2. A ORIXE DO ENTROIDO O Entroido é unha festa popular. A súaorixeé celebrar o fin do inverno e o comezo da primavera. Nelconflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as instituciónsmáisasentadas. É a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por isofoi prohibidodurante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.
3. OS ENTROIDOS EN GALICIA Os entroidosmáis famosos do país sonos ourensáns. Laza,Verín e Xinzoconvértense por uns días nas capitais de Galicia. As principais figuras do entroido galego sonos “peliqueiros e cigarróns” de Laza e Verín, as “pantallas” de Xinzo de Limia, os "xenerais“ de Boqueixón, os “boteiros” de Vilariño de Couso, os “foliós” de Viana do Bolo, os “felos” de Maceda, as máscaras traballadas dos “volantes” enChantada, os vistosos sombreiros das “madamas e galáns” de Cobres, os “merdeiros”, en Vigo, ... O entroido remata unmércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do RavacholenPontevedra