SlideShare a Scribd company logo
1 of 19
OS AROMAS
DO NOSO PATIO
OBRADOIROS AROMÁTICOS
CEIP RICARDO GASSET
O INCIO - PRIMAVERA 2014
OBRADOIROS DE AROMAS
 O ano pasado prantamos no noso xardín distintas
prantas aromáticas e este ano como xa medraron,
decidimos facer algo con elas, así que puxémonos
en marcha cun obradoiro de aromas.
 Queremos descubrir o uso das prantas aromáticas,
e para iso imos investigar sobre unhas cantas que
temos na nosa escola: lavanda, tomelo, romeu,
perexil… pero tamén sobre o uso dalgunhas flores
ben olorosas como as rosas e o azahar.
A PLANTACIÓN DO ANO PASADO
Ao longo deste tempo puidemos traballar:
 As distintas sensacións que nos
producen: olfativas, visuais, táctiles…
 Coñecer os seus usos na menciña, na
cociña, na cosmética, na decoración,
etc.
 Secamos algunhas para ver se
conservan as súas propiedades. E
vimos os seus usos.
 Elaboramos tónicos artesanais como a
auga de rosas.
 Observámolas e debuxámolas e
mesmo pintamos coas súas flores.
 Aprendemos algunhas adiviñas e
poemas tradicionais nos que se
mencionan e logo fixemos con eles un
libriño primaveral.
INVESTIGANDO
 Para poder empezar
fixemos unha visita
aos macizos de
aromáticas que temos
no noso patio.
VER E ULIR
 Tras miralas e ulilas,
empezamos pola
lavanda pois é a que
xa ten flor.
TOCALAS E DISTINGUILAS
 Empezamos por
desfacer as ramas
pois so nos serven as
follas e as flores, posto
que son as que teñen
o olor.
 Deixamos a secar uns
días na nosa clase e
así tamén desfrutamos
do seu aroma.
 Mesturamos as follas e
usámolas.
OS SEUS USOS
 Soubemos dos seus usos
na menciña, no mundo dos
perfumes e mesmo na
aromaterapia.
 E tamén como
ambientadores para os
armarios para dar bo olor á
roupa e tamén para previr
as pragas da couza, e
preparamos uns saquiños
perfumados para os seus
cuartos e armarios con
estas herbas e flores.
Parécenos unha boa
maneira de respectar a
vida e o noso planeta sen
ter que utilizar os
prexudiciais aerosoles.
AS TARXETAS
 Escribimos unha
tarxeta para que as
nosas familias tamén
coñezan as súas
propiedades
OLEATOS
 E mesmo preparamos
uns cantos “oleatos”ou
aceites aromáticos
que teñen propiedades
relaxantes e nutritivos
para a pel.
TRES AROMAS
 Fixéronse tres
diferentes, un rosas
usando flores, outro de
lavanda usando
prantas e outro de
froitos usando pel de
laranxas e
mandarinas.
 Ummm… que ben
ulen!
A RECEITA
 Escribimos a receita
para poder repetilo na
casa coas nosas
familias se lle apetece.
AUGA DE ROSAS
 Utilizamos variedades
de rosa que si teñen
olor, e con elas
levouse a cabo este
obradoiro no que se
preparou un tónico
que logo levaron de
regalo para as familias
e que tamén se
obsequiou aos avós
da residencia da 3ª
idade do Incio o día
que tivemos a
convivencia con eles
ONDE ESTÁ O OLOR
 Sabiamos o que
tiñamos que facer pero
faltaba por saber onde
estaba o seu olor se
nos pétalos ou no
resto.
 Unha vez descuberto
que eran os pétalos,
puxémonos a traballar:
pétalos, auga e deixar
macerar nun lugar
oscuro durante 24
horas.
O ETIQUETADO
 Preparamos as etiquetas
dos frasquiños co nome
do contido e os seus
usos e propiedades.
 E escribimos no
ordenador a receita cos
ingredientes e os pasos
a seguir.
 Soubemos dos usos
das esencias en
productos de uso cotiá
coma os xabróns e os
perfumes.
AUGA DE AZAHAR
 Esta é unha flor nova
para eles que non
coñecen e que lle
chama a atención polo
seu intenso aroma.
 Chamoulles
especialmente a
atención que se utilice
tamén para uso
culinario.
PINTAR CON FLORES
 No noso patio hai
tamén flores de moitas
cores e por iso
aproveitamos para
pintar cos seus pétalos
e logo aproveitamos
para facer con eles a
portada do noso libriño
primaveral ao cal
engadimos esencia de
violetas para
aromatizalo.
Un dos poemiñas
“Paxariños que voades
polas ramas dos loureiros
deixade durmir ao neno
que está no sono primeiro.”
ALGUNHAS ADIVIÑAS
 Para rematar xa,
ti queres xogar con
nós?Pois adiviña
entón:
“Cun velo de tul
e un anaquiño de pan
formaremos unha flor,
sabes ti dicirme cal?”
“ Cando chega o bo
tempo
encho todos os campos
coa miña cara amarela
e o meu babeiro branco”
“ Coa miña cara vermella
e o meu ollo negro
co meu vestido verde
o campo aledo”
Cal é a flor
que é a máis fermosa,
de máis cor
e a máis preciosa?
“Xira e xira e xira
sempre mirando ao sol”
CÁNTO XOGO NOS DEU
O NOSO PATIO ESTA
PRIMAVERA!
E para o ano seguiremos
aprendendo, xogando e gozando do noso fermoso patio

