Velaí unha realidade nova. EVANXEO Mc 4, 35-41 Lectura do Santo Evanxeo segundo Marcos Aquel día, á tardiña, díxolles Xesús ós seus discípulos: - Vaiamos á outra banda do mar. Eles, deixando a xente, levárono consigo na barca onde estaba sentado; e seguíano outras barcas. E formouse tal turbillón de vento que os salseiros caían enriba da barca e enchíana de auga. El, entrementres, estaba na popa durmindo sobre un cabezal. Eles espértano e dinlle: - Mestre, ¿seica non che importa que afoguemos? El ergueuse e increpou ó vento e díxolle ó mar: - ¡Cala, acouga! E amainou o vento, e veu unha gran calma. E dilles a eles: - ¿Por que tendes tanto medo? ¿Seica aínda non tendes fe? Eles sentiron entón un medo enorme e comentaban entre si: - Pero, ¿quen será este, que mesmo o vento e o mar o obedecen?