SlideShare a Scribd company logo
1 of 16
A ARTE DA ROMA CLÁSICA
Para os romanos, a arte non se entende sen unha utilidade práctica inmediata. A arte asume miúdo os achádegos técnicos da enxeñería, e os obxectos de enxeñería convértense en obras de arte. Mirade a Ponte de Alcántara, sobre o río Texo.
Tede en conta que nós imos traballar a arte do Imperio (finais do I a.C. – finais do V d.C), porque de épocas an-teriores non conservamos moita cousa. O Imperio Romano é una civilización urbana, de moitas e moi impor-tantes cidades. É nelas onde se concentran a maior parte dos obxectos artísticos, en especial na capital, Roma.
Estudaremos primeiro o urbanismo das cidades.  As cidades romanas de nova fundación son ortogonais, un deseño herdado dos campamentos provisionais de soldados. Na esquerda arriba un campamento, na dereita o plano ideal dunha cidade. Compara co plano actual da Cidade Vella de Lugo.
Como viches nos planos anteriores, as cidades teñen un gran equipamento. As rúas están pavimentadas e teñen alcantarillado. Hai unha grande cantidade de edificios para diversión e actividades cotiás. Comecemos polo acueduto, que serve de auga potábel ás cidades. Aquí tedes o de Segovia e o Pont du Gard, na Provenza francesa.
O foro é o centro da cidade. Nel están os edificios administrativos e relixiosos máis importantes, impártese xustiza, faise o mercado…
Os templos seguen, polo xeral, o esquema grego. Porén hai diferenzas: as columnas laterais péganse á parede e o templo elévase sobre un  podium .
Iso si, en certos templos os romanos gustan de exhibir os avances construtivos dos que son capaces. Velaí o  Panteón de Agripa  en Roma (finais do I d.C.), desde o exterior e o interior coa súa impresionante cúpula:
Os romanos non descoidan os edificios para a diversión. No teatro represéntanse aos dramaturgos gregos e romanos, tamén obras populares, como as atelanas. A carón da reconstrución ideal dun teatro romano, podedes ver a escena do teatro de Sagunto (Valencia).
No anfiteatro loitan os gladiadores. Sen dúbida o anfiteatro máis coñecido é o  Coliseo  de Roma, onde cabían até cincuenta mil espectadores: ,[object Object],[object Object]
Na diapositiva anterior, a carón do  Coliseo  podíades ver o  Arco de Constatino . Eis aquí outro arco, o de Tito, máis de preto. Os arcos erixíanse en homenaxe ao emperador cando regresaba dalgunha campaña militar vitoriosa. O  Arco de Tito  erixíuse cando o emperador  regresou, a finais do I d.C., de derrotar aos xudíos, que se rebelaran contra Roma.
As cidades están unidas por unha densísima rede de camiños, como ves no mapa de calzadas romanas de Gallaecia. Neles atópanse impresionantes pontes, como a de Alcántara que antes viches. As mesmas calzadas romanas son una obra de arte, fíxate abaixo na Vía Appia, nas inmediacións de Roma.
Porén, como podedes supoñer, a edificación máis relevante das cidades romanas é a casa. Os patricios viven en ricas casas unifamiliares , o resto da poboación nas  insulae .
Comportádevos! Tedes a honra de ser convidados a entrar na vivenda dun patricio:
A casa dun patricio está sempre ricamente decorada. As estatuas dos antepasados, as pinturas das paredes…
…  os bustos do emperador (Caracalla na foto), os mosaicos…

More Related Content

What's hot

What's hot (19)

Arte gótico peninsular
Arte gótico peninsularArte gótico peninsular
Arte gótico peninsular
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.
DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.
DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.
 
Italia 5 primaria
Italia 5 primariaItalia 5 primaria
Italia 5 primaria
 
As viae romanas: camiños de latinidade
As viae romanas: camiños de latinidadeAs viae romanas: camiños de latinidade
As viae romanas: camiños de latinidade
 
Lugo 2010
Lugo 2010Lugo 2010
Lugo 2010
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
 
Arte Gótica
Arte GóticaArte Gótica
Arte Gótica
 
A Arte Romana. Primeira Parte
A Arte Romana. Primeira ParteA Arte Romana. Primeira Parte
A Arte Romana. Primeira Parte
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
PresentacióN Roma
PresentacióN RomaPresentacióN Roma
PresentacióN Roma
 
A cidade romana
A cidade romanaA cidade romana
A cidade romana
 
Tema 9 cinquecento
Tema 9 cinquecentoTema 9 cinquecento
Tema 9 cinquecento
 
Arte RomáNica
Arte RomáNicaArte RomáNica
Arte RomáNica
 
Obras tema 3
Obras tema 3Obras tema 3
Obras tema 3
 
A arte románica
A arte románicaA arte románica
A arte románica
 
O GóTico Slide
O GóTico SlideO GóTico Slide
O GóTico Slide
 

Similar to A Arte Da Roma Clásica

Unidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade RomanaUnidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade Romanacamposseijo
 
As obras públicas romanas
As obras públicas romanasAs obras públicas romanas
As obras públicas romanasamaucucaxado
 
Obras romanas na Península Ibérica
Obras romanas na Península IbéricaObras romanas na Península Ibérica
Obras romanas na Península IbéricaElena Redondo
 
London
LondonLondon
Londontblaru
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finallolifreire
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finallolifreire
 
A catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de CompostelaA catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostelabcode
 