More Related Content

More from Ana Jato Rodriguez (20)

Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Os nosos aniversarios
Os nosos aniversariosOs nosos aniversarios
Os nosos aniversarios
 
PESCADORES DE SAN CLODIO
PESCADORES DE SAN CLODIOPESCADORES DE SAN CLODIO
PESCADORES DE SAN CLODIO
 
Graduación xuño 15
Graduación xuño 15Graduación xuño 15
Graduación xuño 15
 
Museo bicheiro
Museo bicheiroMuseo bicheiro
Museo bicheiro
 
Letras galegas 15
Letras galegas 15Letras galegas 15
Letras galegas 15
 
Mascota biblioteca
Mascota bibliotecaMascota biblioteca
Mascota biblioteca
 
Día do libro
Día do libroDía do libro
Día do libro
 
A troita e as anguías
A troita e as anguíasA troita e as anguías
A troita e as anguías
 
O traxe novo do rei
O traxe novo do reiO traxe novo do rei
O traxe novo do rei
 
Plantando iris
Plantando irisPlantando iris
Plantando iris
 
O universo
O universoO universo
O universo
 
Entroido 2015 CEIP de SAN CLODIO
Entroido 2015  CEIP de SAN CLODIOEntroido 2015  CEIP de SAN CLODIO
Entroido 2015 CEIP de SAN CLODIO
 
A neve
A neveA neve
A neve
 
Día da paz
Día da pazDía da paz
Día da paz
 
Os piratas de infantil
Os piratas de infantilOs piratas de infantil
Os piratas de infantil
 
Para que sirven os nº
Para que sirven os nºPara que sirven os nº
Para que sirven os nº
 
