SlideShare a Scribd company logo
1 of 87
Download to read offline
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL
ELECCIÓNS EUROPEAS
25-MAIO-2014
ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
EN EUROPA
ÍNDICE
0. RAZÓNS PARA A POLÍTICA DE AGE EN EUROPA
0.1. Preámbulo
0.2. Unha Europa en creba democrática
0.2.1. Crise do capital vs. Crise da democracia
0.2.2. Unha Europa en creba
0.2.2.1. O aumento da xenofobia e do racismo
0.2.2.2. A receita do austericidio: a morte de Europa
1. A FRONTE DA ESQUERDA TRANSFORMADORA COMO
ALTERNATIVA.
1.1. Principios básicos para AGE
1.2. A débeda do abafo
1.3. Unha cidadanía inclusiva
1.3.1. Dereitos de cidadanía contra a Europa Fortaleza
1.3.1.1. Os dereitos das persoas migrantes
1.3.1.2. Os dereitos das persoas xitanas
1.3.1.3. Os dereitos da emigración intraeuropea
1.3.2. Principios de inclusión activa
1.3. Servizos públicos universais
1.4.1. Sanidade
1.4.2. Educación
1.4.2.1. Educación para a igualdade
1.4.2.2. Universidade
1.4.2.3. I+D+i
1.4.3. Servizos sociais
1.4.4. Vivenda e Cidade Ecolóxica
1.4.5. Xustiza
2. DEMOCRACIA E PARTICIPACIÓN
2.1. Un proceso constituínte para unha Europa dos Pobos e da Cidadanía.
2.2. A cidadanía e as institucións: democratización e soberanía popular
3. ECONOMÍA E EMPREGO
3.1. Economía
3.1.1. Sistema financeiro
3.1.2. Fiscalidade
3.1.3. Novo modelo produtivo
3.2. Emprego
4. MEDIO AMBIENTE E ECOLOXÍA SOCIAL. SOBERANÍA
ALIMENTARIA E POLÍTICA AGRARIA COMÚN
4.1. Territorio
4.2. Transportes e infraestruturas
4.2.1. Ferrocarril
4.2.2. Aviación civil, aeroportos
4.3. Auga e Enerxía
4.3.1. Auga
4.3.2. Enerxía
4.4. Clima
4.5. Pesca
4.6. Biodiversidade e respecto polos dereitos dos animais
4.6.1 Biodiversidade
4.6.2. Os dereitos dos animais
4.7. Xestión de resíduos
4.8. Soberanía Aimentaria – Política Agraria Común
4.8.1. Soberanía Alimentaria
4.8.2. Política Agraria Común
5. A EUROPA DA CIDADANÍA E DOS DEREITOS
5.1. Feminismo
5.1.1. Dereitos Políticos e Democracia Paritaria
5.1.2. Economía. Emprego. Dereitos Sociais
5.1.3. Erradicación da violencia de xénero e da exclusión social
5.1.4. Dereitos sexuais e reprodutivos
5.1.5. Proposta para a igualdade entre mulleres e homes
5.2. Unha Europa Laica
5.3. Igualdade LGTBI
5.4. Mocidade
6. CULTURA, LINGUA E COMUNICACIÓN
6.1. Cultura
6.2. Lingua
6.3. Comunicación
7. A EUROPA DA PAZ, DA SOLIDARIEDADE E DO
INTERNACIONALISMO
7.1. Socialismo ou barbarie
7.2. Novo marco de relacións da UE co Mundo
7.3. Política armamentística e política de defensa en Europa
7.4. Memoria democrática fronte aos movementos da ultradereita e do fascismo
7.5. A Cooperación ao Desenvolvemento en Europa
6 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
RAZÓNS PARA A POLÍTICA DE AGE EN EUROPA
0.1. Preámbulo
As eleccións para o Parlamento Europeo de maio de 2014 deben rachar coa apatía, coa
indiferenza, ferramentas coas que se dota a dereita que nos malgoberna. Estamos ante a
oportunidade para dicir que existe unha alternativa, mais, para comezar a poñela en marcha,
cómpre frear de forma plena a involución de todo tipo en que vive mergullada a Unión
Europea. Temos que ter a credibilidade de que non pasaremos pola rede de filtros do que se
denomina capitalismo de rostro humano. Unha nova falacia máis.
A Europa a construír ten que ser a nosa Europa, a dos pobos, en que o pobo galego poda
erguer a súa voz nas institucións europeas e cooperar cos demais pobos para poñer en marcha
toda unha serie de políticas alternativas, transformadoras, plenamente de esquerdas, hoxe
máis precisas que nunca.
Galicia é unha nación europea e este é o momento para que Galicia interveña na construción
da Europa dos Pobos. A cidadanía galega debe ser protagonista de seu futuro, para afastar do
noso horizonte máis inmediato o abafo das condicións de vida que implantaron as institucións
europeas dominadas pola dereita e polas oligarquías.
Galicia, o pobo galego, estanse vendo afectados pola política de imposicións da Troika e polo
seguidismo dos gobernos de dereitas do goberno central e da Xunta de Galicia. Temos que
erguer a nosa voz con forza en cuestións tan estratéxicas para o noso país coma o sector
agrario, o gandeiro, o pesqueiro, o naval, o industrial ou o das novas tecnoloxías.
Mais é urxente moita pedagoxía. Explicar, ás veces, o evidente. E non abonda con proclamas.
Non. Cómpre un discurso sinxelo, claro. Cómpre unha mensaxe directa, que explique
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 7
claramente que imos facer se chegamos ás institucións europeas e como imos mudar estas
políticas austericidas. Isto é, cales son as solucións que imos aplicar para solucionar os
problemas que hoxe teñen a maioría das persoas.
Por iso, é preciso construír un suxeito político da esquerda nacional plural que participe dunha
alianza con outras forzas da esquerda alternativa, transformadora e verde a nivel do estado e
de Europa.
0.2. Unha Europa en creba democrática
0.2.1. Crise do capital vs. Criseda democracia
“todas as crises -financeira, alimentaria, da auga, do cambio climático, de conflitos,
de desigualdade e de pobreza- conspiran para reforzarse mutuamente e construír
unha prisión, agravando así a sensación de inxustiza manifesta. Non cometimos
ningún delicto, mais estamos aquí retidos contra a nosa vontade”.
(Susan Georges)
Asistimos a un ataque brutal en materia económica. Para executalo as oligarquías
precisaron de poñer en marcha un proceso deconstituínte, e consagrar o carácter
antidemocrático. Todo o proceso normativo imposto pola Troika (BCE, Comisión Europea, FMI)
parte con esa filosofía utilitarista por parte do capital: toda lei debe servir para os intereses
de clase dos ricos e poderosos. De aí que sexa acertado definir os ataques na xestión dos
servizos públicos como proceso de acumulación por desposesión.
O ideal democrático e social europeo, fraguado na loita antifascista e sustentado pola loita
da clase traballadora, xunto coa dos movementos sociais máis modernos (pacifismo,
feminismo, ecoloxismo), esmorece de forma abrupta baixo as gadoupas do ultraliberalismo
máis salvaxe.
Como afirma Alexis Tsipras, o programa posto en marcha pola Troika en Grecia, mais que
vale para todos os países e pobos do sur, incluído o galego, baséase en dous conceptos-forza:
o da “estabilización” e o das “reformas”, eufemismos que agochan a catástrofe social que
provocan:
8 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
“A chamada “estabilización” prevé que se apliquen medidas como: unha
fiscalidade indirecta de consecuencias devastadoras; uns recortes do gasto público
cuxa amplitude non admite comparacións; o desmantelamento do Estado
providencia, sobre todo nos eidos da sanidade, da educación e da seguridade
social; e tamén numerosas privatizacións, incluíndo a dos bens públicos tan
fundamentais como a auga e a enerxía. As chamadas “reformas” supoñen a
liberalización do despido, a supresión dos convenios colectivos, a creación dunhas
“zonas económicas especiais” e, en xeral, a aplicación de regulamentacións
pensadas para que os máis poderosos intereses económicos podan facer
investimentos en Grecia con condicións literalmente propias da época colonial”.
(Alexis Tsipras)
0.2.2. Unha Europa en creba
0.2.2.1. O aumento da “alternativa” xenófoba
O xiro ultraliberal que impregna discursos, accións e normas tivo como consecuencia dous
feitos que, en vez de ser antagónicos, resultan alimentarse un do outro. Referímonos ao
xurdimento e asentamento da extrema dereita que mobiliza cada vez a máis segmentos da
clase traballadora e á acción, en vez de ser de reacción, de seguidismo practicado por boa
parte da socialdemocracia que, curtopracista, e non desexosa de perder peso electoral, de
forma errada asumiu proclamas da extrema dereita incorporando no seu programa de acción
política, por exemplo, a “culpabilización” e “criminalización” da inmigración, e facendo da
“seguridade” un punto esencial.
Minimizar a súa crecente presenza nas institucións europeas, ou trivializar a súa
importancia representaría un erro de enormes magnitudes, que implicaría, de non remedialo,
unha presenza aínda máis relevante, e mesmo con poder de influencia, na conformación das
políticas europeas.
Cómpre asentar o traballo de discurso e acción da esquerda alternativa e transformadora
nos barrios que historicamente foron “vermellos” e que hoxe están sendo atraídos pola
mensaxe populista da extrema dereita e pola política de dereitas da socialdemocracia.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 9
0.2.2.2. A receita do austericidio: a morte de Europa
As receitas neoliberais baseadas no austericidio son éxito para as oligarquías, mentres que
para a maioría social, para a xente do común, para as persoas, representan un auténtico
inferno en vida. O Six-Pack, aprobado polo Parlamento Europeo en setembro de 2011, supón
a estratexia que impón a chamada consolidación fiscal e a competitividade. A costa dos
dereitos da clase traballadora e dos servizos públicos. Os “plans de axuste” son, para os pobos
do sur, coma o galego, unha guillotina sobre as súas expectativas e son o golpe que acerna
de forma efectiva a soberanía do pobo.
A propia arquitectura da UE afonda nos desequilibrios comerciais e estruturais entre as
economías dominantes (centro) e as economías dependentes (periferia). Galicia, neste
escenario de desequilibrios e desigualdades, vive na marxe da periferia, a expensas de
decisións que procuran establecer canles de mellora de beneficios para a competitividade
empresarial. Un escenario insolidario.
Vivimos nun proceso devastador que podemos denominar “vampirización do público“,
debido a que os sectores da oligarquía teñen o ollo posto sobre os servizos públicos básicos
como educación, sanidade e protección social. A cobiza dos oligarcas e toda a estratexia de
liberalización amparada polas normativas europeas degradan as condicións para a existencia
dun servizo digno alentando así o seu proceso de privatización.
Trátase dun proceso que desmantela toda a estrutura de protección social que se puxera
en marcha despois da II Guerra Mundial coas loitas da clase traballadora e das organizacións
da sociedade civil.
Algúns dos sinais de identidade desta vampirización son:
A precarización como paradigma en todos os eidos da vida en sociedade: traballo, acceso
aos servizos, etc.
O empobrecemento como estratexia.
Xa é unha realidade a figura do traballador ou traballadora pobre: de forma cada vez máis
abusiva, negando as convencións laborais e os patróns que establece a OIT sobre o traballo
digno, os salarios da clase traballadora revélanse insuficientes para afrontar o día a día.
A estratexia ideolóxica do capitalismo e da dereita é debilitar e empobrecer o corpo de
dereitos da maioría social, para beneficiar só ás grandes fortunas, vencelledas á propiedade
do capital financeiro especulativo (bancos) e o gran capital produtivo (grandes empresas).
Cómpre insistir nisto: á Troika non lle importan os dereitos e as necesidades da maioría
10 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
social, senón acadar os obxectivos que permitan ao capital acadar sempre beneficios. De aí
que a obriga da estabilidade orzamentaria e da sustentabilidade financeira fosen adheridas ao
programa político e na folla de ruta do PP e do PSOE, que modificaron, con nocturnidade e
aleivosía, a Constitución para introducir no artigo 135 a regra de ouro.
Estanse orixinando uns procesos que as nosas políticas deben reverter de forma urxente:
O incremento desmesurado da pobreza severa
A exclusión social
O parón en seco do PIB, o gran aumento das taxas de desemprego, e as malas medidas de
consolidación fiscal teñen efectos adversos para impedir o incremento da pobreza e o risco
de exclusión social.
Os fogares abafados: imposibilidade de facerlle fronte a gastos imprevistos.
Case un 20% dos fogares galegos en situación de pobreza enerxética.
Elevadas taxas de pobreza infantil, 20,1% de nenos e nenas por debaixo da soleira da
pobreza en Galicia.
Perda da protección e coberturas sociais (manifesta en Galicia e no Estado español).
As persoas menos favorecidas, como nenos e nenas, migrantes, persoas maiores e persoas
con diversidade funcional deben ser prioritarias no obxectivo de eliminar a pobreza.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 11
A FRONTE DA ESQUERDA
TRANSFORMADORA COMO
ALTERNATIVA.
1.1. Principios básicos para AGE
Fronte á folla de ruta dos capitalistas, a esquerda transformadora, se quere realmente ser
voz e mudar a realidade crítica que viven millóns de persoas en toda Europa, se quere ser quen
de mudar a lóxica deriva euroescéptica que sinte o pobo galego, e frear os discursos políticos
racistas e xenófobos, neofascistas, que cuestionan e debilitan a mesma democracia, ten que
activar un discurso de unidade de acción.
Desde Alternativa Galega de Esquerda temos claros algúns dos dereitos e principios que
queremos son:
Emprego digno para todos e todas e en particular para a mocidade;•
Establecemento dun salario mínimo interprofesional de 1000 euros;•
Restablecer as idades para xubilarse anteriores á crise;•
Recuperar a demanda histórica da xornada de 35 horas, hoxe máis utópica que•
nunca;
12 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
Cohesionar social e territorialmente os pobos europeos;•
Adoptar criterios garantistas de converxencia en materia de salarios, emprego•
e protección social;
Poñer en marcha unha renda básica universal que garanta uns mínimos dignos•
a todas as persoas;
Establecer cláusulas de non regresividade en materia de políticas e dereitos•
sociais que favorezan a reconstrución dun sistema europeo de servizos públicos
de calidade, que garantan a inclusión social de todos os colectivos sociais,
especialmente daqueles que hoxe sofren de forma máis severa as
consecuencias do austericidio (infancia, adolescencia, migrantes, persoas
maiores e persoas con diversidade funcional);
Intervención pública e democrática da economía europea coa adopción dunha•
fiscalidade europea altamente progresiva baseada na imposición sobre as
transaccións financeiras e as grandes fortunas;
Rescate dos sectores estratéxicos privatizados como a enerxía, o transporte, a•
xestión da auga, o sector financeiro, a siderurxia, que permita a creación de
Consorcios Públicos Europeos que orienten a actividade económica cara a
creación de emprego e a igualdade. Plan de rescate das persoas e da cidadanía
excluída, roubada e desafiuzada.
1..2. A débeda do abafo
Unha débeda que ten orixes diversas, consecuencia directa da crise financeira e económica,
do xogo de casino da economía especulativa, non produtiva. Mais, a pesar desta dificultade,
ou precisamente debido a que cómpre aclarar, e que a cidadanía o saiba, queremos coñecer
canta desa débeda responde á financiación de servizos públicos e canta desta débeda se
corresponde ao rescate bancario, ao saneamento das contas da oligarquía. Déuse un ilexítimo
rescate das entidades financeiras de toda Europa. Mentres, a cidadanía experimentaba perda
de dereitos de todo tipo, recortes en prestación salariais e sociais. Os intereses da débeda
pública son unha lousa para os orzamentos nacionais e creban o futuro dos pobos coma o
galego.
Estamos camiñando por un perigoso sendeiro que nos leva directamente ao baleiro, que nos
fala de socialización das débedas privadas, crecemento do endebedamento público, recesión
económica e creciente peso da carga financeira. Isto non se soluciona coa austeridade imposta
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 13
polo ultraliberalismo, senón que manifiesta a necesidade de liberar parte do lastre financeiro
que supón a débeda pública. A débeda ilexítima non se paga. E a débeda contraída para
axudar ao sector financeiro debe cobrarse a este sector establecendo plans concretos e
medibles de cobro.
Auditoría da débeda.•
Anulación da débeda ilexítima.•
Frear as políticas de austericidio.•
Derrogación do artículo 135 bis da Constitución e da Lei de estabilidade•
orzamentaria.
1.3. Unha cidadanía inclusiva
1.3.1. Dereitos de cidadanía contra a Europa Fortaleza
Unha Europa que practica a hipocresía discursiva, que se enche de racismo institucional e
alenta os discursos da ultradereita e, ao mesmo tempo, a incorporación no programa dos
partidos da dereita de políticas antipersoa. Políticas que ninguén en Europa está desexando
mudar e temos os recentes exemplos de persecución e acoso indiscriminado, vulnerando a
dignidade das persoas de etnia xitana, acontecidos na suposta Francia socialista. Ou as mortes
no Mar Mediterráneo. Ou o sangue que queda nas púas dos valos de Ceuta e Melilla. E os
centos de corpos sen contabilizar que van ao fondo do mar, que xa non é o marem nostrum,
senón o mar da morte.
Unha Europa fortaleza que blinda as súas fronteiras ao mesmo tempo que lanza proclama
baleiras de contido a prol dos dereitos humanos. Unha Europa que non concede asilo, mentres
anima as guerras e os desprazamentos de milleiros de persoas en África e Oriente. Unha
Europa que se arma e constrúe non só unha fronteira mortal no seu perímetro, senón tamén
unha Europa que está erguendo, de forma racista, fronteiras interiores, non só para as persoas
migrantes, senón tamén para persoas pertencentes á comunidade xitana.
Os preto de 10 millóns de cidadáns e cidadás de orixe xitana da Unión Europea (UE), unha
gran parte dos cales viven duras situacións extremas de pobreza, exclusión e discriminación.
14 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
Nun clima de acoso e persecución, asisten á aplicación de procedementos racistas e
xenófobos por parte de institucións de estados membros, alentando así, o racismo quente da
sociedade e negándolle dereitos de cidadanía.
Unha Europa así, racista e xenófoba, armada ate os dentes, aillada con muros e valos, non a
queremos. Por iso, cómpre, ao igual que acontece coa poboación migrante, desenvolver
políticas que garantan os dereitos do pobo xitano.
1.3.1.1. Os dereitos das persoas migrantes
Ratificación e aplicación en todos os estados da Convención Internacional sobre•
Dereitos das Persoas Migrantes e súas familias de 1990.
Protocolos de actuación en todos os estados membro para a non criminalización•
das persoas migrantes e para que se proceda a unha política administrativa de
regularización ordinaria en base ao contrato laboral e ao arraigo e demais
situacións de convivencia.
Impedimento das expulsións colectivas con sancións aos responsables.•
Plenas garantías de dereitos nas políticas de retorno das persoas migrantes aos•
seus paises de orixe.
Establecemento de procedementos normativos e protocolos escrupulosísimos no•
seu cumprimento para o tratamento dos e das Menores Estranxeiros Non
Acompañados, e que partan da Convención Internacional dos Dereitos do Neno
e da Nena.
Directiva de Reagrupamento Familiar: será modificada para que sexa un dereito•
efectivo.
Garantía do dereito sanitario a todas as persoas residentes na UE.•
Medidas contra a trata de persoas que protexan e non penalicen ás vítimas da•
mesma.
Estender os dereitos de cidadanía ás persoas residentes non comunitarias e•
especialmente o dereito de sufraxio activo e pasivo, en igualdade cos
comunitarios, como elemento fundamental de participación e convivencia no
país de residencia.
Derrogación do regulamento de fronteiras da UE.•
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 15
Derrogación da Directiva da Vergoña.•
Por unha verdadeira política de acollida.•
Dereito de asilo.•
Regularización ordinaria.•
Cooperación e solidariedade internacional con persoas procedentes de países•
en conflito.
Supresión dos Campos de Internamento de Estranxeiros.•
1.3.1.2. Os dereitos das persoas xitanas
Esixiremos o cumprimento da Directiva de igualdade de trato (2000/43), da•
Directiva de protección de víctimas de delitos violentos (2012/29) e da
Decisión Marco relativa á loita contra o racismo e a xenofobia (2008/913) e
comprometa a esixir aos Estados membros reforzar aos organismos de igualdade
de trato e garantir a súa independencia.
Aplicar con rigor e garantías o Marco Europeo de Estratexias Nacionais de•
Integración dos Xitanos de Galicia para levar a cabo políticas específicas que
promovan o acceso ao mercado laboral dos grupos máis desfavorecidos; que
garanta a finalización do periodo obrigatorio de educación para o conxunto do
alumnado xitano; que combata a segregación espacial e residencial, que
garanta que os xitanos e xitanas accedan en igualdade de condicións ao sistema
nacional de saúde e que traballe para desfacer os prexuízos e estereotipos e
garantir a non discriminación das persoas xitanas.
Creación dun Grupo de Traballo estable sobre o progreso das políticas que•
afectan á Comunidade Xitana no seo da Comisión LIBE do Parlamento
(Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior).
16 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
1.3.1.3. Os dereitos da emigración intraeuropea
A situación de desfeita política empurra a numerosas persoas a ter que saír de Galicia cara
a outras zonas de Europa. Os perfís son diversos, non obstante podemos destacar os seguintes:
Menores de 35 anos con formación cualificada que queren traballar no que sexa para
aprender idioma e mellorar o perfil profesional.
Maiores de 35 anos con titulación universitaria e maiores de 30 anos con cargas familiares;
Unha emigración anterior dos anos 60 e 70, xa asentada, pero á que se lle seguen negando
dereitos, tal como facemos nós neste país cos demais.
Uns 80.000 mozos e mozas de menos de 35 anos saíron de Galicia nestes últimos cinco
anos (2009-2013), a unha media de 16.000 por ano, desde que Feijóo comezou o seu
quinquenio de austericidio e destrución. Constátase un fenómeno migratorio en constante
progresión, que ten que ver co feito de que máis do 50% da poboación moza estea en
situación de desemprego. Galicia perde as xeracións mellor formadas da súa historia debido
á nula capacidade de creación de emprego por parte da Xunta de Galicia. Por iso compre un
Plan de Medidas Urxentes que facilite o regreso de mozas e mozos a Galicia e de apoio á
investigación moza no país.
Co Tratado de Maastricht e a libre circulación de traballadores e traballadoras deseñouse
o concepto de “traballadores intracomunitarios”, mais a realidade cotiá amosa que son
persoas tratadas como migrantes, con perda de dereitos de cidadanía, que viven situacións
de desarraigo e explotación. Por moito que o edulcoren co termo “mobilidade”, o certo é que
se dan situacións de desesperación.
Por iso, precisamos ter un marco europeo concreto e definido para dar solución aos
problemas destes traballadores e traballadoras en materia cultural (escolarización de fillos e
fillas; homologación de formación e estudos; bolsas dignas para programas de inmersión
lingüística e desenvolvemento profesional e laboral), social (os dereitos adquiridos non se
perden ao cambiar de país: subsidios por desemprego; pensión e xubilación; acceso a unha
sanidade gratuíta) e política (igualdade de dereitos entre todas as persoas; supresión do voto
rogado porque nega o dereito de voto aos emigrantes galegos e galegas nas eleccións
municipais e dificulta o exercicio nas eleccións lexislativas e autonómicas).
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 17
1.3.2. Principios de inclusión activa
Cando menos entre o 20% e o 25% dos Fondos Estruturais debe destinarse a políticas de
inclusión social. A UE ten que poñer en marcha plans de choque contra a pobreza e a
exclusión social e pola inclusión social dos colectivos sociais hoxe máis afectados pola política
austericida.
Ditos plans teñen que acadar niveis básicos de cobertura como, pobreza infantil, persoas
sen teito, fogares sen ingresos mínimos, persoas desempregadas sen prestacións, persoas con