Presentacion final Roma
Presentacion final RomaPresentacion final Roma
Presentacion final Romalolifreire
 
T.6.el arte romano
T.6.el arte romanoT.6.el arte romano
T.6.el arte romanomaikarequejo
 
Monumentos de España
Monumentos de EspañaMonumentos de España
Monumentos de EspañaFiz
 
Unidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaUnidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaAgrela Elvixeo
 

Similar to A Arte Da Roma Clásica (20)

Unidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade RomanaUnidade 3 Cidade Romana
Unidade 3 Cidade Romana
 
A Arte Romana
A Arte RomanaA Arte Romana
A Arte Romana
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
Meirande
MeirandeMeirande
Meirande
 
As obras públicas romanas
As obras públicas romanasAs obras públicas romanas
As obras públicas romanas
 
A ARTE ROMANA
A ARTE ROMANAA ARTE ROMANA
A ARTE ROMANA
 
Obras romanas na Península Ibérica
Obras romanas na Península IbéricaObras romanas na Península Ibérica
Obras romanas na Península Ibérica
 
Contruímos maquetas
Contruímos maquetasContruímos maquetas
Contruímos maquetas
 
London
LondonLondon
London
 
London
LondonLondon
London
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana final
 
Trabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana finalTrabajo grupo hispania romana final
Trabajo grupo hispania romana final
 
A catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de CompostelaA catedral de Santiago de Compostela
A catedral de Santiago de Compostela
 
Presentacion final Roma
Presentacion final RomaPresentacion final Roma
Presentacion final Roma
 
T.6.el arte romano
T.6.el arte romanoT.6.el arte romano
T.6.el arte romano
 
Monumentos de España
Monumentos de EspañaMonumentos de España
Monumentos de España
 
Arte medieval o románico
Arte medieval o románicoArte medieval o románico
Arte medieval o románico
 
Unidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romanaUnidade 1. Hispania romana
Unidade 1. Hispania romana
 
Proxecto Via Nova
Proxecto Via NovaProxecto Via Nova
Proxecto Via Nova
 

A Arte Da Roma Clásica

  • 1. A ARTE DA ROMA CLÁSICA
  • 2. Para os romanos, a arte non se entende sen unha utilidade práctica inmediata. A arte asume miúdo os achádegos técnicos da enxeñería, e os obxectos de enxeñería convértense en obras de arte. Mirade a Ponte de Alcántara, sobre o río Texo.
  • 3. Tede en conta que nós imos traballar a arte do Imperio (finais do I a.C. – finais do V d.C), porque de épocas an-teriores non conservamos moita cousa. O Imperio Romano é una civilización urbana, de moitas e moi impor-tantes cidades. É nelas onde se concentran a maior parte dos obxectos artísticos, en especial na capital, Roma.
  • 4. Estudaremos primeiro o urbanismo das cidades. As cidades romanas de nova fundación son ortogonais, un deseño herdado dos campamentos provisionais de soldados. Na esquerda arriba un campamento, na dereita o plano ideal dunha cidade. Compara co plano actual da Cidade Vella de Lugo.
  • 5. Como viches nos planos anteriores, as cidades teñen un gran equipamento. As rúas están pavimentadas e teñen alcantarillado. Hai unha grande cantidade de edificios para diversión e actividades cotiás. Comecemos polo acueduto, que serve de auga potábel ás cidades. Aquí tedes o de Segovia e o Pont du Gard, na Provenza francesa.
  • 6. O foro é o centro da cidade. Nel están os edificios administrativos e relixiosos máis importantes, impártese xustiza, faise o mercado…
  • 7. Os templos seguen, polo xeral, o esquema grego. Porén hai diferenzas: as columnas laterais péganse á parede e o templo elévase sobre un podium .
  • 8. Iso si, en certos templos os romanos gustan de exhibir os avances construtivos dos que son capaces. Velaí o Panteón de Agripa en Roma (finais do I d.C.), desde o exterior e o interior coa súa impresionante cúpula:
  • 9. Os romanos non descoidan os edificios para a diversión. No teatro represéntanse aos dramaturgos gregos e romanos, tamén obras populares, como as atelanas. A carón da reconstrución ideal dun teatro romano, podedes ver a escena do teatro de Sagunto (Valencia).
  • 10.
  • 11. Na diapositiva anterior, a carón do Coliseo podíades ver o Arco de Constatino . Eis aquí outro arco, o de Tito, máis de preto. Os arcos erixíanse en homenaxe ao emperador cando regresaba dalgunha campaña militar vitoriosa. O Arco de Tito erixíuse cando o emperador regresou, a finais do I d.C., de derrotar aos xudíos, que se rebelaran contra Roma.
  • 12. As cidades están unidas por unha densísima rede de camiños, como ves no mapa de calzadas romanas de Gallaecia. Neles atópanse impresionantes pontes, como a de Alcántara que antes viches. As mesmas calzadas romanas son una obra de arte, fíxate abaixo na Vía Appia, nas inmediacións de Roma.
  • 13. Porén, como podedes supoñer, a edificación máis relevante das cidades romanas é a casa. Os patricios viven en ricas casas unifamiliares , o resto da poboación nas insulae .
  • 14. Comportádevos! Tedes a honra de ser convidados a entrar na vivenda dun patricio:
  • 15. A casa dun patricio está sempre ricamente decorada. As estatuas dos antepasados, as pinturas das paredes…
  • 16. … os bustos do emperador (Caracalla na foto), os mosaicos…