SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
Procedemento 
Modelo de renovación do certificado de empregado público - Autoxestionado 
AMTEGA 
PX
CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN 
NOME DO DOCUMENTO: 
KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v.01.00.doc 
VERSIÓN: 
v.01.00 
COD. DO DOCUMENTO: 
ELABORADO POR: 
AMTEGA 
DATA: 
30/09/2014 
VALIDADO POR: 
DATA: 
APROBADO POR: 
DATA: 
REXISTRO DE CAMBIOS Versión Causa da nova versión Data de aprobación 
v.01.00 
Elaboración do documento 
LISTA DE DISTRIBUCIÓN (opcional) Nome Número de copia Área/Centro/Localización 
Datos básicos do Proxecto Nome do proxecto 
Código do proxecto 
CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE 
Este documento é propiedade da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este material exclusivamente para os servizos que foron acordados coa AMTEGA e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibida a reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordado coa AMTEGA .
KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v 01 04 Páxina 3 de 7 
PT_v.03.00 
Índice 
1. RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE EMPREGADO PÚBLICO AUTOXESTIONADA ....................... 4 
1.1. Descrición do procedemento de renovación autoxestionado ..................................................... 4 
1.2. Como comprobar a vixencia/caducidade do certificado? ........................................................... 7 
1.3. Como eliminar o antigo certificado da tarxeta? .......................................................................... 7
KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v 01 04 Páxina 4 de 7 
PT_v.03.00 
1. RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE EMPREGADO PÚBLICO AUTOXESTIONADA 
Dende tres meses antes da data de caducidade do certificado todos os profesionais que contan con certificado de empregado público recibirán unha comunicación, no correo electrónico corporativo, informando da próxima caducidade do certificado de empregado público, así como dos posibles xeitos de obter un novo certificado. 
Neste documento descríbese detalladamente o procedemento de renovación autoxestionado, que permite realizar a renovación do certificado de empregado público sen necesidade de que o profesional teña que acudir ao Punto de Acreditación Dixital (PAD). O profesional poderá levar a cabo a renovación do certificado, dende o seu PC, seguindo os pasos que se detallan de seguido. 
1.1. Descrición do procedemento de renovación autoxestionado 
Paso 1- Aspectos de configuración do equipo a ter en conta antes de iniciar o proceso de renovación: 
 Debera empregar o navegador Mozilla FireFox 
 O ordenador debe dispoñer dun lector de tarxetas criptográficas debidamente configurado. Recoméndase facer o procedemento dende o equipo que se emprega habitualmente para acceder ao sistema de fichaxe KRONOS, xa que desta forma asegurarase a operatividade do lector de tarxetas. 
 Todo o proceso deberá realizarse dende o mesmo equipo, co mesmo usuario e o mesmo navegador. Polo tanto, durante o proceso non deberá actualizarse ningún destes elementos. 
Paso 2- Introducir a tarxeta no lector e acceder ao enlace Solicitar Certificado Dixital de Empregado Público 
No espazo dispoñible na Intranet de Xunta e Xustiza, está dispoñible o enlace ao formulario de solicitude do certificado dixital para Administración pública en tarxeta criptográfica Solicitar Certificado Dixital de Empregado Público. 
Este enlace proporcionaralle acceso ao formulario de solicitude do certificado dixital de empregado público en tarxeta criptográfica. 
Paso 3- Complete os datos requiridos o formulario de solicitude e envíe a petición 
Comprobe que ten a tarxeta de empregado público inserida no lector. No formulario de solicitude deberá completar a seguinte información: 
 Os seus datos básicos: DNI, e primeiro apelido 
 NIF do organismo suscriptor, deberá indicar S1511001H correspondente a Xunta de Galicia 
 Marcar que acepta as condicións 
 Premer en “Enviar Petición” na parte inferior da páxina.
KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v 01 04 Páxina 5 de 7 
PT_v.03.00 
Figura 1. Formulario de solicitude do certificado en tarxeta criptográfica 