diversidade funcional sen emprego ou prestacións básicas, fogares monoparentais sen
capacidade económica suficiente, vítimas de violencia de xénero sen recursos, persoas
migrantes en situación administrativa irregular, preferentistas sen recursos roubados polos
bancos, persoas da comunidade xitana, etc.
a) Renda básica universal. Ten que ser o noso horizonte; a implantación dun•
novo sistema que garanta o dereito universal a unha renda básica cidadá que
permita vivir con dignidade e dea acceso aos bens indispensables para ter unha
vida digna.
Loitaremos para que se fixe unha Directiva conducente á implantación deste•
modelo en todos os estados membros.
Mentres non se acade: desde o Parlamento Europeo aplicar criterios axeitados•
para desenvolver nos países con maiores índices de pobreza, mecanismos de
garantía de ingresos mínimos que satisfagan as necesidades básicas e vaian
vencelladas a programas de incorporación social que favorezan a non
cronificación das situacións de carencia graves.
b) Salarios laborais dignos garantidos por lei.•
c) Salario mínimo interprofesional de 1000 euros.•
d) Redución e eliminación da pobreza infantil.•
e) Atención ás persoas con diversidade funcional e promoción da autonomía•
persoal garantías do desenvolvemento das directrices da Convención
Internacional das Persoas con Discapacidade ratificada polo estado español no
ano 2008; desenvolvemento garantista da accesibilidade universal e políticas
transversais para a súa correcta aplicación para que en todos os eidos sexa
unha realidade a accesibilidade universal: participación política (importancia
de todo o que acontece cos procesos electorais); perspectiva de xénero;
igualdade de oportunidades; emprego e formación; educación; sanidade; acceso
18 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
aos servizos sociais e á autonomía persoal; cultura, lecer e deportes.
f) Afortalamento e redimensionamento dos servizos sociais como servizo•
público.
Os dereitos sociais garantidos en todos os estados membros como dereitos•
subxectivos, esixibles pola cidadanía ante as administracións públicas
competentes, segundo a estrutura territorial de cada Estado.
Desde a rede pública de servizos aplicarase unha intervención social axeitada•
ás necesidades sociais da poboación en xeral e destinada tamén á inclusión
efectiva das persoas con especiais dificultades, á vida social, empregando o
método e normalización como obxectivo.
As políticas orzamentarias da UE garantirán a dotación suficiente para dar•
cobertura económica aos dereitos subxectivos recoñecidos na nova Carta de
Dereitos Sociais que imos elaborar e aplicar.
1.4. Os servizos públicos universais
1.4.1. Sanidade
Hoxe, as forzas da oligarquía están vulnerando o dereito do pobo a unha sanidade universal
e gratuíta, someténdoa á privatización, aos repagos nas prestacións e aos recortes
orzamentarios e, xa que logo, posibilitando a exclusión sanitaria. Desde as anteriores eleccións
europeas, a saúde da poboación europea empeorou de forma notable, ao mesmo tempo que
diminuían os seus recursos e ingresos. Cada vez hai máis persoas en risco de exclusión
social, o que derivou nun incremento dos problemas de saúde mental. A precariedade
económica trae como consecuencia a malnutrición ou desnutrición que afectan máis á
poboación infantil.
Desde Alternativa Galega de Esquerda propoñemos, entroutras, as seguintes medidas:
Concepto integral de saúde, non só como ausencia de enfermidade, senón como•
benestar físico, psíquico e social, que debe reflictirse nas políticas dedicadas
á saúde e á sanidade.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 19
Dereito á protección da saúde. Toda persoa residente na UE ten dereito a unha•
atención integral e multidisciplinar da saúde, centrada na Atención Primaria,
na prevención e promoción da saúde dentro de un modelo integrado, eficiente
e con financiación, provisión e xestión totalmente públicas. Debe garantirse
unha xestión pública directa.
Equidade en saúde e no acceso á atención sanitaria.•
Rexeitamento dos sistemas de copago ou repago.•
Reforzo e garantía da atención multidisciplinar para a saúde mental, a atención•
á drogodependencia, a atención sociosanitaria e a atención a sectores
vulnerables.
Adecuada cobertura das plantillas en condicións laborais xustas.•
Unha política farmacéutica e de tecnoloxías sanitarias fundamentada as•
necesidades de saúde, non nas necesidades dos mercados, con criterios de
calidade e eficiencia.
A Unión Europea debe garantir:
Cobertura sanitaria universal, global, gratuita, con financiación, provisión e•
xestión públicas. O dereito á protección da saúde con independencia da
situación laboral ou administrativa, incluíndo a asistencia sanitaria, a saúde
pública e a atención sociosanitaria.
Estruturas sanitarias públicas con recursos financeiros, materiais e humanos•
suficientes, priorizando a atención primaria de saúde. Contía mínima de gasto
sanitario público non inferior ao 9% del PIB.
Un sistema de información sanitaria común e homoxéneo, que garanta o•
coñecemento da situación da saúde da cidadanía, e os resultados dos servizos
e políticas sanitarias.
A participación e control social no sistema sanitario e as políticas de saúde.•
Coordinación das políticas sanitarias dos países da UE para que ofrezan unha•
atención sanitaria de calidade en toda Europa.
Reforzo das políticas de saúde pública que promovan un medio ambiente físico•
e social saúdable e sen risco, planificando eliminación de contaminantes e
reforzando os estudos epidemiolóxicos de saúde ambiental, laboral e
desigualdades en saúde.
20 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
Reforzo das políticas de seguridade alimentaria.•
Investigación da saúde orientada a resolver os principais problemas de saúde,•
fomentando o apoio á investigación en enfermidades raras. Incremento de
fondos para a investigación.
Racionalizar a política farmacéutica e o uso de tecnoloxías sanitarias. Creación•
dunha industria farmacéutica e de tecnoloxías sanitarias pública europea.
Abogamos pola eliminación de patentes privadas e polo fomento de uso de
medicamentos xenéricos e emprego de monodoses.
Reforzo dos servizos de saúde mental cun enfoque bio-psico-social da•
enfermidade.
Reforzar os dispositivos sociosanitarios e rehabilitadores, con axudas para•
manter ás persoas pacientes con enfermidades máis severas na súa contorna
social e familiar.
Atención ao dereito á saúde sexual e reprodutiva de toda a cidadanía con•
cobertura pública, en anticoncepción, prevención de embarazos non desexados
e interrupción voluntaria do embarazo. Reprodución asistida. Reasignación de
sexo.
Dereito a unha morte digna e aos coidados paliativos dentro do sistema sanitario•
público, homoxeneizando criterios e lexislación e con respeto á vontade dos
pacientes.
Apoio a sectores vulnerables. Garantir o tratamento e atención das persoas con•
VIH, potenciar a investigación pública no desenvolvemento de fármacos e
terapias respecto ao VIH/sida. Garantir o acceso á alimentación das persoas
con necesidades nutricionais especiais.
Derrogación da Directiva 2011/24/UE (relativa á aplicación dos dereitos das•
persoas pacientes na asistencia sanitaria transfronteiriza) e a súa substitución
por unha lexislación que, garantindo os dereitos da cidadanía da UE, prohiba
que se podan pagar prestacións en centros privados con fondos públicos.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 21
1.4.2. Educación
1.4.2.1. Unha educación pública de calidade para a igualdade
A educación é un dereito humano fundamental e un alicerce básico das sociedades, porque
favorece a emancipación e a cooperación dos pobos e contribúe a que toda a cidadanía sexa
máis libre, máis crítica e con menos desigualdades.
Por esta razón, desde AGE entendemos que a educación debe ser un dos principais criterios
de converxencia na construción dunha Europa dos pobos máis igualitaria, máis democrática,
máis solidaria e máis integradora da diversidade.
Defendemos unha educación pública europea de calidade: gratuíta, igualitaria, coeducativa,
laica, personalizada, integral, inclusiva e democrática, por ser a educación pública a única que
garante a igualdade de dereitos e oportunidades para todos e todas; promove a participación
democrática dos distintos sectores implicados no proceso educativo; respecta a liberdade de
conciencia e de crenzas; atende á diversidade do alumnado e comprométese co interese
común e o servizo público, á marxe de intereses particulares ligados ao adoutrinamento
ideolóxico ou ao negocio económico das escolas privadas.
A escola pública debe ser, para todos os pobos de Europa, un lugar de encontro entre as
culturas que coexisten nunha sociedade cada vez máis multicultural, como unha premisa
necesaria do auténtico desenvolvemento dunha educación para a paz, en igualdade de xéneros
e respectuosa coa diversidade afectivo-sexual.
Todo isto está en serio perigo. As forzas do capitalismo precisan dun sistema educativo
vulnerable, que promova valores de competitividade. Perseguen unha escola empresarializada,
tecnocrática, onde o valor supremo veña dado polas clasificacións numéricas, como as que dá
o Informe Pisa. Queren unha escola pública que adopte non só métodos da empresa, senón
que queren impoñer todo un funcionamento antidemocrático dos órganos xestores e das
institucións que artellan a Comunidade Educativa.
Iso foi o que se coou co Plan Boloña no sistema universitario e coa LOMCE recentemente
aprobada, no sistema educativo non universitario. O dano para a educación pública en Galicia
será irreparable para as vindeiras xeracións se non logramos parala.
Para iso, dende AGE facemos as seguintes propostas:
Elaboración dunha Carta de Dereitos Europeos sobre Educación, que garanta o•
exercicio do dereito á educación en condicións de igualdade para todos os
22 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
pobos de Europa, e que inclúa unha declaración expresa contra todo tipo de
adoutrinamento relixioso no ámbito escolar, así como a prohibición dos
símbolos relixiosos nos espazos públicos educativos.
Establecemento dunha contía mínima de investimento público en educación•
(en torno ao 7% do PIB) en todos os sistemas educativos europeos, e
constitución dun fondo de cohesión educativo que corrixa os desequilibrios e
desigualdades territoriais.
Instauración dunha rede planificada e suficiente de centros de titularidade e•
xestión pública en todos os países da UE, que atenda a demanda educativa en
todas as diferentes etapas e modalidades e conte con todos os recursos e
servizos necesarios.
Creación do Consello Escolar Europeo, como órgano de participación•
democrática da comunidade educativa da UE, que analice, propoña medidas e
coordine o sistema educativo europeo.
Establecemento en toda a Unión Europea do período obrigatorio de•
escolarización, cunha duración de, cando menos, doce anos para o ensino
básico común, e que teña en previsión facilitar a permanencia no sistema
educativo ata os 18 anos.
Homologación da educación infantil que garanta o seu carácter plenamente•
educativo (non meramente asistencial) e a creación de prazas públicas
suficientes de 0 a 3 anos, para atender a demanda existente nas distintas
nacións da UE.
Redución en todos os Estados da ratio a 20 estudantes por aula (15 en infantil),•
como máximo nas ensinanzas obrigatorias, tendendo progresivamente aos 15
para poder desenvolver un ensino realmente personalizada.
Gratuidade do material didáctico, incluídos libros do alumnado, para garantir•
a gratuidade real da educación obrigatoria.
Desenvolvemento dun sistema integral de bolsas e axudas ao estudo e•
establecemento da gratuidade dos comedores escolares, e do transporte escolar
en zonas rurais, en todos os países da UE.
Plan de choque contra o abandono escolar prematuro e pola mellora da•
educación e da formación naqueles países con altos índices de fracaso escolar,
dirixido prioritariamente a compensar desigualdades de orixe social ou cultural
nos distintos países da Unión, impulsando cambios curriculares, metodolóxicos
e organizativos que permitan dar resposta á diversidade e incorporando novos
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 23
perfís profesionais na escola: de educación social e de traballo social, de
mediación intercultural, etc. que apoien a tarefa educativa, para que todos e
todas poidan aprender con éxito.
Fomento dos programas de intercambio en Educación Secundaria (tipo•
Erasmus), tanto na modalidade de Formación Profesional como de Bacharelato.
Homologación da formación inicial para a función docente, de modo que facilite•
o intercambio e a mobilidade, e requira unha titulación equivalente de polo
menos 4 anos de formación universitaria para calquera das etapas educativas,
e un período de carácter práctico de polo menos de dous anos de formación
centrado nos centros educativos.
Integración e homologación europea da Formación Profesional, Ocupacional e•
Permanente cuxa articulación estea coordinada nun Consello Europeo da FP
operativo e funcional.
Extensión e recursos suficientes para a formación permanente.•
Destino do 0,7% dos orzamentos de educación a proxectos educativos de•
cooperación en países empobrecidos.
Homologación europea dunha materia obrigatoria para todo o alumnado, de•
carácter laico e non confesional, de Educación para a Cidadanía Democrática
e os Dereitos Humanos, con horario e profesorado específico.
1.4.2.2. Universidade
A construción social europea ten que basearse nunha converxencia real que garanta de
forma efectiva os dereitos sociais de toda a poboación. Esta converxencia debe realizarse
tamén na educación superior, pero non pode limitarse a unha mera homologación formal dos
niveis de titulación superior e a unha unidade de medida dos estudos superiores, senón que
require unha efectiva dotación de recursos que a faga posible.
A educación é un dereito universal, e por tanto se ten que garantir a chamada dimensión
social do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), de modo que todo estudante poida
completar todos os seus estudos superiores sen obstáculos relacionados coa súa orixe
socioeconómica.
24 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
A educación superior debe orientarse a potenciar o desenvolvemento persoal e profesional
das persoas, e a súa contribución a unha sociedade xusta, sostible e democrática.
Defendemos, xa que logo, a renovación pedagóxica necesaria para promover unha aprendizaxe
máis activa do estudantado que permita estimular a súa capacidade de crítica, investigación
e innovación. Para iso, as Universidades europeas teñen que desempeñar o seu papel esencial
na formación cultural, científica e profesional sen subordinarse á lóxica do mercado e
promovendo unha cooperación non competitiva con Universidades de todo o mundo, mediante
o financiamento público necesario.
Por todo iso:
Hai que reverter os procesos de privatización e subordinación da Universidade•
ao mercado, amparados no Proceso de Bolonia e o principio de competitividade
propugnado no mesmo, rexeitando tamén a apropiación privativa da
investigación financiada con fondos públicos.
O certo é que o denominado “Plan Boloña” non funciona. Os sistemas•
universitarios nacionais reproducen na súa maior parte as clases sociais e hai
unha catástrofe financeira causada pola tendencia a adoptar medidas de
compatibilidade e de austeridade en todos os Estados.
Defendemos unha transformación profunda da Universidade Europea,•
entendida como servizo público aberto a toda a cidadanía, que non busque a
competitividade, senón a calidade e a cooperación ao servizo dun mundo máis
xusto e equitativo.
Avogamos, en consecuencia, pola gratuidade da educación superior en todos os•
seus ciclos, e opoñémonos ao incremento dos prezos dos estudos universitarios
de calquera nivel.
Esiximos financiamento público suficiente non só para acometer realmente as•
transformacións pedagóxicas e curriculares necesarias, senón sobre todo para
garantir un sistema de bolsas-salario e axudas ao estudo que asegure que todo
estudante poida completar todos os estudos universitarios sen obstáculos
derivados da súa orixe socioeconómico. Para iso requírese incrementar os
fondos destinados ás universidades públicas ate acadar o 2% do PIB.
Rexeitamos toda pretensión de mercantilizar a educación superior, xa sexa•
facendo descansar o seu financiamento nas achegas de empresas privadas, ou
mediante a apropiación privada dos recursos públicos, a través de mecanismos
como as spin-off (transferencia de investigación financiada con fondos públicos
a empresas privadas), establecendo mecanismos para que a transferencia de
coñecemento tecnolóxico sexa de dominio público, de pública dispoñibilidade,
non un negocio privado.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 25
Propoñemos a representación autenticamente democrática de todos os sectores•
universitarios nos órganos de goberno das Universidades europeas,
reequilibrando a súa representación e incrementando en particular o peso do
estudantado, e achegando unha xestión desta institución que responda a
obxectivos formativos e non mercantilistas.
Apoiamos os movementos de estudantado e traballadores e traballadoras por•
devanditos obxectivos e en defensa dunha Universidade pública, democrática
e ao servizo das necesidades sociais en todo o ámbito europeo.
Os cambios e melloras necesarias das Universidades europeas só serán posibles•
cunha ampla participación consciente e activa de toda a comunidade
universitaria: estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos.
1.4.2.3. I+D+i: converxer cara a unha Europa de Iguais
A Investigación científica, o Desenvolvemento tecnolóxico e a innovación no traballo (I+D+i)
son ámbitos fundamentais para un desenvolvemento social e ecolóxicamente sostible. E as
políticas comunitarias de I+D+i deben ser ferramentas para fomentar o desenvolvemento
equilibrado do conxunto dos países europeos e para a súa cohesión social, entendida como
alicerce básico da UE.
O balance actual é contraditorio: se en investigación e innovación deuse inicialmente un
impulso ao amparo do Programa Marco de Investigación, actualmente, coa escusa da crise,
estanse aplicando recortes en I+D+i que están abafando o sistema científico. Pero máis grave
aínda, estase producindo un franco retroceso no fortalecemento da base de coñecemento en
que se apoia a Unión: o nivel de investimento en educación segue sendo demasiado baixo; o
aproveitamento das oportunidades de aprendizaxe permanente é limitado; e segue sendo alto
(especialmente nos países do sur) o número de mozos e mozas que abandonan os seus estudos
sen cualificación algunha, ou só con cualificacións elementais.
Galicia, como nación periférica da UE, foi sometida a un proceso salvaxe de
desindustrialización e descapitalización crediticia (perda das caixas e venda de
Novacaixagalicia a capital estranxeiro), e a unha política de desincentivación económica que
implicou a perda de preto de 6.000 empresas do sector tecnolóxico entre o 2008 e o 2012.
En consecuencia, as prioridades neste ámbito pasan por aumentar o investimento en
coñecemento, reforzando os campos da investigación, a innovación, a educación e a formación
permanente.
26 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
Para iso AGE realiza as seguintes propostas:
Investimento en I-D+i de acordo á media dos países da UE, pasando do actual•
0,87% do PIB para achegarnos á media europea do 2,2% do PIB.
Desenvolvemento dunha política de innovación e da investigación como piares•
do futuro de Galicia e dun modelo produtivo viable e respectuoso cos
parámetros da ecoloxía social.
Apoio á creación de redes e centros europeos de calidade en investigación e•
educación, mellorando a dimensión europea da aprendizaxe permanente co
recoñecemento de cualificacións e aptitudes; creando títulos, certificados e
diplomas europeos; e establecendo normas mínimas comúns de calidade na
educación e a formación.
Garantir o carácter público do resultado de investigacións financiadas con•
fondos públicos, rexeitando a apropiación privada de recursos públicos. Os
resultados da investigación científica e tecnolóxica subvencionada con fondos
públicos, deben ser de libre utilización e difusión, así como tamén aquelas que
afecten a necesidades básicas (como medicamentos, etc.).
Prioridade na investigación e aplicación de tecnoloxías que melloren o emprego•
en función da relación innovación/volume-calidade do emprego xerado.
Promoción da investigación asociada a modelos de decrecemento e
sostibilidade medioambiental: protección do medio ambiente, enerxías
renovables e limpas e saúde laboral.
Recuperación dos criterios de cooperación fronte ao de competitividade na•
política tecnolóxica e industrial comunitaria.
Desenvolvemento de tecnoloxías xenéricas e respectuosas co medio ambiente,•
que permitan mellorar a calidade de vida nas contornas urbanas e rurais.
Políticas de difusión activa deseñadas para casos específicos (PEMEs, rexións
menos favorecidas, sectores tradicionais).
Democratización da xestión dos programas de I+D+i. Crear as condicións para•
que aumente o investimento do conxunto da sociedade en investigación, mais
mantendo sempre niveis elevados de financiamento público da investigación en
campos prioritarios. Limitación do papel dos grandes grupos industriais na
orientación da política tecnolóxica, que se baseará ante todo en criterios de
rendibilidade social.
Recuperación e fomento da investigación en temas socioeconómicos, con•
especial énfase en estudos de fenómenos de marxinación e exclusión social,
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 27
emigración, discriminación, consecuencias sociais do paro e da precariedade
laboral. Avaliación do impacto social das políticas de redución do investimento
público e de desregulación das condicións de traballo.
Avaliación do impacto das tecnoloxías sobre o emprego, a calidade de vida e o•
medio ambiente. Estudos sobre acumulación desmedida de riqueza, ou outros
análogos que permitan evidenciar a xénese e permanencia das desigualdades.
Aplicación do principio de precaución na avaliación de todos os programas•
europeos, e especialmente nos de Biotecnoloxía, Medio Ambiente e Enerxía.
Inclusión da cohesión como criterio relevante para a selección de prioridades•
e avaliación de propostas de investigación, dando especial importancia ás que
poden resolver problemas da sociedade nas rexións menos desenvolvidas.
Xeración de Políticas integradas de participación en proxectos europeos e•
nacionais. Redistribución do esforzo investigador que integre as demandas en
I+D+i de todos os países membros.
Fomento de conferencias de consenso e da participación cidadá nas decisións•
tecnolóxicas: financiamento, uso e aplicación das tecnoloxías xeradas.
Extensión dos programas de avaliación tecnolóxica e de difusión de prácticas
consideradas modélicas polos seus beneficios sociais.
Cooperación científica e tecnolóxica cos países do Terceiro Mundo.•
Recuperación do criterio de cooperación ao desenvolvemento e inclusión dos
países do Sur, especialmente os do Mediterráneo, África e América Latina,
dentro dos obxectivos e políticas de cooperación científico-tecnolóxica.
Orientación dos recursos de I+D+i a aplicacións civís, descartando o modelo de•
desenvolvemento vía innovación militar. Aprobación dunha Lei europea de
Obxección Científica que legalice a crecente oposición dos científicos europeos
a traballar en programas de Defensa Militar.
Posta en marcha dunha liña de axudas financeiras europeas para o•
desenvolvemento de proxectos de investigación que respondan ás demandas
das organizacións sociais: sindicatos, asociacións de veciños, consumidores,
ONGs, organizacións ecoloxistas, pacifistas, etc.
Para concretar esta aposta, AGEe propón elaborar un programa-marco europeo en políticas