O acuario
O acuarioO acuario
O acuario
 
Facemos un volcán
Facemos un volcánFacemos un volcán
Facemos un volcán
 
Rimas piratas
Rimas piratasRimas piratas
Rimas piratas
 

Recently uploaded

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Obradoiros de aromas

  • 1. OS AROMAS DO NOSO PATIO OBRADOIROS AROMÁTICOS CEIP RICARDO GASSET O INCIO - PRIMAVERA 2014
  • 2. OBRADOIROS DE AROMAS  O ano pasado prantamos no noso xardín distintas prantas aromáticas e este ano como xa medraron, decidimos facer algo con elas, así que puxémonos en marcha cun obradoiro de aromas.  Queremos descubrir o uso das prantas aromáticas, e para iso imos investigar sobre unhas cantas que temos na nosa escola: lavanda, tomelo, romeu, perexil… pero tamén sobre o uso dalgunhas flores ben olorosas como as rosas e o azahar.
  • 3. A PLANTACIÓN DO ANO PASADO Ao longo deste tempo puidemos traballar:  As distintas sensacións que nos producen: olfativas, visuais, táctiles…  Coñecer os seus usos na menciña, na cociña, na cosmética, na decoración, etc.  Secamos algunhas para ver se conservan as súas propiedades. E vimos os seus usos.  Elaboramos tónicos artesanais como a auga de rosas.  Observámolas e debuxámolas e mesmo pintamos coas súas flores.  Aprendemos algunhas adiviñas e poemas tradicionais nos que se mencionan e logo fixemos con eles un libriño primaveral.
  • 4. INVESTIGANDO  Para poder empezar fixemos unha visita aos macizos de aromáticas que temos no noso patio.
  • 5. VER E ULIR  Tras miralas e ulilas, empezamos pola lavanda pois é a que xa ten flor.
  • 6. TOCALAS E DISTINGUILAS  Empezamos por desfacer as ramas pois so nos serven as follas e as flores, posto que son as que teñen o olor.  Deixamos a secar uns días na nosa clase e así tamén desfrutamos do seu aroma.  Mesturamos as follas e usámolas.
  • 7. OS SEUS USOS  Soubemos dos seus usos na menciña, no mundo dos perfumes e mesmo na aromaterapia.  E tamén como ambientadores para os armarios para dar bo olor á roupa e tamén para previr as pragas da couza, e preparamos uns saquiños perfumados para os seus cuartos e armarios con estas herbas e flores. Parécenos unha boa maneira de respectar a vida e o noso planeta sen ter que utilizar os prexudiciais aerosoles.
  • 8. AS TARXETAS  Escribimos unha tarxeta para que as nosas familias tamén coñezan as súas propiedades
  • 9. OLEATOS  E mesmo preparamos uns cantos “oleatos”ou aceites aromáticos que teñen propiedades relaxantes e nutritivos para a pel.
  • 10. TRES AROMAS  Fixéronse tres diferentes, un rosas usando flores, outro de lavanda usando prantas e outro de froitos usando pel de laranxas e mandarinas.  Ummm… que ben ulen!
  • 11. A RECEITA  Escribimos a receita para poder repetilo na casa coas nosas familias se lle apetece.
  • 12. AUGA DE ROSAS  Utilizamos variedades de rosa que si teñen olor, e con elas levouse a cabo este obradoiro no que se preparou un tónico que logo levaron de regalo para as familias e que tamén se obsequiou aos avós da residencia da 3ª idade do Incio o día que tivemos a convivencia con eles
  • 13. ONDE ESTÁ O OLOR  Sabiamos o que tiñamos que facer pero faltaba por saber onde estaba o seu olor se nos pétalos ou no resto.  Unha vez descuberto que eran os pétalos, puxémonos a traballar: pétalos, auga e deixar macerar nun lugar oscuro durante 24 horas.
  • 14. O ETIQUETADO  Preparamos as etiquetas dos frasquiños co nome do contido e os seus usos e propiedades.  E escribimos no ordenador a receita cos ingredientes e os pasos a seguir.  Soubemos dos usos das esencias en productos de uso cotiá coma os xabróns e os perfumes.
  • 15. AUGA DE AZAHAR  Esta é unha flor nova para eles que non coñecen e que lle chama a atención polo seu intenso aroma.  Chamoulles especialmente a atención que se utilice tamén para uso culinario.
  • 16. PINTAR CON FLORES  No noso patio hai tamén flores de moitas cores e por iso aproveitamos para pintar cos seus pétalos e logo aproveitamos para facer con eles a portada do noso libriño primaveral ao cal engadimos esencia de violetas para aromatizalo.
  • 17. Un dos poemiñas “Paxariños que voades polas ramas dos loureiros deixade durmir ao neno que está no sono primeiro.”
  • 18. ALGUNHAS ADIVIÑAS  Para rematar xa, ti queres xogar con nós?Pois adiviña entón: “Cun velo de tul e un anaquiño de pan formaremos unha flor, sabes ti dicirme cal?” “ Cando chega o bo tempo encho todos os campos coa miña cara amarela e o meu babeiro branco” “ Coa miña cara vermella e o meu ollo negro co meu vestido verde o campo aledo” Cal é a flor que é a máis fermosa, de máis cor e a máis preciosa? “Xira e xira e xira sempre mirando ao sol”
  • 19. CÁNTO XOGO NOS DEU O NOSO PATIO ESTA PRIMAVERA! E para o ano seguiremos aprendendo, xogando e gozando do noso fermoso patio