 Paso 4.- Envío do código de solicitude de certificado 
Como resultado de enviar a petición de certificado, amosarase na pantalla un código de solicitude que 
deberá copiar e remitir por correo electrónico a seguinte dirección renovacion-certificado-xustiza@ 
xunta.es indicando no asunto do correo “Renovación certificado”, e incluíndo no corpo do mesmo 
o devandito código de solicitude, o seu nome completo e o seu DNI. 
Paso 5.- Descarga do certificado 
Nun prazo máximo de 7 días, recibirá un correo comunicándolle que pode realizar a descarga do seu 
certificado. 
Para a descarga do certificado debe introducir a tarxeta no lector do mesmo equipo dende onde realizou a 
solicitude, e empregando o mesmo navegador acceder ao enlace Descargar Certificado Dixital de 
Empregado Público, dispoñible na intranet ou no correo que lle foi remitido. 
No formulario de descarga debe completar os seguintes datos: 
 DNI 
 Primeiro apelido 
 NIF do organismos suscriptor, neste caso S1511001H 
 Código de solicitude proporcionado polo sistema o finalizar o paso 2 
Debe premer no botón “Descargar Certificado”. Na seguinte pantalla que se lle amosará deberá premer 
“Instalar certificado” 
Debe asegurarse de que ao realizar o envío da petición o proceso lle solicita que introduza o PIN 
da súa tarxeta. De non ser así póñase en contacto co CSU de Xustiza a través da conta 
soporte.xustiza@xunta.es ou no teléfono 9815 46223. 
Antes de iniciar a descarga debe inserir a tarxeta de empregado público no lector. A descarga do certificado 
debe realizarse empregando o mesmo PC, mesmo navegador e mesmo usuario utilizados no proceso de 
solicitude.
KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v 01 04 Páxina 6 de 7 
PT_v.03.00 
Figura 2. Formulario de descarga de certificado en tarxeta criptográfica 
Paso 6.- Eliminar o certificado antigo da tarxeta 
Unha vez descargado o novo certificado, deberá proceder a eliminar da tarxeta o certificado antigo. Ver 
como eliminar o antigo certificado da tarxeta. 
Paso 7.- Verificar o correcto funcionamento do novo certificado 
Pode vostede comprobar o correcto funcionamento do novo certificado accedendo ao sistema de fichaxe 
KRONOS. 
Paso 8.- Asinar e enviar a documentación de contrato de uso do certificado 
Días despois recibirá no seu posto de traballo e en formato papel, polo sistema de correo interno da Xunta 
de Galicia, o contrato de uso do certificado de empregado público. Deberá asinar o exemplar para a 
administración e remitilo a dirección indicada nas instrucións remitidas coa devandita documentación 
De producirse algún problema en calquera dos pasos deste procedemento debe contactar co CSU 
de Xustiza a través da conta soporte.xustiza@xunta.es ou no teléfono 9815 46223 
Se no prazo dun mes non se tivera recibido no PAD o contrato de uso do certificado debidamente 
asinado polo profesional, procederase a realizar a revogación do certificado, deixándoo inservible 
para a sinatura dixital
KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v 01 04 Páxina 7 de 7 
PT_v.03.00 
1.2. Como comprobar a vixencia/caducidade do certificado? 
Pode coñecer a data de vixencia ou caducidade do seu certificado debe introducir a tarxeta de empregado 
público no lector do seu PC e acceder á ferramenta “AuthentIC Manager” dende “Inicio->Todos los 
Programas->AuthentIC Webpack->AuthentIC Manager”. 
Tras introducir o PIN da tarxeta, elixa a lapela “Navegador”, faga dobre clic sobre o certificado, abrirase 
una nova pantalla, na lapela “General” poderá comprobar o período para o que o seu certificado é válido. 
Figura 3 Pantalla de información coa data de vixencia do certificado 
1.3. Como eliminar o antigo certificado da tarxeta? 
Para realizar esta tarefa debe introducir a tarxeta de empregado público no lector do seu PC e acceder á 
ferramenta “AuthentIC Manager” dende “Inicio->Todos los Programas->AuthentIC Webpack->AuthentIC 
Manager”, elixir na lapela “Explorador” o certificado antigo e picar a opción “Eliminar”. 
Debe asegurarse de que está a seleccionar para o borrado o certificado vello e non o novo certificado que 
acaba de descargar, diferenciándose ambos polas diferentes datas de vixencia. Ver como comprobar a 
vixencia/caducidade do certificado