educativas e de I+D+i, baseado nos principios básicos da esquerda alternativa: unha
educación pública, democrática e laica de calidade; un sistema científico-técnico que
28 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
sustente un desenvolvemento social e ecolóxicamente sostible; un modelo que contribúa á
extensión da cultura científica indispensable para elixir e decidir o modelo social en que
queremos vivir.
1.4.3. Servizos sociais
Para a Alternativa Galega de Esquerda en Europa os servizos sociais deben ser públicos e
garantir entroutros aspectos os seguintes:
A protección social é unha responsabilidade pública.•
Os servizos e prestacións sociais terán como soporte un sistema público de•
atención, cunha rede axeitada que permita cubrir en pé de igualdade a
diversidade territorial e funcional da poboación cunha equidade básica para
toda a cidadanía.
Os dereitos sociais básicos deben estar garantidos en todos os estados membros•
como dereitos subxectivos, esixibles pola cidadanía ante as administracións
públicas.
Desde a rede pública desenvolverase unha intervención social axeitada ás•
necesidades sociais da poboación en xeral e destinada á inclusión das persoas
con especiais dificultades, utilizando a integración como método e
normalización como obxectivo.
As políticas orzamentarias garantirán a dotación suficiente nos países membros•
para dar cobertura económica aos dereitos subxectivos recoñecidos na nova
Carta de Dereitos Sociais, impulsando fondos europeos para a cohesión social.
Elaboración e aplicación dunha Carta de Dereitos Sociais para a Cidadanía da•
Unión Europea, como desenvolvemento específico da vixente Carta de Dereitos
Fundamentais.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 29
1.4.4. Vivenda e cidade ecolóxica
“Os Estados Partes recoñecen o dereito de toda persoa a un nivel de vida axeitado
para sí e a súa familia, incluso alimentación, roupa e vivenda axeitados, e a unha
mellora continua das condicións de existencia. Os Estados Partes tomarán medidas
apropiadas para asegurar a efectividade deste dereito, recoñecendo a este efecto
a importancia esencial da cooperación internacional fundada no libre
consentimento.”
Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PIDESC)
O estourido da burbulla inmobiliaria segue manifestando as súas devastadoras
consecuencias no pobo galego e nos do sur de Europa. A estafa hipotecaria producida por
decenios de políticas neoliberais en Galicia, no Estado e en Europa está xerando unha
vulneración sistemática de dereitos fundamentais, coa súa faciana máis dramática nos
desafiuzamentos masivos e no sobreendebedamento das familias. Estes anos demostraron
que deixar o dereito a unha vivenda digna en mans do mercado destrúe este dereito e,
ademais, non supón unha actividade ecnómica sustentable nin xeradora de emprego estable,
senón un negocio depredador, especulativo e voraz.
Desde Alternativa Galega de Esquerda en Europa queremos un modelo de cidade e de
territorio máis ecolóxicos:
1.- A vivenda é un dereito fundamental que debe ser garantido e protexido polas
administracións públicas.
O parque de vivendas públicas debe ter consideración de Servizo Público, tan•
importante como a educación ou a sanidade. A vivenda pública, como servizo
público, non pode venderse nin privatizarse.
Prohibición de que as administracións públicas desafiucen dos seus parques de•
vivenda.
Fomentar o acceso á vivenda desde o cooperativismo, e novas formas de•
tenencia, fortalecendo o alugueiro.
Establecer unha bolsa de vivendas baixo control público que estean destinadas•
a dar habitación a quen foi expulsado da súa vivenda.
30 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
2.- A loita contra os desafiuzamentos, a fraude financeira e a quita hipotecaria
Reformar as leis estatais adoptando as medidas da ILP para a Proposición de•
lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e de
alugueiro social.
Modificar a lei de protección ao consumidor hipotecario, para que sexa garante•
de seus dereitos.
Crear a Oficina do Defensor das familias endebedadas, de forma que se•
restruturen os préstamos hipotecarios mediante una negociación. España debe
abordar a quita hipotecaria.
3.- A dignificación da vivenda, as políticas públicas para a rehabilitación da
vivenda.
4.- O dereito á cidade, un espazo público para a cidadanía. A Cidade como dereito
á vivenda, á mobilidade e ao espazo público.
5.- Disolución das ferramentas pensadas para garantir a taxa de ganancia da
oligarquía a costa do espolio ao pobo:
Disolución de la SAREB (Sociedad de gestión de activos procedentes de•
la reestructuración bancaria).
Disolución das SOCIMIS (sociedades cotizadas de investimentos no•
mercado inmobiliario) que buscan o investimento de fondos estranxeiros
e institucional no mercado inmobiliario e que tributarán ao 0%. Privilexios
inaceptables para os grandes grupos económicos que especulan con este
ben de primeira necesidade.
Derrogación da Lei de flexibilización do mercado do alugueiro, que•
precariza e prexudica a inquilinas e inquilinos, favorecendo aos grandes
propietarios e acaparadores de vivendas baleiras.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 31
1.3.5. Xustiza
Defendemos un modelo de xustiza como servizo público garantido a nivel da Unión Europea,
e para iso desde AGE en Europa propoñemos:
Mellorar o acceso directo da cidadanía ao TXUE.•
Garantía de acceso gratuíto a todas as persoas que viven na UE, incluíndo todas•
as instancias xudiciais.
Derrogar as reformas lexislativas regresivas da UE que recortan dereitos•
fundamentais e liberdades das persoas baixo a retórica da seguridade e a loita
contra o terrorismo.
Derrogar as “listas de terroristas” da UE.•
Rexeitamento dos principios mercantilistas do dereito comunitario e da doutrina•
do Tribunal Europeo de Xustiza consistente na aplicación do “principio de país
de orixe”. A consecuencia do mesmo é a aplicación da lexislación do país do
empresario e non do traballador buscando evadir a aplicación de convenios
colectivos e demais lexislación laboral máis favorable para o traballador e
traballadora.
Protección e impulso do principio de xustiza universal a nivel europeo.•
Reforzar a lexitimidade de sindicatos e movementos sociais para a defensa dos•
dereitos e intereses a que representan no eido da Unión Europea.
Control e elección dos membros do Tribunal de Xustiza polo Parlamento•
Europeo.
Protección dos principios e dereitos da Declaración Universal de Dereitos•
Humanos e tutela destes dereitos a nivel europeo.
Implantación da Oficina Xudicial Europea co fin de asesorar e informar á•
cidadanía respecto aos dereitos e trámites para facer máis accesible a xustiza
na UE.
32 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
Ampliar competencias do Defensor do Pobo Europeo para que poda investigar•
sobre vulneración de dereitos fundamentais e con capacidade sancionadora.
Creación dun Relator de Dereitos Humanos na Unión Europea.•
Ampliar a Carta de Dereitos Sociais e Laborais da Unión Europea para que sexa•
vinculante xuridicamente.
Directiva sobre Asistencia Xurídica Gratuíta Europea.•
Directiva sobre Participación, consulta e negociación colectiva dos traballadores•
e traballadoras na Unión Europea.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 33
DEMOCRACIA E PARTICIPACIÓN
2.1. Un proceso constituínte para unha Europa dos Pobos e
da Cidadanía
Hoxe, dentro do marco institucional da actual Unión Europea, sería imposible artellar un
proxecto alternativo. Temos claro desde Galicia que temos que transformar o marco que regula
e impón as normas e iniciar un proceso constituínte: se reformulamos totalmente as
institucións de goberno europeas, se nelas entra de verdade a democracia e se fai delas
órganos que representen de verdade a vontade de todos os pobos de Europa...entón,
deberíamos resolver a ecuación a respecto da soberanía popular e estarmos en Europa. Un
estarmos compartido dentro dun novo cadro de relacións de cooperación.
O proceso constituinte supón como mínimo a convocatoria dunha Asemblea Constituínte
Europea elexida por sufraxio universal para determinar unha arquitectura democrática do
parlamento, goberno simplificado e demais institucións europeas.
Esta proposta significa que queremos un gran debate público para que os pobos de Europa
decidan que tipo de integración desexan e sobre que piares políticos, económicos e sociais.
Mais, somos coñecedores da correlación de forzas hoxe existente. Por iso, é preciso pensar en
alternativas de integración diferentes ás actuais. Tendo en conta as compartidas condicións
estruturais das economías do sur de Europa, abrazadas polo Mediterráneo, é necesario
comezar a artellar novas forzas e proxectos políticos transfronteirizos que garantan relacións
comerciais xustas e solidarias. Estas alianzas dentro da UE poden servir para afortalar a
oposición ao proxecto neoliberal, e fóra da UE poden ser o punto de inicio de verdadeiros
proxectos alternativos no eido institucional e económico.
34 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
En palabras de Alexis Tsipras:
“O obxectivo estratéxico é contribuír ao desenvolvemento dun diálogo substantivo
con todas as forzas progresistas da esquerda de Europa para crear de forma
conxunta unha liña efectiva de resistencia contra as elites neoliberais e unha
proposta positiva de saída que permitir´a máis ampla alianza das forzas populares.
Especialmente nos países do sur de Europa que se enfrontan a dificultades grandes
e comúns, un diálogo sincero entre as forzas progresistas e da esquerda e a máis
ampla alianza dos pobos é unha condición indispensable das fendas políticas da
austeridade, para a saída da recesión e para o impulso das reformas que
establecerán a democracia, e a cooperación equivalente en Europa”.
2.2. A cidadanía e as institucións: democratización e
soberanía popular
Unha cidadanía que poda intervir na toma de decisións. Para iso deben implementarse
cambios na Iniciativa Cidadá Europea, un auténtico regueiro de atrancos hoxendia. Son moitas
as medidas que cómpre poñermos en marcha nada máis chegarmos ás institucións europeas:
Novo marco normativo para unha nova construción europea:
Eliminación do Tratado de Maastricht, do Pacto de Estabilidade, cooperación•
e gobernanza asi como o de control financeiro e orzamentario.
Democratización das institucións europeas.•
Reforzar o rol do Parlamento Europeo fronte á Comisión. O poder lexislativo ten•
que estar en mans de órganos elexidos de forma democrática polos pobos de
Europa.
Plan integral contra a corrupción (contratos públicos, financiamento dos•
partidos, aforamentos, teitos salariais, revogación de cargos, gastos de campaña
electoral, acceso ós medios públicos...)
Participación cidadá.•
Transparencia.•
Democracia 2.0.•
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 35
Inviolabilidade das comunicacións.•
Debates públicos e referendos sobre os asuntos de importancia.•
Iniciativas lexislativas populares europeas.•
Control dos representantes políticos.•
Orzamentos participativos.•
Referendos e consultas populares. Regulamentación das ILP europeas.•
Creación dunha canle de televisión temática sobre a actividade parlamentaria•
e lexislativa europea. Libre acceso dos medios a todas as xuntanzas e
negociacións relevantes.
Sistema dixital de consulta cidadá.•
Uso obrigatorio do programario informático libre nas administracións públicas•
europeas.
Gobernabilidade e cooperación.•
Devolución do poder orzamentario aos parlamentos nacionais, que á súa vez•
han ter o poder de regular, controlar e participar nas decisións da UE
ratificación democrática obrigatoria en Referendo dos tratados e medidas que
afecten á Constitución dos Estados membros, particularmente, sobre
intervencións militares, tratados de comercio que modifiquen a normativa de
protección social e ambiental vixentes.
En xeral, o programa de AGE en Europa fai súas as Recomendacións•
presentadas pola Alianza EYCA de organizacións da sociedade civil sobre
Cidadanía Democrática Europea.
36 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
ECONOMÍA E EMPREGO
Estamos ante as consecuencias dun modelo voraz, dun capitalismo que procura o crecemento
económico como sexa, de forma insustentable e mesmo incoherente. Pero non caiamos no
erro, habitual, de pensar que o capitalismo está tocado de morte. En efecto, na súa voadura
está desmantelando todo o estado de benestar, todos os servizos públicos esenciais e todo a
través da implementación de leis e normas que regulan o proceso produtivo e económico no
seu beneficio: unha regularización oligárquica de Europa.
Non é preciso insistir na idea de que a UE realmente existente non representa un artellamento
solidario das economías nacionais, e menos aínda a construción dunha Europa social, senón
que se converteu no taboeiro de xogo que deseñaron os grandes capitais europeos para
afortalar a súa posición en todo o mundo.
Dentro deste taboeiro impúxose unha ilóxica e destrutiva competencia entre os pobos que
forman parte da UE. Unha competencia que se aplicou sobre salarios, cada vez máis á baixa,
coa perda de poder negociador das organizacións da clase traballadora. Galicia, dentro desta
óptica, é a que sae perdendo.
3.1. Economía
Rexeitamos os acordos contidos nos documentos da Estratexia Europa 2020, porque emanan
do marco de competitividade e privatización de servizos. A Estratexia Europa 2020 non é
outra cousa que a continuación daquela mal chamada Constitución Europea, negada por
Francia e Holanda, mais que se coou pola porta de atrás da democracia en Lisboa. Baixo os
eufemismos que expresan as liñas das súas conclusións está a vontade do capitalismo salvaxe
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 37
de seguir coa súa folla de ruta. En nós, en Galicia como parte activa deses pobos de Europa,
está impedir que siga adiante esta estratexia capitalista que só quere desmantelar o ben
público e privatizalo.
De feito, o Mercado Único Dixital que se quere crear diríxese e explota a súa forza, baixo a
máscara lingüística da (suposta) innovación, na privatización de servizos e, para iso, queren
eliminar a capacidade protección dos pobos poñendo en marcha unha regulamentación para
uso e beneficio dos que dominan o sector de servizos privados.
Ademáis, baixo o chamado Mecanismo Único de Supervisión agóchase unha realidade que
pode ter consecuencias moi perigosas: a entrega da nosa soberanía política e económica aos
órganos non democráticos de Europa en aras do control do déficit, que é o que explica a
política de recortes nos distintos orzamentos “supervisados” desde Europa. De novo, o
horizonte se tingue de diñeiro público para a banca privada (recapitalización dos bancos a
través do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE)) e de máis restricións orzamentarias
para os pobos. De feito, preocupan os anuncios sobre dúas directivas que se van a elaborar:
a Directiva sobre rescate e resolución bancarios e a Directiva relativa aos sistemas de garantía
de depósitos.
3.1.1. Sistema financeiro
Un novo rol para o banco central europeo.
Control democrático do bce: debe ser unha ferramenta ao servizo da cidadanía.
O poder de emisión de moeda debe financiar proxecto dirixidos a crear emprego digno
(industria, investigacion, e novos modelos de produción) e de servizos públicos nacionais e
europeos.
As diferentes economías nacionais deben ter o apoio dun banco central para que podan poñer
en marcha políticas a favor das maiorías sociais, e que funcione como prestamista de última
instancia.
Crédito como ben público = sen interés, con cargos análogos á inflación para a xestión dos
gastos.
Bloqueo dos movementos de capitais entre a ue e os paraísos fiscais.
Control público dos bancos, creación de consorcios públicos bancarios e separación das
38 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
actividades comerciais das de aforro nos bancos.
Nova regulación europea dos instrumentos de investimentos colectivos, como as sicav, para
evitar que sexan fórmulas de elusión fiscal. En concreto, a participación individual de cada
socio non debería ser inferior ao 5% do capital.
Loita contra a fraude fiscal.
Eliminar o segredo bancario.
Favorecer o desenvolvemento de fondos mutualistas e cooperativos sen finalidade lucrativa.
unha banca pública, con control da cidadanía.
Debemos crear unha banca pública europea, de desenvolvemento social e solidario e con
control da cidadanía. Esta banca debería distribuír os recursos financeiros destinados a
proxectos europeos baseados en criterios sociais e medioambientais. Os fondos provirían do
BCE, do orzamento da UE e das taxas sobre transaccións e ingresos financeiros, libraría os
investimentos públicos nos mercados financeiros e remataría coa especulación. Loxicamente,
prohibición absoluta da súa posterior privatización.
Prohibición de produtos financeiros altamente especulativos, coma os credit default swap.
3.1.2. Fiscalidade
Os orzamentos da UE. Pensados para a solidariedade, para axudar ás persoas e aos pobos que
pasen máis dificultades. Deben ser o instrumento que permita reducir as desigualdades sociais
entre os pobos de Europa.
Non aceptaremos os recortes nas disposicións orzamentarias destinadas ás persoas en
situación de risco.
Redistribución xusta da riqueza. Progresividade: quen máis ten debe achegar máis para a
caixa común. Proponse a imposición dunha taxa europea excepcional para as grandes fortunas
co obxecto de financiar un plan europeo de recuperación económica. Taxa sobre os beneficios
bancarios.
Imposto sobre transaccións financeiras (Taxa Tobin).
Loitar contra o dumping fiscal: establecer unha armonización fiscal xusta.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 39
Sistema fiscal xusto en cada país e a nivel europeo.
Non se inxectará diñeiro público ás empresas con beneficios que despidan traballadores e
traballadoras.
As axudas públicas ás empresas condicionaranse en función da creación de empregos dignos,
estables, de criterios sociais e medioambientais.
Axencia Pública Europea de Rating.
3.1.3. Un novo modelo produtivo
O futuro ten que contemplar os límites da Nai Terra, ten que respectar o ecosistema en que
traballamos. Para iso, os procesos de creación de emprego industrial teñen que ter moi en
conta o tipo de industria (atenderá a criterios de demanda), que deberá asentarse en sectores
sustentable e na participación de traballadores e traballadoras na súa propiedade e na súa
xestión.
Para Alternativa Galega de Esquerda será prioritario establecer os piares dun novo modelo
produtivo baseado no mercado interno e na demanda doméstica:
Potenciando o aforro enerxético e a eficiencia.•
A rehabilitación e o illamento de vivendas.•
Un novo modelo comarcal de RSU asentado na reciclaxe e na compostaxe.•
Potenciando as enerxías renovábeis e a nacionalización e o carácter de servizo•
público da enerxía.
Traballando para asentar a agricultura ecolóxica e a produción de bens e•
servizos de proximidade, evitando a pegada ecolóxica derivada do excesivo uso
do transporte de mercadorías.
Instaurando mecanismos que garantan a soberanía alimentaria, tal como a•
regulación dos mercados agrarios, stocks reguladores e medidas contra a
especulación.
Promovendo emprego local coa creación de cooperativas agrícolas que permitan•
unha distribución local dos produtos, reducindo os intermediarios de forma
40 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
progresiva e achegando os lugares de produción e consumo, combatendo o
modelo agroindustrial, e con axudas para o pequeno comercio.
•
Garantir a titularidade e o control público dos recursos naturais (auga, enerxía),•
bens (infraestruturas) e servizos estratéxicos (pensións, educación e saúde,
xunto cun parque público de vivendas suficiente para garantir o dereito
constitucional, e aqueles de interese público ou común para garantir que o
dereito a decidir da cidadanía sexa merecente de tal nome; todos os servizos
declarados de primeira necesidade deben ser 100% públicos.
3.9. desenvolvemento de políticas que aposten pola recuperación dos•
ecosistemas agrarios e da beiramar, pola ordenación do territorio, a protección
da liña costeira e a fixación de poboación no medio rural e mariñeiro.
Evitar a concentración da actividade naval en mans duns poucos países e•
levantar o veto para que Navantia poda dedicarse á construción naval civil en
Ferrol.
Cómpre avanzar no control público e democrático dos sectores estratéxicos da•
economía europea. Paso importante para pensar e repensar cales son os nichos
de produción que interesa desenvolver e estender e cales interesa non proseguir
con eles debido aos seus elevados costes enerxéticos, medioambientais e
sociais, asi como ver a maneira de producir de forma cooperativa entre os
pobos, en vez de competir de forma descarnada.
Os programas de innovación e desenvolvemento deben ser os motores•
fundamentais do cambio no modelo produtivo. Todas as economías europeas
han transitar cara a estruturas produtivas de alto valor engadido.
Programa de retorno da mocidade investigadora que tivo que exiliarse do país.•
3.2. Emprego
Novos poderes á clase traballadora permitindo que decida sobre o sentido e a organización do
seu traballo, para organizarse nas empresas, para o control social dos medios de produción.
Traballadores e traballadoras e os seus representantes deben ter dereito de veto nas instancias
de dirección das empresas sobre os proxectos especulativos, as restruturacións e as
deslocalizacións. Desexamos instrumentos que permitan aos traballadores e traballadoras
loitar contra a precariedade na súa empresa.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 41
Restablecemento dos convenios colectivos.
Defensa dos marcos de negociación sindical e loitar contra a represión anti-sindical.
Abolición das recentes reformas laborais. Rexeitamos a Directiva Europea sobre xornada
laboral que permite a flexibilidade total. Estamos en contra da Estratexia de Lisboa e da
flexiseguridade e empregabilidade aí establecidas.
Limitación por unha Directiva Europea da xornada de traballo a 35 horas en cómputo semanal,
sen redución de salario, e a adopción de medidas eficaces para limitar a realización de horas
extraordinarias.
Todos os postos de traballo deberán cumprir cos estándares da OIT: salario digno; seguridade
no lugar de traballo e protección social para as familias; mellores perspectivas de
desenvolvemento persoal e integración na sociedade; liberdade para a expresión de opinión,
organización e participación nas decisións que afectan ás súas vidas, igualdade de
oportunidades e trato para todas as mulleres e homes.
Política de coordinación salarial a nivel europeo que relacione e vincule crecemento salarial
á suma do crecemento da produtividade e inflación nos países con déficit comercial, e que
estableza crecementos salariais superiores a esa marca nos países con superavit comercial.
Topes salariais tanto no sector público coma no privado.
Adopción dun plan de emerxencia para loitar contra o desemprego.
Establecemento das bases para unha Estratexia Europea de Investimentos para incrementar
a capacidade de financiación para os investimentos.
Plan Europeo de medidas urxentes para promoconar o emprego xuvenil. No marco dunha
estratexia europea cara a plena ocupación.
Establecemento dun salario mínimo interprofesional europeo común. Propoñemos un salario
mínimo interprofesional de 1000 € e a creación dun plan para a converxencia salarial en
Europa.
Políticas activas europeas contra da pobreza, a desigualdade e a exclusión.
Plan Europeo de apoio á dependencia.
42 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
MEDIO AMBIENTE E ECOLOXÍA SOCIAL.
SOBERANÍA ALIMENTARIA E POLÍTICA
AGRARIA COMÚN
