Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
Manifesto Mil RazóNs Contra O Muro
1. A derruba da muralla do arsenal é un vello
soño do pobo de Ferrol que quere ver o mar,
a perspectiva da súa ría e contemplar a
infraestrutura arquitectónica do arsenal:
unha valiosa obra de enxeñería que consta
de numerosos edificios de importante
categoría artística.
2. Queremos ver integrados na nosa
estrutura urbanística, polo menos, os lugares
que están militarmente desafectados.
Queremos contribuír á transformación de
Ferrol para convertela nunha cidade máis
habitable, humana e atractiva: substituír o
actual muro (que contra toda lóxica e
estética aínda permanece en pé) contribuiría
a acadar este obxectivo.
Queremos trasladar, á opinión dos
ferroláns e ferrolás, un tema que sempre
lles preocupou e que desde o goberno local
nunca se abordou coa suficiente seriedade e
determinación.
Queremos que a cidadanía participe
activamente nas decisións que afectan ao
deseño da nosa cidade.
Por estas razóns solicitamos que se abra
Ferrol ao mar.