More Related Content

Viewers also liked

DiseñO Clase Geo Chile
DiseñO Clase Geo ChileDiseñO Clase Geo Chile
DiseñO Clase Geo Chile
Paula Labrin
 

Viewers also liked (12)

Chiacchiere Sportive 15^ giornata
Chiacchiere Sportive 15^ giornataChiacchiere Sportive 15^ giornata
Chiacchiere Sportive 15^ giornata
 
Folla informativa mesa sectorial
Folla informativa mesa sectorialFolla informativa mesa sectorial
Folla informativa mesa sectorial
 
Chiacchiere Sportive 19^ giornata
Chiacchiere Sportive 19^ giornataChiacchiere Sportive 19^ giornata
Chiacchiere Sportive 19^ giornata
 
Caricatura 9
Caricatura 9Caricatura 9
Caricatura 9
 
Describing him, describing her: Linguistic biases in crowdsourced metadata fo...
Describing him, describing her: Linguistic biases in crowdsourced metadata fo...Describing him, describing her: Linguistic biases in crowdsourced metadata fo...
Describing him, describing her: Linguistic biases in crowdsourced metadata fo...
 
DiseñO Clase Geo Chile
DiseñO Clase Geo ChileDiseñO Clase Geo Chile
DiseñO Clase Geo Chile
 
Respuesta de la @PGN_Col a la problemática de transporte terrestre y vías del...
Respuesta de la @PGN_Col a la problemática de transporte terrestre y vías del...Respuesta de la @PGN_Col a la problemática de transporte terrestre y vías del...
Respuesta de la @PGN_Col a la problemática de transporte terrestre y vías del...
 
C.p.d. presentation
C.p.d. presentationC.p.d. presentation
C.p.d. presentation
 
Nyan
NyanNyan
Nyan
 
Empathymap
EmpathymapEmpathymap
Empathymap
 
Agenda GRAN PACTO NACIONAL POR EL AGRO Y EL DESARROLLO RURAL JORNADA DE CAPAC...
Agenda GRAN PACTO NACIONAL POR EL AGRO Y EL DESARROLLO RURAL JORNADA DE CAPAC...Agenda GRAN PACTO NACIONAL POR EL AGRO Y EL DESARROLLO RURAL JORNADA DE CAPAC...
Agenda GRAN PACTO NACIONAL POR EL AGRO Y EL DESARROLLO RURAL JORNADA DE CAPAC...
 
polynomials
polynomialspolynomials
polynomials
 

More from CCOOXustiza

Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
CCOOXustiza
 

More from CCOOXustiza (20)

Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
 
Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
 

Renovación autoxestionada como proceder

  • 1. Procedemento Modelo de renovación do certificado de empregado público - Autoxestionado AMTEGA PX
  • 2. CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN NOME DO DOCUMENTO: KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v.01.00.doc VERSIÓN: v.01.00 COD. DO DOCUMENTO: ELABORADO POR: AMTEGA DATA: 30/09/2014 VALIDADO POR: DATA: APROBADO POR: DATA: REXISTRO DE CAMBIOS Versión Causa da nova versión Data de aprobación v.01.00 Elaboración do documento LISTA DE DISTRIBUCIÓN (opcional) Nome Número de copia Área/Centro/Localización Datos básicos do Proxecto Nome do proxecto Código do proxecto CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE Este documento é propiedade da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este material exclusivamente para os servizos que foron acordados coa AMTEGA e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibida a reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordado coa AMTEGA .
  • 3. KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v 01 04 Páxina 3 de 7 PT_v.03.00 Índice 1. RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE EMPREGADO PÚBLICO AUTOXESTIONADA ....................... 4 1.1. Descrición do procedemento de renovación autoxestionado ..................................................... 4 1.2. Como comprobar a vixencia/caducidade do certificado? ........................................................... 7 1.3. Como eliminar o antigo certificado da tarxeta? .......................................................................... 7
  • 4. KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v 01 04 Páxina 4 de 7 PT_v.03.00 1. RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE EMPREGADO PÚBLICO AUTOXESTIONADA Dende tres meses antes da data de caducidade do certificado todos os profesionais que contan con certificado de empregado público recibirán unha comunicación, no correo electrónico corporativo, informando da próxima caducidade do certificado de empregado público, así como dos posibles xeitos de obter un novo certificado. Neste documento descríbese detalladamente o procedemento de renovación autoxestionado, que permite realizar a renovación do certificado de empregado público sen necesidade de que o profesional teña que acudir ao Punto de Acreditación Dixital (PAD). O profesional poderá levar a cabo a renovación do certificado, dende o seu PC, seguindo os pasos que se detallan de seguido. 1.1. Descrición do procedemento de renovación autoxestionado Paso 1- Aspectos de configuración do equipo a ter en conta antes de iniciar o proceso de renovación:  Debera empregar o navegador Mozilla FireFox  O ordenador debe dispoñer dun lector de tarxetas criptográficas debidamente configurado. Recoméndase facer o procedemento dende o equipo que se emprega habitualmente para acceder ao sistema de fichaxe KRONOS, xa que desta forma asegurarase a operatividade do lector de tarxetas.  Todo o proceso deberá realizarse dende o mesmo equipo, co mesmo usuario e o mesmo navegador. Polo tanto, durante o proceso non deberá actualizarse ningún destes elementos. Paso 2- Introducir a tarxeta no lector e acceder ao enlace Solicitar Certificado Dixital de Empregado Público No espazo dispoñible na Intranet de Xunta e Xustiza, está dispoñible o enlace ao formulario de solicitude do certificado dixital para Administración pública en tarxeta criptográfica Solicitar Certificado Dixital de Empregado Público. Este enlace proporcionaralle acceso ao formulario de solicitude do certificado dixital de empregado público en tarxeta criptográfica. Paso 3- Complete os datos requiridos o formulario de solicitude e envíe a petición Comprobe que ten a tarxeta de empregado público inserida no lector. No formulario de solicitude deberá completar a seguinte información:  Os seus datos básicos: DNI, e primeiro apelido  NIF do organismo suscriptor, deberá indicar S1511001H correspondente a Xunta de Galicia  Marcar que acepta as condicións  Premer en “Enviar Petición” na parte inferior da páxina.
  • 5. KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v 01 04 Páxina 5 de 7 PT_v.03.00 Figura 1. Formulario de solicitude do certificado en tarxeta criptográfica  Paso 4.- Envío do código de solicitude de certificado Como resultado de enviar a petición de certificado, amosarase na pantalla un código de solicitude que deberá copiar e remitir por correo electrónico a seguinte dirección renovacion-certificado-xustiza@ xunta.es indicando no asunto do correo “Renovación certificado”, e incluíndo no corpo do mesmo o devandito código de solicitude, o seu nome completo e o seu DNI. Paso 5.- Descarga do certificado Nun prazo máximo de 7 días, recibirá un correo comunicándolle que pode realizar a descarga do seu certificado. Para a descarga do certificado debe introducir a tarxeta no lector do mesmo equipo dende onde realizou a solicitude, e empregando o mesmo navegador acceder ao enlace Descargar Certificado Dixital de Empregado Público, dispoñible na intranet ou no correo que lle foi remitido. No formulario de descarga debe completar os seguintes datos:  DNI  Primeiro apelido  NIF do organismos suscriptor, neste caso S1511001H  Código de solicitude proporcionado polo sistema o finalizar o paso 2 Debe premer no botón “Descargar Certificado”. Na seguinte pantalla que se lle amosará deberá premer “Instalar certificado” Debe asegurarse de que ao realizar o envío da petición o proceso lle solicita que introduza o PIN da súa tarxeta. De non ser así póñase en contacto co CSU de Xustiza a través da conta soporte.xustiza@xunta.es ou no teléfono 9815 46223. Antes de iniciar a descarga debe inserir a tarxeta de empregado público no lector. A descarga do certificado debe realizarse empregando o mesmo PC, mesmo navegador e mesmo usuario utilizados no proceso de solicitude.
  • 6. KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v 01 04 Páxina 6 de 7 PT_v.03.00 Figura 2. Formulario de descarga de certificado en tarxeta criptográfica Paso 6.- Eliminar o certificado antigo da tarxeta Unha vez descargado o novo certificado, deberá proceder a eliminar da tarxeta o certificado antigo. Ver como eliminar o antigo certificado da tarxeta. Paso 7.- Verificar o correcto funcionamento do novo certificado Pode vostede comprobar o correcto funcionamento do novo certificado accedendo ao sistema de fichaxe KRONOS. Paso 8.- Asinar e enviar a documentación de contrato de uso do certificado Días despois recibirá no seu posto de traballo e en formato papel, polo sistema de correo interno da Xunta de Galicia, o contrato de uso do certificado de empregado público. Deberá asinar o exemplar para a administración e remitilo a dirección indicada nas instrucións remitidas coa devandita documentación De producirse algún problema en calquera dos pasos deste procedemento debe contactar co CSU de Xustiza a través da conta soporte.xustiza@xunta.es ou no teléfono 9815 46223 Se no prazo dun mes non se tivera recibido no PAD o contrato de uso do certificado debidamente asinado polo profesional, procederase a realizar a revogación do certificado, deixándoo inservible para a sinatura dixital
  • 7. KRONOS-Renovación Certificado Autoxestionado_v 01 04 Páxina 7 de 7 PT_v.03.00 1.2. Como comprobar a vixencia/caducidade do certificado? Pode coñecer a data de vixencia ou caducidade do seu certificado debe introducir a tarxeta de empregado público no lector do seu PC e acceder á ferramenta “AuthentIC Manager” dende “Inicio->Todos los Programas->AuthentIC Webpack->AuthentIC Manager”. Tras introducir o PIN da tarxeta, elixa a lapela “Navegador”, faga dobre clic sobre o certificado, abrirase una nova pantalla, na lapela “General” poderá comprobar o período para o que o seu certificado é válido. Figura 3 Pantalla de información coa data de vixencia do certificado 1.3. Como eliminar o antigo certificado da tarxeta? Para realizar esta tarefa debe introducir a tarxeta de empregado público no lector do seu PC e acceder á ferramenta “AuthentIC Manager” dende “Inicio->Todos los Programas->AuthentIC Webpack->AuthentIC Manager”, elixir na lapela “Explorador” o certificado antigo e picar a opción “Eliminar”. Debe asegurarse de que está a seleccionar para o borrado o certificado vello e non o novo certificado que acaba de descargar, diferenciándose ambos polas diferentes datas de vixencia. Ver como comprobar a vixencia/caducidade do certificado