AGE en Europa comprométese a defender as 14 medidas do Programa da Terra
presentado polas principais organizacións ecoloxistas onternacionais para as Eleccións
Europeas, particularmente:
Asegurar que a UE adopte para 2030 tres obxetivos diferenciados, ambiciosos e vinculantes
de clima e enerxía. Fomentar a transición cara un modelo enerxético renovable, xusto e
democrático.
Establecer políticas integrais que prioricen a reducción de residuos e do uso de recursos.
Deter a perda de biodiversidade en Europa para 2020. Conseguir mares máis sans. Apoiar
unha agricultura que garantice a biodiversidade e un medio rural vivo. Garantir uns ríos con
vida e unha nova cultura da auga en Europa. Parar a deforestación e degradación forestal a
nivel europeo e global. Adoutar medidas para unha xestión racional de productos químicos
perigosos. Limitar a contaminación do aire a niveis concordantes coas últimas recomendacións
para a saúde. Opoñerse a calquera tratado de libre comercio que debilite as normas de
protección ambiental e social e á sinatura de acordos comerciais con países que vulneren o
dereito internacional. Situar a xustiza ambiental e social no corazón das políticas comerciais
para reducir a pobreza, a desigualdade e a crise ecolóxica global. Elimiñar subvencións
dañinas para o medio ambiente e avanzar cara unha fiscalidade máis sostible. Garantir o
dereito á información, participación e xustiza para a ciudadanía europea.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 43
4.1. Territorio
As politicas actuais da UE en materia de ordenación do territorio veñen ditadas pola Axenda
Territorial Europea 2020, cuxos principios e obxectivos se inscriben na Política de Cohesión
da UE. No entanto, non ten carácter normativo, se ben formula directrices e recomendacións,
a través de 6 prioridades que non garanten nin a cohesión territorial nin a social nin preserva
o patrimonio ao non ser vinculante.
Políticas que converteron o territorio nun ben económico máis, e non coma o lugar en que
se desenvolve a vida humana, vexetal e animal, ao tempo que o modelo elixido se decantou
pola produción intensiva, tanto en industria como en agricultura, e na aposta pola
urbanización difusa, necesitada dun alto consumo de enerxía, de infraestruturas e de sistemas
múltiples de transporte, en que o privado é altamente excesivo.
Un sistema que creou deseños territoriais desde unha perspectiva urbana que tivo como
consecuencia, non só a dependencia do espazo rural respecto do urbano, senón a perda de
servizos públicos e de equilibrio. A poboación do rural galego viuse sometida deste xeito a un
proceso de emigración aos grandes núcleos urbanos galegos, orixinándose a actual situación
de baleiro territorial que padece o rural de Galicia.
O territorio debe entenderse o territorio coma un espazo físico composto por ecosistemas
urbanos, rurais e naturais, que xeran interrelacións económicas, sociais e culturais entre sí.
Para iso, cómpre que se teñan en conta as seguintes premisas:
Democratización da ordenación do territorio que teña como eixo fundamental ás persoas,
o seu desenvolvemento político e persoal (educación, vivenda, sanidade, cultura, ocio), asi
como a sostibilidade social e ambiental.
Elaboración dunha Directiva Marco do Territorio, relativa á ordenación do territorio e o
urbanismo, que evite a concentración en grandes aglomeracións urbanas insostibles.
Planificación política do territorio, con participación social, que defina necesidades
comerciais, industriais, agrícolas, gandeiras, turísticas, de servizos e implemente as políticas
para garantir un desenvolvemento social xusto e sostible. Impulsaremos unha Directiva Marco
sobre a Protección do Litoral e da Plataforma Continental.
A cidade é espazo de relación, de encontro entre as persoas, con barrios multifuncionais e
sostibles no social e no ambiental. Debe garantirse o acceso a unha vivenda digna, sen
desbaldir máis recursos naturais, territoriais e paisaxísticos que os necesarios e opoñéndonos
ao crecemento desordeado con criterios economicistas.
44 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
O campo debe preservar os saberes e técnicas tradicionais que manteña a diversidade
agropecuaria sen renunciar a novas tecnoloxías que melloren os procesos produtivos. As
explotacións extensivas deben prevalecer sobre as intensivas.
A esta visión do territorio habería que engadir a súa consideración como paisaxe. A paisaxe
é a unión dos aspectos xeoecolóxicos e culturais do territorio, algo que queda definido no
Convenio Europeo da Paisaje de 2000 en que se opta preservar a riqueza física e humana que
atesouran as paisaxes das rexións europeas.
A paisaxe non é só unha realidade física, é o lugar onde se proxecta e onde se representa
a cultura da xente que o habita; unha transformación colectiva da natureza. En cambio as
transformacións aceleradas e agresivas do territorio xeraron unha degradación continuada da
paisaxe, tanto nos seus aspectos ecolóxicos –perda de biodiversidade, contaminación de
acuíferos, entroutros- como culturais –perda da percepción identitaria- provocando a súa
banalización e uniformidade.
É preciso vencellar paisaxe e territorio. O Convenio da Paisaxe foi ratificado por España en
2007, promulgándose a raíz de él nalgunhas CCAA leis que fomentan o inventario,
catalogación, protección e posta en valor de paisaxes, mais non existe unha lei estatal sirva
de referencia ás administracións autonómicas.
Por todo isto AGE propón:
Unha Directiva Europea sobre Ordenación do Territorio, que impulse a•
interconexión das políticas territoriais, que faga da participación cidadá unha
ferramenta básica para a construción dun novo modelo territorial baseado na
riqueza social e na diversidade ambiental e cultural dos territorios.
Directiva Europea sobre a paisaxe.•
Creación de una Rede de paisaxes europeos similar á Rede Natura 2000.•
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 45
4.2. Transportes e infraestruturas
Os servizos e as infraestruturas para o transporte teñen que asentarse na función primordial
do transporte: crear accesibilidade que facilite acadar os bens, servizos e contactos coas
persoas. O transporte debe acadar a máxima accesibilidade coa mínima mobilidade. Debe ter
carácter universal e ser público e garantir o servizo a todas as persoas, independentemente
da súa situación xeográfica, poder adquisitivo, xénero ou idade. AGE defende o transporte
sostible cos modos a pé, en bicicleta e en tren como columna vertebral do sistema multimodal
e integral de transporte.
O artellamento do territorio asentarase nunha rede de transporte público e colectivo e no
desenvolvemento do ferrocarril como servizo público de mobilidade e de cercanías, que
permita a cohesión social e espacial entre o rural e o urbano en Galicia.
4.2.1. Ferrocarril
AGE aposta polo ferrocarril coma o sistema de transporte terrestre fundamental nas grandes
e medias distancias, xa que é o sistema de transporte máis eficiente desde o punto de vista
enerxético. Ademais, unha parte importante da infraestrutura ferroviaria xa realizada debería
ser optimizada, poñéndoa en funcionamento de novo, evitando o impacto de novas
infraestruturas. Un bo exemplo sería a reapertura do túnel ferroviario do Canfranc no Pirineo
Central.
Desde AGE propoñemos:
A xestión pública das redes existentes e dos seus futuros desenvolvementos,•
retornando ao sistema a súa unidade de xestión e derrogando, polo tanto, a
Directiva 440/1991 que sentou as bases dos procesos de privatización que se
están levando a cabo no estado e que afectaron tanto ao artellamento territorial
en Galicia.
Compromiso de que no horizonte de 2020, cando menos o 30% de todas as•
mercadorías que se transportan por terra na UE sexa a través do tren, reducindo
a influencia no cambio climático e diminuíndo os problemas de conxestión,
46 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
contaminación e sinistralidade que causa a estrada, os grandes camións e os
combustibles fósiles.
Un plan integral de mantemento e mellora da actual rede española de ancho•
ibérico.
Un ferrocarril baseado na proximidade, o artellamento dos territorios e a•
igualdade entre as persoas, entendido como un servizo público publicamente
xestionado con prezos asequibles e basear os seus servizos na fiabilidade,
comodidade e seguridade máis que na velocidade. Control da proliferación da
Alta velocidade e fomento das redes convencionais de transporte.
4.2.2. Aviación civil, aeroportos
Consorcio Público Europeo. Defendemos a dimensión de servizo público do transporte aéreo
e estamos contra a privatización de AENA e de todos os aeroportos do estado abertos ao
transporte regular de persoas.
Portos e mariña mercante: restablecer o carácter público da xestión dos portos e a
armonización de leis sobre transporte marítimo coas normas máis esixentes en Europa,
destacando a seguridade e protección ambiental do medio mariño, as costas e praias e as
cidades e zonas costeiras.
Potenciar a creación de accesos nos portos secundarios e terciarios para o embarque de
persoas e vehículos en buques de pequeno tamaño que fagan rutas a outros pequenos portos
da UE ou países veciños con embarque e desembarque rápido e co debido control aduaneiro.
Este sistema, ademais do aforro enerxético no transporte, poderá xerar emprego directo e
preservar o sector da construción naval local.
Inclusión das infraestruturas ciclistas e da rede EuroVelo nas redes transeuropeas de
transporte (red Ten-T). Mellorar e desenvolver as infraestruturas de ciclorutas que percorren
os corredores da RTE-T.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 47
4.3. Auga e Enerxía
4.3.1. Auga
A auga é un elemento básico para a existencia da vida sobre o planeta. Non é propiedade
nin patrimonio exclusivo dos seres humanos, senón que cumpre unha función ambiental
central no conxunto dos ecosistemas.
A auga é un recurso limitado que sofre a presión sempre crecente dos usos doméstico,
agrícola e industrial. A incidencia do cambio climático sobre o ciclo da auga é xa un feito
incontestábel tal como sinala o último informe do Panel Intergubernamental para o Cambio
Climático. O cambio de réxime pluvial e o aumento da temperatura reducirá progresivamente
a súa dispoñibilidade e farao exponencialmente de non reducirmos as nosas emisións de gases
de efecto invernadoiro. Ecosistemas de enorme riqueza como as nosas rías vense directamente
afectados.
A auga doce é de vital importancia para a vida, e en ningún momento a súa extracción ou
reintegro debe comprometer a supervivencia do ecosistema do que se extrae, garantindo a
súa viabilidade e a preservación das súas funcións ambientais e sociais.
A sua xestión débese asentar en tres principios: a sustentabilidade, a moderación e a
racionalidade, actuando directamente na demanda, non no aumento da dispoñibilidade.
A auga é un ben ambiental e social e, como tal, débese garantir asumindo o seu carácter
público e colectivo, garantindo a súa inalienabilidade e a súa xestión pública. A auga é un ben
público universal, que debe estar baixo control público, democrático, con control do goberno
e participación da cidadanía, e preparando a recuperación do carácter público hoxe sometido
a privatización e lucro empresarial.
Polo tanto, ás Administracións Públicas, xunto co conxunto da cidadanía, teñen a
responsabilidade de manter a sustentabilidade como cerne de toda actividade arredor do uso
da auga, atendendo dende a conservación dos ecosistemas húmidos, á calidade no
subministro e a eficiencia na depuración, xunto co control dos usos industriais, agrícolas e
particulares, fomentando o aforro e a eficiencia.
É por isto que AGE defenderá no Parlamento Europeo:
Que as institucións europeas garantan a inalienabilidade actual e futura da•
auga como elemento público e dos procesos inherentes á súa xestión, evitando
a súa apropiación por particulares e empresas.
48 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
A aplicación estrita da Directiva Marco da Auga e a asuncións dos principios da•
Carta Europea por unha nova Cultura da Auga.
O desenvolvemento dun amplo programa de educación e sensibilización cidadá•
para divulgar e concienciar sobre a Nova Cultura da Auga.
Traballar nunha proposta de reforma fiscal a nivel europeo que estableza taxas•
fiscais e de tarificación que fomenten un consumo racional da auga, que
incentiven o aforro e penalicen o malgasto. Os ingresos desta reforma deberán
reverter na mellora do recurso e dos ecosistemas húmidos. Estableceranse uns
mínimos vitais exentos de gravame fiscal para toda a cidadanía en
recoñecemento do dereito ao acceso a auga. Os mínimos vitais establecidos
cara a taxas e tarifas se calcularán de acordo coas mellores técnicas dispoñibles
(aireadores, duchas eficientes e cisternas de dobre pulsación) para fomentar a
súa xeralización. Do mesmo xeito, os mínimos establecidos polos regulamentos
técnicos das instalacións de auga se axustarán a estes valores.
Contribuír a que a Comisión Europea exerza un control estrito sobre as•
actuacións das distintas administracións co fin de garantir que a explotación
dos recursos hídricos, sexan fluviais ou freáticos, non comprometan a saúde e
a diversidade dos ecosistemas e establecendo todas as medidas necesarias que
garantan a depuración.
Estabelecer e facer cumprir os réximes de caudais ecolóxicos en todos os ríos•
que deberán como mínimo manter a fauna piscícola e invertebrada tradicional
do río así como a súa vexetación de ribeira. Neste senso prohibiranse novos
encoros e apostarase no seu caso por centrais eléctricas que non interrompan
o fluxo natural do río.
Apoiar unha mudanza no modelo de depuración, apostando polo•
establecemento de sistemas descentralizados de depuración, con tecnoloxías de
baixa complexidade e reducido consumo enerxético, sen comprometer a
integridade biolóxica, social, produtiva ou recreativa da contorna.
Prohibir a técnica da fractura hidraúlica (fracking) pola importante afección•
contaminante sobre acuíferos, entre outras elementos negativos.
Establecer na normativa europea a obriga de eliminar as perdas na rede de•
distribución de auga que hoxe en día acadan volumes escandalosos.
O acceso a axudas e colaboracións da UE terá como condición inicial o•
cumprimento estrito da normativa vixente, incluídas as actividades
transnacionais de compañías europeas.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 49
4.3.2. Enerxía
A enerxía é un recurso básico para as actividades humanas. O alumeado, a•
calefacción, o transporte, a produción industrial dependen da dispoñibilidade
de enerxía. O consumo enerxético mundial ten medrado de xeito continuo desde
o inicio da revolución industrial, acompañando sempre ao crecemento
económico. No último século, que ben debera chamarse o do petróleo, esta
fonte enerxética máxica -pois coa enerxía dun só barril abondaba para extraer
100 deles- foi o motor deste crecemento.
A demanda enerxética crecente deu lugar á suba dos prezos enerxéticos, e esta•
ao incremento da produción de petróleo, Porén, desde o ano 2005 a importante
suba dos prezos non deu lugar a un incremento da produción de petróleo. A
Axencia Internacional da Enerxía recoñeceu no seu informe do ano 2010 que
se tiña acadado o nomeado “eito do petróleo” as empresas petroleiras non
poden extraer petróleo a maior velocidade da actual, e esa velocidade vai seguir
a decrecer cara ao futuro por imposibilidade técnica e económica: os
xacementos facilmente accesibles están a esgotarse.
Non existe ningunha fonte de enerxía capaz de substituír ao petróleo, que a•
día de hoxe cobre preto do 40% do consumo enerxético total mundial, e máis
do 90% no sector do transporte. Moitos expertos coinciden en que esta
situación supón a imposibilidade práctica de recuperar o crecemento
económico –o menos un crecemento como o que coñecemos, baseado no
incremento do consumo enerxético- que prometen os líderes dos principais
partidos europeos.
Cómpre logo artellar un discurso coherente con esa situación. Á previsión dunha•
dispoñibilidade decrecente de enerxía hai que responder cunha estratexia
inmediata e organizada de descenso do consumo enerxético que evite o caos,
así como co desenvolvemento de novas fontes limpas e renovables. As
evidencias incontestables de alteración do clima do noso planeta derivada da
queima de combustibles fósiles debe servirnos como argumento engadido de
reforzo desta estratexia.
O noso programa enerxético aséntase nos seguintes principios: a redución do•
consumo enerxético (a través de estratexias de aforro e eficiencia) organizada
e solidaria, e transición ás enerxías renovables, aproveitadas de xeito disperso
por pequenas comunidades, concellos ou cooperativas enerxéticas.
•
50 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
É por isto que AGE defenderá no Parlamento Europeo:
Defensa do carácter de servizo público da enerxía. Intervención pública e•
control democrático dun servizo básico para a sociedade.
Iniciar a transición cara a unha sociedade baseada ao 100% en enerxías•
renovábeis.
O desenvolvemento dunha Directiva para promover a rehabilitación enerxética•
de edificios.
Tarificación enerxética nos domicilios en función do consumo. Tarifas por treito•
social.
O fomento de estratexias de redución do transporte no eido laboral: teletraballo,•
mobilidade laboral voluntaria en función da proximidade aos domicilios dos
traballadores, concentración das horas traballadas en menos días laborables.
Fomento da bicicleta e o tránsito peonil, e desincentivación do transporte•
privado. Redución progresiva do prezo do transporte público -até a gratuidade-
financiada cos impostos directos aos combustibles para o transporte privado.
Orientación da PAC cara ao fomento da soberanía alimentaria dos pobos de•
Europa, a través da produción para o consumo local e o desenvolvemento dunha
agricultura sen petróleo.
Regulación a nivel europeo da conexión con balance neto das pequenas•
instalacións de enerxías renovables distribuídas para autoconsumo de
particulares, pequenas comunidades ou entidades locales e programas de
fomento e implantación da xeración enerxética distribuída ou descentralizada.
Opoñémonos ao paso de liñas de alta tensión e ubicación de transformadores•
próximos a zonas habitadas e reclamamos, o desvío de liñas ou o seu
soterramento para proteger la salud de la población y minimizar los impactos
paisajísticos.
Parada progresiva, segundo vaian sendo innecesarias, das centrales nucleares•
e térmicas mais contaminantes (de fuel e carbón).
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 51
4.4. Clima
O cambio climático é unha realidade ineludible tal e como confirma o último informe do
Panel Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático, presentado en datas recentes
neste 2014. Os impactos sobre Europa serán importantes, mais serán moito máis fortes sobre
as partes máis desfavorecidas do planeta; fenómenos atmosféricos extremos, redución de
colleitas, mudanzas nos rexímenes pluviais e aumento do nivel do mar coa consecuente
erosión costeira. Suporá problemas de saúde, de seguridade alimentaria, de desprazamentos
de poboación pola miseria, de acceso a auga potable e aumento dos conflitos.
Lamentablemente, agás declaracións altisonantes dos gobernos do mundo e
particularmente os europeos, pouco se ten feito para enfrontar este problema. A gravidade do
impacto das consecuencias do cambio climático será inversamente proporcional á rapidez e
profundidade das medidas adoptadas para minimizalo. A realidade actual non permite ser
optimistas. E temos que cambiar esta dinámica negativa.
Enfrontarmos o cambio climático non é unha cuestión de medidas puntuais senón que
implica un profundo cambio de modelo produtivo, territorial, de mobilidade, enerxético,
alimentario; supón mudanzas en cada unha das facianas que compoñen a nosa realidade
como sociedade. Supón encetar un proceso de transición, sumarnos aos procesos de
comunidades en transición a unha realidade presente e futura no que o cambio climático, o
pico do petróleo e o esgotamento dos recursos obrigará a ter.
AGE defenderá sempre nas institucións europeas esta necesidade de transición cara a unha
sociedade sustentable, solidaria e xusta pero tamén hai medidas que cómpre adoptar de
inmediato, e que propoñemos ao longo dos distintos epígrafes deste programa político e social.
Mais neste apartado quixeramos facer fincapé na nosa responsabilidade climática, como
parte dese 20% da humanidade que devora os recursos do planeta e deita sobre o outro 80%
a miseria, a contaminación e o cambio climático. O Artigo 2 da Convención Marco das Nacións
Unidas sobre Cambio Climático demanda a estabilización das concentracións de gases de
efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas perigosas
para o sistema climático e esa estabilización está nas mans das nacións supostamente máis
desenvolvidas como a UE. Esta estabilización supón reducirmos as emisións dos gases de
efecto invernadoiro nos países industrializados un 30% para o ano 2020, e un 80% para o
ano 2050, para que a temperatura global non aumente máis de 2 ºC a respecto das
temperaturas preindustriais.
O Cumio sobre Cambio Climático previsto para 2015 en París debe marcar un antes e un
despois neste proceso. Débense chegar a acordos cuantificables e vinculantes para reducirmos
as emisións pero namentres a UE pode e debe facer moito:
52 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
Encetar a reforma do Sistema de Comercio de Emisións para convertelo nunha ferramenta
eficaz para loitar contra o cambio climático no canto dun mero mercadeo de dereitos.
Iniciar a transición acelerada a un sistema enerxético 100% renovable que garanta a
redución de emisións e a seguridade e independencia enerxética nun marco futuro de
escaseza das enerxías fósiles.
Empregar a enorme capacidade de asentar políticas dos distintos fondos de axudas e
subvencións da UE para apoiar aquelas iniciativas do tipo que sexa que camiñen cara a
redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.
Creación dun fondo económico e tecnolóxico distinto ao de cooperación ao
desenvolvemento para apoiar as medidas de a prol da sustentabilidade dos países mais
empobrecidos, devolvendo en aras da xustiza climática, parte do roubado ao longo de séculos
de explotación.
Promover o establecemento da proximidade como novo paradigma nos eidos agrogandeiros
e de consumo, de organización territorial, no transporte e mobilidade. É imprescindible reducir
drasticamente o consumos enerxético relacionado co transporte.
4.5. Pesca
A xestión dos recursos pesqueiros debe basearse nun aproveitamento sustentable que
permita asegurar o abastecemento do alimento e as actividades socioeconómicas dependentes
del para as xeracións presentes e futuras. Cómpre poñer en marcha plans de xestión dos
recursos alongo prazo.
Debemos protexer e promover a pesca artesanal xa que xera máis postos de traballo por
tonelada de pesca capturada, consume menos enerxía por unidade de pesca, é máis selectiva
de forma xeral, abastece dunha maior diversidade de especies pesqueiras e os seus actores
están máis concienciados na necesidade de preservar os recursos pesqueiros. Garantiremos
un nivel de vida razoable ás xentes do mar, asegurando emprego de calidade, rendas dignas
e niveis axeitados de protección social. Débese recoñecer o papel que desenvolven as mulleres
no sector pesqueiro e acuícola e impulsar o seu protagonismo na xestión e toma de decisións.
Defendemos que a pesca artesanal saia da consideración de sector sometido á libre
concorrencia e que poda recibir axudas.
Debe avanzarse no proceso de rexionalización e nacionalización da xestión pesqueira.
PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 53
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014

More Related Content

Viewers also liked

Viewers also liked (20)

FOR Media
FOR Media FOR Media
FOR Media
 
06 do or die
06 do or die06 do or die
06 do or die
 
El libro de los amores perdidos Novela
El libro de los amores perdidos NovelaEl libro de los amores perdidos Novela
El libro de los amores perdidos Novela
 
Trabajo de gestion basica de la informacion
Trabajo de gestion basica de la informacionTrabajo de gestion basica de la informacion
Trabajo de gestion basica de la informacion
 
piruletes de xocolata
piruletes de xocolatapiruletes de xocolata
piruletes de xocolata
 
Herramientas web
Herramientas webHerramientas web
Herramientas web
 
Piramides de població carmen
Piramides de població carmenPiramides de població carmen
Piramides de població carmen
 
Egipto
EgiptoEgipto
Egipto
 
1º Reunión del Cluster Porcino del noreste de La Pampa
1º Reunión del Cluster Porcino del noreste de La Pampa1º Reunión del Cluster Porcino del noreste de La Pampa
1º Reunión del Cluster Porcino del noreste de La Pampa
 
JI Santana da Carnota
JI Santana da CarnotaJI Santana da Carnota
JI Santana da Carnota
 
A física da_alma_-_amit_goswami
A física da_alma_-_amit_goswamiA física da_alma_-_amit_goswami
A física da_alma_-_amit_goswami
 
Ayjueput
AyjueputAyjueput
Ayjueput
 
Horse Skeleton
Horse SkeletonHorse Skeleton
Horse Skeleton
 
Campeonato gaúcho júnior 2014 artilharia
Campeonato gaúcho júnior 2014   artilhariaCampeonato gaúcho júnior 2014   artilharia
Campeonato gaúcho júnior 2014 artilharia
 
Anne e daniel_meurois_-_o_caminho_dos_essênios
Anne e daniel_meurois_-_o_caminho_dos_essêniosAnne e daniel_meurois_-_o_caminho_dos_essênios
Anne e daniel_meurois_-_o_caminho_dos_essênios
 
Como poner un power point en mi blog
Como poner un power point en mi blogComo poner un power point en mi blog
Como poner un power point en mi blog
 
Base de datos sandra e
Base de datos sandra eBase de datos sandra e
Base de datos sandra e
 
Charter Establishing the CCARDESA
Charter Establishing the CCARDESACharter Establishing the CCARDESA
Charter Establishing the CCARDESA
 
Trabajo gbi
Trabajo gbiTrabajo gbi
Trabajo gbi
 
Guarda costa (leci brandão)
Guarda costa (leci brandão)Guarda costa (leci brandão)
Guarda costa (leci brandão)
 

Similar to Programa AGEe europeas 2014

ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiroecursocig
 
España no mundo. Relacións internacionais. Globalización
España no mundo. Relacións internacionais. GlobalizaciónEspaña no mundo. Relacións internacionais. Globalización
España no mundo. Relacións internacionais. GlobalizaciónAgrela Elvixeo
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoFernanda Suárez Méndez
 
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galiciaEstamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galiciaSantiago González Avión
 
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaPrograma marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaDani Lago
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.EVAVIDALFERRO
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG20minutos
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024luarodalegre97
 
Tritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola UnidadeTritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola Unidadealternativaapu
 
Tríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola UnidadeTríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola Unidadealternativaapu
 
Siciais
SiciaisSiciais
Siciaisahiacg
 

Similar to Programa AGEe europeas 2014 (20)

ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
España no mundo. Relacións internacionais. Globalización
España no mundo. Relacións internacionais. GlobalizaciónEspaña no mundo. Relacións internacionais. Globalización
España no mundo. Relacións internacionais. Globalización
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galiciaEstamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
Estamos ante unha catástrofe demográfica en galicia
 
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaPrograma marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
 
Tema13
Tema13 Tema13
Tema13
 
ColeccióN 6
ColeccióN 6ColeccióN 6
ColeccióN 6
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
 
A crise demográfica en galicia
A crise demográfica en galiciaA crise demográfica en galicia
A crise demográfica en galicia
 
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
 
Tema 13
Tema  13Tema  13
Tema 13
 
TEMA 13
TEMA 13TEMA 13
TEMA 13
 
O discurso do medo.
O discurso do medo.O discurso do medo.
O discurso do medo.
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
Tritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola UnidadeTritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola Unidade
 
Tríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola UnidadeTríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola Unidade
 
Siciais
SiciaisSiciais
Siciais
 

Programa AGEe europeas 2014

  • 1.
  • 2. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 25-MAIO-2014 ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA EN EUROPA
  • 3.
  • 4. ÍNDICE 0. RAZÓNS PARA A POLÍTICA DE AGE EN EUROPA 0.1. Preámbulo 0.2. Unha Europa en creba democrática 0.2.1. Crise do capital vs. Crise da democracia 0.2.2. Unha Europa en creba 0.2.2.1. O aumento da xenofobia e do racismo 0.2.2.2. A receita do austericidio: a morte de Europa 1. A FRONTE DA ESQUERDA TRANSFORMADORA COMO ALTERNATIVA. 1.1. Principios básicos para AGE 1.2. A débeda do abafo 1.3. Unha cidadanía inclusiva 1.3.1. Dereitos de cidadanía contra a Europa Fortaleza 1.3.1.1. Os dereitos das persoas migrantes 1.3.1.2. Os dereitos das persoas xitanas 1.3.1.3. Os dereitos da emigración intraeuropea 1.3.2. Principios de inclusión activa 1.3. Servizos públicos universais 1.4.1. Sanidade 1.4.2. Educación 1.4.2.1. Educación para a igualdade 1.4.2.2. Universidade 1.4.2.3. I+D+i 1.4.3. Servizos sociais 1.4.4. Vivenda e Cidade Ecolóxica 1.4.5. Xustiza 2. DEMOCRACIA E PARTICIPACIÓN 2.1. Un proceso constituínte para unha Europa dos Pobos e da Cidadanía. 2.2. A cidadanía e as institucións: democratización e soberanía popular
  • 5. 3. ECONOMÍA E EMPREGO 3.1. Economía 3.1.1. Sistema financeiro 3.1.2. Fiscalidade 3.1.3. Novo modelo produtivo 3.2. Emprego 4. MEDIO AMBIENTE E ECOLOXÍA SOCIAL. SOBERANÍA ALIMENTARIA E POLÍTICA AGRARIA COMÚN 4.1. Territorio 4.2. Transportes e infraestruturas 4.2.1. Ferrocarril 4.2.2. Aviación civil, aeroportos 4.3. Auga e Enerxía 4.3.1. Auga 4.3.2. Enerxía 4.4. Clima 4.5. Pesca 4.6. Biodiversidade e respecto polos dereitos dos animais 4.6.1 Biodiversidade 4.6.2. Os dereitos dos animais 4.7. Xestión de resíduos 4.8. Soberanía Aimentaria – Política Agraria Común 4.8.1. Soberanía Alimentaria 4.8.2. Política Agraria Común
  • 6. 5. A EUROPA DA CIDADANÍA E DOS DEREITOS 5.1. Feminismo 5.1.1. Dereitos Políticos e Democracia Paritaria 5.1.2. Economía. Emprego. Dereitos Sociais 5.1.3. Erradicación da violencia de xénero e da exclusión social 5.1.4. Dereitos sexuais e reprodutivos 5.1.5. Proposta para a igualdade entre mulleres e homes 5.2. Unha Europa Laica 5.3. Igualdade LGTBI 5.4. Mocidade 6. CULTURA, LINGUA E COMUNICACIÓN 6.1. Cultura 6.2. Lingua 6.3. Comunicación 7. A EUROPA DA PAZ, DA SOLIDARIEDADE E DO INTERNACIONALISMO 7.1. Socialismo ou barbarie 7.2. Novo marco de relacións da UE co Mundo 7.3. Política armamentística e política de defensa en Europa 7.4. Memoria democrática fronte aos movementos da ultradereita e do fascismo 7.5. A Cooperación ao Desenvolvemento en Europa
  • 7. 6 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 8. RAZÓNS PARA A POLÍTICA DE AGE EN EUROPA 0.1. Preámbulo As eleccións para o Parlamento Europeo de maio de 2014 deben rachar coa apatía, coa indiferenza, ferramentas coas que se dota a dereita que nos malgoberna. Estamos ante a oportunidade para dicir que existe unha alternativa, mais, para comezar a poñela en marcha, cómpre frear de forma plena a involución de todo tipo en que vive mergullada a Unión Europea. Temos que ter a credibilidade de que non pasaremos pola rede de filtros do que se denomina capitalismo de rostro humano. Unha nova falacia máis. A Europa a construír ten que ser a nosa Europa, a dos pobos, en que o pobo galego poda erguer a súa voz nas institucións europeas e cooperar cos demais pobos para poñer en marcha toda unha serie de políticas alternativas, transformadoras, plenamente de esquerdas, hoxe máis precisas que nunca. Galicia é unha nación europea e este é o momento para que Galicia interveña na construción da Europa dos Pobos. A cidadanía galega debe ser protagonista de seu futuro, para afastar do noso horizonte máis inmediato o abafo das condicións de vida que implantaron as institucións europeas dominadas pola dereita e polas oligarquías. Galicia, o pobo galego, estanse vendo afectados pola política de imposicións da Troika e polo seguidismo dos gobernos de dereitas do goberno central e da Xunta de Galicia. Temos que erguer a nosa voz con forza en cuestións tan estratéxicas para o noso país coma o sector agrario, o gandeiro, o pesqueiro, o naval, o industrial ou o das novas tecnoloxías. Mais é urxente moita pedagoxía. Explicar, ás veces, o evidente. E non abonda con proclamas. Non. Cómpre un discurso sinxelo, claro. Cómpre unha mensaxe directa, que explique PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 7
  • 9. claramente que imos facer se chegamos ás institucións europeas e como imos mudar estas políticas austericidas. Isto é, cales son as solucións que imos aplicar para solucionar os problemas que hoxe teñen a maioría das persoas. Por iso, é preciso construír un suxeito político da esquerda nacional plural que participe dunha alianza con outras forzas da esquerda alternativa, transformadora e verde a nivel do estado e de Europa. 0.2. Unha Europa en creba democrática 0.2.1. Crise do capital vs. Criseda democracia “todas as crises -financeira, alimentaria, da auga, do cambio climático, de conflitos, de desigualdade e de pobreza- conspiran para reforzarse mutuamente e construír unha prisión, agravando así a sensación de inxustiza manifesta. Non cometimos ningún delicto, mais estamos aquí retidos contra a nosa vontade”. (Susan Georges) Asistimos a un ataque brutal en materia económica. Para executalo as oligarquías precisaron de poñer en marcha un proceso deconstituínte, e consagrar o carácter antidemocrático. Todo o proceso normativo imposto pola Troika (BCE, Comisión Europea, FMI) parte con esa filosofía utilitarista por parte do capital: toda lei debe servir para os intereses de clase dos ricos e poderosos. De aí que sexa acertado definir os ataques na xestión dos servizos públicos como proceso de acumulación por desposesión. O ideal democrático e social europeo, fraguado na loita antifascista e sustentado pola loita da clase traballadora, xunto coa dos movementos sociais máis modernos (pacifismo, feminismo, ecoloxismo), esmorece de forma abrupta baixo as gadoupas do ultraliberalismo máis salvaxe. Como afirma Alexis Tsipras, o programa posto en marcha pola Troika en Grecia, mais que vale para todos os países e pobos do sur, incluído o galego, baséase en dous conceptos-forza: o da “estabilización” e o das “reformas”, eufemismos que agochan a catástrofe social que provocan: 8 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 10. “A chamada “estabilización” prevé que se apliquen medidas como: unha fiscalidade indirecta de consecuencias devastadoras; uns recortes do gasto público cuxa amplitude non admite comparacións; o desmantelamento do Estado providencia, sobre todo nos eidos da sanidade, da educación e da seguridade social; e tamén numerosas privatizacións, incluíndo a dos bens públicos tan fundamentais como a auga e a enerxía. As chamadas “reformas” supoñen a liberalización do despido, a supresión dos convenios colectivos, a creación dunhas “zonas económicas especiais” e, en xeral, a aplicación de regulamentacións pensadas para que os máis poderosos intereses económicos podan facer investimentos en Grecia con condicións literalmente propias da época colonial”. (Alexis Tsipras) 0.2.2. Unha Europa en creba 0.2.2.1. O aumento da “alternativa” xenófoba O xiro ultraliberal que impregna discursos, accións e normas tivo como consecuencia dous feitos que, en vez de ser antagónicos, resultan alimentarse un do outro. Referímonos ao xurdimento e asentamento da extrema dereita que mobiliza cada vez a máis segmentos da clase traballadora e á acción, en vez de ser de reacción, de seguidismo practicado por boa parte da socialdemocracia que, curtopracista, e non desexosa de perder peso electoral, de forma errada asumiu proclamas da extrema dereita incorporando no seu programa de acción política, por exemplo, a “culpabilización” e “criminalización” da inmigración, e facendo da “seguridade” un punto esencial. Minimizar a súa crecente presenza nas institucións europeas, ou trivializar a súa importancia representaría un erro de enormes magnitudes, que implicaría, de non remedialo, unha presenza aínda máis relevante, e mesmo con poder de influencia, na conformación das políticas europeas. Cómpre asentar o traballo de discurso e acción da esquerda alternativa e transformadora nos barrios que historicamente foron “vermellos” e que hoxe están sendo atraídos pola mensaxe populista da extrema dereita e pola política de dereitas da socialdemocracia. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 9
  • 11. 0.2.2.2. A receita do austericidio: a morte de Europa As receitas neoliberais baseadas no austericidio son éxito para as oligarquías, mentres que para a maioría social, para a xente do común, para as persoas, representan un auténtico inferno en vida. O Six-Pack, aprobado polo Parlamento Europeo en setembro de 2011, supón a estratexia que impón a chamada consolidación fiscal e a competitividade. A costa dos dereitos da clase traballadora e dos servizos públicos. Os “plans de axuste” son, para os pobos do sur, coma o galego, unha guillotina sobre as súas expectativas e son o golpe que acerna de forma efectiva a soberanía do pobo. A propia arquitectura da UE afonda nos desequilibrios comerciais e estruturais entre as economías dominantes (centro) e as economías dependentes (periferia). Galicia, neste escenario de desequilibrios e desigualdades, vive na marxe da periferia, a expensas de decisións que procuran establecer canles de mellora de beneficios para a competitividade empresarial. Un escenario insolidario. Vivimos nun proceso devastador que podemos denominar “vampirización do público“, debido a que os sectores da oligarquía teñen o ollo posto sobre os servizos públicos básicos como educación, sanidade e protección social. A cobiza dos oligarcas e toda a estratexia de liberalización amparada polas normativas europeas degradan as condicións para a existencia dun servizo digno alentando así o seu proceso de privatización. Trátase dun proceso que desmantela toda a estrutura de protección social que se puxera en marcha despois da II Guerra Mundial coas loitas da clase traballadora e das organizacións da sociedade civil. Algúns dos sinais de identidade desta vampirización son: A precarización como paradigma en todos os eidos da vida en sociedade: traballo, acceso aos servizos, etc. O empobrecemento como estratexia. Xa é unha realidade a figura do traballador ou traballadora pobre: de forma cada vez máis abusiva, negando as convencións laborais e os patróns que establece a OIT sobre o traballo digno, os salarios da clase traballadora revélanse insuficientes para afrontar o día a día. A estratexia ideolóxica do capitalismo e da dereita é debilitar e empobrecer o corpo de dereitos da maioría social, para beneficiar só ás grandes fortunas, vencelledas á propiedade do capital financeiro especulativo (bancos) e o gran capital produtivo (grandes empresas). Cómpre insistir nisto: á Troika non lle importan os dereitos e as necesidades da maioría 10 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 12. social, senón acadar os obxectivos que permitan ao capital acadar sempre beneficios. De aí que a obriga da estabilidade orzamentaria e da sustentabilidade financeira fosen adheridas ao programa político e na folla de ruta do PP e do PSOE, que modificaron, con nocturnidade e aleivosía, a Constitución para introducir no artigo 135 a regra de ouro. Estanse orixinando uns procesos que as nosas políticas deben reverter de forma urxente: O incremento desmesurado da pobreza severa A exclusión social O parón en seco do PIB, o gran aumento das taxas de desemprego, e as malas medidas de consolidación fiscal teñen efectos adversos para impedir o incremento da pobreza e o risco de exclusión social. Os fogares abafados: imposibilidade de facerlle fronte a gastos imprevistos. Case un 20% dos fogares galegos en situación de pobreza enerxética. Elevadas taxas de pobreza infantil, 20,1% de nenos e nenas por debaixo da soleira da pobreza en Galicia. Perda da protección e coberturas sociais (manifesta en Galicia e no Estado español). As persoas menos favorecidas, como nenos e nenas, migrantes, persoas maiores e persoas con diversidade funcional deben ser prioritarias no obxectivo de eliminar a pobreza. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 11
  • 13. A FRONTE DA ESQUERDA TRANSFORMADORA COMO ALTERNATIVA. 1.1. Principios básicos para AGE Fronte á folla de ruta dos capitalistas, a esquerda transformadora, se quere realmente ser voz e mudar a realidade crítica que viven millóns de persoas en toda Europa, se quere ser quen de mudar a lóxica deriva euroescéptica que sinte o pobo galego, e frear os discursos políticos racistas e xenófobos, neofascistas, que cuestionan e debilitan a mesma democracia, ten que activar un discurso de unidade de acción. Desde Alternativa Galega de Esquerda temos claros algúns dos dereitos e principios que queremos son: Emprego digno para todos e todas e en particular para a mocidade;• Establecemento dun salario mínimo interprofesional de 1000 euros;• Restablecer as idades para xubilarse anteriores á crise;• Recuperar a demanda histórica da xornada de 35 horas, hoxe máis utópica que• nunca; 12 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 14. Cohesionar social e territorialmente os pobos europeos;• Adoptar criterios garantistas de converxencia en materia de salarios, emprego• e protección social; Poñer en marcha unha renda básica universal que garanta uns mínimos dignos• a todas as persoas; Establecer cláusulas de non regresividade en materia de políticas e dereitos• sociais que favorezan a reconstrución dun sistema europeo de servizos públicos de calidade, que garantan a inclusión social de todos os colectivos sociais, especialmente daqueles que hoxe sofren de forma máis severa as consecuencias do austericidio (infancia, adolescencia, migrantes, persoas maiores e persoas con diversidade funcional); Intervención pública e democrática da economía europea coa adopción dunha• fiscalidade europea altamente progresiva baseada na imposición sobre as transaccións financeiras e as grandes fortunas; Rescate dos sectores estratéxicos privatizados como a enerxía, o transporte, a• xestión da auga, o sector financeiro, a siderurxia, que permita a creación de Consorcios Públicos Europeos que orienten a actividade económica cara a creación de emprego e a igualdade. Plan de rescate das persoas e da cidadanía excluída, roubada e desafiuzada. 1..2. A débeda do abafo Unha débeda que ten orixes diversas, consecuencia directa da crise financeira e económica, do xogo de casino da economía especulativa, non produtiva. Mais, a pesar desta dificultade, ou precisamente debido a que cómpre aclarar, e que a cidadanía o saiba, queremos coñecer canta desa débeda responde á financiación de servizos públicos e canta desta débeda se corresponde ao rescate bancario, ao saneamento das contas da oligarquía. Déuse un ilexítimo rescate das entidades financeiras de toda Europa. Mentres, a cidadanía experimentaba perda de dereitos de todo tipo, recortes en prestación salariais e sociais. Os intereses da débeda pública son unha lousa para os orzamentos nacionais e creban o futuro dos pobos coma o galego. Estamos camiñando por un perigoso sendeiro que nos leva directamente ao baleiro, que nos fala de socialización das débedas privadas, crecemento do endebedamento público, recesión económica e creciente peso da carga financeira. Isto non se soluciona coa austeridade imposta PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 13
  • 15. polo ultraliberalismo, senón que manifiesta a necesidade de liberar parte do lastre financeiro que supón a débeda pública. A débeda ilexítima non se paga. E a débeda contraída para axudar ao sector financeiro debe cobrarse a este sector establecendo plans concretos e medibles de cobro. Auditoría da débeda.• Anulación da débeda ilexítima.• Frear as políticas de austericidio.• Derrogación do artículo 135 bis da Constitución e da Lei de estabilidade• orzamentaria. 1.3. Unha cidadanía inclusiva 1.3.1. Dereitos de cidadanía contra a Europa Fortaleza Unha Europa que practica a hipocresía discursiva, que se enche de racismo institucional e alenta os discursos da ultradereita e, ao mesmo tempo, a incorporación no programa dos partidos da dereita de políticas antipersoa. Políticas que ninguén en Europa está desexando mudar e temos os recentes exemplos de persecución e acoso indiscriminado, vulnerando a dignidade das persoas de etnia xitana, acontecidos na suposta Francia socialista. Ou as mortes no Mar Mediterráneo. Ou o sangue que queda nas púas dos valos de Ceuta e Melilla. E os centos de corpos sen contabilizar que van ao fondo do mar, que xa non é o marem nostrum, senón o mar da morte. Unha Europa fortaleza que blinda as súas fronteiras ao mesmo tempo que lanza proclama baleiras de contido a prol dos dereitos humanos. Unha Europa que non concede asilo, mentres anima as guerras e os desprazamentos de milleiros de persoas en África e Oriente. Unha Europa que se arma e constrúe non só unha fronteira mortal no seu perímetro, senón tamén unha Europa que está erguendo, de forma racista, fronteiras interiores, non só para as persoas migrantes, senón tamén para persoas pertencentes á comunidade xitana. Os preto de 10 millóns de cidadáns e cidadás de orixe xitana da Unión Europea (UE), unha gran parte dos cales viven duras situacións extremas de pobreza, exclusión e discriminación. 14 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 16. Nun clima de acoso e persecución, asisten á aplicación de procedementos racistas e xenófobos por parte de institucións de estados membros, alentando así, o racismo quente da sociedade e negándolle dereitos de cidadanía. Unha Europa así, racista e xenófoba, armada ate os dentes, aillada con muros e valos, non a queremos. Por iso, cómpre, ao igual que acontece coa poboación migrante, desenvolver políticas que garantan os dereitos do pobo xitano. 1.3.1.1. Os dereitos das persoas migrantes Ratificación e aplicación en todos os estados da Convención Internacional sobre• Dereitos das Persoas Migrantes e súas familias de 1990. Protocolos de actuación en todos os estados membro para a non criminalización• das persoas migrantes e para que se proceda a unha política administrativa de regularización ordinaria en base ao contrato laboral e ao arraigo e demais situacións de convivencia. Impedimento das expulsións colectivas con sancións aos responsables.• Plenas garantías de dereitos nas políticas de retorno das persoas migrantes aos• seus paises de orixe. Establecemento de procedementos normativos e protocolos escrupulosísimos no• seu cumprimento para o tratamento dos e das Menores Estranxeiros Non Acompañados, e que partan da Convención Internacional dos Dereitos do Neno e da Nena. Directiva de Reagrupamento Familiar: será modificada para que sexa un dereito• efectivo. Garantía do dereito sanitario a todas as persoas residentes na UE.• Medidas contra a trata de persoas que protexan e non penalicen ás vítimas da• mesma. Estender os dereitos de cidadanía ás persoas residentes non comunitarias e• especialmente o dereito de sufraxio activo e pasivo, en igualdade cos comunitarios, como elemento fundamental de participación e convivencia no país de residencia. Derrogación do regulamento de fronteiras da UE.• PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 15
  • 17. Derrogación da Directiva da Vergoña.• Por unha verdadeira política de acollida.• Dereito de asilo.• Regularización ordinaria.• Cooperación e solidariedade internacional con persoas procedentes de países• en conflito. Supresión dos Campos de Internamento de Estranxeiros.• 1.3.1.2. Os dereitos das persoas xitanas Esixiremos o cumprimento da Directiva de igualdade de trato (2000/43), da• Directiva de protección de víctimas de delitos violentos (2012/29) e da Decisión Marco relativa á loita contra o racismo e a xenofobia (2008/913) e comprometa a esixir aos Estados membros reforzar aos organismos de igualdade de trato e garantir a súa independencia. Aplicar con rigor e garantías o Marco Europeo de Estratexias Nacionais de• Integración dos Xitanos de Galicia para levar a cabo políticas específicas que promovan o acceso ao mercado laboral dos grupos máis desfavorecidos; que garanta a finalización do periodo obrigatorio de educación para o conxunto do alumnado xitano; que combata a segregación espacial e residencial, que garanta que os xitanos e xitanas accedan en igualdade de condicións ao sistema nacional de saúde e que traballe para desfacer os prexuízos e estereotipos e garantir a non discriminación das persoas xitanas. Creación dun Grupo de Traballo estable sobre o progreso das políticas que• afectan á Comunidade Xitana no seo da Comisión LIBE do Parlamento (Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior). 16 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 18. 1.3.1.3. Os dereitos da emigración intraeuropea A situación de desfeita política empurra a numerosas persoas a ter que saír de Galicia cara a outras zonas de Europa. Os perfís son diversos, non obstante podemos destacar os seguintes: Menores de 35 anos con formación cualificada que queren traballar no que sexa para aprender idioma e mellorar o perfil profesional. Maiores de 35 anos con titulación universitaria e maiores de 30 anos con cargas familiares; Unha emigración anterior dos anos 60 e 70, xa asentada, pero á que se lle seguen negando dereitos, tal como facemos nós neste país cos demais. Uns 80.000 mozos e mozas de menos de 35 anos saíron de Galicia nestes últimos cinco anos (2009-2013), a unha media de 16.000 por ano, desde que Feijóo comezou o seu quinquenio de austericidio e destrución. Constátase un fenómeno migratorio en constante progresión, que ten que ver co feito de que máis do 50% da poboación moza estea en situación de desemprego. Galicia perde as xeracións mellor formadas da súa historia debido á nula capacidade de creación de emprego por parte da Xunta de Galicia. Por iso compre un Plan de Medidas Urxentes que facilite o regreso de mozas e mozos a Galicia e de apoio á investigación moza no país. Co Tratado de Maastricht e a libre circulación de traballadores e traballadoras deseñouse o concepto de “traballadores intracomunitarios”, mais a realidade cotiá amosa que son persoas tratadas como migrantes, con perda de dereitos de cidadanía, que viven situacións de desarraigo e explotación. Por moito que o edulcoren co termo “mobilidade”, o certo é que se dan situacións de desesperación. Por iso, precisamos ter un marco europeo concreto e definido para dar solución aos problemas destes traballadores e traballadoras en materia cultural (escolarización de fillos e fillas; homologación de formación e estudos; bolsas dignas para programas de inmersión lingüística e desenvolvemento profesional e laboral), social (os dereitos adquiridos non se perden ao cambiar de país: subsidios por desemprego; pensión e xubilación; acceso a unha sanidade gratuíta) e política (igualdade de dereitos entre todas as persoas; supresión do voto rogado porque nega o dereito de voto aos emigrantes galegos e galegas nas eleccións municipais e dificulta o exercicio nas eleccións lexislativas e autonómicas). PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 17
  • 19. 1.3.2. Principios de inclusión activa Cando menos entre o 20% e o 25% dos Fondos Estruturais debe destinarse a políticas de inclusión social. A UE ten que poñer en marcha plans de choque contra a pobreza e a exclusión social e pola inclusión social dos colectivos sociais hoxe máis afectados pola política austericida. Ditos plans teñen que acadar niveis básicos de cobertura como, pobreza infantil, persoas sen teito, fogares sen ingresos mínimos, persoas desempregadas sen prestacións, persoas con diversidade funcional sen emprego ou prestacións básicas, fogares monoparentais sen capacidade económica suficiente, vítimas de violencia de xénero sen recursos, persoas migrantes en situación administrativa irregular, preferentistas sen recursos roubados polos bancos, persoas da comunidade xitana, etc. a) Renda básica universal. Ten que ser o noso horizonte; a implantación dun• novo sistema que garanta o dereito universal a unha renda básica cidadá que permita vivir con dignidade e dea acceso aos bens indispensables para ter unha vida digna. Loitaremos para que se fixe unha Directiva conducente á implantación deste• modelo en todos os estados membros. Mentres non se acade: desde o Parlamento Europeo aplicar criterios axeitados• para desenvolver nos países con maiores índices de pobreza, mecanismos de garantía de ingresos mínimos que satisfagan as necesidades básicas e vaian vencelladas a programas de incorporación social que favorezan a non cronificación das situacións de carencia graves. b) Salarios laborais dignos garantidos por lei.• c) Salario mínimo interprofesional de 1000 euros.• d) Redución e eliminación da pobreza infantil.• e) Atención ás persoas con diversidade funcional e promoción da autonomía• persoal garantías do desenvolvemento das directrices da Convención Internacional das Persoas con Discapacidade ratificada polo estado español no ano 2008; desenvolvemento garantista da accesibilidade universal e políticas transversais para a súa correcta aplicación para que en todos os eidos sexa unha realidade a accesibilidade universal: participación política (importancia de todo o que acontece cos procesos electorais); perspectiva de xénero; igualdade de oportunidades; emprego e formación; educación; sanidade; acceso 18 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 20. aos servizos sociais e á autonomía persoal; cultura, lecer e deportes. f) Afortalamento e redimensionamento dos servizos sociais como servizo• público. Os dereitos sociais garantidos en todos os estados membros como dereitos• subxectivos, esixibles pola cidadanía ante as administracións públicas competentes, segundo a estrutura territorial de cada Estado. Desde a rede pública de servizos aplicarase unha intervención social axeitada• ás necesidades sociais da poboación en xeral e destinada tamén á inclusión efectiva das persoas con especiais dificultades, á vida social, empregando o método e normalización como obxectivo. As políticas orzamentarias da UE garantirán a dotación suficiente para dar• cobertura económica aos dereitos subxectivos recoñecidos na nova Carta de Dereitos Sociais que imos elaborar e aplicar. 1.4. Os servizos públicos universais 1.4.1. Sanidade Hoxe, as forzas da oligarquía están vulnerando o dereito do pobo a unha sanidade universal e gratuíta, someténdoa á privatización, aos repagos nas prestacións e aos recortes orzamentarios e, xa que logo, posibilitando a exclusión sanitaria. Desde as anteriores eleccións europeas, a saúde da poboación europea empeorou de forma notable, ao mesmo tempo que diminuían os seus recursos e ingresos. Cada vez hai máis persoas en risco de exclusión social, o que derivou nun incremento dos problemas de saúde mental. A precariedade económica trae como consecuencia a malnutrición ou desnutrición que afectan máis á poboación infantil. Desde Alternativa Galega de Esquerda propoñemos, entroutras, as seguintes medidas: Concepto integral de saúde, non só como ausencia de enfermidade, senón como• benestar físico, psíquico e social, que debe reflictirse nas políticas dedicadas á saúde e á sanidade. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 19
  • 21. Dereito á protección da saúde. Toda persoa residente na UE ten dereito a unha• atención integral e multidisciplinar da saúde, centrada na Atención Primaria, na prevención e promoción da saúde dentro de un modelo integrado, eficiente e con financiación, provisión e xestión totalmente públicas. Debe garantirse unha xestión pública directa. Equidade en saúde e no acceso á atención sanitaria.• Rexeitamento dos sistemas de copago ou repago.• Reforzo e garantía da atención multidisciplinar para a saúde mental, a atención• á drogodependencia, a atención sociosanitaria e a atención a sectores vulnerables. Adecuada cobertura das plantillas en condicións laborais xustas.• Unha política farmacéutica e de tecnoloxías sanitarias fundamentada as• necesidades de saúde, non nas necesidades dos mercados, con criterios de calidade e eficiencia. A Unión Europea debe garantir: Cobertura sanitaria universal, global, gratuita, con financiación, provisión e• xestión públicas. O dereito á protección da saúde con independencia da situación laboral ou administrativa, incluíndo a asistencia sanitaria, a saúde pública e a atención sociosanitaria. Estruturas sanitarias públicas con recursos financeiros, materiais e humanos• suficientes, priorizando a atención primaria de saúde. Contía mínima de gasto sanitario público non inferior ao 9% del PIB. Un sistema de información sanitaria común e homoxéneo, que garanta o• coñecemento da situación da saúde da cidadanía, e os resultados dos servizos e políticas sanitarias. A participación e control social no sistema sanitario e as políticas de saúde.• Coordinación das políticas sanitarias dos países da UE para que ofrezan unha• atención sanitaria de calidade en toda Europa. Reforzo das políticas de saúde pública que promovan un medio ambiente físico• e social saúdable e sen risco, planificando eliminación de contaminantes e reforzando os estudos epidemiolóxicos de saúde ambiental, laboral e desigualdades en saúde. 20 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 22. Reforzo das políticas de seguridade alimentaria.• Investigación da saúde orientada a resolver os principais problemas de saúde,• fomentando o apoio á investigación en enfermidades raras. Incremento de fondos para a investigación. Racionalizar a política farmacéutica e o uso de tecnoloxías sanitarias. Creación• dunha industria farmacéutica e de tecnoloxías sanitarias pública europea. Abogamos pola eliminación de patentes privadas e polo fomento de uso de medicamentos xenéricos e emprego de monodoses. Reforzo dos servizos de saúde mental cun enfoque bio-psico-social da• enfermidade. Reforzar os dispositivos sociosanitarios e rehabilitadores, con axudas para• manter ás persoas pacientes con enfermidades máis severas na súa contorna social e familiar. Atención ao dereito á saúde sexual e reprodutiva de toda a cidadanía con• cobertura pública, en anticoncepción, prevención de embarazos non desexados e interrupción voluntaria do embarazo. Reprodución asistida. Reasignación de sexo. Dereito a unha morte digna e aos coidados paliativos dentro do sistema sanitario• público, homoxeneizando criterios e lexislación e con respeto á vontade dos pacientes. Apoio a sectores vulnerables. Garantir o tratamento e atención das persoas con• VIH, potenciar a investigación pública no desenvolvemento de fármacos e terapias respecto ao VIH/sida. Garantir o acceso á alimentación das persoas con necesidades nutricionais especiais. Derrogación da Directiva 2011/24/UE (relativa á aplicación dos dereitos das• persoas pacientes na asistencia sanitaria transfronteiriza) e a súa substitución por unha lexislación que, garantindo os dereitos da cidadanía da UE, prohiba que se podan pagar prestacións en centros privados con fondos públicos. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 21
  • 23. 1.4.2. Educación 1.4.2.1. Unha educación pública de calidade para a igualdade A educación é un dereito humano fundamental e un alicerce básico das sociedades, porque favorece a emancipación e a cooperación dos pobos e contribúe a que toda a cidadanía sexa máis libre, máis crítica e con menos desigualdades. Por esta razón, desde AGE entendemos que a educación debe ser un dos principais criterios de converxencia na construción dunha Europa dos pobos máis igualitaria, máis democrática, máis solidaria e máis integradora da diversidade. Defendemos unha educación pública europea de calidade: gratuíta, igualitaria, coeducativa, laica, personalizada, integral, inclusiva e democrática, por ser a educación pública a única que garante a igualdade de dereitos e oportunidades para todos e todas; promove a participación democrática dos distintos sectores implicados no proceso educativo; respecta a liberdade de conciencia e de crenzas; atende á diversidade do alumnado e comprométese co interese común e o servizo público, á marxe de intereses particulares ligados ao adoutrinamento ideolóxico ou ao negocio económico das escolas privadas. A escola pública debe ser, para todos os pobos de Europa, un lugar de encontro entre as culturas que coexisten nunha sociedade cada vez máis multicultural, como unha premisa necesaria do auténtico desenvolvemento dunha educación para a paz, en igualdade de xéneros e respectuosa coa diversidade afectivo-sexual. Todo isto está en serio perigo. As forzas do capitalismo precisan dun sistema educativo vulnerable, que promova valores de competitividade. Perseguen unha escola empresarializada, tecnocrática, onde o valor supremo veña dado polas clasificacións numéricas, como as que dá o Informe Pisa. Queren unha escola pública que adopte non só métodos da empresa, senón que queren impoñer todo un funcionamento antidemocrático dos órganos xestores e das institucións que artellan a Comunidade Educativa. Iso foi o que se coou co Plan Boloña no sistema universitario e coa LOMCE recentemente aprobada, no sistema educativo non universitario. O dano para a educación pública en Galicia será irreparable para as vindeiras xeracións se non logramos parala. Para iso, dende AGE facemos as seguintes propostas: Elaboración dunha Carta de Dereitos Europeos sobre Educación, que garanta o• exercicio do dereito á educación en condicións de igualdade para todos os 22 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 24. pobos de Europa, e que inclúa unha declaración expresa contra todo tipo de adoutrinamento relixioso no ámbito escolar, así como a prohibición dos símbolos relixiosos nos espazos públicos educativos. Establecemento dunha contía mínima de investimento público en educación• (en torno ao 7% do PIB) en todos os sistemas educativos europeos, e constitución dun fondo de cohesión educativo que corrixa os desequilibrios e desigualdades territoriais. Instauración dunha rede planificada e suficiente de centros de titularidade e• xestión pública en todos os países da UE, que atenda a demanda educativa en todas as diferentes etapas e modalidades e conte con todos os recursos e servizos necesarios. Creación do Consello Escolar Europeo, como órgano de participación• democrática da comunidade educativa da UE, que analice, propoña medidas e coordine o sistema educativo europeo. Establecemento en toda a Unión Europea do período obrigatorio de• escolarización, cunha duración de, cando menos, doce anos para o ensino básico común, e que teña en previsión facilitar a permanencia no sistema educativo ata os 18 anos. Homologación da educación infantil que garanta o seu carácter plenamente• educativo (non meramente asistencial) e a creación de prazas públicas suficientes de 0 a 3 anos, para atender a demanda existente nas distintas nacións da UE. Redución en todos os Estados da ratio a 20 estudantes por aula (15 en infantil),• como máximo nas ensinanzas obrigatorias, tendendo progresivamente aos 15 para poder desenvolver un ensino realmente personalizada. Gratuidade do material didáctico, incluídos libros do alumnado, para garantir• a gratuidade real da educación obrigatoria. Desenvolvemento dun sistema integral de bolsas e axudas ao estudo e• establecemento da gratuidade dos comedores escolares, e do transporte escolar en zonas rurais, en todos os países da UE. Plan de choque contra o abandono escolar prematuro e pola mellora da• educación e da formación naqueles países con altos índices de fracaso escolar, dirixido prioritariamente a compensar desigualdades de orixe social ou cultural nos distintos países da Unión, impulsando cambios curriculares, metodolóxicos e organizativos que permitan dar resposta á diversidade e incorporando novos PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 23
  • 25. perfís profesionais na escola: de educación social e de traballo social, de mediación intercultural, etc. que apoien a tarefa educativa, para que todos e todas poidan aprender con éxito. Fomento dos programas de intercambio en Educación Secundaria (tipo• Erasmus), tanto na modalidade de Formación Profesional como de Bacharelato. Homologación da formación inicial para a función docente, de modo que facilite• o intercambio e a mobilidade, e requira unha titulación equivalente de polo menos 4 anos de formación universitaria para calquera das etapas educativas, e un período de carácter práctico de polo menos de dous anos de formación centrado nos centros educativos. Integración e homologación europea da Formación Profesional, Ocupacional e• Permanente cuxa articulación estea coordinada nun Consello Europeo da FP operativo e funcional. Extensión e recursos suficientes para a formación permanente.• Destino do 0,7% dos orzamentos de educación a proxectos educativos de• cooperación en países empobrecidos. Homologación europea dunha materia obrigatoria para todo o alumnado, de• carácter laico e non confesional, de Educación para a Cidadanía Democrática e os Dereitos Humanos, con horario e profesorado específico. 1.4.2.2. Universidade A construción social europea ten que basearse nunha converxencia real que garanta de forma efectiva os dereitos sociais de toda a poboación. Esta converxencia debe realizarse tamén na educación superior, pero non pode limitarse a unha mera homologación formal dos niveis de titulación superior e a unha unidade de medida dos estudos superiores, senón que require unha efectiva dotación de recursos que a faga posible. A educación é un dereito universal, e por tanto se ten que garantir a chamada dimensión social do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), de modo que todo estudante poida completar todos os seus estudos superiores sen obstáculos relacionados coa súa orixe socioeconómica. 24 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 26. A educación superior debe orientarse a potenciar o desenvolvemento persoal e profesional das persoas, e a súa contribución a unha sociedade xusta, sostible e democrática. Defendemos, xa que logo, a renovación pedagóxica necesaria para promover unha aprendizaxe máis activa do estudantado que permita estimular a súa capacidade de crítica, investigación e innovación. Para iso, as Universidades europeas teñen que desempeñar o seu papel esencial na formación cultural, científica e profesional sen subordinarse á lóxica do mercado e promovendo unha cooperación non competitiva con Universidades de todo o mundo, mediante o financiamento público necesario. Por todo iso: Hai que reverter os procesos de privatización e subordinación da Universidade• ao mercado, amparados no Proceso de Bolonia e o principio de competitividade propugnado no mesmo, rexeitando tamén a apropiación privativa da investigación financiada con fondos públicos. O certo é que o denominado “Plan Boloña” non funciona. Os sistemas• universitarios nacionais reproducen na súa maior parte as clases sociais e hai unha catástrofe financeira causada pola tendencia a adoptar medidas de compatibilidade e de austeridade en todos os Estados. Defendemos unha transformación profunda da Universidade Europea,• entendida como servizo público aberto a toda a cidadanía, que non busque a competitividade, senón a calidade e a cooperación ao servizo dun mundo máis xusto e equitativo. Avogamos, en consecuencia, pola gratuidade da educación superior en todos os• seus ciclos, e opoñémonos ao incremento dos prezos dos estudos universitarios de calquera nivel. Esiximos financiamento público suficiente non só para acometer realmente as• transformacións pedagóxicas e curriculares necesarias, senón sobre todo para garantir un sistema de bolsas-salario e axudas ao estudo que asegure que todo estudante poida completar todos os estudos universitarios sen obstáculos derivados da súa orixe socioeconómico. Para iso requírese incrementar os fondos destinados ás universidades públicas ate acadar o 2% do PIB. Rexeitamos toda pretensión de mercantilizar a educación superior, xa sexa• facendo descansar o seu financiamento nas achegas de empresas privadas, ou mediante a apropiación privada dos recursos públicos, a través de mecanismos como as spin-off (transferencia de investigación financiada con fondos públicos a empresas privadas), establecendo mecanismos para que a transferencia de coñecemento tecnolóxico sexa de dominio público, de pública dispoñibilidade, non un negocio privado. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 25
  • 27. Propoñemos a representación autenticamente democrática de todos os sectores• universitarios nos órganos de goberno das Universidades europeas, reequilibrando a súa representación e incrementando en particular o peso do estudantado, e achegando unha xestión desta institución que responda a obxectivos formativos e non mercantilistas. Apoiamos os movementos de estudantado e traballadores e traballadoras por• devanditos obxectivos e en defensa dunha Universidade pública, democrática e ao servizo das necesidades sociais en todo o ámbito europeo. Os cambios e melloras necesarias das Universidades europeas só serán posibles• cunha ampla participación consciente e activa de toda a comunidade universitaria: estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos. 1.4.2.3. I+D+i: converxer cara a unha Europa de Iguais A Investigación científica, o Desenvolvemento tecnolóxico e a innovación no traballo (I+D+i) son ámbitos fundamentais para un desenvolvemento social e ecolóxicamente sostible. E as políticas comunitarias de I+D+i deben ser ferramentas para fomentar o desenvolvemento equilibrado do conxunto dos países europeos e para a súa cohesión social, entendida como alicerce básico da UE. O balance actual é contraditorio: se en investigación e innovación deuse inicialmente un impulso ao amparo do Programa Marco de Investigación, actualmente, coa escusa da crise, estanse aplicando recortes en I+D+i que están abafando o sistema científico. Pero máis grave aínda, estase producindo un franco retroceso no fortalecemento da base de coñecemento en que se apoia a Unión: o nivel de investimento en educación segue sendo demasiado baixo; o aproveitamento das oportunidades de aprendizaxe permanente é limitado; e segue sendo alto (especialmente nos países do sur) o número de mozos e mozas que abandonan os seus estudos sen cualificación algunha, ou só con cualificacións elementais. Galicia, como nación periférica da UE, foi sometida a un proceso salvaxe de desindustrialización e descapitalización crediticia (perda das caixas e venda de Novacaixagalicia a capital estranxeiro), e a unha política de desincentivación económica que implicou a perda de preto de 6.000 empresas do sector tecnolóxico entre o 2008 e o 2012. En consecuencia, as prioridades neste ámbito pasan por aumentar o investimento en coñecemento, reforzando os campos da investigación, a innovación, a educación e a formación permanente. 26 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 28. Para iso AGE realiza as seguintes propostas: Investimento en I-D+i de acordo á media dos países da UE, pasando do actual• 0,87% do PIB para achegarnos á media europea do 2,2% do PIB. Desenvolvemento dunha política de innovación e da investigación como piares• do futuro de Galicia e dun modelo produtivo viable e respectuoso cos parámetros da ecoloxía social. Apoio á creación de redes e centros europeos de calidade en investigación e• educación, mellorando a dimensión europea da aprendizaxe permanente co recoñecemento de cualificacións e aptitudes; creando títulos, certificados e diplomas europeos; e establecendo normas mínimas comúns de calidade na educación e a formación. Garantir o carácter público do resultado de investigacións financiadas con• fondos públicos, rexeitando a apropiación privada de recursos públicos. Os resultados da investigación científica e tecnolóxica subvencionada con fondos públicos, deben ser de libre utilización e difusión, así como tamén aquelas que afecten a necesidades básicas (como medicamentos, etc.). Prioridade na investigación e aplicación de tecnoloxías que melloren o emprego• en función da relación innovación/volume-calidade do emprego xerado. Promoción da investigación asociada a modelos de decrecemento e sostibilidade medioambiental: protección do medio ambiente, enerxías renovables e limpas e saúde laboral. Recuperación dos criterios de cooperación fronte ao de competitividade na• política tecnolóxica e industrial comunitaria. Desenvolvemento de tecnoloxías xenéricas e respectuosas co medio ambiente,• que permitan mellorar a calidade de vida nas contornas urbanas e rurais. Políticas de difusión activa deseñadas para casos específicos (PEMEs, rexións menos favorecidas, sectores tradicionais). Democratización da xestión dos programas de I+D+i. Crear as condicións para• que aumente o investimento do conxunto da sociedade en investigación, mais mantendo sempre niveis elevados de financiamento público da investigación en campos prioritarios. Limitación do papel dos grandes grupos industriais na orientación da política tecnolóxica, que se baseará ante todo en criterios de rendibilidade social. Recuperación e fomento da investigación en temas socioeconómicos, con• especial énfase en estudos de fenómenos de marxinación e exclusión social, PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 27
  • 29. emigración, discriminación, consecuencias sociais do paro e da precariedade laboral. Avaliación do impacto social das políticas de redución do investimento público e de desregulación das condicións de traballo. Avaliación do impacto das tecnoloxías sobre o emprego, a calidade de vida e o• medio ambiente. Estudos sobre acumulación desmedida de riqueza, ou outros análogos que permitan evidenciar a xénese e permanencia das desigualdades. Aplicación do principio de precaución na avaliación de todos os programas• europeos, e especialmente nos de Biotecnoloxía, Medio Ambiente e Enerxía. Inclusión da cohesión como criterio relevante para a selección de prioridades• e avaliación de propostas de investigación, dando especial importancia ás que poden resolver problemas da sociedade nas rexións menos desenvolvidas. Xeración de Políticas integradas de participación en proxectos europeos e• nacionais. Redistribución do esforzo investigador que integre as demandas en I+D+i de todos os países membros. Fomento de conferencias de consenso e da participación cidadá nas decisións• tecnolóxicas: financiamento, uso e aplicación das tecnoloxías xeradas. Extensión dos programas de avaliación tecnolóxica e de difusión de prácticas consideradas modélicas polos seus beneficios sociais. Cooperación científica e tecnolóxica cos países do Terceiro Mundo.• Recuperación do criterio de cooperación ao desenvolvemento e inclusión dos países do Sur, especialmente os do Mediterráneo, África e América Latina, dentro dos obxectivos e políticas de cooperación científico-tecnolóxica. Orientación dos recursos de I+D+i a aplicacións civís, descartando o modelo de• desenvolvemento vía innovación militar. Aprobación dunha Lei europea de Obxección Científica que legalice a crecente oposición dos científicos europeos a traballar en programas de Defensa Militar. Posta en marcha dunha liña de axudas financeiras europeas para o• desenvolvemento de proxectos de investigación que respondan ás demandas das organizacións sociais: sindicatos, asociacións de veciños, consumidores, ONGs, organizacións ecoloxistas, pacifistas, etc. Para concretar esta aposta, AGEe propón elaborar un programa-marco europeo en políticas educativas e de I+D+i, baseado nos principios básicos da esquerda alternativa: unha educación pública, democrática e laica de calidade; un sistema científico-técnico que 28 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 30. sustente un desenvolvemento social e ecolóxicamente sostible; un modelo que contribúa á extensión da cultura científica indispensable para elixir e decidir o modelo social en que queremos vivir. 1.4.3. Servizos sociais Para a Alternativa Galega de Esquerda en Europa os servizos sociais deben ser públicos e garantir entroutros aspectos os seguintes: A protección social é unha responsabilidade pública.• Os servizos e prestacións sociais terán como soporte un sistema público de• atención, cunha rede axeitada que permita cubrir en pé de igualdade a diversidade territorial e funcional da poboación cunha equidade básica para toda a cidadanía. Os dereitos sociais básicos deben estar garantidos en todos os estados membros• como dereitos subxectivos, esixibles pola cidadanía ante as administracións públicas. Desde a rede pública desenvolverase unha intervención social axeitada ás• necesidades sociais da poboación en xeral e destinada á inclusión das persoas con especiais dificultades, utilizando a integración como método e normalización como obxectivo. As políticas orzamentarias garantirán a dotación suficiente nos países membros• para dar cobertura económica aos dereitos subxectivos recoñecidos na nova Carta de Dereitos Sociais, impulsando fondos europeos para a cohesión social. Elaboración e aplicación dunha Carta de Dereitos Sociais para a Cidadanía da• Unión Europea, como desenvolvemento específico da vixente Carta de Dereitos Fundamentais. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 29
  • 31. 1.4.4. Vivenda e cidade ecolóxica “Os Estados Partes recoñecen o dereito de toda persoa a un nivel de vida axeitado para sí e a súa familia, incluso alimentación, roupa e vivenda axeitados, e a unha mellora continua das condicións de existencia. Os Estados Partes tomarán medidas apropiadas para asegurar a efectividade deste dereito, recoñecendo a este efecto a importancia esencial da cooperación internacional fundada no libre consentimento.” Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PIDESC) O estourido da burbulla inmobiliaria segue manifestando as súas devastadoras consecuencias no pobo galego e nos do sur de Europa. A estafa hipotecaria producida por decenios de políticas neoliberais en Galicia, no Estado e en Europa está xerando unha vulneración sistemática de dereitos fundamentais, coa súa faciana máis dramática nos desafiuzamentos masivos e no sobreendebedamento das familias. Estes anos demostraron que deixar o dereito a unha vivenda digna en mans do mercado destrúe este dereito e, ademais, non supón unha actividade ecnómica sustentable nin xeradora de emprego estable, senón un negocio depredador, especulativo e voraz. Desde Alternativa Galega de Esquerda en Europa queremos un modelo de cidade e de territorio máis ecolóxicos: 1.- A vivenda é un dereito fundamental que debe ser garantido e protexido polas administracións públicas. O parque de vivendas públicas debe ter consideración de Servizo Público, tan• importante como a educación ou a sanidade. A vivenda pública, como servizo público, non pode venderse nin privatizarse. Prohibición de que as administracións públicas desafiucen dos seus parques de• vivenda. Fomentar o acceso á vivenda desde o cooperativismo, e novas formas de• tenencia, fortalecendo o alugueiro. Establecer unha bolsa de vivendas baixo control público que estean destinadas• a dar habitación a quen foi expulsado da súa vivenda. 30 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 32. 2.- A loita contra os desafiuzamentos, a fraude financeira e a quita hipotecaria Reformar as leis estatais adoptando as medidas da ILP para a Proposición de• lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desafiuzamentos e de alugueiro social. Modificar a lei de protección ao consumidor hipotecario, para que sexa garante• de seus dereitos. Crear a Oficina do Defensor das familias endebedadas, de forma que se• restruturen os préstamos hipotecarios mediante una negociación. España debe abordar a quita hipotecaria. 3.- A dignificación da vivenda, as políticas públicas para a rehabilitación da vivenda. 4.- O dereito á cidade, un espazo público para a cidadanía. A Cidade como dereito á vivenda, á mobilidade e ao espazo público. 5.- Disolución das ferramentas pensadas para garantir a taxa de ganancia da oligarquía a costa do espolio ao pobo: Disolución de la SAREB (Sociedad de gestión de activos procedentes de• la reestructuración bancaria). Disolución das SOCIMIS (sociedades cotizadas de investimentos no• mercado inmobiliario) que buscan o investimento de fondos estranxeiros e institucional no mercado inmobiliario e que tributarán ao 0%. Privilexios inaceptables para os grandes grupos económicos que especulan con este ben de primeira necesidade. Derrogación da Lei de flexibilización do mercado do alugueiro, que• precariza e prexudica a inquilinas e inquilinos, favorecendo aos grandes propietarios e acaparadores de vivendas baleiras. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 31
  • 33. 1.3.5. Xustiza Defendemos un modelo de xustiza como servizo público garantido a nivel da Unión Europea, e para iso desde AGE en Europa propoñemos: Mellorar o acceso directo da cidadanía ao TXUE.• Garantía de acceso gratuíto a todas as persoas que viven na UE, incluíndo todas• as instancias xudiciais. Derrogar as reformas lexislativas regresivas da UE que recortan dereitos• fundamentais e liberdades das persoas baixo a retórica da seguridade e a loita contra o terrorismo. Derrogar as “listas de terroristas” da UE.• Rexeitamento dos principios mercantilistas do dereito comunitario e da doutrina• do Tribunal Europeo de Xustiza consistente na aplicación do “principio de país de orixe”. A consecuencia do mesmo é a aplicación da lexislación do país do empresario e non do traballador buscando evadir a aplicación de convenios colectivos e demais lexislación laboral máis favorable para o traballador e traballadora. Protección e impulso do principio de xustiza universal a nivel europeo.• Reforzar a lexitimidade de sindicatos e movementos sociais para a defensa dos• dereitos e intereses a que representan no eido da Unión Europea. Control e elección dos membros do Tribunal de Xustiza polo Parlamento• Europeo. Protección dos principios e dereitos da Declaración Universal de Dereitos• Humanos e tutela destes dereitos a nivel europeo. Implantación da Oficina Xudicial Europea co fin de asesorar e informar á• cidadanía respecto aos dereitos e trámites para facer máis accesible a xustiza na UE. 32 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 34. Ampliar competencias do Defensor do Pobo Europeo para que poda investigar• sobre vulneración de dereitos fundamentais e con capacidade sancionadora. Creación dun Relator de Dereitos Humanos na Unión Europea.• Ampliar a Carta de Dereitos Sociais e Laborais da Unión Europea para que sexa• vinculante xuridicamente. Directiva sobre Asistencia Xurídica Gratuíta Europea.• Directiva sobre Participación, consulta e negociación colectiva dos traballadores• e traballadoras na Unión Europea. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 33
  • 35. DEMOCRACIA E PARTICIPACIÓN 2.1. Un proceso constituínte para unha Europa dos Pobos e da Cidadanía Hoxe, dentro do marco institucional da actual Unión Europea, sería imposible artellar un proxecto alternativo. Temos claro desde Galicia que temos que transformar o marco que regula e impón as normas e iniciar un proceso constituínte: se reformulamos totalmente as institucións de goberno europeas, se nelas entra de verdade a democracia e se fai delas órganos que representen de verdade a vontade de todos os pobos de Europa...entón, deberíamos resolver a ecuación a respecto da soberanía popular e estarmos en Europa. Un estarmos compartido dentro dun novo cadro de relacións de cooperación. O proceso constituinte supón como mínimo a convocatoria dunha Asemblea Constituínte Europea elexida por sufraxio universal para determinar unha arquitectura democrática do parlamento, goberno simplificado e demais institucións europeas. Esta proposta significa que queremos un gran debate público para que os pobos de Europa decidan que tipo de integración desexan e sobre que piares políticos, económicos e sociais. Mais, somos coñecedores da correlación de forzas hoxe existente. Por iso, é preciso pensar en alternativas de integración diferentes ás actuais. Tendo en conta as compartidas condicións estruturais das economías do sur de Europa, abrazadas polo Mediterráneo, é necesario comezar a artellar novas forzas e proxectos políticos transfronteirizos que garantan relacións comerciais xustas e solidarias. Estas alianzas dentro da UE poden servir para afortalar a oposición ao proxecto neoliberal, e fóra da UE poden ser o punto de inicio de verdadeiros proxectos alternativos no eido institucional e económico. 34 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 36. En palabras de Alexis Tsipras: “O obxectivo estratéxico é contribuír ao desenvolvemento dun diálogo substantivo con todas as forzas progresistas da esquerda de Europa para crear de forma conxunta unha liña efectiva de resistencia contra as elites neoliberais e unha proposta positiva de saída que permitir´a máis ampla alianza das forzas populares. Especialmente nos países do sur de Europa que se enfrontan a dificultades grandes e comúns, un diálogo sincero entre as forzas progresistas e da esquerda e a máis ampla alianza dos pobos é unha condición indispensable das fendas políticas da austeridade, para a saída da recesión e para o impulso das reformas que establecerán a democracia, e a cooperación equivalente en Europa”. 2.2. A cidadanía e as institucións: democratización e soberanía popular Unha cidadanía que poda intervir na toma de decisións. Para iso deben implementarse cambios na Iniciativa Cidadá Europea, un auténtico regueiro de atrancos hoxendia. Son moitas as medidas que cómpre poñermos en marcha nada máis chegarmos ás institucións europeas: Novo marco normativo para unha nova construción europea: Eliminación do Tratado de Maastricht, do Pacto de Estabilidade, cooperación• e gobernanza asi como o de control financeiro e orzamentario. Democratización das institucións europeas.• Reforzar o rol do Parlamento Europeo fronte á Comisión. O poder lexislativo ten• que estar en mans de órganos elexidos de forma democrática polos pobos de Europa. Plan integral contra a corrupción (contratos públicos, financiamento dos• partidos, aforamentos, teitos salariais, revogación de cargos, gastos de campaña electoral, acceso ós medios públicos...) Participación cidadá.• Transparencia.• Democracia 2.0.• PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 35
  • 37. Inviolabilidade das comunicacións.• Debates públicos e referendos sobre os asuntos de importancia.• Iniciativas lexislativas populares europeas.• Control dos representantes políticos.• Orzamentos participativos.• Referendos e consultas populares. Regulamentación das ILP europeas.• Creación dunha canle de televisión temática sobre a actividade parlamentaria• e lexislativa europea. Libre acceso dos medios a todas as xuntanzas e negociacións relevantes. Sistema dixital de consulta cidadá.• Uso obrigatorio do programario informático libre nas administracións públicas• europeas. Gobernabilidade e cooperación.• Devolución do poder orzamentario aos parlamentos nacionais, que á súa vez• han ter o poder de regular, controlar e participar nas decisións da UE ratificación democrática obrigatoria en Referendo dos tratados e medidas que afecten á Constitución dos Estados membros, particularmente, sobre intervencións militares, tratados de comercio que modifiquen a normativa de protección social e ambiental vixentes. En xeral, o programa de AGE en Europa fai súas as Recomendacións• presentadas pola Alianza EYCA de organizacións da sociedade civil sobre Cidadanía Democrática Europea. 36 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 38. ECONOMÍA E EMPREGO Estamos ante as consecuencias dun modelo voraz, dun capitalismo que procura o crecemento económico como sexa, de forma insustentable e mesmo incoherente. Pero non caiamos no erro, habitual, de pensar que o capitalismo está tocado de morte. En efecto, na súa voadura está desmantelando todo o estado de benestar, todos os servizos públicos esenciais e todo a través da implementación de leis e normas que regulan o proceso produtivo e económico no seu beneficio: unha regularización oligárquica de Europa. Non é preciso insistir na idea de que a UE realmente existente non representa un artellamento solidario das economías nacionais, e menos aínda a construción dunha Europa social, senón que se converteu no taboeiro de xogo que deseñaron os grandes capitais europeos para afortalar a súa posición en todo o mundo. Dentro deste taboeiro impúxose unha ilóxica e destrutiva competencia entre os pobos que forman parte da UE. Unha competencia que se aplicou sobre salarios, cada vez máis á baixa, coa perda de poder negociador das organizacións da clase traballadora. Galicia, dentro desta óptica, é a que sae perdendo. 3.1. Economía Rexeitamos os acordos contidos nos documentos da Estratexia Europa 2020, porque emanan do marco de competitividade e privatización de servizos. A Estratexia Europa 2020 non é outra cousa que a continuación daquela mal chamada Constitución Europea, negada por Francia e Holanda, mais que se coou pola porta de atrás da democracia en Lisboa. Baixo os eufemismos que expresan as liñas das súas conclusións está a vontade do capitalismo salvaxe PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 37
  • 39. de seguir coa súa folla de ruta. En nós, en Galicia como parte activa deses pobos de Europa, está impedir que siga adiante esta estratexia capitalista que só quere desmantelar o ben público e privatizalo. De feito, o Mercado Único Dixital que se quere crear diríxese e explota a súa forza, baixo a máscara lingüística da (suposta) innovación, na privatización de servizos e, para iso, queren eliminar a capacidade protección dos pobos poñendo en marcha unha regulamentación para uso e beneficio dos que dominan o sector de servizos privados. Ademáis, baixo o chamado Mecanismo Único de Supervisión agóchase unha realidade que pode ter consecuencias moi perigosas: a entrega da nosa soberanía política e económica aos órganos non democráticos de Europa en aras do control do déficit, que é o que explica a política de recortes nos distintos orzamentos “supervisados” desde Europa. De novo, o horizonte se tingue de diñeiro público para a banca privada (recapitalización dos bancos a través do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE)) e de máis restricións orzamentarias para os pobos. De feito, preocupan os anuncios sobre dúas directivas que se van a elaborar: a Directiva sobre rescate e resolución bancarios e a Directiva relativa aos sistemas de garantía de depósitos. 3.1.1. Sistema financeiro Un novo rol para o banco central europeo. Control democrático do bce: debe ser unha ferramenta ao servizo da cidadanía. O poder de emisión de moeda debe financiar proxecto dirixidos a crear emprego digno (industria, investigacion, e novos modelos de produción) e de servizos públicos nacionais e europeos. As diferentes economías nacionais deben ter o apoio dun banco central para que podan poñer en marcha políticas a favor das maiorías sociais, e que funcione como prestamista de última instancia. Crédito como ben público = sen interés, con cargos análogos á inflación para a xestión dos gastos. Bloqueo dos movementos de capitais entre a ue e os paraísos fiscais. Control público dos bancos, creación de consorcios públicos bancarios e separación das 38 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 40. actividades comerciais das de aforro nos bancos. Nova regulación europea dos instrumentos de investimentos colectivos, como as sicav, para evitar que sexan fórmulas de elusión fiscal. En concreto, a participación individual de cada socio non debería ser inferior ao 5% do capital. Loita contra a fraude fiscal. Eliminar o segredo bancario. Favorecer o desenvolvemento de fondos mutualistas e cooperativos sen finalidade lucrativa. unha banca pública, con control da cidadanía. Debemos crear unha banca pública europea, de desenvolvemento social e solidario e con control da cidadanía. Esta banca debería distribuír os recursos financeiros destinados a proxectos europeos baseados en criterios sociais e medioambientais. Os fondos provirían do BCE, do orzamento da UE e das taxas sobre transaccións e ingresos financeiros, libraría os investimentos públicos nos mercados financeiros e remataría coa especulación. Loxicamente, prohibición absoluta da súa posterior privatización. Prohibición de produtos financeiros altamente especulativos, coma os credit default swap. 3.1.2. Fiscalidade Os orzamentos da UE. Pensados para a solidariedade, para axudar ás persoas e aos pobos que pasen máis dificultades. Deben ser o instrumento que permita reducir as desigualdades sociais entre os pobos de Europa. Non aceptaremos os recortes nas disposicións orzamentarias destinadas ás persoas en situación de risco. Redistribución xusta da riqueza. Progresividade: quen máis ten debe achegar máis para a caixa común. Proponse a imposición dunha taxa europea excepcional para as grandes fortunas co obxecto de financiar un plan europeo de recuperación económica. Taxa sobre os beneficios bancarios. Imposto sobre transaccións financeiras (Taxa Tobin). Loitar contra o dumping fiscal: establecer unha armonización fiscal xusta. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 39
  • 41. Sistema fiscal xusto en cada país e a nivel europeo. Non se inxectará diñeiro público ás empresas con beneficios que despidan traballadores e traballadoras. As axudas públicas ás empresas condicionaranse en función da creación de empregos dignos, estables, de criterios sociais e medioambientais. Axencia Pública Europea de Rating. 3.1.3. Un novo modelo produtivo O futuro ten que contemplar os límites da Nai Terra, ten que respectar o ecosistema en que traballamos. Para iso, os procesos de creación de emprego industrial teñen que ter moi en conta o tipo de industria (atenderá a criterios de demanda), que deberá asentarse en sectores sustentable e na participación de traballadores e traballadoras na súa propiedade e na súa xestión. Para Alternativa Galega de Esquerda será prioritario establecer os piares dun novo modelo produtivo baseado no mercado interno e na demanda doméstica: Potenciando o aforro enerxético e a eficiencia.• A rehabilitación e o illamento de vivendas.• Un novo modelo comarcal de RSU asentado na reciclaxe e na compostaxe.• Potenciando as enerxías renovábeis e a nacionalización e o carácter de servizo• público da enerxía. Traballando para asentar a agricultura ecolóxica e a produción de bens e• servizos de proximidade, evitando a pegada ecolóxica derivada do excesivo uso do transporte de mercadorías. Instaurando mecanismos que garantan a soberanía alimentaria, tal como a• regulación dos mercados agrarios, stocks reguladores e medidas contra a especulación. Promovendo emprego local coa creación de cooperativas agrícolas que permitan• unha distribución local dos produtos, reducindo os intermediarios de forma 40 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 42. progresiva e achegando os lugares de produción e consumo, combatendo o modelo agroindustrial, e con axudas para o pequeno comercio. • Garantir a titularidade e o control público dos recursos naturais (auga, enerxía),• bens (infraestruturas) e servizos estratéxicos (pensións, educación e saúde, xunto cun parque público de vivendas suficiente para garantir o dereito constitucional, e aqueles de interese público ou común para garantir que o dereito a decidir da cidadanía sexa merecente de tal nome; todos os servizos declarados de primeira necesidade deben ser 100% públicos. 3.9. desenvolvemento de políticas que aposten pola recuperación dos• ecosistemas agrarios e da beiramar, pola ordenación do territorio, a protección da liña costeira e a fixación de poboación no medio rural e mariñeiro. Evitar a concentración da actividade naval en mans duns poucos países e• levantar o veto para que Navantia poda dedicarse á construción naval civil en Ferrol. Cómpre avanzar no control público e democrático dos sectores estratéxicos da• economía europea. Paso importante para pensar e repensar cales son os nichos de produción que interesa desenvolver e estender e cales interesa non proseguir con eles debido aos seus elevados costes enerxéticos, medioambientais e sociais, asi como ver a maneira de producir de forma cooperativa entre os pobos, en vez de competir de forma descarnada. Os programas de innovación e desenvolvemento deben ser os motores• fundamentais do cambio no modelo produtivo. Todas as economías europeas han transitar cara a estruturas produtivas de alto valor engadido. Programa de retorno da mocidade investigadora que tivo que exiliarse do país.• 3.2. Emprego Novos poderes á clase traballadora permitindo que decida sobre o sentido e a organización do seu traballo, para organizarse nas empresas, para o control social dos medios de produción. Traballadores e traballadoras e os seus representantes deben ter dereito de veto nas instancias de dirección das empresas sobre os proxectos especulativos, as restruturacións e as deslocalizacións. Desexamos instrumentos que permitan aos traballadores e traballadoras loitar contra a precariedade na súa empresa. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 41
  • 43. Restablecemento dos convenios colectivos. Defensa dos marcos de negociación sindical e loitar contra a represión anti-sindical. Abolición das recentes reformas laborais. Rexeitamos a Directiva Europea sobre xornada laboral que permite a flexibilidade total. Estamos en contra da Estratexia de Lisboa e da flexiseguridade e empregabilidade aí establecidas. Limitación por unha Directiva Europea da xornada de traballo a 35 horas en cómputo semanal, sen redución de salario, e a adopción de medidas eficaces para limitar a realización de horas extraordinarias. Todos os postos de traballo deberán cumprir cos estándares da OIT: salario digno; seguridade no lugar de traballo e protección social para as familias; mellores perspectivas de desenvolvemento persoal e integración na sociedade; liberdade para a expresión de opinión, organización e participación nas decisións que afectan ás súas vidas, igualdade de oportunidades e trato para todas as mulleres e homes. Política de coordinación salarial a nivel europeo que relacione e vincule crecemento salarial á suma do crecemento da produtividade e inflación nos países con déficit comercial, e que estableza crecementos salariais superiores a esa marca nos países con superavit comercial. Topes salariais tanto no sector público coma no privado. Adopción dun plan de emerxencia para loitar contra o desemprego. Establecemento das bases para unha Estratexia Europea de Investimentos para incrementar a capacidade de financiación para os investimentos. Plan Europeo de medidas urxentes para promoconar o emprego xuvenil. No marco dunha estratexia europea cara a plena ocupación. Establecemento dun salario mínimo interprofesional europeo común. Propoñemos un salario mínimo interprofesional de 1000 € e a creación dun plan para a converxencia salarial en Europa. Políticas activas europeas contra da pobreza, a desigualdade e a exclusión. Plan Europeo de apoio á dependencia. 42 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 44. MEDIO AMBIENTE E ECOLOXÍA SOCIAL. SOBERANÍA ALIMENTARIA E POLÍTICA AGRARIA COMÚN AGE en Europa comprométese a defender as 14 medidas do Programa da Terra presentado polas principais organizacións ecoloxistas onternacionais para as Eleccións Europeas, particularmente: Asegurar que a UE adopte para 2030 tres obxetivos diferenciados, ambiciosos e vinculantes de clima e enerxía. Fomentar a transición cara un modelo enerxético renovable, xusto e democrático. Establecer políticas integrais que prioricen a reducción de residuos e do uso de recursos. Deter a perda de biodiversidade en Europa para 2020. Conseguir mares máis sans. Apoiar unha agricultura que garantice a biodiversidade e un medio rural vivo. Garantir uns ríos con vida e unha nova cultura da auga en Europa. Parar a deforestación e degradación forestal a nivel europeo e global. Adoutar medidas para unha xestión racional de productos químicos perigosos. Limitar a contaminación do aire a niveis concordantes coas últimas recomendacións para a saúde. Opoñerse a calquera tratado de libre comercio que debilite as normas de protección ambiental e social e á sinatura de acordos comerciais con países que vulneren o dereito internacional. Situar a xustiza ambiental e social no corazón das políticas comerciais para reducir a pobreza, a desigualdade e a crise ecolóxica global. Elimiñar subvencións dañinas para o medio ambiente e avanzar cara unha fiscalidade máis sostible. Garantir o dereito á información, participación e xustiza para a ciudadanía europea. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 43
  • 45. 4.1. Territorio As politicas actuais da UE en materia de ordenación do territorio veñen ditadas pola Axenda Territorial Europea 2020, cuxos principios e obxectivos se inscriben na Política de Cohesión da UE. No entanto, non ten carácter normativo, se ben formula directrices e recomendacións, a través de 6 prioridades que non garanten nin a cohesión territorial nin a social nin preserva o patrimonio ao non ser vinculante. Políticas que converteron o territorio nun ben económico máis, e non coma o lugar en que se desenvolve a vida humana, vexetal e animal, ao tempo que o modelo elixido se decantou pola produción intensiva, tanto en industria como en agricultura, e na aposta pola urbanización difusa, necesitada dun alto consumo de enerxía, de infraestruturas e de sistemas múltiples de transporte, en que o privado é altamente excesivo. Un sistema que creou deseños territoriais desde unha perspectiva urbana que tivo como consecuencia, non só a dependencia do espazo rural respecto do urbano, senón a perda de servizos públicos e de equilibrio. A poboación do rural galego viuse sometida deste xeito a un proceso de emigración aos grandes núcleos urbanos galegos, orixinándose a actual situación de baleiro territorial que padece o rural de Galicia. O territorio debe entenderse o territorio coma un espazo físico composto por ecosistemas urbanos, rurais e naturais, que xeran interrelacións económicas, sociais e culturais entre sí. Para iso, cómpre que se teñan en conta as seguintes premisas: Democratización da ordenación do territorio que teña como eixo fundamental ás persoas, o seu desenvolvemento político e persoal (educación, vivenda, sanidade, cultura, ocio), asi como a sostibilidade social e ambiental. Elaboración dunha Directiva Marco do Territorio, relativa á ordenación do territorio e o urbanismo, que evite a concentración en grandes aglomeracións urbanas insostibles. Planificación política do territorio, con participación social, que defina necesidades comerciais, industriais, agrícolas, gandeiras, turísticas, de servizos e implemente as políticas para garantir un desenvolvemento social xusto e sostible. Impulsaremos unha Directiva Marco sobre a Protección do Litoral e da Plataforma Continental. A cidade é espazo de relación, de encontro entre as persoas, con barrios multifuncionais e sostibles no social e no ambiental. Debe garantirse o acceso a unha vivenda digna, sen desbaldir máis recursos naturais, territoriais e paisaxísticos que os necesarios e opoñéndonos ao crecemento desordeado con criterios economicistas. 44 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 46. O campo debe preservar os saberes e técnicas tradicionais que manteña a diversidade agropecuaria sen renunciar a novas tecnoloxías que melloren os procesos produtivos. As explotacións extensivas deben prevalecer sobre as intensivas. A esta visión do territorio habería que engadir a súa consideración como paisaxe. A paisaxe é a unión dos aspectos xeoecolóxicos e culturais do territorio, algo que queda definido no Convenio Europeo da Paisaje de 2000 en que se opta preservar a riqueza física e humana que atesouran as paisaxes das rexións europeas. A paisaxe non é só unha realidade física, é o lugar onde se proxecta e onde se representa a cultura da xente que o habita; unha transformación colectiva da natureza. En cambio as transformacións aceleradas e agresivas do territorio xeraron unha degradación continuada da paisaxe, tanto nos seus aspectos ecolóxicos –perda de biodiversidade, contaminación de acuíferos, entroutros- como culturais –perda da percepción identitaria- provocando a súa banalización e uniformidade. É preciso vencellar paisaxe e territorio. O Convenio da Paisaxe foi ratificado por España en 2007, promulgándose a raíz de él nalgunhas CCAA leis que fomentan o inventario, catalogación, protección e posta en valor de paisaxes, mais non existe unha lei estatal sirva de referencia ás administracións autonómicas. Por todo isto AGE propón: Unha Directiva Europea sobre Ordenación do Territorio, que impulse a• interconexión das políticas territoriais, que faga da participación cidadá unha ferramenta básica para a construción dun novo modelo territorial baseado na riqueza social e na diversidade ambiental e cultural dos territorios. Directiva Europea sobre a paisaxe.• Creación de una Rede de paisaxes europeos similar á Rede Natura 2000.• PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 45
  • 47. 4.2. Transportes e infraestruturas Os servizos e as infraestruturas para o transporte teñen que asentarse na función primordial do transporte: crear accesibilidade que facilite acadar os bens, servizos e contactos coas persoas. O transporte debe acadar a máxima accesibilidade coa mínima mobilidade. Debe ter carácter universal e ser público e garantir o servizo a todas as persoas, independentemente da súa situación xeográfica, poder adquisitivo, xénero ou idade. AGE defende o transporte sostible cos modos a pé, en bicicleta e en tren como columna vertebral do sistema multimodal e integral de transporte. O artellamento do territorio asentarase nunha rede de transporte público e colectivo e no desenvolvemento do ferrocarril como servizo público de mobilidade e de cercanías, que permita a cohesión social e espacial entre o rural e o urbano en Galicia. 4.2.1. Ferrocarril AGE aposta polo ferrocarril coma o sistema de transporte terrestre fundamental nas grandes e medias distancias, xa que é o sistema de transporte máis eficiente desde o punto de vista enerxético. Ademais, unha parte importante da infraestrutura ferroviaria xa realizada debería ser optimizada, poñéndoa en funcionamento de novo, evitando o impacto de novas infraestruturas. Un bo exemplo sería a reapertura do túnel ferroviario do Canfranc no Pirineo Central. Desde AGE propoñemos: A xestión pública das redes existentes e dos seus futuros desenvolvementos,• retornando ao sistema a súa unidade de xestión e derrogando, polo tanto, a Directiva 440/1991 que sentou as bases dos procesos de privatización que se están levando a cabo no estado e que afectaron tanto ao artellamento territorial en Galicia. Compromiso de que no horizonte de 2020, cando menos o 30% de todas as• mercadorías que se transportan por terra na UE sexa a través do tren, reducindo a influencia no cambio climático e diminuíndo os problemas de conxestión, 46 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 48. contaminación e sinistralidade que causa a estrada, os grandes camións e os combustibles fósiles. Un plan integral de mantemento e mellora da actual rede española de ancho• ibérico. Un ferrocarril baseado na proximidade, o artellamento dos territorios e a• igualdade entre as persoas, entendido como un servizo público publicamente xestionado con prezos asequibles e basear os seus servizos na fiabilidade, comodidade e seguridade máis que na velocidade. Control da proliferación da Alta velocidade e fomento das redes convencionais de transporte. 4.2.2. Aviación civil, aeroportos Consorcio Público Europeo. Defendemos a dimensión de servizo público do transporte aéreo e estamos contra a privatización de AENA e de todos os aeroportos do estado abertos ao transporte regular de persoas. Portos e mariña mercante: restablecer o carácter público da xestión dos portos e a armonización de leis sobre transporte marítimo coas normas máis esixentes en Europa, destacando a seguridade e protección ambiental do medio mariño, as costas e praias e as cidades e zonas costeiras. Potenciar a creación de accesos nos portos secundarios e terciarios para o embarque de persoas e vehículos en buques de pequeno tamaño que fagan rutas a outros pequenos portos da UE ou países veciños con embarque e desembarque rápido e co debido control aduaneiro. Este sistema, ademais do aforro enerxético no transporte, poderá xerar emprego directo e preservar o sector da construción naval local. Inclusión das infraestruturas ciclistas e da rede EuroVelo nas redes transeuropeas de transporte (red Ten-T). Mellorar e desenvolver as infraestruturas de ciclorutas que percorren os corredores da RTE-T. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 47
  • 49. 4.3. Auga e Enerxía 4.3.1. Auga A auga é un elemento básico para a existencia da vida sobre o planeta. Non é propiedade nin patrimonio exclusivo dos seres humanos, senón que cumpre unha función ambiental central no conxunto dos ecosistemas. A auga é un recurso limitado que sofre a presión sempre crecente dos usos doméstico, agrícola e industrial. A incidencia do cambio climático sobre o ciclo da auga é xa un feito incontestábel tal como sinala o último informe do Panel Intergubernamental para o Cambio Climático. O cambio de réxime pluvial e o aumento da temperatura reducirá progresivamente a súa dispoñibilidade e farao exponencialmente de non reducirmos as nosas emisións de gases de efecto invernadoiro. Ecosistemas de enorme riqueza como as nosas rías vense directamente afectados. A auga doce é de vital importancia para a vida, e en ningún momento a súa extracción ou reintegro debe comprometer a supervivencia do ecosistema do que se extrae, garantindo a súa viabilidade e a preservación das súas funcións ambientais e sociais. A sua xestión débese asentar en tres principios: a sustentabilidade, a moderación e a racionalidade, actuando directamente na demanda, non no aumento da dispoñibilidade. A auga é un ben ambiental e social e, como tal, débese garantir asumindo o seu carácter público e colectivo, garantindo a súa inalienabilidade e a súa xestión pública. A auga é un ben público universal, que debe estar baixo control público, democrático, con control do goberno e participación da cidadanía, e preparando a recuperación do carácter público hoxe sometido a privatización e lucro empresarial. Polo tanto, ás Administracións Públicas, xunto co conxunto da cidadanía, teñen a responsabilidade de manter a sustentabilidade como cerne de toda actividade arredor do uso da auga, atendendo dende a conservación dos ecosistemas húmidos, á calidade no subministro e a eficiencia na depuración, xunto co control dos usos industriais, agrícolas e particulares, fomentando o aforro e a eficiencia. É por isto que AGE defenderá no Parlamento Europeo: Que as institucións europeas garantan a inalienabilidade actual e futura da• auga como elemento público e dos procesos inherentes á súa xestión, evitando a súa apropiación por particulares e empresas. 48 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 50. A aplicación estrita da Directiva Marco da Auga e a asuncións dos principios da• Carta Europea por unha nova Cultura da Auga. O desenvolvemento dun amplo programa de educación e sensibilización cidadá• para divulgar e concienciar sobre a Nova Cultura da Auga. Traballar nunha proposta de reforma fiscal a nivel europeo que estableza taxas• fiscais e de tarificación que fomenten un consumo racional da auga, que incentiven o aforro e penalicen o malgasto. Os ingresos desta reforma deberán reverter na mellora do recurso e dos ecosistemas húmidos. Estableceranse uns mínimos vitais exentos de gravame fiscal para toda a cidadanía en recoñecemento do dereito ao acceso a auga. Os mínimos vitais establecidos cara a taxas e tarifas se calcularán de acordo coas mellores técnicas dispoñibles (aireadores, duchas eficientes e cisternas de dobre pulsación) para fomentar a súa xeralización. Do mesmo xeito, os mínimos establecidos polos regulamentos técnicos das instalacións de auga se axustarán a estes valores. Contribuír a que a Comisión Europea exerza un control estrito sobre as• actuacións das distintas administracións co fin de garantir que a explotación dos recursos hídricos, sexan fluviais ou freáticos, non comprometan a saúde e a diversidade dos ecosistemas e establecendo todas as medidas necesarias que garantan a depuración. Estabelecer e facer cumprir os réximes de caudais ecolóxicos en todos os ríos• que deberán como mínimo manter a fauna piscícola e invertebrada tradicional do río así como a súa vexetación de ribeira. Neste senso prohibiranse novos encoros e apostarase no seu caso por centrais eléctricas que non interrompan o fluxo natural do río. Apoiar unha mudanza no modelo de depuración, apostando polo• establecemento de sistemas descentralizados de depuración, con tecnoloxías de baixa complexidade e reducido consumo enerxético, sen comprometer a integridade biolóxica, social, produtiva ou recreativa da contorna. Prohibir a técnica da fractura hidraúlica (fracking) pola importante afección• contaminante sobre acuíferos, entre outras elementos negativos. Establecer na normativa europea a obriga de eliminar as perdas na rede de• distribución de auga que hoxe en día acadan volumes escandalosos. O acceso a axudas e colaboracións da UE terá como condición inicial o• cumprimento estrito da normativa vixente, incluídas as actividades transnacionais de compañías europeas. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 49
  • 51. 4.3.2. Enerxía A enerxía é un recurso básico para as actividades humanas. O alumeado, a• calefacción, o transporte, a produción industrial dependen da dispoñibilidade de enerxía. O consumo enerxético mundial ten medrado de xeito continuo desde o inicio da revolución industrial, acompañando sempre ao crecemento económico. No último século, que ben debera chamarse o do petróleo, esta fonte enerxética máxica -pois coa enerxía dun só barril abondaba para extraer 100 deles- foi o motor deste crecemento. A demanda enerxética crecente deu lugar á suba dos prezos enerxéticos, e esta• ao incremento da produción de petróleo, Porén, desde o ano 2005 a importante suba dos prezos non deu lugar a un incremento da produción de petróleo. A Axencia Internacional da Enerxía recoñeceu no seu informe do ano 2010 que se tiña acadado o nomeado “eito do petróleo” as empresas petroleiras non poden extraer petróleo a maior velocidade da actual, e esa velocidade vai seguir a decrecer cara ao futuro por imposibilidade técnica e económica: os xacementos facilmente accesibles están a esgotarse. Non existe ningunha fonte de enerxía capaz de substituír ao petróleo, que a• día de hoxe cobre preto do 40% do consumo enerxético total mundial, e máis do 90% no sector do transporte. Moitos expertos coinciden en que esta situación supón a imposibilidade práctica de recuperar o crecemento económico –o menos un crecemento como o que coñecemos, baseado no incremento do consumo enerxético- que prometen os líderes dos principais partidos europeos. Cómpre logo artellar un discurso coherente con esa situación. Á previsión dunha• dispoñibilidade decrecente de enerxía hai que responder cunha estratexia inmediata e organizada de descenso do consumo enerxético que evite o caos, así como co desenvolvemento de novas fontes limpas e renovables. As evidencias incontestables de alteración do clima do noso planeta derivada da queima de combustibles fósiles debe servirnos como argumento engadido de reforzo desta estratexia. O noso programa enerxético aséntase nos seguintes principios: a redución do• consumo enerxético (a través de estratexias de aforro e eficiencia) organizada e solidaria, e transición ás enerxías renovables, aproveitadas de xeito disperso por pequenas comunidades, concellos ou cooperativas enerxéticas. • 50 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 52. É por isto que AGE defenderá no Parlamento Europeo: Defensa do carácter de servizo público da enerxía. Intervención pública e• control democrático dun servizo básico para a sociedade. Iniciar a transición cara a unha sociedade baseada ao 100% en enerxías• renovábeis. O desenvolvemento dunha Directiva para promover a rehabilitación enerxética• de edificios. Tarificación enerxética nos domicilios en función do consumo. Tarifas por treito• social. O fomento de estratexias de redución do transporte no eido laboral: teletraballo,• mobilidade laboral voluntaria en función da proximidade aos domicilios dos traballadores, concentración das horas traballadas en menos días laborables. Fomento da bicicleta e o tránsito peonil, e desincentivación do transporte• privado. Redución progresiva do prezo do transporte público -até a gratuidade- financiada cos impostos directos aos combustibles para o transporte privado. Orientación da PAC cara ao fomento da soberanía alimentaria dos pobos de• Europa, a través da produción para o consumo local e o desenvolvemento dunha agricultura sen petróleo. Regulación a nivel europeo da conexión con balance neto das pequenas• instalacións de enerxías renovables distribuídas para autoconsumo de particulares, pequenas comunidades ou entidades locales e programas de fomento e implantación da xeración enerxética distribuída ou descentralizada. Opoñémonos ao paso de liñas de alta tensión e ubicación de transformadores• próximos a zonas habitadas e reclamamos, o desvío de liñas ou o seu soterramento para proteger la salud de la población y minimizar los impactos paisajísticos. Parada progresiva, segundo vaian sendo innecesarias, das centrales nucleares• e térmicas mais contaminantes (de fuel e carbón). PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 51
  • 53. 4.4. Clima O cambio climático é unha realidade ineludible tal e como confirma o último informe do Panel Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático, presentado en datas recentes neste 2014. Os impactos sobre Europa serán importantes, mais serán moito máis fortes sobre as partes máis desfavorecidas do planeta; fenómenos atmosféricos extremos, redución de colleitas, mudanzas nos rexímenes pluviais e aumento do nivel do mar coa consecuente erosión costeira. Suporá problemas de saúde, de seguridade alimentaria, de desprazamentos de poboación pola miseria, de acceso a auga potable e aumento dos conflitos. Lamentablemente, agás declaracións altisonantes dos gobernos do mundo e particularmente os europeos, pouco se ten feito para enfrontar este problema. A gravidade do impacto das consecuencias do cambio climático será inversamente proporcional á rapidez e profundidade das medidas adoptadas para minimizalo. A realidade actual non permite ser optimistas. E temos que cambiar esta dinámica negativa. Enfrontarmos o cambio climático non é unha cuestión de medidas puntuais senón que implica un profundo cambio de modelo produtivo, territorial, de mobilidade, enerxético, alimentario; supón mudanzas en cada unha das facianas que compoñen a nosa realidade como sociedade. Supón encetar un proceso de transición, sumarnos aos procesos de comunidades en transición a unha realidade presente e futura no que o cambio climático, o pico do petróleo e o esgotamento dos recursos obrigará a ter. AGE defenderá sempre nas institucións europeas esta necesidade de transición cara a unha sociedade sustentable, solidaria e xusta pero tamén hai medidas que cómpre adoptar de inmediato, e que propoñemos ao longo dos distintos epígrafes deste programa político e social. Mais neste apartado quixeramos facer fincapé na nosa responsabilidade climática, como parte dese 20% da humanidade que devora os recursos do planeta e deita sobre o outro 80% a miseria, a contaminación e o cambio climático. O Artigo 2 da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático demanda a estabilización das concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas perigosas para o sistema climático e esa estabilización está nas mans das nacións supostamente máis desenvolvidas como a UE. Esta estabilización supón reducirmos as emisións dos gases de efecto invernadoiro nos países industrializados un 30% para o ano 2020, e un 80% para o ano 2050, para que a temperatura global non aumente máis de 2 ºC a respecto das temperaturas preindustriais. O Cumio sobre Cambio Climático previsto para 2015 en París debe marcar un antes e un despois neste proceso. Débense chegar a acordos cuantificables e vinculantes para reducirmos as emisións pero namentres a UE pode e debe facer moito: 52 | PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014
  • 54. Encetar a reforma do Sistema de Comercio de Emisións para convertelo nunha ferramenta eficaz para loitar contra o cambio climático no canto dun mero mercadeo de dereitos. Iniciar a transición acelerada a un sistema enerxético 100% renovable que garanta a redución de emisións e a seguridade e independencia enerxética nun marco futuro de escaseza das enerxías fósiles. Empregar a enorme capacidade de asentar políticas dos distintos fondos de axudas e subvencións da UE para apoiar aquelas iniciativas do tipo que sexa que camiñen cara a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro. Creación dun fondo económico e tecnolóxico distinto ao de cooperación ao desenvolvemento para apoiar as medidas de a prol da sustentabilidade dos países mais empobrecidos, devolvendo en aras da xustiza climática, parte do roubado ao longo de séculos de explotación. Promover o establecemento da proximidade como novo paradigma nos eidos agrogandeiros e de consumo, de organización territorial, no transporte e mobilidade. É imprescindible reducir drasticamente o consumos enerxético relacionado co transporte. 4.5. Pesca A xestión dos recursos pesqueiros debe basearse nun aproveitamento sustentable que permita asegurar o abastecemento do alimento e as actividades socioeconómicas dependentes del para as xeracións presentes e futuras. Cómpre poñer en marcha plans de xestión dos recursos alongo prazo. Debemos protexer e promover a pesca artesanal xa que xera máis postos de traballo por tonelada de pesca capturada, consume menos enerxía por unidade de pesca, é máis selectiva de forma xeral, abastece dunha maior diversidade de especies pesqueiras e os seus actores están máis concienciados na necesidade de preservar os recursos pesqueiros. Garantiremos un nivel de vida razoable ás xentes do mar, asegurando emprego de calidade, rendas dignas e niveis axeitados de protección social. Débese recoñecer o papel que desenvolven as mulleres no sector pesqueiro e acuícola e impulsar o seu protagonismo na xestión e toma de decisións. Defendemos que a pesca artesanal saia da consideración de sector sometido á libre concorrencia e que poda recibir axudas. Debe avanzarse no proceso de rexionalización e nacionalización da xestión pesqueira. PROGRAMA POLÍTICO E SOCIAL ELECCIÓNS EUROPEAS 2014 | 53